20090701

Preparados para o verán?

Resposta: non. Polo menos, non totalmente.
E non me refiro a que non haxa propaganda de Ribadeo (aquí estarán de novo a fin de semana os do tren dende Asturias, e ó fin, tamén é un acto de propaganda a presentación do libro sobre Calvo Sotelo luns en Madrid (aquí, o discurso do alcalde),nin a que cada día que pasa o ascensor da Atalaia se pareza máis a un rañaceos extemporáneo (por certo, ten todos os furados previstos para ver a ría? coido que non), ou a que non se controlara o ruído nouturno polo inverno para canto máis facelo durante o verán, senón que a hoxe, un de xullo, cos veraneantes aquí, a praia (por exemplo) dos bloques esteña sen duchas nin cadeira para socorrista... (e o socorrista?)

A foto, un pouco de humor para representar o que se poderá ver da ría dende o ascensor...

Ningún comentario: