20100530

Reflexións dende o tesón


Os tesóns de Ribadeo son lugares privilexiados para a observación e a reflexión. Teñen o privilexio de permitir estar en moitas ocasións a un só, tendo á vista á ría e podendo observar as cousas en perspectiva. Nunha bela perspectiva na que se teñen a man non só Ribadeo, senón As Figueiras, Castropol e aínda, ó fondo, A Veiga, máis os espazos entrambas, como esta mañá nos tesóns de Vilavella e Mirasol. Case Mirasol_Vilavella porque se podía pasar andando tranquilamente dun ó outro. Perspectiva na que se pode ver a marabilla da paisaxe dende o centro da ría, ó tempo que a acción da man do home, dende a grúa macro das Figueiras ata á nave verde do porto da Veiga (concello de Castropol), pasando polo desgarrón que hoxe por hoxe ten Castropol pola construcción na ladeira duns edificios, ou moitas outras cousas na beira galega, dende os recheos ás urbanizacións sobre a ría, sen esquecer a mesma praia dos bloques, convertida en lodazal como advertira Isidoro Asensio. Os tesóns teñen a avantaxe de que desaparecen baixo a marea, e volven a aparecer renovados, como dispostos para ver cousas novas dende alí. Asemade, se se chega e se sae facendo un pouco de exercicio, cun pouco de traballo, da tempo a que as ideas repousen e se vaia cambiando de perspectiva pouco a pouco, sen sobresaltos, apousando suavemente.
Alí pódese reflexiona tendo á vista a ría de Ribadeo ou o pobo. E pódense comparar as cousas que se din ou que se observan sobre eles. Por exemplo, o tratamento diferente entre Asturias e Galicia. Na toma de Google maps, Ribadeo leva cuberto xa un ano longo, ata as catedrais, de néboa. A divisoria na ría permite a Asturias estar libre dela e nidia. Na ría non se observa tal. É diferente ou non? O que é diferente parece ser o trato que se lle da a unha ou outra parte, dende o nome ó coidado. Seguindo con Google, aí está aínda o río de Ribambo (0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, ...), que leva camiño de converterse, a este paso, no nome da ría, máis aló do de ría do Encontro ou del Eo, e por suposto, que o de ría de Ribadeo. Polo que parece, xa hai algún tempo que o concello enviou un escrito para a rectificación, despois de que O Tesón iniciara a campaña pola recuperación do nome, traendo mesmo á televisión. Polo momento, sen resultado. Parece que quen ten menos defensa institucional e empresarial é precisamente a ría de Ribadeo. E non só polo nome. Aí está o Plan de ordenación que se pide dende hai anos, o PORNA, que como moito recoñécese como convinte en troques de necesario para podelo ir adiando.
Sube a marea e o tesón desaparece. Volverá a baixar e poderase ir de novo e observar paseniñamente.

Un agasallo dun amigo sobre ribadeando

Ha cumpriu un ano, pero coido que recén pasados os 100 000, é o momento:
Wordle: Ribadeando

20100529

Lembranza para o futuro da enseada da Vilavella, un rincón da ría de Ribadeo

A piques de comezar, polo que parece, o paseo ata as aceñas, deixo dúas fotos para comparar o que hai hoxe e o que haberá dentro de non moito.
O seguemento das obras, non tanto en cuestións técnicas, senón de respeto polo medio e polas persoas, é algo a exercer como dereito. Mesmo cando a información sobre esas obras futuras non sexa doada de obter.

Mañá, 100 000 visitas a Ribadeo a traverso de Ribadeando

O blog está a chegar ó fin dunha etapa. Hai varios anos publiquei unha entrada na que facía unha declaración de intencións. Entre elas, o publicar o máis achegado posible ó día a día.
Mañá con domingo seguridade pasaranse as 100 000 visitas do blog, sen contar as que se fan de segundas fontes como por exemplo, a traverso da rede facebook.
O chegar a un número así fai plantexarse de novo as cousas, e de feito estaba esperando a tal cousa para facer algúns cambios no blog. Como de calquera xeito non os teño definidos totalmente, xa se irán observando pouco a pouco. Non vai haber ruptura brusca de estilo nin nada diso, e o fin non variará. Quizáis haberá unha menor rotación de artigos, por exemplo, ou máis días que non haberá artigo a primeira hora da mañá. O que espero é sinxelamente que vos aproveiten; xa me daredes a vosa opinión.

Publicado o pdf de Ribadeo de tapeo 2010

Está en publicado en Ribadeo.
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

20100528

Mirando a España dende Ribadeo

Remato de ver o último artigo de José Mª Rodríguez. Coido que é dos que dun xeito ou outro, sempre aporta algo. Aínda que non se esteña dacordo con algunhas ideas ou se poda considerar outras como inxenuas.

O tren para, Ribadeo non

O expreso da Robla, tren turístico camiño de Santiago, terá unha parada en Ribadeo. Trátase dun novo impuso ó turismo: cearán no parador aínda que durmirán no tren, segundo as novas. É dicir, un impulso á noite dos xoves ribadense, exercido de xeito continuado dende xuño a setembro, que é de supoñer haberá que complementar.
O anuncio, que se completará hoxe, ven acompañado na prensa dunha nova diatriba contra a SGAE, da que xa teño falado abondo no blog (0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, ...) e ten saído outra nota na web do concello (1, e ista, 2), diatriba que pretende recortar gastos, pero que entendo que debera de ser só unha de tantas cousas neste sentido.
Pero sobre todo, ven acompañado dunha nova: o concello non para para tentar que non se perdan os cartos da obra da travesía cedida por Fomento, e que constituiría (esperemos, constituirá) unha obra fundamental para a estrutura de Ribadeo. É dicir, parece que o equipo de goberno tenta continuar a normalidade do máis posible, aínda dentro da ameaza da moción de censura, e segue coas súas prioridades. Hai que ter en conta que ademáis, unha inversión como a prevista na travesía, ten efecto multiplicador na dinamización económica de Ribadeo, polo que non é extrano que se tente seguir adiante, e máis cando xa se ten demorado abondo polos cambios feitos para tentar favorecer ás empresas do ámbito ribadense e planea a dúbida, a pesares da ampliación do prazo de execución concedida por Fomento, de que poda ser acometida en tempo. Neste caso, o importante da idea quizáis sexa o título da nova de hoxe na Voz: Suarez, alleo á posible moción de censura, apremia á oposición para adxudicar a obra da travesía. (sobre o tema da travesía: 1 [último pleno ordinario], 2 [o inicio do tema], 3, 4 [prego de condicións de contratación], ...)

20100527

Un caso de victoria veciñal

Na veciñas Figueiras hai algún tempo que se deu a nova da oposición veciñal primeiro, e logo, acordo, co aparcamento do Parque do Pelamio.
Dende hai tres semanas, sen novas, implicaría que no houbo outros movementos sobre o tema. O caso é que parece que aoposición veciñal, ben ordenada, deu os seus froitos.
E nos tempos que corren, o saberse organizar é fundamental para ter unha resposta adecuada.

Sancións

No xornal de hoxe aparece a apertura de expediente da Xunta a dous pub, por importes de 1300 e 310€ respectivamente.
A parte de ser raro que apareza unha nova así, o feito de ser nunha zona non próxima á miña casa fai que non apareza relacionado comigo nin lonxanamente este tema, coa infracción nouturna correspondente. E fai asemade que se vexa ás claras que o problema de ruído nouturno segue presente en Ribadeo, a parte do que diga ou deixe de dicir eu, por unha banda, ou os hostaleiros por outra. A cousa seguirá. E xa hai tempo que escribín que canto máis tardara o que chamei 'reconversión' dos locais, peor ía ser para todos: para os veciños e para os propios locais. Coido que o tempo pouco a poco me está a dar a razón, apoiado en que unha cousa é o negocio da hostalería, incluída a súa importancia en Ribadeo, e outra que ese negocio dependa da producción de ruído.

20100526

Conto económico por correo electrónico

    Chegou ás miñas mans, procedente dun amigo e sen outra sinal de identidade. Pode servir para ver que é, en resume, o que está a pasar...

    Solicitouse a un prestixioso asesor financeiro que explicase esta crise de forma sinxela, para que a xente normal e corrente entendese as súas causas.
    Este foi o seu relato:
    Un señor dirixiuse a unha aldea e ofreceu aos seus habitantes 100 euros por cada burro que lle vendesen.
    Boa parte da poboación vendeulle os seus animais.
    Ao día seguinte volveu e ofreceu mellor prezo, 150 por cada burriño, e máis xente lle vendeu os seus.
    A continuación ofreceu 300 euros e o resto vendeu os últimos burros.
    Ao ver que non había máis animais, ofreceu 500 euros por cada burriño, dando a entender que os compraría á semana seguinte, e marchouse.
    Ao día seguinte mandou ao seu axudante cos burros que comprou nesa mesma aldea para que os ofrecese alí a 400 euros cada un.
    Ante a posible ganancia á semana seguinte, todos os aldeáns compraron os seus burros a 400 euros, e quen non tiña o diñeiro pediuno prestado. De feito, compraron todos os burros da bisbarra.
    Como era de esperar, este axudante desapareceu, igual que o señor, e nunca máis apareceron.
    Resultado:
    A aldea quedou chea de burros e endebedados.
    Pero tivo consecuencias:
    Os que pediran diñeiro prestado, ao non vender os burros, non puideron pagar o préstamo.
    Quen prestara cartos queixouse ao concello dicindo que se non cobraba, arruinaríase; entón non podería seguir prestando e arruinaríase todo a vila.
    Para que os prestamistas non se arruinaran, o Alcalde, en troques de dar cartos á xente da vila para pagar as débedas, se deullo aos propios prestamistas. Pero estes, xa cobrada gran parte do diñeiro, non perdoaron as débedas aos da vila, que seguiu igual de endebedada.
    Como o Alcalde dilapidou o orzamento do Concello, este quedou tamén endebedado.
    Entón pideu cartos a outros concellos; pero estes dinlle que non poden axudarlle porque, como está na ruína, non poderán cobrar despois o que lle presten.
    O resultado:
    Os listos do principio, forrados.
   Os prestamistas, coas súas ganancias resoltas e unha morea de xente a que seguirán cobrando o que lles prestaron máis os intereses, incluso apoderándose dos xa desvalorizados burros cos que nunca chegarán a cubrir toda a débeda.
    Moita xente arruinada e sen burro para toda a vida.
    O Concello igualmente arruinado.
    Resultado final?
   Para solucionar todo e salvar á vila, o Concello baixou o soldo aos seus funcionarios.

    Conste que opino que a comparación funciona mellor a nivel estatal, pero tamén se ve ben así, a nivel local.

Palabras, ocas?

Hoxe é día de mercado en Ribadeo. Na praza cómpranse e véndense mercadorías varias. Na prensa, comentarios dos políticos. Nada novo, pero facendo ruído, neste caso, a conta da posible moción de censura. Como di un xornal, "de momento o que hai na política ribadense é moito ruído." E é que parece que a política sofre asemade inflacción de ruído, non en vano somos dos países do mundo con máis contaminación acústica. Conecta moi ben co último post de Im-pulso, "cada vez máis, a información política é un rosario de palabras ocas". Por suposto, non é só que en troques de facer política a oposición se de propaganda para ter máis visibilidade que estes tres últimos anos, senón tamén as notas institucionais dende o goberno municipal, as que estarían máis en relación co post de Im-pulso. Collendo un parágrafo deste, "burlar a labor dos informadores (...) porque unha vez esquivado o informador, todo é noticia, incluída a nada". É dicir, a producción dunha inflacción de novas produce unha desorientación informativa, o que é manipulable. Tanto como a falta da información, coa que está relacionada: non din que os extremos tócanse?
Unha nota: Uso moitas veces tanto a prensa como direitamente as notas de prensa do concello.

20100525

As cruces 2010

Este luns a festa de As cruces supuxo un descanso para moitos, políticos incluídos, que se achegaron alí. Nomeo o de políticos porque por alí houbo unha boa representación do concello ribadense, mentras que seguen de protagonistas nas novas diarias.
A festa, a primeira edición que ten actos en ata catro días, a primeira que ten pregoeiro, etc, disfrutou dunha mañá de calor e afluencia de xente.
Quedan imaxes da procesión e do bandeo, onde se nota a cantidade de xente nun lugar tan pequeno.
Algunha ligazón:
Da festa de 2008.
Sobre a Nosa Señora das Virtudes de A Ponte, Arante.
Sobre a festa das cruces.
A última imaxe é o cartel (correspondente ó ano pasado) da representación da batalla de Arante, ligada coa festa das Cruces.

20100524

Ribadeo, Ribadeo

Coido que sería máis descritivo para a entrada un título como 'o que se comenta do futuro no concello', 'o mentideiro verdadeiro' ou algo polo estilo, pero como eses comentarios atinxen a Ribadeo e pouco se nomea ó propio Ribadeo neles, queda así.
Como están as cousas? Despois da cuestión de confianza, queda a presentación da moción de censura. Se sae adiante, novo alcalde. Se non, aceptación de presupostos e continuación do alcalde. Para que saia adiante, ha de presentarse un candidato apoiado por sete votos, é dicir, a maioría sinxela da corporación de 13 edís.
Óense cousas como as que vai ter que pasar ou que poderá aproveitar quen continúe este ano escaso de xefe do goberno municipal. Entre as primeiras, o derribo das cumbreiras ou o traxecto da liña eléctrica que alimentará a subestación necesaria para o polígono. Entre os posibles aproveitamentos, quizáis a inauguración do polígono.
Pero sobre todo, están as apostas sobre o manexo dos votos no pleno da moción. Vaia por diante que o que segue non é máis que comentarios traídos aquí como moitos outros que de seguro se me escaparán, e que poden servir para facerse unha composición de lugar, pero que non teñen un significado particular nin un respaldo direito máis aló do que poda ser unha charla de bar.
Está o sentido dos votos de UPRi, e dise que en principio non ten moita importancia: PP + PSOE dan 7 votos, polo que non é necesario o partido para a moción, e quizáis por iso o partido destacou que apoiaría máis ou menos calquera opción en contra do goberno municipal actual. De calquera xeito, cos dous de UPRi só faría falta un do PSOE, e iso si pode ser importante.
O PSOE é a clave da moción, pois cos seus tres votos pode apoiar o que diga o PP, pero chega con só un para que saia adiante algo con apoio de PP e UPRi. É dicir, que coa premisa anterior de UPRi non faría falta que o PSOE votara de xeito unitario. E a semana pasada mentras que o partido a nivel provincial mantíñase na ortodoxia do convenio co BNG para ocupar os concellos, a nivel local decantábase 'polo mellor para Ribadeo'. Mesmo a liberdade de voto, cunha opción de cada edil nun sentido diferente, serviría para o apoio da moción. Hoxe está prevista unha xuntanza, mentras que nos burladeros, prensa incluída, destácase a enemizade entre xefes de filas de PSOE e BNG, o que podería inclinar a balanza. Fanse cálculos asemade sobre as posibilidades de presentación á alcaldía para un novo mandato o pŕoximo ano, pero tamén se inclúe que as posibilidades actuais do PSOE son demaisado baixas como para que teña importancia quen vaia de primeiro nas listas, ou mesmo a posibilidade de que un xuíz inhabilite ó xefe de filas un tempo e polo tanto este teña menos interese para seguir os dictados feitos a nivel provincial.
En canto ó PP, mentras que se di que non podería rendibilizar un mandato tan curto, tamén hai que considerar que podería servir para dar a coñecer ó candidato do partido nas próximas municipais, o que concelva votos, que o mero feiro te estar 'un momento' na alcaldía sen dar tempo a desgastarse, é dicir, o partir dunha situación de poder de cara ás próximas eleccións, daŕia unha porcentaxe de votos adecuada, xunto co anterior, para permitirlle chegar a unha maioría abasoluta no 2011. Que un período así de curto podería servir de instrucción a un segundo de a bordo para manexar o concello entre 2011 e 2015, ... vamos, que o PP si que tería motivos en principio para presentarse como alternativa na moción. Con quen de xefe? Xa ten un portavoz, JC Rodríguez Andina, que dese xeito remataría como alcalde un periodo que xa adiantou hai tempo que non ía continuar, aínda que polo momento non se teña sucesor (ver no blog entradas anteriores referidas ó tema da sucesión no PP). Presentaríase como titor de quen fora a continuar no posto coordinador ribadense (contando que fóra un dos actuais edís) e o partido non teria tanta urxencia de designar xa un candidato, ó tempo que a influenza do actual xefe de filas sería superior.
En contra xoga que tería que preparar unha estrateixa de goberno así, ás présas, e que estaría polo momento sen orzamento e vendido para calquera acción ó gobernar en minoría. Pero esto último tamén lle pasa ó BNG.
Queda unha opción que tamén se baralla, pero entendo que con pouca forza: que Paco Rivas, que provén do PP e ten contactos nese partido, voltara á primeira liña municipal da súa man, cercenando un posible xaleo de candidatos no PP e, ó xuntar votos da actual formación súa cos do PP, chegar a unha maioría sen moito problema no 2011.
E o BNG? Simplesmente, á espera: non é quen ten que presentar a moción, e polo tanto polo pronto, a tentar seguir gobernando o tempo de impasse. Á espera , como Ribadeo.

20100522

De cara á fin de semana en Ribadeo

1. Ribadeo de tapeo '2010, que comeza. O libriño pode descargarse en pdf: publicado en Ribadeo.
2.MASTER CLASS, de Terrence McNally:
Elenco artístico:
MARÍA CALLAS Mabel Rivera
PRIMEIRA SOPRANO (Sophie) María Torres
SEGUNDA SOPRANO (Sharon) Julia Cea
TENOR (Tony) Enrique Martínez
PIANISTA (Manny) Lino Braxe
Dirección: Xosé M. Rabón
No auditorio Hernán Naval, o domingo 23 de maio ás 20.30 h
3.As últimas tomas do baile de guante rosa a favor do cancro (para participar ou mirar...)

Sobre Rinlo, mañá domingo.

A raíz dunha nova nos xornais, recollo información diversa sobre Rinlo.

O comentario de Adega sobre a sentencia favorable á ecoloxía sobre a pretendida nova planta de acuicultura en Meirengos.
A proposta parlamentaria de protección do núcleo de Rinlo.
E a proposta para mañá domingo, recollida do blog 'Mariña patrimonio':
PASEO POR RINLO.
A ROTA DAS CETÁREAS
Domingo, 23 de maio
11 da mañá
Antiga Escola de Rinlo

Unha proposta diferente para o domingo.

Comidilla

Despois do pleno de onte, a principal conversa de Ribadeo nun tempo será a moción de censura. cun condicionante a parte dos xa falados no blog. A oposición da estrutura provincial do PSOE a un apoio dun candidato do PP, despois de deixar claro este outro partido que de haber candidato, debía ser da segunda forza máis votada, eles, o PP. As apostas que se cruzan son se algún edil do PSOE transgredirá a orde do convenio existente a nivel Galicia ou non. Porque se non se acata, chégase ata os sete concelleriros necesarios para que prospere a moción de censura. Se se acata, non.
Luns, xuntanza do PSOE local.

Da presentación do libro de Pablo Mosquera


Onte tivo lugar a presentación do libro de Pablo Mosquera na Casa das Letras.
Deixo a continuación unha copia da entrada no blog de O Tesón:
A coincidencia do acto con outros catro eventos non facilitou a asistencia de xente, que se manifestou en vinte persoas como público. Como estaba previsto, falaron A. Gregorio presentando ó autor, J.Mª Rodriguez introducindo o libro e o propio autor con verbas sobre diversos temas relacionados co libro, incluída a idea da súa realización. A falta da gravación do acto, que se fastidiou, a continuación inclúense as verbas dos dous primeiros (que sufriron algunha variación no acto)
--
Boas tardes.
Os contactos entre O Tesón e Pablo Mosquera, e por extensión, os Aventados, fan posible este acto de hoxe nesta casa da cultura que se nos brindou e que é a Casa das Letras.
Temos na mesa a José Mª Rodríguez, que fará a presentación e ó autor, Pablo Mosquera, que falará da Mariña, do que fala o libro “Senderos para el Viajero”. Ambos son coñecidos abondo como para non necesitar presentación previa, pero cabe dicir que unha pequena visita a internet, onde me atopei cun medio millón de ocorrencias de 'Pablo Mosquera', fíxome variar a miña cómoda postura inicial de escudarme no coñecemento previo por parte do público para tentar facer un pequeno desbroce informativo.
Co permiso de José Mª, e como a presentación esta volta corresponde a un libro de Pablo, só direi del a lembranza do seu último libro polo momento, 'Sobre os castros de Ribadeo', presentado hai non tanto tempo neste mesmo lugar.
En canto a Pablo, xa dixen que o que me fixera cambiar de idea sobre a presentación foi a cantidade de información e desinformación na rede. Así, atopeime cun Pablo Mosquera campeón galego coido que de tenis. A cousa sería para para engadir ó curriculum, pero resulta que era na categoría alevín no ano 2004, co que non cadran as contas. E vinme na necesidade de aclaralo, mesmo cando a solapa do libro que hoxe se presenta contén unha relación parcial de feitos relacionados con el.
A quen temos aquí é a Pablo Alejandro Mosquera Mata, de alcume 'Bígaro'. Nalgunha biografía din que é político, escritor e articulista. Non obstante, de profesión, é médico, especialista en saúde laboral, e no seu ámbito profesional ten desenvolvido diversos cargos, entre os que destacan a dirección de Hospital en Vitoria, Burela e Jarrio. E na súa profesión segue.
En política, foi parlamentario vasco por Álava cinco mandatos, e parlamentario foral alavés en tres, tendo impulsado e creado un partido, Unidad Alavesa, do que foi presidente. Do seu paso pola política queda asemade a súa membresía como parte do Goberno Foral de Álava. Abandoou a política activa hai xa perto dunha década para virse dende o País Vasco a Galicia, ou máis en concreto, á Mariña.
En canto ó seu aspecto literario, a parte doutras obras como 'Entre líneas', ten colaborado con numerosos diarios e revistas, sendo ademáis tertuliano en varios medios. Calquera pode telo escoitado de xeito recente en Onda Cero ou leído na Voz de Galicia, o mesmo que pode ter accedido a centeares de artigos seus noutros medios, como El País ou El Progreso, o mesmo que en diarios de ámbeto vasco.
Pero quizáis sexan outros intereses os que nos aproximen máis ó actual libro: retomando ó chegar a súa terra o interese asociativo que o levou a participar na fundación do Foro de Ermua, de igual xeito ten hoxe entre mans ós Aventados, asociación cultural que é con diferencia na actualidade a que máis se está a mover na Mariña, e que non por casualidade terá mañá un dos seus numerosos actos, esta vez en función do poeta Miguel Hernández, ó tempo que hoxe mesmo é o propio Pablo e Alfonso Otero Regal saen nos papeis a conto doutra actividade da asociación mantida mércores en Viveiro. Un só detalle define quizáis esta asociación tan vencellada a Pablo: non hai moito, declarou que é doado ser un 'aventado': chega con ser alguén que ama á súa terra. Ista, na que estamos.
E co citado detalle, coido que queda algo clarificada a traxectoria vital de Pablo, e encarriladas as verbas xusto abondo para ceder a palabra a José Mª e comezar, agora si, a presentación do libro.
--
La cosmología aristotélica, inspirada en Ptolomeo, sobre los cuatro elementos del cosmos, tierra, aire, agua y fuego, no se acabó con Galileo, sino que pervive en el grupo de los Aventados de San Ciprián. Su cabeza visible, Pablo Mosquera, que nos honra aquí con su presencia, se encarga de recordárnoslo a través de este precioso libro que hoy pone a nuestro alcance. Un libro en el que el autor, como buen aventado, rinde tributo a los cuatro elementos que, según Ptolomeo, componen el mundo físico en el que vivimos y del que somos parte. Un mundo que Pablo se encarga de descubrirnos a lo largo de las páginas de este libro. Un libro en el que su autor nos revela bellezas ocultas, en situaciones y cosas, que a los demás se nos esconden.
Nos habla del viento cuando lo oye azotando en la noche los blancos mantos de la Santa Campaña en su recorrido nocturno por las costas del litoral mariñano, por tierras de San Andrés de Teixido o celebrando sus aquelarres en Os Farallóns de San Ciprián, invitada por la Maruxaina.
Nos habla del agua cuando nos cuenta los naufragios de tantos caminantes incógnitos y desconocidos peregrinos que las aguas engulleron en los muchos y trágicos siniestros sufridos en nuestra mar bravía a lo largo de nuestras costas.
Nos habla del fuego cuando con imaginación nos va relatando los destellos luminosos de los hermosos faros que, sin otros indicadores ni señales de tráfico que los guiasen, iluminaban los caminos de las naves que cruzaban el mar frente a nuestras costas.
Se ocupa de la tierra cuando, guiando los pasos de los peregrinos, les va descubriendo los bellos parajes que se esconden detrás de cada recodo de nuestras costas, desde Ribadeo hasta San Andrés de Teixido.
De todo esto y de mucho más nos habla el autor en la primera parte de su bello libro, escrito con una hermosa prosa, imaginativa y cunqueiriana, con la que va guiando a los viajeros y peregrinos hacia los lugares más señeros de nuestra costa britona. A través de estas páginas, siempre nuevas por su contenido poético y su frescura, nos va descubriendo bellezas y cosas que a los demás mortales se nos ocultan.
Yo me imagino a Pablo, sentado a la vera del campo santo de Vares, contemplando la isla Coelleira. Y en ella, esa reliquia de nuestra antigua cultura britona que, allá por el año 540, acogió al primer barco de los britones llegado a nuestras costas, y en donde levantaron el primer monasterio para albergar a Mailoc que llegaba con sus monjes britones para combatir los restos del priscilianismo y las incipientes herejías arrianas importadas por los suevos. Desde ese bastión de la Coelleira saltarían más tarde los monjes, con su abad al frente, hasta San Martín para fundar el gran Monasterio de Máximo, en donde quedó establecida la sede de nuestra diócesis britona, que después de su breve paso por Ribadeo, quedaría establecida para siempre en Vallibria, la actual Mondoñedo. Testimonio de los lazos que unían a esos dos monasterios britones y de esa herencia pasada compartida es la relación de dependencia que ambos monasterios, el de San Martín y el de l Coelleira, mantuvieron a lo largo de los siglos de existencia hasta el siglo XVIII, en la baja Edad Media.
Luego nos va exponiendo el autor, con numerosos y exhaustivos datos y fechas, los avatares vividos por los peregrinos desde el siglo X en su caminar hacia Compostela, guiados por la Via Láctea, que nosotros llamamos el Carro de Santiago. Y llevando de la mano a estos modernos peregrinos, que caminan movidos por una espiritualidad sin religión, en busca de la paz interior y del encuentro con la Trascendencia, el autor los conduce por los caminos de nuestra historia y los recovecos de nuestros paisajes, mientras les va recordando la intensa actividad ballenera habida en los puertos de la mariña. Todo ello adornado con hermosas leyendas que hablan de famosos acontecimientos pasados.
La historia del Marqués de Sargadelos le sirve al autor para dar a conocer al visitante que recorre nuestras tierras mariñanas el primer florecer de la industria de nuestra tierra gallega: la transformación del hierro, del caolín o del lino, la importación y exportación de nuestros productos textiles y agrarios, todo ello bajo el impulso hechicero y prodigioso de la figura del ribadense Antonio Raimundo Ibáñez, 2º regidor del concejo de Ribadeo.
Y no falta tampoco, como no podía ser menos, un recuerdo a la gran labor evangelizadora del hereje Prisciliano a lo largo de la Gallaecia. Un apóstol que, predicando pobreza y austeridad, criticó enérgicamente todo contubernio entre el poder civil y el religioso por lo que tuvo grandes enemigos que lograron su ajusticiamiento en Tréveris, desde donde fue traído y enterrado en algún lugar de la Gallaecia. De todos es conocido el “rum-rum” que circula entre muchos y destacados escritores que atribuyen a la tumba de Prisciliano el origen de las peregrinaciones a Compostela. Un Prisciliano, apóstol de la Gallaecia, de cuya labor misionera dan testimonio tantas ermitas y santuarios escondidos en las zonas agrestes de nuestras montañas, como Santo Estevo do Ermo, y en recodos ocultos de nuestras costas, como San Andrés de Teixido y tantos otros lugares que florecieron en nuestro antiguo reino de la Gallaecia, que abarcaba desde el Atlántico, ocupando toda la tierra de la orilla norte del Duero hasta las Vacongadas.
En resumen, el lector encontrará en este libro el canto de un gallego a su tierra y a sus tradiciones. Un recuerdo a las raíces que lo fueron formando y lo sosotienen y de las que aún se alimenta la Galicia actual.
Y termino felicitando a Pablo Mosquera por su aportación al mundo de la cultura con la aparición de este libro que viene a llenar un vacío en nuestra cultura comarcal y que, sin duda, colmará de placer a todos los que se paren a leerlo, como me ha ocurrido a mi mismo. Como dice Flavio Josefo en sus Antigüedades “importa tanto acertar con un estilo literario que haga placentero lo que se relata, como atenerse a la realidad de los hechos”. Y estas dos cualidades que, según Flavio Josefo debe tener un historiador, las encontrareis en este libro, escrito con un lenguaje culto, pero al mismo tiempo sencillo.
Felicidades al autor por este regalo.

 Obras de José Mª Rodríguez

 

20100521

Cara a un futuro descoñecido en Ribadeo

    A falta de poder asistir esta mañá ó pleno, despois de enterarme da negativa na moción de confianza, ligo á entrada no blog de J.M. Rodriguez sobre o tema, á nota do concello ou á correspondente da COPE.

Hoxe, actos. Pero, primeiro, política

1. Pleno ás 9 (da mañá). A parte do dito no blog (1, 2, 3), en novas de hoxe (1, 2) queda patente o interesante deste pleno onde se presenta a moción de confianza e as derivacións que pode ter en moción de censura. A hora quizáis faiga que non haxa moita xente, sexa por traballo, sexa por descanso, o que non quita que poda ser a principal atracción de hoxe en Ribadeo polas consecuencias que de el se derivan. Tampouco é de esperar que dure moito...
2. No auditorio Hernán Naval, XORNADAS FORESTAIS E MICOLÓXICAS, Venres 21 (18:30) e sábado 22 de maio (10:30), un tema que pode dar de si, en particular para os afeizoados á micoloxía.
3. Exposición das cruces e pendóns das sete parroquias que peregrinan á Romería das Cruces en A Ponte, Arante. Comezo con misa media hora antes e continuación con actos sábado (día da xuventude, peregrinación), domingo (pregón, misa, concerto, verbena, sesión vermut) e luns (romería, verbena)
4. Presentación do libro 'Senderos para el viajero' ás 20:30 na Casa das Letras.
5. E tamén, tuppersex!, adicado a todas as mulleres e homes maiores de 18 anos. A partir das 19 horas, obradoiro de sexualidade na Casa do Mar de Ribadeo.
... e continuará a realización do video para o cancro con luvas rosas, que está tendo un apoio grande en todo Ribadeo, e que será colgado en youtube unha volta editado.

