20091220

Primi Nécega e o premio iniciativas 21

O outro día din unha nova incompleta: a de que Carmen Cancelo ía recibir o premio iniciativas 21. Era incompleta porque outra ribadense tamén o vai recibir: Primi Nécega. Precisamente, hai máis de dous anos e medio, no blog, chamaba a atención sobre o detalle de que a obra de Primi non era abondo considerada. Por certo, que en publicado en Ribadeo teño xa relacionada algunha obra, pero mesmo Despertar, con dúas edicións (e da que se me poden pedir exemplares impresos a min) aínda non está colgada. Cousas sobre Primi.

Ningún comentario: