20100107

Papá, ven en tren

Segundo parece, no 2012 seremos o país con máis km de AVE. Por iso, unha cita curiosa (Público, 20091227): "Non digo que teñamos que botar doce horas para ir de Sevilla a Madrid, pero entre iso e as dúas horas e media debera haber algo intermedio, máis asequible e que prestara servizo ás localidades menores. Total, na práctica, a maioría de cidadáns pode permitirse un ou dous viaxes de AVE ó ano ou nin iso. A cambio, homes de negocios e altos funcionarios úsano semanalmente, aínda que a súa comodidade e rapidez pagámola todos". Ó fin, se o AVE proporciona rapidez e comodidad, entre outras cousas tamén pode sepultar liñas tradicionais.
Despois de sere desacartada por responsables de FEVE a proposta dun AVE cantábrico días atrás, coido que sería bo aproveitar a coxuntura tanto para iniciar unha consulta ós posibles usuarios como unha valoración pública dos pros e contras dunha determinada opción ferroviaria na zona.
O tren ... unha infrastrutura que por outra parte pode dicirse que leva un retraso secular na zona, sen considerar mesmo opcións como o ferrocarril a Ponferrada dende Ribadeo que non se chegou a iniciar nin cando estaba en uso a liña á Pontenova-Vilaoudriz.
Así pois, o de 'papá, ven en tren' como orde substitutoria do 'papá ven en tren' como posibilidade exercida, en certo xeito terá que esperar e pasar a ser un futuro 'fillo, ven en tren'...

5 comentarios:

Félix Soria dixo...

Eu me pregunto cantas familias galegas ou madrileñas poderán pagar 140 ou 150 euros por persoa para pasar unha fin de semana en Madrid ou en Galicia...
A viaxe no AVE Madrid-Barcelona, ida e volta, custa 155 euros. Unha familia de tres membros precisa gastar 465 euros; en tanto que nun automóbil de tipo medio é posíbel facer a mesma viaxe por menos da metade dese custo global (e sen necesidade de pagar outros transportes para ir de casa á estación e da estación á residencia da fin de semana); eso sí, no coche, a viaxe precisa o doble de tempo.
Por riba, o AVE Madrid-Aragón-Cataluña ten un mercado (potenciais usuarios) que quintuplica, como mínimo, o do futuro AVE Madrid-Galicia. Non dubido do adianto que suporá ter un tren rápido para ir ou venir a ou de a Meseta, pero ¡¡¡non hai estudo de mercado que xustifique o investimento!!!
Os custes de mantenimento desa infrastructura serán sufragados por todos os contribuintes (pois correrán a cargo do Estado), salvo que o prezo sexa de 250 euros en constas de 150...
E o mantenimento o pagarán tanto os que podan como os que non podan viaxer no AVE.
Entrementres, infraestructuras do transporte máis sinxelas e servizos más necesarios (sanidade e ensino, por exemplo) están a perder calidade e prestacións.
Coido que na Galicia estamos a perder a obxectividade á hora de valorar as cousas e, o que é máis grave aínda, confundimos o noso país e as súas necesidades coas doutras xeografías, de xeito que facemos nosas visións e análises da realidade que pouco ou nada teñen que ver coas nosas circunstancias, necesidades e posibilidades.
Ademáis, tres aeroportos a 70 kilómetros de distancia entre eles.
A relación de aberracións quenon teñen garantía nengunha de autosuficiencia económica é cada días máis longa (a Cidade da Cultura remataría a lista de "parvadas").
Saúdos.

Yo escribo dixo...

Antonio unha pregunta que non ven a conto co tema do post (sintoo). ¿Cal é a páxima da axencia de meteoroloxía de Galicia (si é que existe)?

Eu uso normalmente a páxina www.aemet.es pero parece que está conxelada por o mal tempo.

Agremon dixo...

... a próxima contestareina por correo sen publicar...
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action;jsessionid=7CD5CC22E2318214F07A490B6A8CA236.EUME-01C#
para Ribadeo

Agremon dixo...

Félix Soria coido que puxo o dedo onde máis doe: na perda xeral de servizos e de calidade nos que quedan. É dicir, xeralizando o tema proposto. Acompañado, claro está, do que chama 'parvadas' como o Gaiás.

Yo escribo dixo...

Non creo que haxa próxima. Asi que non che fará falta comentala por correo.