20100520

Orzamento, non, presuposto, tampouco (II)

Despois da primeira entrada sobre o pleno de martes, seguen sucedéndose as novas sobre o sucedido. Ás xa apuntadas como comentario daquela (1 e 2), hai que engadir tanto as notas de prensa do concello (1 e 2) como os diversos comentarios dos edis na radio (1, 2, 3, 4, 5, 6), a visión da nova no outro xornal (1, onde por certo se di que os contactos entre membros da oposición non comenzaron, mentras que onte a última hora podo confirmar unha amigable charla entre Rivas e Balbino) ... Non hai en ningunha das novas moito detalle sobre o pleno, senón máis ben exposición de posibles consecuencias e opinións sobre as mesmas, ou analízase en termos de responsabilidade ou irresponsabilidade, coas opinións de cada quen metidas nesa asignación.
As dúas xuntanzas previas mantidas antes do orzamento, e que foron esgrimidas como parte da causa do consenso ou rexeitamento polos grupos, parecen ter xa quedade esquecidas, o mesmo que as votacións (2 a favor, 5 abstencións na comisión) ou mesmo a supremacía dos 68 000 €, e definitivamente, tamén quedou esquecida a nota da interventora relativa á normalización do financiamento do concello de ser aprobado o orzamento. Todos estes extremos foron superados polo futuro.
Si que mereceron parágrafos a disposición dos grupos a non cobrar por asistencia ós plenos e a rebaixa do alcalde, non deixando claro que en todo caso, foi parte da consecuencia do desenvolvemento das cousas: a proposta de rebaixa do 15% no soldo do alcalde foi da oposición (que por outra banda, é algo que vai vir de por si se prospera a normativa estatal e así o deixou caer o alcalde) e a proposta de non cobrar os plenos, foi do alcalde, recollida como cousa normal pola oposición. En calquera caso, mellor, en ambos casos, aínda non se materializou a tal proposta.
En xeral, excepto nas notas do concello, tampouco se fala das liñas xerais propostas no presuposto botado abaixo, nin nos inconvintes que viu a oposición. Por iso, como un punto máis, tamén sería destacable a postura do PP no pleno, que non se puxo a analizar os números porque dixo que sinxelamente non cría que tiveran pensado cumprilos, por falta reiterada á palabra por parte do goberno municipal, e que a súa falta de apoio xa estaba anunciada polos condicionamentos postos o ano pasado, que non se cumpriron. Algo que, engadiron, alomenos nos 19 anos que leva JC Andina polos plenos municipais, non pasara nunca.
Así as cousas, sen descartar unha moción de censura máis adiante, o próximo venres ás nove da mañá haberá unha cuestión de confianza.
Coido que continuará.

20100519

Morte, non asasinato

Un lector ou lectora leva varios comentarios en entradas anteriores, fóra de tema da entrada correspondente, lembrándome que non dixen nada da anciana morta na fin de semana na clínica onde estaba a consecuencias das queimaduras causadas por unha pelota que entrou na súa tenda. No seu momento, publiquei 'xogos de guerra', e sigo pensando o mesmo despois da morte da anciana e de falar cos familiares.
Coido que hai que distinguir. E que hai uns trámites xudiciais en marcha. E que en poucas noticias (pero coido que en tódolos medios) saiu que os mesmos que estaban coas pelotas fóra da tenda, xunto con outros pequenos e maiores que estaban dentro e poideron resultar queimados, foron os primeiros en colaborar para tentar que o queimado fora o menor posible, ó ver o resultado das súas accións.
Disculpalos? Non. Estou de acordo en que as responsabilidades hai que telas e levalas coas consecuencias, por moito que haxa unha compoñente de insconsciencia grande, ou unha tentativa de diminuír o efecto. Pero distinguindo. E polo momento, se ben parece que se sabe ben quen foi implicado, no xulgado queda por determinar que culpabilidade teñen.
Estou de acordo en que actitudes de irresponsabilidade ou peor aínda, o mellor é corrixilas cedo, mellor que tarde. Pero un linchamento non deixa de ser un linchamento, por moito que os linchados podan ser cualificados de vándalos. Polo menos, eso é o que creo. Foi unha morte provocada, non un asasinato.
E no blog coido que teño falado ata o momento da actualidade de tan só tres mortes, e nunca para tratar de criminales ou disculpar a causantes.

Un blog sobre a ría de Ribadeo

Hoxe chegoume un comentario sobre un novo blog sobre a Ría de Ribadeo. Está nacendo, pero parece que pode chegar a ser grande. De pronto, a min gustoume.

Orzamento, non. Presuposto, tampouco

    Coido que o título é o resume do pleno de onte. 12 persoas asistiron a un pleno no que faltou Begoña (PP) e coido sobraron moitas palabras. Os desacordos foron máis aló de que uns e outros usaran diferentes verbas para referirse ó mesmo, a previsión das contas para o ano, que non se aprobaron.
    Aparte quedan as ameazas do goberno municipal de presentar unha moción de confianza se non se aprobaban: despois da votación, e ó levantarse a sesión, o alcalde pideu ós grupos que se quedaran para falar sen público. Se vai a haber a moción ou non supoño que se falaría alí. O caso é que a previsión de contas presentada máis cedo en moito tempo non serviu e terá que ser voltada a presentar, xa non tan cedo.
    A destacar? Antes de facer a cousa máis en detalle, quizáis destacaría algo que saiu perto do fin do debate: no informe da interventora incluíase que de continuar as cousas no camiño comezado no 2008 podería falarse de recuperación financieira do concello máis pronto que tarde.
    Votación, 4 a favor, 8 en contra.

20100518

Pleno sobre o orzamento

    Días atrás o concello sacou unha nota sobre un pleno extraordinario, o de hoxe. Non é de extrañar, pois vaílle moito: é o pleno dos orzamentos xerais do concello, o que rexerá os gastos para este ano. É de supor que un orzamento nun momento complicado como este, cando chega ó pleno terá un consenso , e aínda que poda haber algunha discusión, a cousa estará zanxada. Destacaría dúas cousas sobre o mesmo: a pesar de ser austero, medrou respecto do orzamento do ano pasado (que rebaixara sobre a cifra do anterior), e que foi presentado en maio, rebaixando de novo un pouco a data de presentación e quedando por baixo do 50% do ano transcorrido, o que é de agradecer se se quere transmitir normalidade e non apaños a auga pasada.

Sobre os dereitos, igualdade e felicidade

Hai un par de semanas podía lerse nun titular de prensa: 'As desigualdades perxudican á felicidade'. Non é ningunha novidade, pois periodicamente estudos e novas veñen a confirmalo: as sociedades máis igualitarias e participativas tenden acadar maiores índices de felicidade, medida por diversos parámetros. De feito, o Premio Nobel de economía Amartya Sen, a quen non é a primeira vez que menciono no blog (1, 2, 3), chegou ó galardón a costa de afondar precisamente no tema.
Hoxe aparece no blog de O Tesón unha nota de prensa sobre a votación, no pleno do pasado luns, da modificación dos requisitos de entrada ó hospital asilo: a igualdade de dereitos e a posibilidade do seu exercicio, a perspectiva dun futuro cuns mínimos asegurado, son unha compoñente fundamental da felicidade actual. É dicir, o que se votou ten abondo que ver coa tranquilidade da xente que se vai achegando á idade de xubilación e os seus familiares.
Deixo a continuación a copia da nota de prensa de O Tesón sobre os requisitos de ingreso no hospital asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo:
'Mesmos dereitos
Estes son os requisitos de ingreso no hospital asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, segundo estaban ata o pleno de 10 de maio:
“Maior de 65 anos ou de 60 e pensionista.
Residente no concello cunha antigüidade de alomenos 2 anos.”
En xaneiro, plantexouse no pleno unha modificación do artigo do regulamento que facía variar os requisitos de ingreso. O motivo, o ser coñecedor un grupo político de dous casos de xente que quería entrar e non cumpría o requisito de antigüidade no concello, tendo sido veciño de Ribadeo.
Tivo lugar a aprobación de primeiras dunha modificación, coa apertura do periodo de alegacións. O tesón presentou as súas:
'En relación ó prazo de alegacións para a variación do Regulamento que rixe o Hospital Asilo, expón
Que a asociación considera convinte ter unha consideración cos ribadenses que tiveron que emigrar, para o que propón incorporar como requisitos nos correspondentes estatutos:
“1.Maior de 65 anos no caso xeral, ou de 60 sendo pensionista.
2.Residente no concello de Ribadeo cunha antigüidade de alomenos dous anos de empadroamento. No caso de ter emigrado, poder demostrar fehacientemente unha residencia en calquera momento da súa vida de dous anos, máis un ano por cada cinco que teña estado empadroado fóra de Ribadeo.”
A variación proposta, no punto 2, tenta favorecer ós nados ribadenses ou veciños que pasaron tempo en Ribadeo con anterioridade, de xeito que por exemplo calquera que tivera emigrado xa ós 13 anos de idade e sexa pensionista con 60 anos tería acceso a unha praza aínda que viñera direitamente de calquera outro lugar, despois de estar empadroado 47 anos consecutivos fóra de Ribadeo.'
Non tivo ningún voto a favor, sendo rexeitada polo tanto xa en comisión, e como a outra proposta de variación tampouco foi adiante (do BNG; só tivo os propios votos), quedaron variados os requisitos de entrada, de xeito que agora calquera que pasara dous anos empadroado en Ribadeo, cando fóra, ten os mesmos dereitos. Só unha pregunta: é lóxico que alguén que pasara os dous primeiros anos da súa vida en Ribadeo, aló polos corenta do século pasado, teña os mesmos dereitos de asilo que quen pasara en Ribadeo entre os 10 e os 12 anos, polos cincoenta, ou oito meses nos cincoenta, oito nos sesenta e oito nos setenta, ou quen pasara os dous últimos antes de pedir a súa entrada no asilo?
Polo dito no pleno no que se fixo a aprobación inicial, foron dúas persoas as que motivaron este cambio. A mesma semana que foi aprobado con carácter definitiva a proposta de ter dous anos de censo en calquera circunstancia, na Comarca del Eo de 15 de maio aparecían outras dúas persoas que non teñen praza e quixeran tela. Ó mellor é que dende o Tesón non explicamos a nosa postura a tempo, fiándonos nun diálogo social transparente. O caso é que non prosperou. E que os criterios de entrada no hospital deben perfeccionarse.
AVV O Tesón'
Unha nota final: por erro, non aparece que o punto terceiro das condicións tamén habería que cambialo, pois di que se favorecerá á xente coa renda máis baixa, pero a) non especifica cómo e b) non considera que a parte da renda, pode haber patrimonio.

20100517

Arredor da medianoite, de Hernán Naval

Paso unha ligazón a 'lonxe do mar', o blog de Fernando, que arredor do cabodano de Hernán soe ter entradas que me gustan. A deste ano tamén, cunha poesía del e un escaneado dunha partitura.

Rematando coas letras


Rematando o día das letras, ocórreseme que saíu moita xente fóra. A Santiago, por exemplo, a unha manifestación a favor da continuidade do galego. A Oviedo, de compras. A outros moitos lugares.
Onde habería máis xente, no lonxano Santiago (175 km) ou no achegado Oviedo (132 km)?
Á beira, a postal conmemorativa das letras galegas, repartida en panaderías e librerías de Ribadeo.

20100516

De Uxío a Gamallo (e viceversa), con lembranza de Hernán


A colección de documentos de Gamallo segue dando froito. No IES Dionisio Gamallo Fierros abriuse venres unha exposición que relaciona ó titular con Uxío Novoneyra, o autor escollido para a celebración deste ano. Unha exposición que estará aberta toa a semana que ven en horario de apertura do centro, que inclúe ata a noite debido ós estudos nouturnos. As fotos á beira son unha mostra dalgunhas das obras expostas, incluíndo curiosidades varias que polo momento non están estudadas.




E lembrar que, como di Clapaucio nun comentario nunha entrada anterior, hoxe é o día do cabodano do pasamento de Hernán, un feito que para Ribadeo é seguramente máis importante que a lembranza a Uxío como estandarte das letras, e celébrase xuntando nestas horas o concerto das letras no seu auditorio (20:30 h).

As ilustracións, coma sempre, poden ampliarse premendo co rato sobre elas.

