20091022

De novo, o Ribadeo que queremos

Onte houbo unha tertulia na Casa da Xuventude que levaba por título 'o Ribadeo que non queremos' e que eu considerei no seu momento na liña da declaración 'O Ribadeo que queremos'. Poño máis abaixo o escrito de Pancho Campos, ausente, enviado para ser lido na xuntanza e que só foi lido nunha parte mínima, a que considero menos comprometida. A parte diso, a xuntanza transcorreu por camiños trillados, de denuncia de diversas cousas, na que estabamos todos de acordo, pero que considero non son tanto dunha xuntanza como dunha comunicación ó concello, a outras nas que, estando asemade de acordo en xeral, coido que necesitan un tratamento diferente, unha aposta polo intercambio de ideas entre concello e sociedade que hai que desenvoltar previamente, etc. E así, despois de estar un cacho co tema do ascensor da Atalaia, quedou sen resolver por que non se actuou cun rexeitamento popular forte ou por que Cultura aceptou que se fixera cando a metros de distancia unha obra quedou parada por ter un impacto moitísimo menor. Visto dende fóra da asociación convocante, a Atalaia, coido que tamén semanifestou algunha contradicción, como cando se dixo que o goberno municipal non recibía en xeral ás asociacións e dita asociación non se presentou á última mesa de asociacións por convicción propia. Aínda que todos estivemos de acordo, polo menos mentras eu estiven alí, nas ideas xerais. Como que o o plan de urbanismo vai sen unha soa liña de definición do Ribadeo do futuro como guía de todo o mamotreto de leis, disposicións, planos e demáis; da necesidade da normativa de participación (non entramos no debate, posiblemente voltariamos a diferir en torno á actualización dun documento a falta de aprobación definitiva de hai case vinte anos en relación a un documento de nova planta); da necesidade de mobilización popular e da falta de impulso da mesma dende os sucesivos gobernos municipais, etc. En cambio, botei en falta cousas como que non se falara máis da ría ou que o retrasado e pequeno polígono industrial non se deixara en paz despois de un goberno municipal o comezara efectivamente despois de máis de trinta anos, en troques de seguir a botarlle en cara a súa pequenez (que, repito, é certa), o non tratar máis que temas urbanos (explicable por non haber representación do rural) ou mesmo que se insistira na porquería das rúas e non se quixera entrar no por que da diferenza doutros lugares nos que hai abondo menos papeleras pero non se tiran papeis no chan, que pode dar lugar a unha solución máis abordable, sabido cousas que non é máis limpo quen máis limpa, senón quen menos lixo produce.
En fin, é unha visión do tema, que quizáis non corresponde totalmente coa relatada pola Atalaia ó terme ido o primeiro da xuntanza, que sei continuou preto dunha hora máis.
Paso ó escrito de Pancho Campos:
O RIBADEO QUE QUEREMOS
Para un ribadense como eu, desenrolar este tema en total liberdade de pensamento, condúceme unha e outra vez a idea de ver de forma subxetiva a súa realidade, esto é, que vexo a Ribadeo non como un extraño que ve un pobo con un conxunto de casas máis ou menos bonitas nas que vive xente, senón que eu vexo-o como algo tan vivo e íntimo que condiciona a miña forma de pensar e de sentir. Unhas veces vexoo baixo a idea chauvinista de un francés, de que non hai nada mellor que o noso; outras disfrutoo co mesmo sentido de apego as tradicions que un británico, celebrando as nosas festas, rememorando eventos relixiosos en procesións e particiapando nos actos públicos de música e de espalecemento cidadan como na Xira, todo esto adobado de tanto o máis orgullo que un alemán e con o aprecio as costumes da nosa xente como a que lle dan os xaponeses.
Por tanto facer un análisis obxetivo de Ribadeo, e velo simplemente como un obxeto de mantenemento e mellora, para min é moi difícil. De todas formas como ese é o obxeto da tertulia, vou intentalo, pois como se suele decir: “solo podes comprometerte con aquelo que queres”.

Decía Ortega, “un pobo está composto de elementos antagónicos que para manterse xuntos necesitan unha tarefa común”. ¡Que gran verdade! Centos de familias xuntas que conviven en un espacio común.... en paz, en armonía...e que pensan de tan diferente forma....
Temos que fomentar a solidaridade día a día para convivir xuntos, non é posible estar tirándose os trastos as cabeza e exercitar o aplauso.
Cando unha xente pensa que porque ela ten que traballar, os demais temos que soportar os boureos e a súa falta de escrúpulos, equivócase. Por encima da súa necesidade de traballar está a obriga do respeto os demais.
Todos temos que traballar. E o meu traballo non debe de impedir que tú realices o teu. Todas as leises falan de liberdade para uns e outros, baixo o prisma do respeto mútuo. Si alguén se salta as normas está exercendo unha “actividade mafiosa que pensa que está por derriba do ben e do mal”.
Esto é moi peligroso para a convivenza, pois estase a romper o principio máis sagrado da convivenza:. o Respeto mutuo as libertades personales...aquelas das que un dispón para coexistir coas do outro, sinon, non existe convivencia, existe subiugación, vasallaxe, dictadura.... As sociedades máis respetuosas son as máis evolucionadas. Véxanse os países nórdicos, donde o respeto polo vecindad e sagrado.
Por outra banda, veremos que en un pobo sano que vive en paz, as asociacions lucrativas deberán ser entidades morales e respetuosas cos conveciños, pois están formadas por xentes de carne e oso. Cando non hai Respeto polos conveciños as pasións saltan a calle e fanse crónicas, énchense os aires de maleficios (pois todo o mundo ruxe endemoniado) e respíranse ráfagas de odio en ambientes de Xuicio Final. Non, non queremos esto en Ribadeo, non é de recibo chegar a extremos de belicidade que moitas veces, nas noites máis morniñas e fermosas do estío, se transforman as catro da maña en pórticos do inferno; con ruidos, pelexas, borracheras, vomitonas, vasos rotos, destrución do mobiliario urbán, árboliños, papeleras, contenedores, incluso algún que outro incendio.... No. Non queremos esto: ¡a barbarie do alcohol!
Para esto, hai que educar a poboación e debemos escoitar as madres dos rapaces, que non queren que se vaian os seus fillos de fin de semana, e que vivan expostos os peligros da carretera que todos coñecemos.
E un error aplicar a Política simplesmente a labor social, para organizar a amistade dos homes, a súa libertade mutua, o amor, a diversión... Esto débese conseguir mediante a Educación Familiar, Escolar e Cidadana.
Alguén podería pensar que a Relixión, sería unha vía de escape... ¡grave error! pois a sociedade relixiosa promete salvarnos e darnos o ceo, sempre e cuando obedezcamos o que dicte o seu poder soberano e fáctico, e nos dispoñamos a perder de inmediato, as nosas “libertades mundanas” o noso “libre albedrio” en aras de conseguir algo totalmente hipotético e diverso....que depende do lugar xeográfico no que te atopes, de poder verte coas “Urís” ou con “San Pedro”
Para que a poboación permaneza no Ribadeo que queremos, é necesaria a autónomía, non podemos seguir vivindo a expensas de bienes de servicios varios, queremos que en Ribadeo se xenere riqueza propia e para eso debemos poñer en valor o noso ben máis preciado: a Ría de Ribadeo, principal motor comercial e industrial do noso pobo, principal autopista do Atlántico que deberá ser lugar de unión cos pobos da ribeira asturiana. Debemos aprender a contar os uns cos outros e apartar o ruín afán de hostilidade de aqueles poucos que pensan que colaboración mutua, significa espolio unilateral de patrimonio, e dobregamento a caprichos espúreos, saltándose as leises que faga falta con tal de non impere a legalidade e non dar o brazo a torcer... esa constante propaganda... en púlpitos diversos:
Malditos aqueles de bigotillo incipiente...
que vendidos os cartos de pegañentas dádivas ...
prefiren antes o desleal chupe e que tú nada fagas...
a que non haxa chupe e que o faga o de enfrente....
¿Como é posible que faga un ano, Portos de Galiza, o Seprona e Medio Ambiente lle meteran unha multa exemplarizante a uns rapaces de Ribadeo por bañarse e xugar con un delfin na dársena de Porcillan... coa excusa de que estresaban o animal ... de que non se podía nadar e bucear na Ria de Ribadeo....de etc. etc. ¡1500 € de multa...total nada para economía de unhos rapaces...!
¿que pasa entonces coas “fuerzas vivas” do Principado de Asturias que se esta´a espoliar un pecio histórico de tódolos veciños da Ría de Ribadeo coñecido desde fai moitos anos.... buceando con botellas, levantando cañons e balas de cañón sin ton ni son, como vimos polos telediarios da T1, e aqui non pasa nada? ¿quen está pagando a labor penalizada de “andar o raque”...que máis se precisa para meter a esta xente na carcel? pois o barco hundido.. posiblemente, que non é seguro do Galgo de Andalucía pois foron tres os afundidos.... é solo se sabe o nome e asentamento fixo do San Francisco, do outro tamén o sabemos pero si o decimos “vanlo ir a dar de alta nos descubrimentos de tesouros Asturias....” ¡de risa....e de pena...! Con esta veciñanza e coa que temos que convivir... logo quéixanse si algún día lles damos de lado... ¡é que somos moi señoritos...! manda truco...!
Antes que os apasionamientos desventurados preferimos a educación da opiníon pública. Temos unha grande historia que pouco a pouco, vamos descubrindo. Ribadeo é un pobo que responde en bloque, precisamente por haber sido unha cidade amurallada. ¡En extramuros non se coñece a angustia do asedio!
Gustaríame expoñer a miña forma de ver a Economía que nos atañe como pobo, pois para min estamos asistindo a un grave error político-económico, que como decía Juan Ortega en “El Sol, 24 de febreiro de 1918: “salvar economicamente a un pobo desde o Ministerio de Facenda sempre é unha medida fallida, necesítanse ós ambiciosos empuxados pola sede do ouro, para que o pobo non sexa mendigo..... Foi un error do século XIX facer do apasionamiento político, un deber, por eso pasou a vida social as mans do que mellor sabía facer o león, o toro, a hiena nas asambleas públicas e cos seus alaridos, acertaban a encender os instintos pasionales da muchedumbre.....”
Ribadeo precisa do Polígono Industrial con urxencia si quer sobrevivir... necesita poñer en valor os séu Porto Comercial, para eso precisa peraltar (levantar) a Ponte dos Santos al menos dez ou quince metros para darlle entrada a barcos de 6000 a 7000 Tm. Xa estaban entrando barquiños de 6000 Tm e agora estamos conformándonos con barquiños de altura de 2000 Tm. A desidia administrativa non se pode seguir perdendo o tempo e a pouca economía en facer “ascensores” nos acantilados e non decir nada do movemento do Porto.
Pancho Campos
Ribadeo, 22 outubro 2009

Ningún comentario: