20091009

Carta á Conselleira

Corto e pego:
" A Plataforma cidadá en Defensa da Área Sanitaria Norte e da Sanidade Pública conformada por veciños e veciñas, organzacións de distinto tipo, alcaldes, partidos políticos e organizacións sindicais pertenecentes a comarca da Mariña manifesta como principios xerais da mesma:

A necesidade de manter a Área de Saúde da Mariña para asegurar unha calidade digna de asistencia sanitaria de toda a poboación. En vista das peculiaridades xeográficas, orográficas, poboacionais, socioeconómicas e de infraestruturas desta área, e ante a intención da supresión da mesma para integrala na de Lugo, a Plataforma manifesta a súa oposición a esta supresión, e a necesidade dunha Área Sanitaria propia e forte como garante dunha asistencia sanitaria de calidade.
A defensa da sanidade pública, único xeito de garantir o acceso da poboación á sanidade en igualdad de condicións.
A loita por unha boa calidade asistencial na Área Sanitaria da Mariña coa mellora continua da dotación, tanto humana como técnica, que permita asegurar que os veciños e veciñas desta comarca reciban coidados sanitarios sen discriminacións nin diferenzas con respecto a outras."
E a plataforma é:
O TESÓN  RIBADEO FRANCISCO JOSÉ CAMPOS
CERVO-SARGADELOS FRANCISCO MON FERNÁNDEZ
CINXE RIBADEO ANTONIO GARCÍA FERNÁNDEZ
VILASELÁN  RIBADEO MªISABEL QUINTANA
OBS.D MARIÑA POLA IGUALDADE LOLI DOCOBO
VILLAMAR BARREIROS TERESA MIRANDA
SAN PASTOR-SAN XUSTO BARREIROS  DELIO PEREZ
SANTIAGO DE ADELÁN ALFOZ LUIS RAMOS DÍAZ
SAN COSME DE BARREIROS BARREIROS JOSÉ RAMÓN OTERO
ASOC, DE MONTES VILACAMPA VALADOURO VÍCTOR OROSA
O CASTRO FOZ FÁTIMA RDEZ. MOREDA
SAN XULIÁN CORDIDO FOZ FERNANDO LÓPEZ
O CANTAL  RINLO BENIGNO POSADA
FAZOURO FOZ VANESA RÍO
SANTA EULALIA-A DEVESA RIBADEO CÉSAR FDEZ.
COMUNIDAD DE MONTES FREXULFE VALADOURO CELSO PERNAS
COMUNDAD DE MONT.O PEREIRO ALFOZ AMELIA BASANTA
SAN ADRIANO LORENZANA JUAN PELAEZ
TERRAS DE TOVAR-S.TOMÉ LORENZANA ANTONIO REIGOSA

Concellos

NOME REPRESENTANTE

CONCELLO DE MONDOÑEDPO ORLANDO 
RIBADEO FERNANDO SUAREZ
VIVEIRO MELCHOR ROEL
BURELA ALFREDO LLANO
FOZ SIXTO


sindicatos

NOME REPRESENTANTE

SINDICATO LABREGO GALEGO ISABEL 
UGT CRUZ
CIG XORXE
CCOO COVADONGA


Partidos políticos

NOME REPRESENTANTE

UPD UZ
BNG INMA
PSOE SONIA/JOSE R VAL
EU CARLOS NOVO


Asociacións culturais

NOME REPRESENTANTE

ASOCIACIÓN CULTURAL PALESTINA  BURELA JOSE MARIA
ASOCIACIÓN CULTURAL NO CAMIÑO MONDOÑEDO VICTOR

6 comentarios:

Yo escribo dixo...

Quén o ía decir, Anotnio Gregorio escribindo de temas que afectan a outros concellos tamén, como é o tema da sanidade.

Moito me extrañou (ou non) que non fixeras ni unha referencia á festa da faba de Lourenzá do pasado fin de semana. Supoño que tamén será de interese para a xente de Ribadeo, e supoño que houbo xente de Ribadeo tamén.

Bueno, o que se dí: Cada quen escribe o que lle apetece.

Por certo, sigo sin ver ningunha referencia á iniciativa do cine de Ribadeo. ¿Non che caen ben os donos do cine?

Agremon dixo...

Coido que 'Yo escribo' non le todo o que poño. Por exemplo, http://ribadeando.blogspot.com/2009/10/unha-curiosidade.html
E, por suposto, como non escribo por encargo, escribo do que me parece. E, se me puxera a escribir só da xente que me cae ben, dubido que se notara.

Agremon dixo...

Por certo, coido que non é a primeira volta que digo en artigos ou en comentarios que non manterei loitas persoalizadas no blog. E sigo pensando en facelo.

comunidade de montes dixo...

Don Antonio, non se contou para nada con os asociados do tesòn. Tendes un presidente democrático, todo política rastrera coma sempre por parte do BNG o da sanidade deixouno claro o noso presidente Feijoo, persoa seria non un pancartero.

Yo escribo dixo...

Ah pois si, fixeches referencia á iniciativa do cine.

Entondes pídoche disculpas.

Eso pasa, por soamente poder votarlle unha ollada ó teu blog de fin de semana en fin de semana.

Agremon dixo...

Disculpado, Yo escribo.