20091010

Un novo premio Nobel

Ó longo da semana foron desgranándese diversos premios Nobel. Sempre sorprende, aínda que sexan máis ou menos esperados, como pasou co premio Nobel de Física.
Pero a sorpresa diste ano, e a polémica, xa está servida co premio Nobel da Paz. Estiven repasando a lista e coido que nunca se deu a un presidente que está comezando o seu exercicio de poder. A viñeta de Pinto&Chinto na Voz de hoxe pon a atención sobre o tema dun xeito irónico: debe o Nobel premiar as esperanzas postas nunha persoa ou a confirmación de feitos que dan esperanza a outras? Mesmo Barack Obama di que non cre merecelo, se ben un recurso retórico semellante é normal nos premiados, aínda que non sexan acreedores do Nobel da Paz.
Hai connotacións polítcas (onde non?) no premio, polo que parece, e non é estrano que os seus opoñentes políticos, internos ou externos, protesten.
cabería, coido, outra interpretación: pode axudar a concesión do premio a que se faga máis potente a intervención de Obama pola paz? De estar nun posto ben diferente do que está, diria que si. Sendo o presidente da nación máis poderosa da Terra, non; máis ben, é contraproducente. Para o Presidente dos EEUU e tamén para o Nobel. Non se pode demostrar e non se poderá contrastar, pois xa está na historia do mundo. Pero si se poden tirar conclusións sobre o que ten pasado con persoas con premios anteriores despois da súa concesión, e do que significa para a xente coa que terá que lidiar un premio premio que non é póstumo, senón previo.

1 comentario:

Agremon dixo...

... como corolario, ó mellor é bo pasarse pola nova da proposta de Silvio Berlusconi para o Nobel da Paz...