20100127

Instituto Social da Mariña

Na foto, o nivelado da base do peirao de Mirasol, tomada a semana pasada.
Alerta UPRi de que Ribadeo está a piques de perder a delegación do ISM que mantén na Casa do Mar, e propón tomar medidas preventivas. É de supoñer que a información sexa certa e que se teña pensado pechar a curto prazo, e non sexa un bulo. De ser así, sería un momento de levantar vontades para manter a delegación da institución, e non perdela como tantas outras cousas.
A nota de prensa lévame á reflexión sobre como se vai transmitindo a información dende as institucións ó pobo, algo que cada vez parece máis opaco en orixe nestes tempos que corren (despois dunha tempada de avance democrático na que se desfixo un pouco a opacidade), co que as decisións tomadas nas alturas non deixan tempo a reaccionar e menos aínda á participación. Pero tamén por eso, da que pensar a posibilidade e existencia de bulos diversos debido á desinformación. E así, boto de menos na noticia a petición de confirmación oficial e aclaración do que se pretende facer: non dubido que se se tenta levantar á sociedade para xerar unha oposición ó desmantelamento do ISM ribadense, se teña a seguridade de que tal cousa vai pasar, pero nese caso, deberan saberse, e polo tanto dicirse, tamén o por que e o como para ter un panorama completo do que está a suceder. Entre outras cousas, porque Ribadeo non está illado do resto de Galicia ou do estado e o ISM é supramunicipal, polo tanto non debera encadrarse só nunha xestión de tipo municipal, senón de tipo máis amplo, e o enfoque dado á protesta, segundo o por que e o como iniciais pode ser ben diferente. Fai falta lembrar aquelo de 'información é poder'?

5 comentarios:

Anónimo dixo...

A noticia é certa. Está xa contemplada nos Pactos de Toledo, en donde se propón a supresión, entre outros, do ISM, co fin de racionalizar a xestión. Desde que o ISM traspasou as outras funcións (Hospedería, Desempleo, etc.) so lle queda o que é a Seguridade Social. E ese cometido pode levalo perfectamente o INSS. Polo tanto, os usuarios térían que ir o INSS.

agremon dixo...

Agradecería ó anónimo que dera máis información, pois alomenos a min resúltame algo confusa: os pactos de Toledo xa son de hai tempo, e estamos a falar da delegación de Ribadeo dunha institución que parece que vai desaparecer, logo non é só a desaparición en ribadeo, senón en todo o estado, na liña do que digo no artigo de que polo tema do ISM sería convinte enfocalo dende unha óptica diferente da local.

Anónimo dixo...

Racionalizar a xestión significa que todos aqueles entes con atribucións duplicadas desaparezcan. Este é o caso do ISM.As sua funcións pode desempeñalas perfectamente o INSS. De feito no organigrama do ISM xa non figura a Delegación de Ribadeo. Outra cousa é que as Delegacións que ainda teñen atribucións propias do colectivo do mar, existan mentras estas non son totalmente transferidas. E, de feito, que se fai na Delegación de Ribadeo que non se poida facer no INSS?. E, como esto, outras moitas cousas que en España están duplicadas, e mesmo no noso concello, co que os cartos gastanse inutilmente.

agremon dixo...

A parte dos comentarios anteriores, aparecen ademáis noutro xornal máis datos confirmatorios. Queda pois validada fora de toda dúbida a nova, e as preguntas ó seu arredor máis vixentes.

Anónimo dixo...

o upri preocupado polo destino do ism en ribadeo... parece un lío de alcobas... parece? :O