20090515

Ministerio de Obras Públicas

Alguén se lembra do 'fondo Zapatero' para os concellos? Debera estar na palestra o tema, pois estase comezando a executar, e só da para uns meses. O enderezo web para ver as obras chegoume esta mesma mañá de mans dunha amiga: https://ssweb.map.es/infofondolocal/info_ciudadanos/listado_detalles_ciudadanos.php ; alí hai que escoller Galicia, Lugo, Ribadeo, e ver...
Suma do importe dos proxectos: 1.717.494,00 €
Cantidade dispoñible: 1.717.494,00 €
Sen adxudicar: 0
... Isto é precisión, e máis se contabilizamos o pouco tempo do que se dispuxo para facer a elección adecuada e o proxecto, e que parece que non se consideraron proxectos non suxeridos direitamente polos partidos.
Por certo, os cinco primeiros proxectos que aparecen foron xa aprobados o ano pasado. Non tiña idea de que foran aprobados no concello para o seu envío, pero así é.
... meto a entrada tamén no apartado de 'arquitectura': todo son obras.

1 comentario:

Yo escribo dixo...

PAN PARA HOXE. FAME PARA MAÑÁ.

Esto non é a solución a crise que estamos a vivir.