20091021

0,6% ou 'Vivir en gallego: ¿es un derecho o un deber?'

A segunda parte do título, que manteño en castelán, corresponde a un artigo aparecido na Voz de Galicia de 21/10/2009, e o de 0,6% ... iso é máis longo de explicar.
Resulta que boteille unha ollada ó artigo referido, que nun lugar pon, por exemplo (e cito en castelán), "De hecho, lo que ya no es posible en muchas esferas oficiales es vivir en castellano, pues es esa -y no la gallega- la lengua que ha desaparecido oficialmente de nuestras Administraciones públicas, de nuestras universidades o de los medios de comunicación públicos gallegos.". Só por un pouco de humor negro (non sería estrano que alguén o tildara de masoquismo) púxenme a rastrexar no mesmo xornal os artigos en castelán e en galego, pois ó fin, entendo que é algo de uso público e subvencionado pola Xunta de máis dun xeito.
Pois ben, se temos en conta o corpo principal do xornal, isto é, sen separatas especiais de promoción de ningún tipo nin tampouco as páxinas que son diferentes por zonas, queda a numeración da páxina 1 á 64. Se non temos en conta en ningún caso os anuncios que van en páxinas con artigos, noticias, etc, queda en todo o xornal un conxunto dun artigo, unha carta e dúas viñetas en galego. Un, o artigo de Marina Mayoral, a outra, unha carta de Xosé Lois Bernal, 'Farruco', que non atopo en internet, e a viñeta de Pinto e Chinto (que ten "1" [unha] verba en galego) e a de Xaquín Marín, (visible hoxe na web do xornal pero non por separado), e que ten unha oración enteira en lingua galega. Botando contas, e sempre deixando fóra o espazo dos anuncios, sáeme algo así como un total dun 80% dunha páxina en galego, o que ven a significar cousa do 1,25% do periódico de hoxe. Claro que, se deixamos fóra o espazo das imaxes, queda arredor dun 40% dunha páxina, é dicir, pode que algo máis do 0,6% da totalidade do xornal. Se consideramos o número de verbas, de novo temos unha porcentaxe aproximada do 0,6%, ou sexa, 1 parte de cada 160. A resinar tamén que os dous artigos e a viñeta de Xaquín están en páxina par, como é sabido menos valorada. O resto? Non é inglés, non: é castelán. (Bo, en realidade, hai unha excepción máis, unhas verbas crucilladas...)
Conclúo que R. Blanco Valdés, o autor do artigo reseñado ó comezo, está tentando tomarnos o pelo, como se fora o día dos inocentes. Si, unha inocentada debe ser. As porcentaxes son tais que deixan a foto do artigo de hai dous días (a relacionada coa Voz de Galicia), sobre a manifestación de Santiago en prol do galego, como pro-castelanista, polo que descarto tanto falta de información (ó fin, é unha persoa que escribe no mesmo xornal que estou a analizar) como a 'mala leche' (é tan evidente que nese caso o calificativo veríase superado polo tamaño de letra de outros adxetivos dos que 'tonto', soaría cursi de tan suave).

1 comentario:

agremon dixo...

Fixen este comentario no artigo sobre do galego no teu blog, pero non me deixa mandalo e non entra:
Non é extraño o que di"Le Monde Diplomatique en español" do mes de outubro, "La Prensa diaria se muere" posto que a maioría son "noticieros" desleales coa súa propia terra, e penso que non teñen ningún dereito a subsistir vivindo do cuento. Que se poñan a traballar. Así que canto antes pechen as rotativas millor, aforraranse unha pila de eucaliptos, e volveránse a prantar carballos e castiñeiros. A caida da prensa sobre papel, será un triunfo para a humanidade.
Apertas
pancho