20100515

Concerto das letras galegas 2010


No cartel á beira, con Uxío Novoneyra e Ribadeo ó fondo, está explicado: o concerto das letras galegas este ano non é no día das letras, senón o anterior. O cabodano do pasamento de Hernán.
Abaixo, o cartel cedido por Amadores.

Libro da Semana Santa 2007

Hoxe deixei colgado en Publicado en Ribadeo o libro da semana Santa 2007.

Nota de prensa de O Tesón: denuncia ó 'La Nueva España'

AVV O Tesón
Nota de Prensa
Denuncia contra 'La Nueva España'

Tras decisión da directiva da asociación de veciños O Tesón, no día de onte, xoves 13 de maio, o Presidente da mesma ten presentado denuncia contra o diario 'La Nueva España'. O motivo da denuncia é, despois de longos anos de ter usado dito diario de xeito constante o topónimo de 'ría del Eo' en troques do legal 'ría de Ribadeo', a acusación de dito diario de que diversas instancias galegas queren impor o topónimo legal de xeito insidioso. Así por exemplo no artigo “Galicia quiere los cañones del Eo”, do día 5 do presente mes, entre outras cousas relativas ó nome da ría e ó patrimonio, aparece o texto “para las dos orillas de la ría del Eo, cuya denominación los nacionalistas gallegos querían cambiar por el de ría de Ribadeo”.
Po iso, ante o que consideramos un ataque que ven sendo reiterado de diversos xeitos contra os intereses de Ribadeo, e ante a falta doutras respostas, decidimos intervir para tentar que cesen ditos ataques coa presentación da denuncia mencionada e en defensa do nome e patrimonio ribadenses.
Ribadeo, 14 de maio de 2010.

P.S.: Acompáñase a continuación a parte principal do texto da denuncia:
“(...) presentamos denuncia contra do diario ovetense La Nueva España, que de forma reiterada e ensidiosa nomea a Ría de Ribadeo co nome erróneo de Ría do Eo.
Os veciños consideramos que esto atenta de forma clara contra o noso patrimonio histórico de Ribadeo, e esto ocorre desde fai máis de 20 anos, a partires de abrirse o tráfico a Ponte dos Santos en 1987, e agora incluso de forma máis teimuda, se cabe, a partires da resolución do Ministerio de Fomento de 13 de marzo de 2008, na que a Comisión Especializada de Nombres Geográficos, decide e sostén, literalmente, “con contundencia” que o único nome que debe otorgarse á ría e o nome de Ría de Ribadeo, pois: “es la que está generalizada en toda la cartografía hidrográfica, topografía, atlas y publicaciones geográficas de caracter científico, a nivel mundial, no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado recientemente y erróneo...”
Pero agora vemos que este xornal, xa non só se conforma coa difamación da nosa topónimia histórica senón que con un cinismo inusual, no artigo de mércores 5 de Mayo de 2010, menciona que os restos que hai no fondo do “estuario” son de pertenza “asturiana” e retrata a raqueros do pecio histórico de “El Galgo de Andalucía” como se de héroes e patriotas se tratara. Con este artigo cremos que se falta o máis absoluto rigor histórico, para crear polémica coa soa finalidad do afan de lucro evidente por parte do Consello de Redacción do xornal, posto que se obvia a historia de esta fragata española de 24 canóns de avancarga,que desde 27 de setembro de 1719 está afundida a causa do ataque pirata de tres fragatas inglesas, “Weymouth”; “Galley” e outra máis da que non se sabe o nome, que entraron a roubar o porto e a Vila de Ribadeo, e cuxo Concello tivo que pagar rescate para librarse do ultraxe a que foi sometido.
Con este tipo de actuacións fora de toda ética e código deontolóxico periodístico que debe existir en toda Redacción de un periódico público, creemos que se atenta de forma clara contra do respeto fraternal entre xentes que se rixen pola mesma Constitución Española, que ampara os dereitos e rixe as libertades do noso pais.
Os artigos sobre patrimonio que se vulneran da Constitución Española de 1
978, cremos que son os seguintes: (...)
E os artigos de competencias das comunidades Autónomas: (...)
Desde a Asocación de Veciños “O Tesón”, esiximoslle a esa redacción unha rectificación pública e o uso do topónimo Ría de Ribadeo sempre no sucesivo”
Fará O Tesón como O Quixote, defendendo causas perdidas nun mundo que non funciona así? Reaccionarán as autoridades?
No blog de O Tesón.

20100514

Regularizando situacións

Dende hai agora un ano viña coleando unha situación inusual na dirección da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. A finalización hai pouco tempo do expediente levantado a Lourenço Cruz desembocou onte en que fora despedido. Queda unha actuación no xulgado, e o paso de provisional a definitiva a resolución sobre a dirección da escola e da banda, que seguen a ser dirixidas polo momento sen a convocatoria que sería normal. Así as cousas, o camiño das dúas institucións váis aclarando, e co concerto das letras galegas, que se realizará o domingo, marcará un paso máis á normalización da situación.
Tamén hai un intento de re-regularización noutro asunto relativo ó concello: despois de que o xulgado asignara ó anterior alcalde un pago por parte do concello de 13 581€, un recálculo por parte dos técnicos municipais rebaixa a cifra en 3 000€, a parte de pedir instruccións sobre outros aspectos como a quen corresponde facer o depósito do IRPF. Naturalmente, neste caso a cousa continuará.

20100513

Mirando co Rei a Cataluña, non a Madrid

Nova de onte foi, que o Rei, recén operado, declarouse orgulloso da sanidade pública. Pouco de novo tería a cousa e pouco en relación a Ribadeo: a sanidade pública española parece ter un bo nivel internacional, e non foi nun centro galego nin mariñán que o Rei se operou. É máis, non lle prestara grande atención ás novas relativas á operación ata que onte fixeime que o encabezamento da crónica nun xornal incluía un 'Barcelona'. Vaites, o Rei non estaba en Madrid, senón que fixo a operación como un desprazado a Barcelona! Estaba actuando como un británico que ven de vacacións a España e 'aproveita' para operarse porque aprecia a diferencia entre a sanidade pública española e británica despois da privatización de Margaret Thatcher. Entón fixeime un pouquiño máis, e vin que o Rei axustou unha frase máis: "en España temos que estar orgullosos da sanidade pública que temos, tanto aquí, en Cataluña, como en Madrid". Si, pero foi operarse a Cataluña. A frase soa a desculpa de mal pagador, ou a aclaración non pedida. E resulta que Madrid segue o modelo estatal respecto á sanidade no tocante ós pacientes, pero a xestión hospitalaria decantouse hai uns anos polo cambio, e dende entón as queixas van in crescendo. E Madrid é o modelo declarado a seguir en Galicia... agora xa se vai achegando a cousa a Ribadeo.
Á Mariña, onde nos afectan as declaracións de onte de Pilar Farjas, conselleira de sanidade, quen marea a perdiz co tema de onde vai quedar a dirección da área da Mariña.
Así pois, está claro que hai que insistir e presionar para tentar que non pasen dun: aí está a consecución, tratada onte tamén na prensa, de que volten a Burela as autopsias. Claro que neste caso as implicadas foron empresas. Pequenas empresas, pero empresas. E o estatuto parece ser de maior categoría cando as cousas as fan as empresas que cando as fai a cidadanía como tal. Mentras, o apoio a Burela como śe de poder sanitario propio queda reducido ó testimonial cando se fai un acto, e sobre todo, os tempos que sopran para a calidade sanitaria pública en Galicia non implican precisamente unha mellora de calidade, nin a medio-longo prazo un aforro (a curto, é diferente).

20100512

Caínme do mundo e non sei por onde se entra

O título corresponde a un texto de Eduardo Galeano que me enviou un amigo nun correo. Procureino logo na rede, e aquí está a ligazón: http://www.diariodelsurdigital.com.ar/Me-cai-del-mundo-y-no-se-por-donde-se-entra. Recomendo a súa lectura. E o pensar como evitar algúns feitos que se comentan nela. Sobre cousas materiais e non materiais. E sobre a crise, económica, ambiental, ... que tamén ten relación.

20100511

Pleno de 20100510 (II)

    Primeira parte do pleno de 20100510.
    A primeira moción foi do PSOE sobre o plan de transición á TDT, para istar á Xunta a obrar segundo o convenio co estado. Foi calificado de extemporáneo por UPRi (a TDT xa está en marcha) e o PP preguntou se tiña que poñer cartos o concello como se indicaba. ó final, modificouseengadindo un tema sobre a mellora da sinal, sen custe para o concello, e foi votada por unanimidade.
    A segunda moción, de UPRi, para o cobro bimestral dos recibos eléctricos ata que se fagan as lecturas de congtadores mensuais, en base a máis de 270 reclamacións que ó parecer foron presentadas en Ribadeo en relación co tema, foi recibida polo PSOE como unha especie de galimatías (pídese á Xunta que pida ó Goberno central), anunciando abstención. O PP alega que son os propios consumidores os que teñen que poñerse en marcha, e o BNG dice estar de acordo co fondo, aínda que non coa forma. Ó final, votan a favor BNG e UPRi (6 votos), e abstéñense PP e PSOE (7 votos)
    A seguinte foi en apoio do porto de Mirasol, presentada polo PP. En realidade, explicaron que se trataba de cúas cousas diferentes, pero que non había inconvinte en tratalas xuntas: o instar á Xunta a seguir na liña de apio a Mirasol manifestada últimamamente e a petición a Fomento dun trato e inversión semellantes ós adicados a Asturias para levar o tren ata Mirasol. Como esra de esperar, a votación foi unánime, pero con axustes: o PSOE axustou que non via que houbera que manifestar 'agravio comparativo' segundo se tratou no pleno, e o BNG axustou que tiña claro que había que apoiar, pero sen facer barbaridades como o armatroste que se pretendía ó pé da auga.
    A última moción correspondeu a UPRi, e foi unha moción de urxencia sobre o expediente aberto á traballadora do piso tutelado. Houbo diversas intervencións, que se resumen en que o goberno municipal, por unha beira, defende que o expediente é informativo, non disciplinario, e polo tanto, non implica de principio ningunha agresión á traballadora, e polo outro, os grupos insistindo en que eso é unha chiquillada por parte da alcaldía. así as cousas, o que se discutiu foi á partires da base xurídica, intervindo o alcalde en que dubidaba que o pleno poidera arquivar expedientes, co apoio do segredario, que especificou que, no caso de haber acordo, sería unha recomendación, ser valor xurídico. Pasou a votación sobre a urxencia e a aprobación co mesmo número de votos: 9 contra 4 abstencións.
    A partir de aí, as preguntas e rogos.
    Nota de prensa do concello sobre o pleno.

Nota de prensa de O Tesón sobre a presentación dun libro de Pablo Mosquera


AVV O Tesón
Nota de Prensa
Presentación libro Pablo Mosquera

Co gallo da recente aparición do libro de Pablo Mosquera 'Senderos para el viajero', a Asociación de veciños O Tesón, en colaboración coa Asoc. Os Aventados e coa Casa das Letras de Ribadeo, propicia un acto de presentación do mesmo o venres 21 de maio ás 20:30 horas.
No acto, que terá lugar no salón multiusos da Casa das Letras de Ribadeo, tomarán a Palabra o autor, Pablo Mosquera, que falará sobre as interioridades do libro, así como José Mª Rodriguez Díaz, que previamente encadrará o tema, e o moderador do acto.
A entrada é libre e gratuíta, coa única limitación do espazo dispoñible.
Ribadeo, 11 de maio de 2010.
P.S.: Acompáñase imaxe da portada do libro en ficheiro adxunto.
Ligazón á nota orixinal.

O que parece un epílogo

Un compañeiro fíxome notar un pequeno articuliño de Almudena Grandes onte no El País, Epílogo. Pode que non diga nada novo, mesmo que lle falten cousas ilustrativas. Pero a redacción permite facerse unha idea do sentemento non xa de frustación, senón da percepción social en relación á crise que nos azota.

Pleno de 20100510

    Cun máximo de 16 asistentes de 9 ó comezo de rogos e preguntas, ás 10 menos 5 da noite, transcorreu onte o pleno de maio.
    Unanimidade nos primeiros puntos da orde do día: a aprobación da acta anterior, as resolucións da alcaldía (onde foi preguntdo por UPRi o motivo de poñerlle a un pub unha multa coa contía mínima dentro da gama dispoñible, de 60,01 € por manter as portas abertas deixando saír o ruído), licenzas de primeira ocupación, alegacións ó POL (polo menos eu, sigo sen saber cales son), e as bases do ARI (área de recuperación integral, para subvencións) de Rinlo para 2010.
    O punto nº 6 xa tivo discusión. Tratábase co convenio con SEPES para a xestión comercial do polígono industrial, onde houbo 11 a favor e a abstención dos dous representantes de UPRi. A base da pequena discusión foi que SEPES pasará ó concello un 3% sobre a venda para realizar a xestión, pero, se non se vende, o concello non recibe compensación por ter a alguén adicado. O PP apuntou que non se contratara a ninguén novo para facer as pertinentes xestións, senón que se contara ca axente de desenvolvemento local para o tema.
    O 7º foi a aprobación do RRI do Hospital, mantendo a redacción da aprobación inicial, despois de descartar en comisión as propostas do BNG (2 a favor, 4 en contra e 1 abst.) e O Tesón (6 en contra e 1 abst.). Resultou unha votación con resultado pouco frecuente: 7 a favor (PP e PSOE) e 6 abstencións (BNG e UPRi)
    Pasouse logo ó punto máis longo, a contratación dunha empresa para as obras da travesía. Aquí xurdiu unha discusión, non acalorada, pero si con aristas diferentes para cada grupo, comezando polas queixas de que, despois de dúas modificacións das bases para favorecer a presentación de empresas locais, istas non acudiran, e que se fixera retrasando a obra (de feito, xa se tivo que pedir unha próroga ó Mª de Fomento). Despois, pasouse á consideración de que a beneficiaria proposta fora Aquagest, que non aparece tendo como actividade principal as obras públicas, senón a xestión de augas, e sendo previsible que teña que subcontratar, mentras que foron descartadas outras empresas que si teñen como fin principal a obra pública. Por certo, que neste punto, se non entendín mal (a acústica segue deixando moito que desexar), o representante do PSOE Ramón López dixo que xa se sabía a quen ía facer a subcontrata, a pesares do que o pleno seguiu en calma por unha e outra beira. Falouse tamén de que as diferencias de puntuación son pequenas e a xustificación dos puntos non está desglosada nin explicada de xeito convinte, saíndo a relocer a competencia dos técnicos municipais.
    Así as cousas, e por propostas semellantes aínda que con base diferente por parte de cada grupo, optouse por deixar un tempo de estudo e consulta co que voltará a presentarse a pleno próximamente, 'no menor tempo posible', despois de suscitar un comentario do alcalde sobre que esperaba que a dilacción non fora para forzar a imposibilidade de cumprimento dos prazos concedidos por Fomento, nos que xa se leva retrtaso mesmo despois da ampliación pedida o ano pasado.
    O noveno punto, o expediente de desafectación para failitar a permuta e ampliar o acceso do camiño que conduce ó campo da festa en A Ponte de Arante, pasou con unanimidade e mesmo co recoñecemento do PP de satisfacción e agradecemento ós servizos xurídicos pola atención prestada.
    Chegados a este punto, presentáronse varias mocións, unha do PSOE sobre a transición á TDT, outra de UPRi sobre o paso bimestral dos recibos de luz, outra do PP en apoio do porto de Mirasol e outra de urxencia de UPRi en relación ó expediente sobre unha traballadora do piso tutelado, que serán tratados na segunda parte.

20100510

Asuntos para hoxe

Hoxe está prevista a toma de posesión da nova directiva de ACISA, e tamén hai un pleno interesante. O que pasará en ACISA está previsto dende hai tempo xa; o que pasará no pleno, é previsible alomenos en parte, e máis dada a nota de prensa que ligo. Está claro que a variación proposta para o regulamento do hospital polo BNG non se aprobou. Non se di nada da aprobación da outra alegación presentada, a do Tesón, pero na nota de prensa entendo que tampouco se aprobou. Do POL, só di que se enviarán alegacións correspondentes co PXOM e de acordo con dito documento, que non se sabe na actualidade nin por onde vai nin que se está a facer con el. E despois do pleno? Pois ó mellor se sabe algo das alegacións enviadas...

Relacionado coa economía do concello

A semana pasada xurdiu a nova dunha fonte de aforro do concello: a rotura das conversas para o convenio colectivo dos funcionarios.
Parece evidente que, se se aplica a suba proposta polo estado para os funcionarios, que se da a entender que é menor da que se reclamaba en convenio, vai a haber un aforro. A nota de prensa tamén se aplica que non se van conceder outras prerogativas pedidas. Un comentarista radiofónico aventurou que se o alcade cría que ía perder votos pola rotura do convenio, ó mellor se enganaba. Dende aquela, outras voces se levantaron na mesma dirección. Coido que se pode pulsar na rúa que así é, que non vai supoñer unha perda de votos, senón unha ganancia.
... alomenos, de xeito inmediato. Porque o que contará mesmo a curto prazo, é sobre todo a eficacia do servizo municipal. E iso non está asegurado. Estaríao co convenio?

20100506

Arqueoloxía na ría de Ribadeo

Bastou unha nota de prensa do concello sobre restos arqueolóxicos na ría de ribadeo para que xurdira outro ataque preventivo dende a parte asturiana.
Estamos xa afeitos a enfrontamentos deste tipo, nos que se prodigapor parte das autoridades do Principado aquelo de 'galegos e asturianos, primos hermanos', enfatizando coas verbas inicial e final que nós somos os 'primos'. Aí está o mercado semanal da competencia, o nome da ría (unha volta, e outra, eoutra, ...), a desprotección mesmo dos camioneiros que veñen a traer o papel a Ribadeo e que son veciños en xeral da parte occidental do Principado, etc. E o caso é que realmente, Ribadeo actuá como primo, encaixando diplomáticamente. E non só e principalmente por parte das autoridades locais, senón tamén por parte da Xunta ou mesmo por parte de quen ten pouco de autoridade. Así se puido escoitar onte na radio a raíz dun encontro de xuventudesdun partido político que vai ter lugar en Ribadeo: de novo a cesión do nome da ría
É para preguntarse que defensa dos dereitos se fará por parte duns e outros se se cede unha e outra vez tan claramente fronte a Asturias. Tal parece que en Asturias se defende mellor ós seus administrados.
Un apunte máis: http://www.lne.es/asturias/2010/05/05/galicia-quiere-canones-eo/910678.html. Ou sexa, que agora resulta, que saltándose a hsitoria e o dictame da comisión xeográfica, 'os nacionalistas queren cambiarlle o nome á ría' (entre outras cousas). Parece que se quere facer que as árbores (do mesmo bosque) non deixen ver o bosque (constituído precisamente por esas árbores)

20100505

En código cero, en relación á Galipedia

Wikipedistas galegos e españois xúntanse en Santiago para impulsar o capítulo estatal da Wikimedia
A revista completa en pdf

O regulamento do hospital-asilo

A raíz dunha nova de prensa, deixo a ligazón á alegación presentada polo Tesón, así como ó regulamento do hospital asilo aínda vixente e ó comentario do pleno no que se fixo unha variación inicial (xaneiro).
Nun pobo con taxa de emigración alta, coido que era convinte o facer unha variación ó regulamento que marca as condicións de entrada ó asilo. Quizáis aínda así marque unha diferenciación non desexable entre os nados aquí e os non nados, substituíndo unha igualdade 'demasiado igual' para algúns cunha discriminación baseada no lugar de nacemento, Ribadeo, feita por cuestión de cálculo de votos. Ou é que se vai aplicar unha igualdade de dous anos de residencia para alguén que residira só os dous últimos, ou do 1963 ó 1965, ou dende o nacemento ós dous anos? Xa veremos como remata quedando no pleno do próximo luns.
Coido que máis impactante que o plantexamento dunhas ou outras condicións (ó fin, se son para todo o mundo igual, ...) foi o motivo do cambio: dúas persoas que nun momento determindado queren entrar e atópanse que non reúnen as condicións. Entón, por relación cun partido (unha persoa que se entera e que pertence a un partido), vai e plantéxase o cambio argumentando que existen esas dúas persoas. Porque ese foi o tema tal como se plantexou no pleno: non unha percepción xeral, senón intereses determinados nun momento concreto.

Non sexan tontos

Non sexan tontos, aprendan a informarse;non se deixen enganar, lean rápido este libro e poñan en práctica a súa recomendación principal: "desconfiar das verdades indiscutibles", contrastar toda a información, procurar información alternativa á dos grandes medios, e ser "conscientes de que a complexidade do que sucede no mundo nunca poderá simplificarse mediante mensaxes periodísticas submetidas a demasiados intereses perigosos"
Obtido dun comentario dun libro, na p. 31 de Le Monde diplomatique de xullo de 2009...

20100504

Extensión á Veiga

Esperei a ver se se daba a nova noutros lugares na prensa. O tempo vai pasando e parece que só se fixo na COPE, alomenos de forma escrita a traverso do blog: os municipais da Veiga cobrarán horas extras para controlar o ruído dun local nouturno. Polo momento, din que o concello leva desembolsados 3 000 € de indemnización. E só é un local. Interesante a redacción do primeiro parágrafo do post ligado, que corresponde á nova, que manifesta unha vez máis o abandono por parte dos concellos de parte dos seus veciños.
Non é que non haxa lexislación, é que non se cumpre. E, ó igual que no caso de 'salvamento' dos bancos quen pon os cartos e se fastidia non son os bancos, neste caso tamén dubido que sexa o local quen aporte os cartos e moito menos, sufra as consecuencias do ruído.
Supoño que pronto se saberá máis do tema.
Por certo, a conto do tema, descubrín que mañá botan na Veiga 'Los muertos van deprisa', no auditorio, ás 20:00.

20100503

Bandera Católica

Están colgadas en Publicado en Ribadeo as dúas primeiras páxinas (polo momento, só) do exemplar do quincenal 'Bandera Católica' de data 1 de setembro de 1916. Que ten de particular? Varias cousas. En principio, a primeira imaxe da Torre dos Moreno da que se ten noticia, con dous artigos correspondendo con ela, un laudatorio e outro técnico, que serán revisitados e comentados próximamente.
... Para ir preparando un centenario da Torre como corresponde.

Wikileaks

A conto dunha lectura nunha revista, voltei a entrar en contacto con wikileaks (aquí para unha descrición en castelán) ,web que fai pública información diversa de tipo confidencial, é dicir, información que precisamente se pretende ocultar,por gobernos ou grupos, ós pobos afectados. O seu tamaño actual, medrando rápidamente, pasa longo do millón de arquivos.
Nunha das súas páxinas aparece o que se pode entender como unha definición de wikileaks:
"WikiLeaks acepta material de relevancia política, diplomática ou ética, clasificado, censurado ou afectado por calquera outra restricción.
WikiLeaks non acepta rumores, opinións ou outros tipos de informes de primeira man ou material que xa está dispoñible públicamente."
"Courage is contagious", 'O valor é contaxioso' é unha sentenza que salpica diversas páxinas de wikileaks e que, ó tempo, está emparentada coas ideas básicas que impulsan este blog.

Consolidación musical


Dende hai tempo, Ribadeo é un pobo con moita relación coa música. Esta relación de hai tempo ten pasado diversos avatares. Está documentada no período de Carlos Cid, a raíz do libro "Cincuenta años de música en Ribadeo: biografía musical de Carlos Álvarez y Fernández-Cid", realizado por Carlos Álvarez Lebredo, pero nin o período anterior nin o posterior que surcou case en solitario a Coral Polifónica ata a creación da Banda de Música, encargo de Amadores da Música a Hernán Naval, nin o correspondente ó decenio longo que Hernán desenvoltou a súa labor en Ribadeo, na banda e no ensino, nin o posterior ata os nosos días co que coido que se pode chamar dalgún xeito 'escola musical de Ribadeo' ou 'escola de Hernán', están documentados como deberan.
Este último período, no tocante ó que corresponde á música instrumental, Ribadeo ten sufrido diversas situacións que botarían ó traste con este tipo de música, de non sere polo coidado posto por un grupo de xente dentro de Amadores primeiro, como logo por separado despois e con renovado ímpetu no novo grupo Musiqueando, tendo procurado e conseguido nesta última etapa apoio institucional.
Así chegamos á actualidade, na que a realización do II Certame de intérpretes mozos Hernán Naval (ver nota de prensa na parte final da entrada) entre sábado e domingo pode dicirse que consolidou a calidade desta convocatoria ó tempo que redondeou a súa coidada preparación, do folleto á limitación de prazas en dúas categorías ou á regulación de entrada (libre) de público, por enumerar algún aspecto visible.
Deixo en publicado en Ribadeo, a carón do folleto da 1ª edición, o correspondente a este II Certame de intérpretes mozos Hernán Naval, onde aparecen as biografías dos intérpretes (folleto principal), así como as condicións de inscrición e o desenvolvemento do primeiro e segundo día do certame (follas escaneadas en conxunto, pero que constitúen documentos aparte), aínda sen coñecer o resultado do xurado [ver comentario posterior].
Non apunto nomes, que de seguro me esquecería de algún, nin traxectorias, tan diversas unhas das outras, pero cando falo de 'escola musical de Hernán' non me estou referindo só a un grupo de novos músicos, que tamén, senón a un grupo de xente entusiasmada coa música, entusiasmo que naceu a traverso do contacto cunha persoa que llo fixo nacer, Hernán Naval. Xente amigos entre si, de idade parella, o que facilita que o seu xeito de obrar se acomode a unha sinerxia que da un rendemento que salta á vista xa no presente, no que está aínda iniciando as súas actividades.
Alghunha cousa anterior relacionada:
Nota de prensa do I Certame
Saúda do alcalde
Dúas reseñas
Un comezo: Arquivo dixital hernán Naval
Últimos artigos no blog sobre Hernán
Biografía de Hernán
Hernán Naval, Escritos e prensa (listado que foi seguido en meses seguintes de máis de media centea de artigos relacionados con Hernán reproducidos no blog, cada un cunha pequena ficha introductoria)

Bota a camiñar a II edición do Certame de Intérpretes Mozos “Hernán Naval” de Ribadeo
  • O xurado está formado por tres recoñecidos profesionais de diferentes especialidades.

  • A fase final dará comezo esta tarde ás 18.00 horas.

Redacción. Ribadeo. Na tarde de onte deu comezo no Auditorio Municipal “Hernán Naval” de Ribadeo a segunda edición do Certame de Intérpretes Mozos “Hernán Naval” de Ribadeo. Esta iniciativa musical está organizada pola Asociación Cultural Musiqueando coa colaboración da Concellaría de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo, a Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo, a Asociación Amadores da Música e máis a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

Antes do inicio da actividade musical, ás 13.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello de Ribadeo, fíxose a presentación oficial do certame na que se deu a coñecer o nome das persoas que integran o xurado. A violinista Beatriz Rodríguez, o pianista e director do Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” de Ferrol, José Manuel Yañez Carballeira así coma o clarinetista Francisco San Ramón serán os encargados de avaliar as actuacións das dezaoito mozas e mozos que participan nas dúas categorías, profesional e superior do certame. Suso López, presidente da Asociación Musical Musiqueando, agradeceu “a disposición das persoas que integran o xurado para estar presentes en Ribadeo e valorou, sobre todo, a súa versatilidade, pois os tres combinan valores que para nós son moi importantes: a experiencia docente, interpretativa e a súa aposta pola innovación pedagóxica, algo que Hernán mantivo vivo ao longo da súa carreira á fronte da Escola e máis a Banda de Ribadeo”.

No acto tamén interviron o alcalde ribadense, Fernando Suárez, a presidenta de Amadores da Música, Teresa González, e máis o deputado-delegado da área de Cultura da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga Outeiro. Nas súas intervencións destacaron o papel que Hernán Naval xogou no desenvolvemento musical de Ribadeo e ratificaron o seu compromiso coa celebración dun certame que “mantén vivo o espírito co que Hernán traballou ao longo da súa vida, sempre ao carón das mozas e mozos que se adican ao mundo da música ou da cultura, facilitándolles un espazo no que amosar os seus coñecementos, espazo que agora representa este certame”.

Logo da semifinal de ambas e dúas categorías que se celebrou onte, será hoxe cando se decidan as ou os premiados no certame. A final comezará ás seis da tarde con cinco participantes en cada unha das categorías. Unha vez rematadas as súas actuacións o xurado retirarase para proceder á deliberación e posterior proclamación de gañadoras/es. Esta segunda edición do certame reparte un total de 1.700 euros en premios.

Durante a final actuará tamén o grupo de danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo dirixido por María Justo. As actuación son gratuitas e de libre acceso para todas aquelas persoas que desexen asistir a elas.

A continuación adxuntamos un dossier no que figuran o currículum vítae tanto das persoas participantes no mesmo coma das que integran o xurado.

CURRÍCULUMS XURADO

FRANCISCO SAN RAMÓN CALVO

Naceu no pobo valenciano de Llombai e alí, na sociedade musical do seu lugar de nacemento comezou o seu contacto co mundo da música. Formouse nos Conservatorios Superior de Madrid e máis da Coruña obtendo na cidade herculina o título de profesor superior. Realizou cursos e clases maxistrais de clarinete con nomes coma Vicente Peñarrocha, Andrew Mariner, Michel Arrignon, Jejuda Gilad, Enrique Pérez Piquer ou Carlos Casadó, entre outros. Alén disto ten unha praza como clarinetista, da que actualmente está en excedencia voluntaria, no Corpo de Músicos Militares onde acadou a Cruz do Mérito Naval con Distintivo Branco. Destaca pola súa labor pedagóxica formándose e traballando arreo neste eido. Como creador e impulsor do Grupo de Cámara de Ferrol participou nos concertos didácticos para escolares “Venres Musicais”. Así mesmo, forma parte do cuarteto de clarinetes “Mare Nostrum” de Ferrol e máis do quintento de vento “Cidade de Ferrol”cos que ten actuado por diferentes localidades da xeografía galega. Como docente impartiu aulas nas escolas de música de Pontedeume, no Liceo Rubia Barcia de Ferrol, na asociación cultural Sementeira de Narón, no Conservatorio de Música de Fingoi ou na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Como director dirixiu a banda de música da Escola de Música Charamela de Pontedeume, e na actualidade é director da Banda Infantil Sementeira e da Xoven Banda de Narón. Tamén foi director de diferentes formacións corais. A súa vocación innovadora levouno a participar en diferentes actividades académicas que mesturan o ensino musical e máis as novas tecnoloxías, actuando como poñente no I Curso de Iniciación á Informática do Conservatorio de Ferrol.

BEATRIZ RODRIGUEZ CARIDAD

No conservatorio da súa Coruña natal realizou estudos superiores de violín que combinou cos de música de cámara no Conservatorio Superior de Oviedo, rematando ambas e dúas especialidades cun premio de Honra Fin de Carreira. Completou a súa formación con mestres coma Manuel Guillén, Thijs Kramer, Ruggiero Ricci, Félix Ayo, M. Khommitzer ou Rainer Sonne, entre outros. Ao longo da súa traxectoria musical ten actuado coa Orquestra Iberoamericana en Venezuela, coa Joven Orquesta Nacional de España e como violín principal na Rotterdam Young Philarmonic holandesa. Participou na fundación da Orquestra de Cámara Galega coa que ten actuado por diferentes países tanto en Europa coma en America Latina ou Norteamérica.

Acompañada polo pianista José Manuel Yáñez Carballeira ofreceu varios concertos por diferentes cidades do estado nos que recuperaban e estreaban obras de compositoras e compositores galegos. Logo de dar clases no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, na actualidade é profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

JOSÉ MANUEL YÁÑEZ CARBALLEIRA

Recibiu as súas primeiras leccións de piano da man de Natalia Lamas no Conservatorio Superior de Música da Coruña para logo continuar a súa formación cos profesores Luis Galve, Manuela Carra, Elías Arizcuren, Luca Chiantore ou Almudena Cano. Baixo a tutela de Albert Attenelle realizou o Mestrado en Interpretación de Piano da Universidade da Coruña. Como pianista ten realizado concertos como solista e tamén en formacións como a Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), a Orquestra de Cámara Municipal da Coruña, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Banda Municipal da Coruña. Nos últimos anos participou en diferentes proxectos musicais e en novas propostas que mesturan a música cos monicreques ou a danza. É membro da Asociación Galega de Intérpretes de Música Clásica (ASGAIM) así como promotor e intérprete do proxecto “A música camiño divino” celebrado en La Rioja co gallo do Xacobeo 2004.

Na actualidade é director do Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” de Ferrol e profesor de piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

CURRÍCULUMS PARTICIPANTES

GRAO PROFESIONAL

  1. Rocío Balboa García. Naceu na Coruña no 1991 e comezou dende moi nova os estudos de frauta que continúa na actualidade no Conservatorio Profesional de Música da cidade herculina. Alén da formación regrada participou en cursos de perfeccionamento con mestres da frauta traveseira coma Salvador Espasa, Walter Auer, Vicens Prats ou Claudia Walker. Logo de estar presente nos encontros da Nova Orquestra Galega das Artes ou en varias edicións do “Encontro de Músicos Mozos de Aragón” foi seleccionada como integrante da Banda Sinfónica do Instituto Aragonés da Xuventude so a dirección de Bert Appermont.


  1. Fabio Álvarez González. Este mozo ourensán comezou a súa andaina como pianista na Pobra de Trives. Logo ingresou no Conservatorio de Profesional de Música de Ourense onde estuda na actualidade o sexto curso do Grao Profesional. Asistiu a clases con mestres de recoñecido prestixio coma Eldar Nebolsin, Mariana Gurkova, María Teresa Pérez ou Gustavo Díaz-Jerez. Ten participado en diferentes concertos e recitais do centro ourensán no que estuda.


  1. Iván Abel Bruzos. Naceu en Lugo en 1992 e con tan só oito anos de idade comezou os seus estudos de saxofón no Conservatorio Profesional de Música da cidade das murallas onde continúa na actualidade como alumno do sexto curso do grao profesional. Talleres con diferentes mestres do saxofón e a participación no I Encontro de Bandas Sinfónicas dos Conservatorios Profesionais de Galicia son parte do currículum deste mozo que na actualidade combina a súa preparación académica coas actuacións da big-band “Murajazz” ou a Banda de Música de Foz.


  1. Gerardo Fernández Álvarez. Comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Lugo á idade de nove anos na especialidade de saxofón. Ao longo da súa carreira musical asistiu a cursos de perfeccionamento impartidos por profesores coma Narciso Pillo, Francisco Martínez ou Marcos Mariño, entre outros. Combina os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Lugo tocando en distintas formacións de música de cámara así coma no cuarteto “Lucus Appasionatto” ou na big-band “Murajazz”.


  1. Irene Rodríguez Rodríguez. Naceu en Ribadeo no ano 1991 e estuda sexto de grao profesional no Conservatorio da Coruña. Ao longo da súa carreira formou parte de diferentes grupos de percusión ao tempo que completaba a súa formación coa asistencia a cursos dos mestres José Vicente Faus, Pilar García, Markus Leoson ou Julio Sánchez. Forma parte do coro da Orquestra xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia e ten gravado varios discos tanto coa Coral Polifónica de Ribadeo, á que pertence, coma con outras agrupacións. Participou tamén na gravación, coa Banda Municipal de Ribadeo da que é integrante, da banda sonora do filme “Los Muertos van Deprisa” de Ángel de la Cruz.


  1. Nara Carballal Nogueira. Naceu en Xove en 1994 e na actualidade estuda sexto curso de Grao Profesional na especialidade de violonchelo. Compaxina os estudos na Escola Municipal de Música de Mondoñedo coas clases que recibe da profesora Bárbara Switalska. Pertence á Orquestra Clásica de Xove, coa que gravou a zarzuela “Non chores Sabeliña” e colabora con grupos de música folque como violonchelista. Gañou o primeiro premio no Certame de Intérpretes Mozos na vila de Ortigueira en 2009.


  1. Ana Leirós Araujo. Naceu en Vigo en 1990 e con oito anos comeza os seus estudos de clarinete no seo da Banda-Escola de Música de Beade. Tres anos despois ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo onde cursa quinto curso de grao profesional. Ten realizado diferentes cursos de técnica e interpretación de clarinete con mestres coma Vicente Alberola, Carlos Gálvez, Yehuda Gilad ou Nuno Pinto. Alén de recibir varios premios en certames de intérpretes mozos tocou baixo a batuta de mestres coma Marcel Van Bree ou Francisco Navarro. Forma parte da Banda-Escola de Música de Beade.


  1. Nicolás González Granado. Inicia os seus estudos de clarinete na Escola Municipal de Música de A Coruña no curso 2004-2005 cos profesores Marcel Chirilov e Alfredo Gómez cos que prosegue ata a actualidade. Ten participado en diferentes cursos de especialización de clarinete así como en seminarios de jazz nos que tivo a oportunidade de recibir formación da man de mestres coma Jean Toussaitn, Nikki Iles ou Scott Stroman.


  1. Christian Lanza García. Naceu no veciño concello de Navia en 1995. Malia que neste certame acude na especialidade de frauta a súa formación musical abrangue dende a gaita asturiana ao fagot, o saxofón, diferentes gaitas irlandesas e escocesas así como a composición. Ten participado en actos musicais e culturais en Oviedo, Ourense, Avilés, León, Queens, Lorient ou Manhattan.


  1. Antía Couto Martínez. Naceu en Vigo no 1994 e na actualidade estuda cuarto curso de Grao Profesional de piano no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Combina os estudos de piano cos de violonchelo. Alén da formación regrada asiste a clases de formación especializada con mestres coma Vladimira Smausova, Leonel Morales ou Guillermo González. Ten participado en diferentes seminarios formativos en Madrid e Córdoba.


GRAO SUPERIOR

  1. Laura Balboa García. Naceu na Coruña en outubro de 1991 e na cidade herculina desenvolveu a maior parte da súa formación académica. Precisamente no Conservatorio Superior de Música da Coruña rematará o Grao Superior ao longo deste curso 2009/10. Na súa traxectoria como violinista ten actuado coa Orquestra xuvenil da Sinfónica de Galicia así como coa orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia baixo a batuta de directores coma Alberto Zedda, Jim Ross, James Judd ou Maximino Zumalave. Obtivo varios premios en certames tanto de Galicia coma de fóra do país.


  1. Iago Lariño Rodal. Este frautista de Cangas do Morrazo comezou a súa actividade na escola de música da súa vila, vencellada á Banda de Música “Bellas Artes”, para logo cursar estudos no Conservatorio de Música “Mayeusis” ou no Superior de Música de Vigo. Continúa formando parte da banda de música de Cangas e ao mesmo tempo é membro tamén da Banda Filharmónica de Galicia, da Banda da Federación Galega de Bandas de Música e da Duisburger Philarmoniker. Así mesmo, colabora coa Orquestra Sinfónica de Euskadi, coa Sinfónica do Vallés ou a Orquestra do Norte de Portugal o que fixo posíbel que actuase baixo a batuta de Damiano Giuranna, Michael Boder, James Judd ou Rubén Gimeno, entre outros.


  1. Nicolás Gómez Naval. Comezou os estudos de trompa no seu Viveiro natal aos oito anos de idade. Tan só un ano despois entrou a formar parte da Banda Municipal de Música de Viveiro á que aínda pertence na actualidade. Durante a súa carreira musical recibiu clases de mestres coma David Bushnell, Miguel Ángel Garza, Vicente Castelló ou David Fernández, con quen aínda segue compartindo aulas nos cursos de verán que este imparte en Galicia. Actualmente é alumno activo da Orquestra xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia así como da Jonde (Joven Orquesta Nacional de España) e cursa segundo de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música da Coruña.


  1. Rebeca Maseda Longarela. A Escola de Música de Mondoñedo foi o lugar no que esta moza de Xove deu comezo á súa formación musical na especilidade de violín. Na actualidade continúa os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. A Orquestra Municipal de Xove, a Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, diferentes formacións de música de cámara, a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquestra Sinfónica de Galicia foron e son formacións coas que traballa mentras continúa a súa formación con mestres coma Lev Chystiakov, Humberto Armas ou Grigori Nedoroba. Dende 2008 forma parte da JONDE como alumna activa e máis da Orquestra xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia.


  1. Isabel Cupeiro López. Esta moza natural de Ferrol ten os seus comezos musicais vencellados a unha pequena escola de música. Alí deu os primeiros pasos como pianista mais logo trasladouse ao Conservatorio Profesional de Música da cidade departamental para estudar violonchelo. Malia todo nunca abandona o piano e de feito, a día de hoxe, combina o grao superior de piano co de violonchelo no Conservatorio Superior de Música “Eduardo Martínez Torner” de Oviedo cos estudos de canto e máis de bioloxía. Forma parte da orquestra xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia, da Joven Orquesta Sinfónica Principado de Asturias, do grupo de violonchelos “Viguen Sarkissov” ou da Orquestra de Cámara de Asturias coa que ten participado en proxectos pedagóxico-solidarios que aproximan a música aos habitantes das zonas máis desfavorecidas de Marrocos.


  1. Juan Andrés Barahona Yépez. Con seis anos de idade comezou a súa carreira pianística. Foi alumno do Conservatorio Superior de Oviedo e dende o curso pasado forma parte do grupo de alumnas e alumnos becados na Escola Superior de Música Reina Sofia, na súa Cátedra de Piano “Fundación Santander” e máis na de Música de Cámara. Foi alumno de mestres coma Marc Durand, Robert McDonald, Julián Martín ou Ferenc Rados e obtivo numerosos galardóns en certames celebrados en Asturias, Almería ou Barcelona. Como solista actuou coa Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, a Sinfónica de Xixón, Sinfónica de León ou Filharmónica de Ecuador so a batuta de Patricio Aizaga, Oliver Díaz, Dorel Murgu ou Francisco Vigil.


  1. Eva Fernández Rodríguez. Esta saxofonista naceu en Vigo en 1989. Na escola da Banda de Música de Beade, formación da que é instrumentista na actualidade, deu os seus primeiros pasos no mundo da música. Ao longo da súa traxectoria participou en clases de perfeccionamento cos mestres Pablo Coello, Narciso Pillo, Fernando Ramous ou Ignacio Casas. Tanto como solista como a través da Banda de Música de Beade asistiu a diferentes certames e concursos a nivel autonómico e estatal. Na actualidade é alumna do Conservatorio Superior de Música de Vigo.


  1. Nelly Iglesias Ríos. Esta moza de Burela comezou os seus estudos de piano no Conservatorio de Viveiro, onde rematou o grao profesional, e logo trasladouse ao Conservatorio Superior de Música da Coruña. Alí estuda dende o ano 2007 combinando a súa formación como pianista coas aulas de violín, que cursa no Conservatorio de Viveiro. Ten actuado en diferentes localidades galegas como solista e tamén como acompañante en formacións de música de cámara. Ao longo da súa traxectoria actuou coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior da Coruña e acudíu a clases de perfeccionamento co mestres coma José Ramón Méndez, Albert Atenelle, Anna Poghosyan ou Sergei Yerokhin.