20090703

A ría de Ribadeo


A principal nova de hoxe nos xornais, no que a Ribadeo se refire, estimo que é o rexeitamento por parte do concello dun informe da Xunta (Consellería de Medio Ambiente) sobre a saúde das rías, que no que nos afecta ven a dicir que a de Ribadeo está peor do que estaba.
Despois de procurar un cocho por internet non atopei o informe para botarlle unha ollada, e só me podo referir a cousas que teñen saído xa no blog: fotos co estado da auga en Figueirúa ou a referencia a que bañarse segundo en que partes da ría, dependendo dos cambios de marea, pode producir algunha roncha (referido a anos anteriores, que este ano aínda non o experimentei), así como o estado lamentable do fondo na rada de bloques. De calquera xeito, parece que peor que en anos anteriores non está...
A foto, a Lieira dende Castropol. Ó fondo, As Figueiras.

Ningún comentario: