20090821

Unha experiencia relixiosa


Despois de ver a procesión de xentes na baixada á praia, cabe pensar moitas cousas, dende o motivo que fai que tanta xente veña ó retorno económico do tráfego, pasando pola interacción entre a xente e o propio medio que quere visitar e que queda transformado pola súa propia visita. Ou, alguén cre que a praia é o mesmo solitaria (agora poucas veces se pode ver así) que ca morea de xente coa que se ve tantos días, todos se pensamos no verán?.


As catedrais, unha experiencia relixiosa? As monxas da imaxe posiblemente non opinen o mesmo polo seu concepto de relixión, pero a multitude (coido que as fotos testemuñan que é unha multitude) que alí vai parece aseverar que si, que para a maioría unha especie de experiencia relixioso-turística, ou como mínimo, un mantra a recitar/visitar no seu paso pola zona.




En moitos lugares protexidos está restrinxido o acceso para evitar o desbordamento da natureza, e as catedrais son monumento natural, segundo reza a inscrición nunha das imaxes, e está contemplado na zona de protección LIC - Lugar de interese comunitario - que sobrepasa ampliamente máis aló de Rinlo, dende a praia de Arealonga. Aquí, que eu saiba, non se contempla nin de lonxe, pero ó mellor habería que encauzar de xeito radicalmente diferente toda a zona da praia e aledaños, evitando os embotellamentos (pasando co coche observei que entre dous condutores de coches consecutivos levaban visos de chegar ás mans a pouco que o tráfico seguira parado na súa beira), a substitución da paisaxe polos coches ou mesmo polos chiringuitos, ... e mesmo obtendo un retorno pecuniario máis importante, se se quere.
En fin, por hoxe confórmome con poñer istas fotos que tentei en moitas delas obter sen xente pero resultaron imposibles de facer. Queden como testemuñas a placa de declaración de monumento natural polo consello da Xunta de Galicia de 20 de xaneiro de 2003,
a monxa que parece saíndo do arco catedralicio seguida dun séquito de fideles acólitos e o efecto de luz que realza a modo de coroa o espazo liberado entre a rocha.
Por certo, as fotos son desta mesma mañá, unha das mareas máis vivas do ano (segundo parece, a máis viva será mañá sábado, con baixa a eso das 12 e 20, hora oficial.

3 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

Que bueno el reportaje fotográfico. LO de las monjas es un hallazgo "religioso"...

agremon dixo...

Dúas novas de hai uns días relacionadas coa praia e a súa 'ocupación':
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/08/18/0003_7913508.htm
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/08/18/0003_7913510.htm

pancho dixo...

A reportaxe fotográfica é un luxo, digno de un artista, por estar non momento preciso no sitio apropiado.
Si os creientes pensaran, poderían facer un altar de madeira o pé do mar e facer misa de campaña en días señalados. A semallanza do que hay en San Julian (Patagonia) o lado de un mastil clavado no chan, de un barco de Magallanes. O mismo lado da Illa dos Asesinos. Ali fan misa todo-los domingos de xaneiro (no vrao austral)