20090804

Medindo o tempo

En agosto o tempo máis ben se deixa escapar que se mide. Non obstante, o concello e a Universidade de Santiago pretenden nos próximos días un cursiño para a construcción de reloxios de Sol. Recollo da web do concello:


AS ACTIVIDADES COMENZAN O 7 DE AGOSTO
Reloxos de sol e astronomía na Casa da Ría
31/07/2009

A Casa da Ría acollerá durante o mes de agosto unha serie de cursiños adicados ao coñecemento dos reloxos de sol e a astronomía, segundo ven de anunciar a concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. Os interesados en participar nestas actividades poden anotarse no Concello chamando ao 982 128 650.

O edil nacionalista explicou que "aproveitando a efeméride para conmemorar que hai 400 anos Galileo fixo as primeiras observacións astronómicas cun pequeno anteollo, nós imos celebrar en Ribadeo dúas actividades en colaboración co observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. Unha de las será un obradoiro de reloxos de sol poñendo en valor o reloxo horizontal existente na zona do Cargadeiro. Esto terá lugar os días 7 e 8 de agosto a partires das 12.15 horas na Casa da Ría en Santa Cruz".

O curso comezará o venres día 7 con clases teóricas na Casa da Ría, de 12.15h a 13.15h, nas que se explicará o que son as coordenadas astronómicas, conceptos de latitude, declinación, lonxitude xeográfica, etc. Entre as 14.00h e as 15.00h, no reloxo de sol do Cargadeiro, tentarase construir un gnomon, aprender a latitude do lugar e observar o movemento da sombra do estilete do reloxo. Xa pola tarde de 17.30h a 19.00 na Casa da Ría, a clase estará adicada á historia dos reloxos de sol e entregarase unha plantilla aos participantes para que eles mesmos poidan facer un reloxo de sol horizontal. O sábado, entre as 10.00h e as 11.00h da mañá, haberá clases máis prácticas no reloxo de sol e os asistentes poderán coñecer reloxos de distintos lugares.

Horacio Cupeiro engadiu que "ademáis faremos un cursiño de iniciación á astronomía entre os días 24 e 28 de agosto, ambos inclusive, sobre o ceo Ribadeo con observacións no telescopio a partires das 23.00 horas da noite tamén no monte de Santa Cruz. O teléfono do concello para aqueles que queiran apuntarse ou que queiran asistir é o 982 128 650".

1 comentario:

agremon dixo...

Por cousa do tempo, retrasouse a luns 10 e martes 11.