20090826

Formando comunidade co blog

De cando en vez paso polas estatísticas do sitio (non demasiado boas en canto a número de visitantes, a pesares das louvanzas de Chenchu), e atópome cousas curiosas, como istas que deixo á beira:
Os navegadores non-Microsoft chegan xusto ó 50% das visitas, mentras que encabeza a clasificación o Firefox 3.x
En canto ós sistemas operativos, linux aparece en segundo lugar cun 18% das visitas, lixeiramente por cima de Vista, aínda que moi por baixo do XP.
É unha cousa máis a sumar a unha certa comunidade, diversa, pero con algunha relación con Ribadeo, que pouco a pouco se vai formando arredor do blog.

1 comentario:

ajaspino dixo...

Nas miñas estadísticas miro bastante o xeito no que a xente atopa o meu blog; e de cando en cando alguén cae (con moi mala sorte) coa búsqueda de: comic zoofilico. Faime moita gracia imaxinar o careto to tipo (que seguro que é un tipo) lendo o post e non atopar nada referente a este maravilloso mundo da zoofilia... juas!