20100317

Acusados

Interumpo o que tiña pensado facer hoxe no blog, seguir co comentario do pleno de antonte, para meter algo persoal.
Despois de saír do traballo onte, atópome alguén que me di que na COPE se me estivo acusando (a min e ó Tesón) de información privilexiada a partires dunha nota da AVV Atalaya. Como non é nin a primeira nin a segunda vez que dende o entorno de dita asociación cargan contra mi e o Tesón (polo que parece, algo así como o meu 'alter ego' no imaxinairo dalgunha xente), e ademáis algo como a información privilexiada implicaría unha correspondencia externa, tentei saber algo máis sobre o tema para responder. Esta mañá aínda non sei exactamente que dixeron na COPE, polo que sobre dito extremo, só podo dicir que non me parece ben aceptar e difundir acusacións que non están confrontadas; cousa de ética periodística. De calquera xeito, como repito que a pesares de saber que foi difundido o tema varias veces, non o escoitei direitamente, polo momento, paso.
Si hai unha nota en internet, entregada onte no concello (ten o cruño), onde aparece a cousa máis suave do que me dixeron da radio:
- dise que neste blog aparece información da comisión informativa do xoves con inclusión de votos. Ligazón á referencia deste blog.
- e logo se pregunta se as actas da comisións informativas son públicas, para pasar a preguntar se non hai reserva legal, e despois aínda, a pesar de estar preguntando nos parágrafos anteriores, dicir que a Atalaya quere que se lle de o mesmo trato de favor que goza O Tesón, xa que segundo parece conta con información privilexiada, "se é certo o que aparece no blog".
Pois si, é certo. Pero non é información privilexiada. Mágoa, na sinatura aparece un garabato como 'representante', sen nome, dni ou outra posibilidade de identificación, co que, se non aparecera no blog da Atalaya, cargado por a333 (que a parte de ter entrada á carga do blog xa ten descoberto a súa identidade no mesmo) sería posible atribuir a alguén externo o escrito, e polo tanto, cualificalo de falso. Pero non.
O da inclusión de votos, igual que outras informacións que deixo dito dia no blog (artigo que ligo antes), sae na prensa de sábado (dispoñible dende a madrugada, antes de que me levante a diario e por suposto un sábado). Por certo que comprobei si seguía en internet por se tiña habido algunha rectificación. E alí sigue e alí se pode ir a procurar.
O mal xa está feito: está difundido por unha emisora de radio con comentarios da faena inexistente. Parece que noutros medios non se deu difusión da 'novidade'. Todos sabemos que cando se da unha nova, o desmentido non acada igual difusión e impacto. Polo tanto, repito: o mal está feito, acusando a persoas e institucións ás que algo lles quedará desa 'fama'.
Nota final: nin se me ocorre polo momento facer unha ligazón direita do parágrafo implicado no escrito ó artigo xornalístico con esa información puntual citada, non vaia ser que alguén me cualifique dicindo que estou cambiando cousas no mesmo artigo. Así que, queda sen ligazón direita e haberá que procurar na rede...

15 comentarios:

Anónimo dixo...

Fai xa tempo que se constata que Soledad Rodríguez, fundadora da Atalaya,coa sua perversa e paranoica actitude, pretende extrapolar ás restantes asociacións de veciños a mesma estratexia destructora coa que intentou desestructurar e desestabilizar as relacións do personal do concello.

Agremon dixo...

... unha ventaxa inesperada: acabo de atoparme con que as previsións estatísticas dan que hoxe se verá o blog máis que nunca antes.

Anónimo dixo...

Síntoma evidente de que a cope a escoita moitísima xente entre eles eu e a miña familia e o que onte dixeron eu non o vin esaxerado para nada, fixeronse eco de una nova que da unha asociación existente neste pobo, con tanta lexitimidade coma na que vostede participa, ou quere vostede Gregorio aplicar de novo a censura? Ademais vostede mismo se contradice xa que fala de ética periodística por publicar unha nota de prensa de unha asociación sin comprobar si o que din e verda, ou algo así, e vostede recoñece, non sei si para xustificarse, que a sua información ¡¡¡procede de un xornal!!! Acabamos de descubrir que o que publica o periódico e palabra de Dios..para vostede claro. Saberá vostede muito de física pero de ética e de xornalismo anda pez.

Agremon dixo...

Coido que hai diferencias evidentes entre un feito recollido, que se di así, recollido, e unha acusación. E unha cousa é censura e outra, contrastación dunha acusación.

Agremon dixo...

De calquera xeito, coido que a cadea de radio non recibe máis que unha crítica ('non me parece ben'), ó contrario daa asociación. E a acusación segue a estar ahí.

Agremon dixo...

E máis aínda, que non digo doutro xeito por precaución ó non telo escoitado direitamente, pois a miña información é que na radio falouse ó parecer de comisión de goberno cando aparece no mesmo documento comisión informativa, dándolle a dita comisión o carácter de segreda cando na prensa, antes dos plenos, aparecen habitualmente temas tratados nas mesmas. Na radio, tamén.

El ángel de Olavide dixo...

Desde luego que para entender toda la trastienda y el significado de como es posible que una asociación se dedique al divertido deporte de acusar a otra asociación y, mas importante, a una persona de obtener y difundir información privilegiada y que de ello se haga eco una emisora como la COPE sin la debida contrastación de la noticia, digo que para entender esto hace falta un doctorado en Ribadeología. Yo no llego siquiera a tener acreditada la EGB en esa materia por lo que me abstengo de interpretar los hechos.

Pero lo que si me atrevo es a decir que una asociación debe tener exquisito cuidado de librarse de practicar ese estilo de acción y mucho menos lanzar por escrito, en documento oficial ante una autoridad y con difusión a los medios una acusación de ese tipo. Información privilegiada por ejemplo en asuntos de mercados financieros, el insider trading se llama la figura, es un delito. Información privilegiada, otro ejemplo, difundida por un funcionario de asuntos de obligada reserva también es un delito. Información privilegiada es en general una práctica escandalosa y reprobable. Tan reprobable por cierto como lanzar insidias y producir daños a las personas en su imagen pública. Si no hay verdad por tanto en los comentarios que se lanzan debería así quedar acreditado. Harian bien los directivos de la asociación Atalaia en envainársela debidamente. Por simple salud pública y buena vecindad.

Anónimo dixo...

Ao segundo anónimo. Para poder escribir non basta con saber deletrear. Hai que saber leer. E Vostede parece que non sabe. O autor do blog tomou a noticia da prensa, non lle foi pasada por ningunha Comisión Informativa. E o que sae na prensa pode ser comentado por calquera. Logo non se trata de un caso de información privilexiada, como quere ver a mente calenturienta da Atalaya.

Anónimo dixo...

A manía persecutoria e celosa de Atalaya contra o Tesón no é nova. O que demostra a catadura moral dos que compoñen esa asociación. A. Gregorio recolleu a información que menciona a Atalaya da propia prensa que, non sei si correctamente ou non, ter por costume dar conta do contido das Comisións Informativas. Polo que non é esta a primeira vez. E a denunciate, si estivera medianamente informada, debería sabelo.

Anónimo dixo...

Hombre Antonio te tenía por alguien más serio y consecuente claro que ahora me explico algunas cosas relacionadas con tus últimas "batallas". Es decir criicas a un medio serio como la Cope por sacar una información que es cierta pero que a ti te molesta y al mismo tiempo tu reconoces aquí mismo que tus fuentes de información son los periódicos..Julio lo ha dicho hoy bien claro, la información que él a dado está registrada en el ayuntamiento, la quieres más oficial y contrastada?.
por otra parte pides a ese mismo medio que contraste las informaciones antes de darlas( cosa que han hecho por lo expuesto más arriba) y tu lanzas una crítica en tu blog y exiges una rectificación al mismo tiempo que reconoces, también aquí, que no has oído la información y que te la han contado..Toñito, te estan patinando las neuronas de la coherencia, yo de ti me lo hacía mirar.

Atentamente.
Virgilo Suárez Coseso.

PD. Espero que me censures el comentario..sólo falaría eso..

Agremon dixo...

A estas horas xa escoitei o da COPE de onte, e o de hoxe. E as terxiversacións intencionadas e desviacións do tema son evidentes. Onte e hoxe.
Por certo, e polo dito por 'Virgilio', dicir que si que censurei xa un comentario insultante.

Agremon dixo...

Un detalle: o escrito foi levado á COPE por un concelleiro, segundo Julio Carballal. Non especificou se tamén se identificou como membro da Atalaya.

Anónimo dixo...

Sr. Suárez Coseso. La información que se da en los medios debe ser verificada para que no contenga calumnias como en este caso. Porque el que da publicidad a una calumnia, no importe quien la diga o presente, se hace responsable de ella. Es decir, es un calumniador. Y a estas alturas, supongo que ya sabe Vd. que A. Gregorio no recibió su información, como supone el calumniador, de una Comisión Informativa, sino de un periódico.

Suso do Trisquel dixo...

"Es decir criticas a un medio serio como la Cope por sacar una información que es cierta..." jajaja, fártome de rir. Un medio serio a Cope! E máis esta emisora en concreto! No mesmo programa ao que fan alusión puxo o señor (por lle chamar algo) Julio Carballal un corte de voz dunha ministra que non viña para nada ao caso, só coa evidente intención de rirse dela -porque é do Psoe-. Se iso é seriedade -de ética xa nin falamos-, que veña o Deus da Cope a aclarárnolo. E se é serio poñer todos os días chumbo verbal como o de Barcia o de Burela, que está sempre coa mesma historia, tamén que mo expliquen.

ajaspino dixo...

que eu saiba eiquí nunca se censurou nada... e mira que teño visto cousas eiquí... agás que o rollo vaia con insultos, cousa que me parecía normal.