20091205

¿POR QUÉ A VOLTAS CO GALEGO?

Pancho Campos Dorado

Logo de ler o panfletillo, que en La Comarca del Eo Nº4680, nos larga o Sr. Luis García de Presno (non de Ribadeo? polo tanto non galego?) quedo abraiado lendo as súas verbas e diatribas que escupe en contra da nosa Lingua Galega e a favor da chorrada bilingüista que se está a establecer na nosa terra, en contra de todo canto decreto, lei ou acordo que está firmado, incluso polos que hoxe rixen a Xunta. Non quero perder o tempo en buscar as ordenanzas o respecto, para enumeralas eiqui, pois pode atopalas calquera buscando nas páxinas web da Xunta.
Só quero contestar por tempos, a tamaña indignidade que só un Bocanegra pode concebir da nosa Lingua Galega:
1) E insultante que un individuo da túa talante queira darnos leccións de demócracia os galego-falantes... do que “temos” ou “debemos” de falar... ¿pero tí quen te crees que eres para expresarte así? ¡que si impoñemos unha ou otra linguaxe os do BNG...! Mira, amiguiño, ti foches deses beneficiados de traballar nun Concello Galego como é o de Ribadeo, mal que che pese, porque entre outras cousas, sabes falar galego, pois é imprescindible que todo o mundo que traballa na Administración Galega, fale galego... o idioma de Galiza.
2) Por outra banda, “Nunca máis” foi un movemento algo sin parangón en Galiza, o lazo de unión entre un pobo con sentimento e a súa terra. Fracaso estrepitoso? mire vostede: nunca se recordan manisfestacións tan multitudinarias en Santiago nin en Madrid de máis de 100.000 galegos e galegas, nono olvide... a causa da indignante catástrofe do Prestige... e todos a unha... falando en galego... o idioma de Galiza ¡mire vostede que cousas! ¿eh?. Eu estiven nas dúas e tódalas consignas foron gritadas en galego... nono esqueza... só os mamarrachos que incordiaban na manifestación falaban en castelán... nono olvide, incluso había unha pancarta de xente da Coruña que nos fixo estremecer, sentirnos galegos para sempre, xamais...amén... cheos de orgullo, de vivir aquel momento...de estar alí... e ¿sabe que rezaba?: “Castelao...os galegos xa estamos aquí” ¿Cantas veces habería soñado Castelao, con que os galegos nos manifestáramos en Madrid, en favor da Nosa Terra? ¡Pois alí estabamos...!
3) Na manifestación de octubre en Santiago en pro da Lingua Galega habería unhas 50000 persoas, entre as que tamén me atopaba... e comentar vostede, que en Galiza eso é un fracaso estripitoso, e simplemente non coñecer o pobo galego, ou ser un mentiroso.
E a mini-manifestación de Santiago a favor do bilingüismo, encabezada por Rosa Diez (¿non tiñan “os bilingüistas” a ninguén máis galego, para arrear persoal.?) non sei como se desenrolou na rúa... pero debeu ser bastante tranquila pois que sepamos, non houbo detidos... e eu non fun, para corroboralo e os do BNG seguro que tampouco apareceron por alí, pero en cambio sí vin con amargura pola TV, (pois a min hai cousas que sí me afectan) que en unha das pancartas “pacifistas polo biligüismo” estaba rotulado algo así como qué “O galego e a linguaxe para falar coas vacas”, e eu contéstolle desde estas queridas páxinas, a tal Rosa e o resposable de política linguistica da Xunta e a vostede: “Muuuuuuuuuuu”
4) Continuando o súa perorata, sobre dos comerciantes en Galiza... pois eu creo que deberan por si mesmos, sin necesidade de imposición algunha... de anunciar os productos en galego, pois eso é algo que a todo o mundo nos gusta... que nos coñezan polo noso nome, non polo traducido... (imaxínese o meu nome: Francis Joseph Fields Golden... manda truco ¿non lle parece?), pero menos mal que de feito os grandes comerciantes de Ribadeo, teñen a amabilidade de rotular os seus productos en galego é en castelán... o que nos honra, xa que a maioría son de mui fora de Ribadeo e os que nono fan así... ¡bueno! véndenlle a xente como vostede... ¡a min non!
4) Dice vostede “O castelán está arrinconado en Galiza”. Mentira. Eso é unha indecente falacia fácil de descubrir, abrindo calquera dos periódicos de Galiza, e contando o número de páxinas en galego (atopa algunha?) e o número de páxinas en castelán (todas). Podemos tamén escoitar as emisoras de radio locales, e fixarnos cantas ¿horas? se emite en galego e cantas en castelán... por tanto editan e falan para castelans.
5) Vostede escribe “a los nacionalistas cuanto más se les da más quieren”. Esa expresión denota claramente o seu espíritu democrático, do que se “empapa” unhas líneas atrás, e do que está alardeando desde fai meses en este semanario. Pois verá, os nacionalistas non necesitamos que nos den nada, nós esiximos os nosos dereitos, nós non precisamos mendigar nada, nós somos demócratas de feito é pelexamos polos nosos dereitos día a día. Naide nos dá nada, e menos xente coma’de vostede. E paso a explicarlle o que é Estado de Dereito, pois vexo que non ten nin idea do que dice, e sin que lle sirva de precedente, pois eu non dou clases...:
“O Estado de Dereito é señal inequívoca de unha sociedade civilizada, donde a independencia e dignidade de cada cidadán baséase na existencia de un “goberno de leis, non de homes”. Valores como a certeza e a seguridade xurídica son centrales no contexto de apoloxía do Estado de Dereito” (Neil McCormick, “Retórica e Estado de Dereito”. Universidade de Edimburgo)
Os partidos nacionalistas tratamos de seguir desenrolando a Constitución Española de 1978. Pero claro, eiquí estamos acostumbrados a en vez de esixir dereitos legales a ver a un Manuel Fraga “abrindo a chequera” para pagar os afectados do “Prestige”...¿desde cando era a “chequera de Fraga”? ¿non sería máis ben, a de todos os contribuientes? ¡claro vendo o que hai por aí!... como dice vostede: “é cojonudo, perdón”
A algunhos por non comulgar con rodas de muiño, chámanos vostede “iluminados”. ¡Magnífico talante democrático! pero o que non debe engañarse debe ser vostede, pois afírmolle e reitérolle que algunhos nacionalistas loitamos por ser unha federación de estados, polo tanto é necesario ser nación ou estado independendiente. Naturalmente, como cualquer fillo de veciño de este global estado español. ¿Ou vostede cando ten reunión no seu bloque de veciños, non ten a independencia suficiente para expresar o que quer para o seu fogar, ou déixalle meterse o veciño do quinto ou o do terceiro a instalarlle as lámparas no seu salón ou na súa cociña? ¿non pode expresar a súa propia opinión, e non pode poñer voste as que lle gustan? –¿Non? -¿e non se sinte asovallado por iso, de que nunca respeten a súa propia opinión na asamblea? ¿ou anda o dictado do que lle dicen e lle impoñen os que o pisan, xa non só o seu veciño, sinon o que diga calquera ente extraño o seu fogar? Diráme vostede. ¡A min non me pisa naide!... Minte. ¡A vosté písao tódolos días a súa propia conciencia!
6) A “Mesa pola Normalización Lingüistica” (da que tamén da a “casualidade” de que son socio ¿será porque son demasiado galego? ou como di a xente coma vostedes, un “galego cerrado e iñorante”?), pois sí, a Mesa tamén está en contra de reformar o Decreto da Lingua Galega. ¿Que ten esto de malo?... ¡estar en contra do desmembramento deste noso pobo outra vez máis!... por outra banda si o BNG perdeu as eleccións ¿que ten de malo? perdéronse no xogo democrático e xa está, antes as perderon vostedes, e as volverán a perder...¡seguro! ¡e de novo, non saberán perder democráticamente!... e nós volveremos a presentarnos unha e outra vez ata que sepamos concienciar os nosos cidadans.. ¡e gañar..! ¡nono dude..! ¡seguro gañaremos un día... ¡quizáis eu nono vexa pero... aínda que hoxe se pense que a opinión maioritaria ten razón, pode ser errónea tal opinión... pois a Terra, durante centos de anos todo o mundo decía que era plana e..¡coido que non era verdade...! ¿pero algunhos o millor aínda o dudan...?
7) O de falar galego, na súa casa, é posible que sexa concebido como cousa da “tropa”, na miña casa sempre foi un orgullo falar galego... galego como o falan dende fai máis de quinientos anos os Campos de Folgosa, os Dorado de San Miguel e eu... dende algunhos menos, e mire vostede estiveron entre unhos e outros como emigrantes en Cuba máis de un século... e cando foron vindo, seguían sabendo falar galego... e viñeron en moi distintas épocas da historia... e seguramente incluso, falando un galego máis entrañable e máis enraizado que cando se foron...! sempre estivemos orgullosos de todo o da Nosa Terra.
¡Pero estóu empezando a extrapolar, hacia o resto da cidadanía galega, a súa forma de pensar, e empezo a crer fervientemente, que é tal o grado de “vasallaje” que temos impregnado na ialma ante os reinos hispanos, que somos un pobo que podemos desaparecer do mapa... e non se vai enterar ninguén! O noso pobo galego e moi duro consigo mesmo e é incapaz de apreciar o seu, sendo capaz de facerse moito dano, pois un pobo que non se quere a sí mesmo, e non aprecia as súas propias costumes, non perdura, morre de noxo hacia sí mesmo... a min non me gusta o que se reflexa no espello de unha burguesía galega estúpida e inexistente... ¡os valientes deste pobo... quedaron na emigración! e os que estamos aquí... non temos ningún dereito a perder e a esquecer as nosas raíces; e remato con un lamento de amargo sentir, que comparto desde a primeira a última sílaba con Rosalía:
“Probe Galicia; non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres ¡ai! tan fermosa”

