20091007

Cross-booking en Ribadeo

Necesito/necesitamos (a idea xa foi exposta en O Tesón hai algún tempo, pero necesita repouso) axuda para poñer en marcha en Ribadeo unha sección de cross-booking...
Quizáis o título debera ser en realidade o subtítulo, e comezar por explicar que é o bookcrossing, o 'cruce de libros'. Pero, para quen queira saber máis sobre o tema, coido que a web 'oficial' de bookcrossing en España pode solucionarlle o tema, en particular o artigo que trata de dar unha idea do que é o bookcrossing. En síntese, trátase de deixar libres libros para que outras persoas podan lelos e deixalos á súa vez libres. Unha especie de biblioteca sen as limitacións dos muros do edificio nin de moita da burocracia que conleva, porque trátase de deixalo en calquera sitio convido (que pode procurarse e anunciarse en internet ou non) sen ligazóns, sen ataduras, e só, en caso de que quen o 'libera' queira facelo así, cubrindo unha ficha para saber que ise libro está liberado e ter unha idea de por onde anda.
O movemento estáse a facer a nivel mundial, e a base de libros escríbese xa con seis cifras. Na viciñanza de Ribadeo, o punto máis próximo na actualidade con zonas con libros bookcrossing visibles é Lugo, con catro lugares diferentes listados e outro máis usado.
Cal será o sitio en Ribadeo? Posiblemente a Oficina de Turismo, xa veremos cando chegue o momento, que non está lonxe, aínda que é posible que iste non sexa o último artigo no blog antes do 'lanzamento oficial'. Polo momento, xa hai uns cantos libros fichados e dispostos para a súa liberación.

1 comentario:

Mariano Grueiro dixo...

Teño unha idea. Xa falamos.