20091111

Algo que nos afecta


Hai uns días vin a nova na prensa, pero só despois de que un amigo me enviara o que xa coñecía foi cando me decatei da importancia que pode ter para Ribadeo, non só para os recheos no conxunto de Galicia. Vese alí unha imaxe, ampliable, da zona afectada da ilegalidade, que entendo está na parte dereita da foto da nova e deixo centrada na captura de pantalla da beira. E coido que é doado distinguir no porto asemade (tanto na foto do 'El País', abondo centrada, como no visor sigpac) unha estrutura que é a do 'macropantalán' de Galigrain, semellante á que se falou de instalar en Ribadeo, que resalta mesmo nun porto como o de Marín. Relacionado no mesmo periódico:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Puerto/Marin/alega/imposible/demoler/relleno/ilegal/elpepiautgal/20091110elpgal_5/Tes

Ningún comentario: