20090818

Aspectos non musicais dun espectáculo musical


Hoxe remata o IV Festival de música clásica, iste ano adicado a Albéniz. Coido que a calidade dos concertos foi alta, e o sistema didáctico, con charlas previas sobre as obras, o adecuado.
O que me chama a atención é a organización dun festival que parece xa consolidado na súa 4ª edición. Co auditorio con poucas prazas libres pódese calcular unhas 300 persoas por concerto, o que fan 3 000 € de entradas por actuación. Máis o patrocinio de Caixa Galicia,que eleva a cantidade en non sei canto, e a colaboración do concello, presumiblemente a cesión do auditorio Hernán Naval para actuacións polas que se cobra 10 €/px. Levado todo pola asociación EoClásica, da que xa dixen algo noutro post a conta da súa páxina web, e que, segundo os carteis do festival, ten sé en Madrid, en Tres Cantos, no domicilio de Jorge Erice.
O festival está 'dirixido e fundado' por Leopoldo Erice, pianista de 32 anos e profesor universitario da disciplina nos EEUU.
Aínda que non esteña de acordo nalgunha cousa, non deixa de sorprenderme a eficacia do tinglado para obter cartos, relacións por medio, e tendo en conta os seus comezos, apoiado polo ente de promoción de Ribadeo en época de Balbino, o Plan de dinamización turística, que xestionaba outro Erice, Juan Luis Erice Calvo Sotelo.

Ningún comentario: