20090612

No fondo, os cartos

Un concello á beira da bancarrota? Non é novidade. Ou si? Pois o mellor si ó ser usada como arma. O anuncio de que o de Barreiros podería estar á beira dela debido ós cincoenta pleitos da Xunta sobre o tema da construcción debera ser un aviso de que as cousas tiñan que ser feitas doutro xeito, pero máis ben parece un chamamento a un apoio da Xunta 'amiga' para que amañe as cousas en aras a que non crebe o concello, e borrón e, iso si, conta nova. É dicir, unha arma arroxadiza en troques dunha reflexión previa. Que o anuncio o faga algueń do PSOE e non do PP no goberno pouco fai variar a cousa, máis ben en troques de suavizala sexa unha manifestación de que vai nunha dirección peor ...
En Ribadeo a xente do ensino medio prepárase para exercitarse no debate; o tema, sobre a desigualdade da muller, en certa forma é o de menos: sempre é necesario estar preparado para debater en troques de combater ou enganar coa palabra. Así hoxe sae na prensa que, despois das ameazas á presidenta de Galicia Bilingüe o outro día, a Xunta está tentando de desmontar ('insta a prohibir actos') a oposición á consulta sobre o galego, demagóxica en varios sentidos. Asemade, o Seminario Galego de Educación para a Paz solidarízase non só con Gloria Lago, senón tamén con Torres Queiruga, que parece estar a punto de recibir un 'bofetón' vía un decreto condenatorio da actual inquisición. ah, sobre o 'demagóxico' que citei antes, espero esta fin de semana falar algo, aínda que xa teño algún post sobre o tema da controversia sobre o galego.

1 comentario:

agremon dixo...

Mentas chega o post prometido, coido que poden ser ilustrativos doutras visións os comentarios deixados na entrada citada.