20100202

A loita contra a corrupción

Copio sobre a corrupción: "Non só afecta á clase política, tamén ós funcionarios e ós grupos de presión. En España temos moitos exemplos. Hai presión por parte do sistema económico que procura obter beneficios, e eso pon en perigo o sistema democrático. Ó final non goberna o pobo, senon que quen está a liderar o país é o que ten o capital." (Público, 31/1/2010, p.29, asociado a esta nova)
Mentras, tres afectados pola demolición a levar a cabo en Ribadeo estiveron onte en Onda Cero en tertulia. Coido que é ilustrativo o que recolle José Alonso Quelle, e axuntar que agora mesmo parece como se quen tivera a culpa foran os denunciantes: "¡Non serán culpables os que denuncian!"; o construtor tamén é tertuliano (non participante onte) e ó xuíz non se lle menciona, pero está presente a raíz de varias afirmacións, mentras o que se toma por posible solución é facer táboa rasa: se eu son 'represaliado', aquí sae represaliado todo o mundo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Creo que hai unha información interesante: os tres da tertulia son propietarios e os tres teñen relación co concello: un funcionario (actual e dende hai tempo) e dous ex concelleiros.