20091104

Algo debe estar cambiando

Vaia por diante que non é cousa de Ribadeo. O noso pobo é sinxselamente unha mostra máis.
Trátase da consideración das persoas. En concreto, das persoas públicas. Onte coñeceuse a nova da morte de José Luis López Vázquez e Francisco Ayala. Actor o primeiro, escritor o segundo, marcaron nos seus campos boa parte do último século. Hai uns anos, non moitos, ó segundo teríaselle adicado unha reportaxe na televisión, mentras que con relación ó primeiro, habería varias cadeas que emitirían unha película súa con comentario inicial e/ou final. Onte atopei, máis ben tarde, como soían ser, a reportaxe de Ayala, pero botei en falta nas cadeas nacionais e autonómicas a homenaxe a José Luis. É certo que na televisión estatal de referencia, a 1, houbo liga europea en diferentes formatos ata ben avanzada a noite, e xa se sabe das preferencias da audiencia. Pero as outras continuaron coas series correspondentes. Así, nin 'La Cabina' nin 'Mi querida señorita' ou outra das pelis señeiras de José Luis se deixou ver. É de supor que sairán nalgún momento próximo, pero non onte.
É un tema que me cosrprendeu, e que indica non sei moi ben se un desapego polo superprotexido na actualidade 'cine español' por parte das cadeas ou do público, se un pase a segundo plano do que é 'cine', pero coido que é evidente que indica un cambio cultural no país. Xenuíno ou dirixido.

2 comentarios:

El ángel de Olavide dixo...

Antonio
El lunes pasaron por la dos, a las diez de la noche, "Patrimonio Nacional" como homenaje a JL Lopez.

Agremon dixo...

... pois aprece que mo perdín.