20091022

Nota de prensa da Plataforma en defensa da xestión da area sanitaria de A Mariña

recén recibida, paso a poñela como complemento á entrada que da relación das dúas xuntanzas sobre a área sanitaria mantidas luns:

Dende a Plataforma en defensa da xestión da area sanitaria de A Mariña, queremos denunciar a manipulación que dende a Consellería de Sanidade se está a facer cos cidadáns desta comarca; polo que queremos aclarar os distintos conceptos que se están a manexar:

ÁREA SANITARIA NORTE: formada polos 14 concellos da Mariña.

XESTIÓN INTEGRADA: coordinación da ATENCIÓN PRIMARIA E HOPITALIZADA( Hospital da Costa) dende a mesma Dirección.

XERENCIA DE ÁREA ÚNICA PROVINCIAL: que faría que os hospitais de Monforte e Burela, dependesen tanto en recursos económicos, de persoal, como asistencial dunha dirección en Lugo.

O que reivindicamos dende esta plataforma é que os presupostos que corresponden “ A SANIDADE DA MARIÑA”, sexan administrados dende a Dirección do centro e nunca dependendo do hospital de Lugo, o que faría que se perdesen recursos para o noso hospital e centros de saúde.

Esta plataforma fai extensiva a invitación a tódalas agrupacións que queiran participar nela, se unan e acudan a próxima xuntanza que se vai a celebrar o próximo día 2 de novembro as 20,30h no salón de conferencias de Burela.

Ningún comentario: