20100121

Manifestación en Santiago

Hoxe haberá ribadenses manifestándose en Santiago en contra da nova normativa sobre as linguas. Coido que a miña postura está clara en contra dela, pero mellor que argumentar direitamente, prefiro deixar dúas ligazóns, unha ao borrador e outra ós comentarios da Real Academia Galega.
Como outras veces, despois de ver o derradeiro post de im-pulso, deixo aquí a ligazón (e ten máis sobre o tema), e ademáis tomo nota primeira dos artigos de última hora no El Progreso , El País Público e La Voz de Galicia.

9 comentarios:

Yo escribo dixo...

Efectivamente. Eu tamén rechazo esta proposta. ¿Porqué vamos a pertmir os estudiantes gallegos estudiar máis de unha asignatura en inglés, español ou en outro idioma si podemos impartir todas as asignaturas en galego excepto Lengua Castellana e inglés?

Eu estudiei fai poucos anos no Ies Porta Da Auga, todas as asignaturas foron impartidas en galega (incluída a sua, Antonio), excepto Lengua Castellana, Inglés e a de dibuxo técnico (porque a profesora de aquel entonces non se manexaba co galego). ¿E de que me sirviu o galego? Pois soamente para falar coa miña familia, escribir aquí e para pouco máis (para alguna oposición en Galicia). Si durante esos dous anos que estiven estudiando bacherelato, tive un 80% menos de galego en decrimento do inglés, ahora estaría máis preparado, desenvolveríame moito meior co inglés e non necesitaría ir a EOI para continuar co perfeccionament. Por outra banda, no instituto falta un terceiro idiona, que debería ser chino, árabe, alemán ou francés en decrimento de certas asignaturas nas que non se fai practicamente nada.

Pero ¿para que nos sirve falar ben español e inglés? Para nada. Con saber falar galego xa é máis que suficiente.

Seguide así, poñéndolle pedras ó carro da vida.

agremon dixo...

Como se ve, e xa se sabía, tamén hai opinións en contra. Mágoa que o tono irónico non preste argumentos.

Anónimo dixo...

Eu son galego falante porque dende sempre falei galego na casa. Eu non estou totalmente informado, pero así por encima do que leo nos xornais, penso que coma todo se leva pola tremenda, cando o realmente importante e que o alumnado salga ben preparado, sea en ingles, chino ou árabe. Creo que o galego se debería impartir de forma moi importante nos primeiros anos de educacion, é decir, anos de primaria, nos que o alumnado que teóricamente é de Galicia, sepa falar a súa lingua. Ademais teríase un complemento doutra lingua, o castelán e un inicio acorde coa idade en inglés. Pero xa en secundaria e bacherelato, e máis sobre todo neste último, deberíase dar maior importancia ó inglés, porque é o idioma máis importante, sempre che vai ser útil, e o galego pois se dende pequeno o aprendiches, non creo que necesites que as clases sigan sendo todas en galego. Non por eso vas a deixar de falalo.
O dito, non sigo moito o tema, pero é a miña humilde opinión. O que está claro e que nunha empresa, ir de Erasmus ou ir traballar a calquera zona de España, que sepas falar galego non che vai axudar en nada.

agremon dixo...

Eu tamén coido que se lle debera dar máis importancia ó inglés, pero non como trae o borrador. Pero aínda que apoio o falalo, non estou de acordo no argumento utilitarista, pois senón, levando o argumento ó extremo, deberamos de deixar as outras linguas e poñernos todos co inglés.

agremon dixo...

Facendo uns cálculos atopo que no tempo no que Yo escribo di que pasou polo instituto eu non daba a clase en galego, como amosa algunha publicación de apuntes. Tamén, en relación ó utilitarismo, lembro que precisamente foi fora de Galicia onde comecei a falar galego.

agremon dixo...

Un par de días despois, no El País: Los colegios católicos rechazan el decreto y reclaman más gallego. Del "avance" a la "imposición".

Yo escribo dixo...

Blogger Agremon dijo...

Facendo uns cálculos atopo que no tempo no que Yo escribo di que pasou polo instituto eu non daba a clase en galego, como amosa algunha publicación de apuntes. Tamén, en relación ó utilitarismo, lembro que precisamente foi fora de Galicia onde comecei a falar galego.

1/22/2010 10:54 AM
---------------------------------
¿Non dabas a clase en galego? Pois eu recordo que tanto en 1º comoe n 2º de Bachiller, tí falabas galego na clase. ¿Os apuntes? Usábamos un libro e según acabo de mirar está en galego...asi que Antonio...tí si que nos dabas a clase en galego.

Yo escribo dixo...

Quedoume de decir cando eu estiven no Ies Porta da Auga: Fai 7-8 anos.

agremon dixo...

Si, hai 7-8 anos daba a clase en galego, alternando en castelán moitas veces, como agora. E os libros, a maioría en galego.
Crin que eras doutra promoción (outra persoa).