4 comentarios:

clapaucio dixo...

Estoy de acuerdo con el autor en casi todo.
Pero hay una cosa que no entiendo:
Sentirse gallego implica obligatoriamente hablar gallego??
Salu2

Agremon dixo...

Resposta miña (non do autor): non debera.

marinho68 dixo...

Noraboa polo artigo "Por qué a voltas co galego?".

Coñeces a Luis Villares?, é un xuiz que está na Fonsagrada que está a facer moito moito polo galego dende distintas plataformas. Por se non o coñeces, suxíroche que vexas:http://gzvideos.info/category/gzvideos/lingua/ (a partires do 3' 33'').
Por suposto non ten desperdicio isto http://www.youtube.com/watch?v=HwJ_8jYr4Mw toda unha clase maxistral para os alumnos e profesores.

Por último un libro http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?fot=6471&pag=0,

En canto á manifestación que fixeron en Compostela Rosa Díez e cía ( viñeron 13 autobuses, 10 de Madrid, 1 de Valencia de Bases Autónomas e outro de Valladolid). Unha aclaración na manifestación houbo violencia gratuita a "dar y tomar". De acordo que a manifestación era legal, pero acaso non é legal mirar unha manifestación e estar en contra?....pois isto foi o que pasou http://gzvideos.info/tag/galicia-bilingue/ en concreto o segundo e terceiro vídeo que non teñen desperdicio.

Un saúdo,

Agremon dixo...

coido que algunha das ligazóns anteriores non está moi precisa. Por iso:
http://gzvideos.info/sem-pelos-na-lingua-a-impostura-da-imposicao/
--
http://gzvideos.info/accion-de-isca-na-marcha-de-galicia-bilingue/