20100101

Un novo ano, 2010

... Cheo de desexos e vontade para cumprilos. Pode que cun chegue. Collo, de xeito case aleatorio, unha entrada de Kriptópolis e quédome cunhas das frases finais (aconsello ler toda a entrada, coido que paga a pena aínda que se refira a un tema concreto).
Para metelas no blog, descontextualízoas de xeito coidadoso para xeralizalas quedándome coa esencia: "Durante moitos anos, os (...)activistas loitamos para conseguir (...) os mesmos dereitos que (...). Para que as ideas circulasen (...) coa mesma liberdade coa que as personas pasean (...).
Nalgún momento do camiño equivocámonos. A medida que íamos conseguindo exercitar máis e máis dereitos (...), deixamos de exercelos (...).
Fai tempo que o poder deixou de ternos medo. Desprézanos. Nun contexto de brutal crise económica, o descontento non trascende ás rúas, e ante as próximas eleccións (...), o poder só pensa nas claves mediáticas do curto prazo."
Por se o anterior non chegara, unha entrevista a Leonardo Boff pode ser quen de que a xente se dispoña para actuar algo máis...

Ningún comentario: