20091006

Obras por fin?

Aparece no DOG de onte, p.15 838 o anuncio de licitación da obra no 'IES Dionisio Gamallo Fierros'. Leva xa un considerable retraso, pois tería que estar xa rematada, e aínda queda para o curso que ven o seu remate. Íase facer case na totalidade durante o verán para interferir o menos posible, pero parece que o verán aínda está lonxe e a duración o vai sobrepasar longamente. E, pésie ó anunciado de que ía supor un novo centro e a extinción dos dous IES de Ribadeo, agora fálase de obras no Gamallo, co que parece que tamén iso vai variar.

Ningún comentario: