20090531

Para unha historia do polígono industrial ribadense




Hoxe descóbrese unha placa polo douscentos cabodano da batalla de Arante (en realidade, xa feitos a finais de xaneiro). Hai regocixo oficial por como está a saír a fin de semana coas novas representacións de batallas e en xeral da época das loitas napoleónicas por parte da asociación napoleónica coruñesa, adicada a facelas. E unha fin de semana máis, os actos manteñen a Ribadeo ocupado. Mesmo, nunha contribución extra, o venres houbo por parte da igrexa unha charla sobre San Paulo.
Para dar máis realismo, xunto coa farola rachada na representación do Cantón co disparo dos canóns, quedan as fotos no forte de San Damián, 'esperando a batalla', 'canón preparado' e 'mortos despois da batalla' (pode substituírse o de 'mortos' polo de 'rendidos')
Historia. A historia tamén pode usarse de moitos xeitos, como ferramenta, como arma, como turismo, como comercio, ...
As celebracións desta fin de semana poñen de relevo ou ilustran algún deses aspectos. Un artigo da Comarca desta mesma fin de semana, "El polígono industrial de Ribadeo", asinado por Carlos Parga López, pode dar conta dalgún outro uso. Nel expónse unha pequena historia dun polígono ribadense que poido ser e non foi. Despois dunha introducción onde sae a relocer un anaco da biografía do autor, entretelléndoa co lamento e a necesidade de que Ribadeo non teña/teña un polígono industrial aínda hoxe, expón que aló polos anos 90, a través del, púxose a disposición do concello de Ribadeo unha finca de 30Ha nunha zona na que era factible o montar o polígono: parte dela, 18 Ha, están agora ocupadas polo aeroporto/aeródromo de Vilaframil. (na foto, do Sigpac, as instalacións máis ou menos como están na actualidade, cun anaco de cantil costeiro na parte superior).

A historia ten dúas partes. Na primeira, en realidade houbo só tanteos previos por non tratar direitamente o autor co alcalde de entón, Eduardo Gutiérrez, non chegando a presentarlle direitamente a oferta, e conformándose coa opinión de dúas 'cuartas' persoas, Andrés Tojal e Toto Mera, quenes lle dixeron que o alcalde quería facelo en Vilaselán. Nada máis que tratar.
Co cambio de alcalde no 1995, e os terreos xa co aeródromo desgaxado (pagado por Rafael del Pino polo que parece a 300 pts/m2), houbo un segundo intento e J.C. Rdguez. Andina, segundo o autor, foi visitalos e ponderouse a compra. Pero non se voltou saber máis do interese do alcalde. (o certo é que, vista a foto e usada a ferramenta de medida de áreas do sigpac, non teño idea de que a que parte dos terreos se podería referir, pois cádranme terreos non conexos...)
Remata o articulista: "Y esta es la breve historia de un Polígono que, hace años, pudo haber sido y no fue."

20090530

Operación Lidl: que cadre o círculo (a rotonda)

Hai xa tempo, poñía nun post a nota correspondente á instalación do Lidl, agora xa inaugurado, e engadía ó final que parecía non haber contrapartidas. Este post é unha corrección: si hai contrapartidas, unha rotonda, aínda que non no mesmo sentido que as achacadas cando a instalación do hiper de Eroski (se non lembro mal, unha pista polideportiva con certas características que non foi vista despois). Pero sendo nova, e non comentario, mellor ir á fonte, a nota do concello (alí os 'comentarios' xa os fai direitamente a fonte).
De calquera xeito, non deixa de ser curioso o camiño seguido para facer a rotonda, algo que se pode seguir rapidamente lendo os dous post referidos.

Turismo

O Concello aposta polo turismo: un día despois de que fora presentada a nova campaña anual dirixida a que os asturianos veñan en tren ata aquí a pasar a fin de semana no verán, e dous despois da recepción das bandeiras azuis para Os Castros e Illas, e para As Catedrais, sae a noticia de que se vai facer a redacción da recuperación da senda do tren mineiro entre a Vilavella e Vilaoudriz (A Pontenova). Aínda que sexa só a adxudicación da redacción, é un paso importante nunha senda que vai ter que superar moitos inconvintes por como está nalgúns puntos do trazado. A lembrar que no seu último tramo xa está recuperada (e foi feita a fin de semana pasada por un grupo de mulleres de Ribadeo).
Hoxe, a representación dun campamento francés no forte de san Damián, e mañá, da batalla de A Ponte.

20090529

No medio da campaña para as europeas: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009


Hai xa algún tempo que pasaron, pero hoxe voltei atoparme cos papeis dos números resultantes. No medio da campaña para as europeas, lembro os resultados numéricos na provincia, na comarca, en Ribadeo e en cada unha das mesas do concello. Asemade, en canto a deputados na provincia: PP, 8; PSdeG-PSOE, 5; BNG, 2.
Noutro formato e algo máis completo:


Lugo Mariña Oriental Ribadeo Mesas















1001A 1001B 1002A 1002B 1003A 1003B 1004A 1004B 1005A 1005B 1005C 1006A 1006B
Electores 346.193 14.930 8.254 814 959 649 804 864 1.070 395 687 288 206 507 696 315
Certif. Censuais 140 0 0












Votos totais 231.678 11.048 5.844 572 644 427 562 597 696 291 498 215 186 396 529 231
Abstencións 114.655 3.882 2.410 242 315 222 242 267 374 104 189 73 20 111 167 84
Nº interventores non censado


2 1 4 2 3 4 1 2 2 2 2 0 3
Nº electores mesa


570 643 423 560 594 692 290 496 213 184 394 529 228
Votos branco 3.831 190 115 14 12 3 7 21 17 1 13 2 1 1 7 7
Votos nulo 2.481 136 77 4 7 8 9 8 11 4 11 4 1 3 7 0
Votos válido 229.197 10.912 5.767 568 637 419 553 589 685 287 487 211 185 393 522 231
Votos a canditatura 225.366 10.722 5.652 554 625 416 546 568 668 277 474 209 184 392 515 224
PP 109.574 5.231 2.659 248 302 211 264 286 323 122 222 123 76 170 204 108
PsdeG-PSOE 74.949 3.173 1.522 186 192 130 177 141 187 85 127 24 43 96 93 41
BNG 33.415 2.005 1.226 86 97 55 69 100 133 55 107 55 63 123 211 72
UpyD 2.579 177 155 18 21 17 24 27 20 4 13 4 1 1 4 1
Terra Galega 1.689 14 9 1 2 0 2 2 0 1 0 0 0 1 0 0
EU-IU 1.464 48 42 9 4 1 5 6 1 7 4 3 0 0 2 0
Por un mundo más justo 540 15 9 1 1 1 2 1 0 1 0 0 0 0 0 2
FPG 268 13 7 1 3 0 1 1 1 0 0 0 0 0 0 0
Galicia Unida 247 9 3 1 1 0 0 1 0 0 0 0 0 0 0 0
PH 168 10 6 0 1 1 1 1 0 1 0 0 0 1 0 0
Nós-UP 164 19 11 2 1 0 1 2 3 1 1 0 0 0 0 0
+ Galicia 163 5 2 1 0 0 0 0 0 0 0 0 1 0 0 0
FE de las JONS 146 3 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 1 0

Actividades para hoxe

Volta ciclista ás comarcas de Lugo.
Representación (toda a fin de semana) sobre a invasión francesa de hai douscentos anos.
O mar mirado, primeira das exposicións de 'A memoria do mar', está na OMIC de Ribadeo (as outras son "Do areal ao peirao" e "Con pés no mar"). Proxecto de dixitalización de fotos familiares do Museo do Mar de Galiza en colaboración coas confrarías de pescadores.

Conflito leiteiro: media solución

Comezou a ser recollida xa a leite das gandeirías "Ganadería Cid" e "Veigueiro Sociedad Cooperativa Galega" por parte de Leite Celta. Unha victoria? Esta mesma semana vin unha reportaxe na que o leite era pagado a un gandeiro en Francia a 19cent/L, mentras que aquí a están recollendo a 16cent/L. É dicir, en Francia págana un 20% máis. E séguese importando a pesares de ter que traela.
Xa falei da existencia do dumping, non?
A parte diso,está o esforzo requerido para que a leite fora recollida, con dúas partes: a reticencia das empresas a ir 'contra os intereses' doutra delas que a deixou de recoller (lácteos Lence), algo así como se poidera desencadear unha guerra entre elas, e a desunión manifestada polos gandeiros, que recoñecen en función de dous parámetros: se houbera unión, posiblemente non tivera pasado a falta de recollida nin o prezo baixo que está a sofrir, e tamén en base ás declaracións que fan, pois segundo o sindicato ou asociación correspondente botan a culpa ós outros indicando que se non obraran como o fixeron, non tería pasado...
Así, dias despois de plegar as protestas para non seguir incomodando ós industriais, chégase a unha solución a medias. Ou non é a medias cando hai unha diferencia así entre o custe do leite nas estanterías e o que reciben os gandeiros, ou cando somos deficitarios na producción de leite e hai que tirar o leite e rogar para que o vaian a recoller?
Debemos felicitarnos? Supoño que si, pero tendo en conta as circunstancias e a 'sangue, suor e lágrimas' que vai costar a normalización do sector. Mentras, aí queda a diverxencia sobre o incidente que deu orixe á negativa de recollida: un rifirafe dos gandeiros cun inspector da empresa, sobre o que hai asemade diverxencia de consideracións e que rematará no xulgado.
Unha última cousa... alguén se lembra da picaresca de non pedir cota leiteira para non ter que pagar, froito da anterior situación de desmadre que había? Algún día haberá que retomar a historia para deixala clara, e a ver se se pode aprender noutros sectores, pois é evidente que agora mesmo hai moitas normativas que se están a tomar polo pito do sereo, perxudicando con elo a toda a sociedade, incluídos moitos os supostos 'beneficiarios' en cada un dos casos.

20090528

Doutras cousas, stress menores

No medio da loita do leite, e cando xa hai abondas informacións contraditorias, fíxome en dous titulares, a análise do stress do millo pola meteoroloxía cambiante (cambio climático) e a ampliación do emisario cervense por mor de non fastidiar a toma das piscifactorías. Cousas pequenas, pero en ambos casos, algo así como se a ecoloxía doutras especies primara sobre a nosa propia ecoloxía. Entendámonos, nós como especie estamos incluídos no catálogo xeral, e polo tanto, a ecoloxía 'xeral' en principio ten maior rango. Pero a cousa está noutro lugar: no primar a ecoloxía 'non humana', non considerando á mesma altura de consideración a nosa propia microecoloxía, algo que me atopei máis dunha vez ó investigar sobre o tema do ruído. O stress do millo polo cambio climático non quita que o cambio climático afecta á sociedade (algo estudado) e ás persoas (algo descoñecido, sen estudar). E, no caso de Cervo, naturalmente está ben alongar e apartar o emisario da entrada de auga para a piscifactoría, pero se se trata de procurar auga máis pura, non sería máis lóxico que fora a entrada de auga a que se metera máis no mar? Ou as dúas, apartándose unha da outra? Ata que viu o tema de parar todo movemento construtivo na costa, a piscifactoría de Meirengos tiña o emisario preto da costa, con protestas dos percebeiros, e a cousa seguía adiante, no que entendo que é unha semellanza perniciosa co de Cervo. En ambos casos estaría afectada a alimentación humana...

20090527

Os muíños de vento de Ribadeo

O título corresponde a unha obriña que fai o nº 7 dos Cadernos de investigación do IES Dionisio Gamallo, coordinada por Emilio Piñeiroa.
A referencia da foto do Sigpac corresponde ao muíño conservado na actualidade, situado en Palmeira, Ove, coordenadas 43º 31' 24,63" N, 7º 3' 12,96" O, perto da vía do ferrocarril.
E mentras a partida da volta ciclista a Lugo vaise perfilando como o acontecemento do venres, con cortes de tráfico abondantes, hai que lembrar que esta fin de semana é a representación da invasión francesa en Ribadeo, coa batalla de Arante como acto estrela o domingo (ver díptico)
Onte, falando con emilio Piñeiroa, díxome do blog que coordina, que nas súas entradas do mes pasado fala doutro acontecemento ribadense, este recente e tratado en varias entradas tamén neste blog, a cata do Castro das Grobas.
E, entre tanta cousa allea, persistirá o conflito do leite? Moito me temo que hoxe tampouco se recollerá nas duas granxas que nas que xa non foi recollida estes días pasados. Tendo en conta ademáis a desconvocatoria das mobilizacións despois da ameza de deixar de recoller leite por parte de Lácteos Lence. E de que ninguén outro quixera recoller o leite non retirado por aqueles. Parece que as industrias si forman unha especie de cártel...

20090526

Castelán vs galego

Estes días estou escoitando (máis ben, lendo) diversas cousas en favor do castelán nun interesado conflito idiomático. Entendo que, con variacións, pero básicamente, o que se pide é que se deixen sen protección os idiomas, para que poda haber liberdade. O mesmo principio que en economía levou ó sistema económico que se autotitula único ó caos actual.
A premisa parte de que así ambos estarían en igualdade de condicións. Alguén cree que iso é posible se se suspende a protección? Un par de 'igualdades': TDT en Ribadeo: 25 canles, 23 de titularidade en castelán, 2 en galego. Lexislación a cumprir: unhas 3 páxinas de BOE en castelán por 1 de DOG en galego, sen contar traduccións cara ó castelán para cada unha delas e prácticamente nulas en sentido contrario.
Remato de ler un alegato para que os libros de texto esteñan nos dous idiomas, e os profesores teñamos que dar as clases nas dúas linguas. Coido que teño usado ambas na clase e fóra dela, en exames e en actividades extraescolares, pero para calquera que esteña no mundo da educación querendo educar, os plantexamentos do alegato e a forma suxerida son demenciais. A proposta de alternativa libre para escoller a lingua, a parte de facer unha auténtica división na sociedade (voltando á falta de atención nos servizos en galego, por exemplo), oculta un aumento moi significativo de número de profesores, precisamente cando se está a reducir o seu número (hoxe mesmo aparece nos xornais a reducción de 12 aulas de primaria na Mariña para o próximo curso). Os libros de texto? literalmente hai veces (experiencia persoal) que non se pode escoller en galego porque non se fai máis que versión castelá, mesmo con enganos ás veces para dicir que a versión galega sairá máis tarde, que a están traducindo (Por certo, se se traduce, iso quere dicir que se perden cousas (=calidade) na traducción, e que a inversión principal está para o castelán, mesmo nos libros editados en galego, non si?)
Noutro punto publicado hoxe, resulta que se pide que se suprima o exame de galego para a entrada na docencia pública. Se se quere igualdade, por que entón non se pon un exame de castelán? (cousa que por outra banda non estaría de máis dende outros puntos de vista nos tempos que corren). Se se suprime o exame de galego, o lóxico sería entón asegurar que nos exames anteriores hai tamén igualdade... o que non é certo. Por certo, asumir que non hai necesidade de exame en castelán implica xa de por si que é o idioma prevalente, o que coñece todo o mundo e polo tanto non hai que coidar do seu coñecemento. E, ademáis, se se pretende que a xente poda explicar en galego, como se asegura que realmente poda facelo se se lle require?
Sexamos claros, non se trata dunha loita (a menos que se quera facer tal), pero se se escolle facer esa loita, sería como David contra Goliath ... e David famento, sen honda, torto e manco, por moi boa persoa que se considere.

Mos ou o embigo madrileño

Vexo hoxe na prensa que dúas granxas adicadas ó leite poden pechar en cuestión de días (230 e 107 cabezas, respectivamente). Lembremos: o leite é un produto perecedeiro, e se non se recolle, as vacas pásano mal. Se se recolle e non o venden, a parte de que as vacas seguen a consumir, non hai onde almacenalo ...
Mentras, lembrei un título dun artigo da semana pasada: o caso é que metade de España pode quedarse sen internet de terceira xeración porque non é rendible cando a densidade de poboación é pouca. Estámonos afacendo a titulares como ise, que, en base a cousas que non contan coa xente (ista vez é por cuestión puramente de gananciales, pero pode ser por outras, como sinxela iñorancia do que hai máis aló da M40) están a prexudicar gravemente ... a nós. Estánnos a perxudicar gravemente. Mesmo sen que nos decatemos.
O xeocentrismo é algo xa arraigado. Coñezo madrileños cosmopolitas (espero que algún aínda siga a ler o blog), pero tamén outros que viaxados ou non, non saben doutro lugar que de Madrid. Certo que o mesmo se podería dicir dos norteamericanos, por exemplo e por iso do imperio, pero a nós quizáis a sección que nos afecta esteña sobre todo en Madrid.
Aínda hai non moito que me relataron un caso que amosa un particular xeito de mirarse ó embigo: Non hai moitos anos, un xefe de delegación local dunha compañía española implantada a nivel internacional na zona de Vigo tivo que dar de alta un cliente. Ponse a teclear e o ordenador non daba collido os datos. Despois de varios intentos, decatouse que estaba a poñer o municipio tecleándoo, pero non aparecía na lista de municipios que a compañía tiña no seu programa a traverso da web e relacionoou ambas cousas. Colle o teléfono e ponse en contacto cos administradores informáticos, en Madrid. A resposta: non está porque ise municipio non existe... O municipio era Mos, e si existía (mesmo con clientes anteriores sen dar de alta pola web, supónse!), pero non foi inmediato o recoñecemento da súa existencia, nin moito menos. E así parece moitas veces: diversos sectores da poboación, nós, non existimos...
Mentras, segue o 'dumping' co leite estranxeiro, o que significa regras do xogo comercial amañadas para beneficiar a determinadas posicións xeográficas (algo que hai de sempre, pero que agora afecta á nosa zona de xeito brutal no tema do leite e por iso poñemos máis atención)

20090525

Sen estudo de mercado

Despois dunha fin de semana onde se viu de novo que as novas do leite parecen ser abondo menos importantes que as que afectan ós bancos, ou mesmo á industria do automóbil, atopeime onte con este banco de sentarse, posto polo concello de Ribadeo en Piñeira, que, en primeiro lugar, me pareceu unha imaxe bonita, ata que pensei no mercado que ten e pasaron a predominar outros pensamentos. Aparentemente hai moito tempo que non se senta ninguén en el, se xulgamos pola herba que o rodea. O que ven a significar un tirar os cartos sen moito xeito.
O pasado pleno, O Tesón preguntou polo estudo de ocupación do parque. Tampouco o había e xa comentei que se o parque se fai e para desfrutalo como tal, e os outros usos, terían que ser en principio nimios. Pero pola resposta, non vai ser así polo momento.
Tamén no caso do leite é posible que as fábricas digan que os gandeiros non fixeron un estudo de mercado... pero deixei estatísticas que amosan que o leite galego ten mercado. O que non ten é o que se chama 'dumping', algo que practican outros países e que ó non ser practicado por nós, está afundindo o mercado. Pero xa quedaba claro nun artigo que lin hai uns días na prensa (non me lembro nin en que xornal nin por quen estaba escrito, pero a idea non é miña): os gandeiros non lograron organizarse nun poderoso "lobby" como os banqueiros ou os fabricantes de automóbiles... e as leis fannas outros.
Por certo, comezou a campaña da eleccións europeas.

20090523

Non era o evento. O evento trata do leite

... ía a publicar un pequeno resume de actividades este fin de semana en Ribadeo cando reparei nun comentario que deixou KnighT no blog, na entrada anterior. Reprodúzoo aquí e ata mañá non publicarei máis.
"Os nosos veciños seguen sufrindo co leite. O ultimo caso (hoxe por a mañá o que sufriron veciños de RIBADEO). Según me acaban de informar desde o SLG, Leite Río quería baixarlles bastante o precio, houbo fortes discusións, Leite Río ameazou con non recollerlles o leite, e hoxe por a mañá cumpliu a ameaza, deixoulles sin recoller o leite. O camión está retido por gandeiros en Cubelas mentras non veña a garda civil non se deixa sair o camión.
Estas son as inxustizas que sufren os gandeiros. Non teñen nin a mínima posibilidad de negociar precios e menos frentes a estos mafiosos como é esa persoaxe Lence. Isto é denunciable e tiña que ser sancionable desde a consellería. ¿Cómo? Pois a consellería pode facer inspeccións un día si e outro tamén ata cansar os de Leite Río, e cando estos se cansen, que poñan os pes na terra."

O evento

O evento máis importante de hoxe en Ribadeo quizáis sexa un que non sae na prensa. Non sae porque non foi comunicado públicamente. Refírome á xuntanza da Mesa de Asociacións co alcalde.
Facendo un pouco de historia, a Mesa de Asociacións responde a unha convocatoria de O Tesón para reunir a asociacións de Ribadeo e intercambiar pareceres sobre a marcha co concello e así poder ter nalgúns puntos unha fronte común para presentar propostas ou defender posturas.
Tras unha primeira xuntanza viñeron outras ás que se foron sumando AAVV das parroquias e nas que abandoaron outras asociacións, e as xuntanzas comúns co alcalde de turno, que eran preparadas con anterioridade. De xeito correspondente, tamén se pasou de citar nun primeiro momento a asociacións de diverso tipo do pobo ou moi viciñas en xeral a facelo con asociación de veciños de todo o concello.
Teñen pasado por moitas vicisitudes unha vez que se manifestaron que non ían ser unha correa de transmisión do alcalde, senón un pequeno cauce no que se pretendía dar pé a participación cidadá. Así, no anterior mandato, despois de varios atrasos de xuntanza co alcalde (mesmo unha vez, despois de ter fixado data e atopar ó alcalde saíndo do concello), sinxelamente deixou de habelas. Neste período co novo alcalde, a cousa retrasouse unha vez máis, acordando o pasado ano (abril) que fora el quen fixera a convocatoria ós catro meses. Non foi así a ata esta semana, despois dunha xuntanza a fin de ano sen el, tamén convocada polo Tesón, asociación que a semana pasada voltou facer a convocatoria correspondente e o puxo en coñecemento do alcalde, quen, unha vez enterado, pediu convocala, polo que O Tesón desconvocou a súa. Deste xeito, a xuntanza non vai a ser preparada con anterioridade en contra da idea inicial deste tipo de xuntanzas informais, pero recóllese de novo a antorcha, voltando a tratar temas xa tratados pola Mesa, temas que entran na convocatoria realizada para hoxe ás doce no concello:
A normativa de participación cidadá
O estado do urbanismo en Ribadeo
A perioricidade destas xuntanzas
A notar que, en canto ó Tesón, foi presentado un borrador de normativa, despois de que fora aprobada inicialmente pero non posta en marcha nunca, nin actualizada para a súa adaptación a normas posteriores, unha normativa no concello hai case vinte anos. Que o PXOM aínda segue en deliberación de alegacións, polo que non se pode tratar de xeito direito, pero dende que se comezou a analizar foron xurdindo temas como o das vivendas promovidas pola consellería (tema que se barallou no outono e comezos de ano) ou diversas cousas sobre concesión de licenzas e actividade xudicial en torno ás cumbreiras. E en canto á perioricidade, o alcalde xa quedara en convocalas e non o fixo: trataríase agora de acordar xa data para a próxima, para evitar novos retrasos.
Unha pequena recolta, nin moito menos exhaustiva, de post no blog sobre o tema:
Sobre a mesa de xullo de 2005.
Outubro de 2005.
Decembro 2006.
Xaneiro 2007.
Abril 2008.
Decembro de 2008.

20090522

Queimando a Gutenberg

Atopeime este post e un comentario no blog de Enrique Dans, nos que se da conta dunha relación: Pablo Soto e Johannes Gutenberg. A comparación está feita pola invención de facilidades de transmisión de coñecemento. Razona que, dun xeito equivalente ó que lle está a pasar a Pablo Soto, se Gutenberg vivira agora, os copistas teríano sentado no banquiño xudicial.

Vaise e veñen


Vaise o Edda Frende camiño de Marín para ser rematado. Sairá entre as 12 e media e a 1 e media do mediodía, coa marea alta (corresponde ás 12:54 no porto de Mirasol, e un pouco antes na ponte dos Santos, escollo a pasar). As características que collín de Gondán do seu irmán xemelgo, o Edda Fram, son:
DIMENSIóNS:
Eslora total
Manga
Puntal
Calado máximo
Superficie cuberta

85,80 m
19,20 m
8,00 m
6,50 m
900 m²
CAPACIDADES:
Mud/Brine
Base Oil/Brine
Methanol
Drill Cut./Spec.Products
Dry Bulk

723m3
229m3
167m3
429m3
332m3
XERADORES PROPULSION: 4x1920kW 1800 rpm.

O seu porte a algo máis é expresado pola foto que adxunto. O barco de pesca queda reducido na súa presenza, ó igual que a pesca ribadense quedou reducida dende hai xa tempo.
Mentras na actualidade se dirime nos xulgados de Mondoñedo un roubo con agresión (iso é o denunciado), o pasado visitou Ribadeo en forma de bisneta do Altruán, que, a parte do que di na entrevista da Voz que ligo, da nome ó clube de piragüismo, entre outras cousas.
Asemade, hai previstos varios actos 'revolucionarios' en Ribadeo para rememorar o paso das tropas napoleónicas pola zona. O 29 de maio, chegada ataviados xa de época, o 30 de maio, representación en San Damián, e o 31 de maio, recreación da batalla da Ponte. A lembrar que o 1 de xuño é a festa das Cruces (dos pendóns) en A Ponte. Deixo unha ligazón á nota de prensa do concello e o cartel.

20090521

Norta de prensa sobre a liña eléctrica en proxecto

ALTERNATIVAS E RETRASOS A primeiros de semana tivemos coñecemento dun asunto que pode ter interes para os veciños. O tendido que proxecta BEGASA-Eon actualmente dende Rego de Galo, en Trabada, ata Reverte, en Ribadeo, pasando polos montes veciñais de As Anzas, Obe e Piñeira tivo polos menos duas alternativas nos ultimos anos. Unha delas conectaba ca linea Doiras-Mondoñedo, pasaria perto de Fornea e baixaria a Barreiros. Segundo as nosas informacions este proxecto foi abandoado pola oposicion do alcalde de Barreiros. A outra alternativa seria unha linea de menos kilovoltaxe, procedente da subestación de Foz e proxectada por terreos que posteriormente ocupou a autovia. Non estamos falando de rumores, porque deste segundo proxecto BEGASA chegou a facer ofertas economicas pola ocupación dos terreos, como esta facendo actualmente en Ribadeo. A nadie debe sorprender que as compañias electricas esteñan barallando continuamente varias alternativas para resolver os problemas de suministro e conquerir os mellores beneficios. Eso cae de caixon. Aquí o que se trata de suliñar e que si esta probado que houbo varias alternativas ao proxecto actual, a empresa promotora debera explicar aos veciños porque elexiu finalmente esta e os poderes publicos democraticos deben exixir estas aclaracions, non porque agora haxa unha protesta veciñal, senon pola elemental coherencia dos representantes elexidos. O contrario e darlle carta blanca a este tipo de empresas para que fagan o que mellor lles veña en cada momento. Asi e como despois veñen as crisis, o paro, os problemas sociais, etc. Poñendolle en bandexa e dandolle todo tipo de facilidades ao capital financiero que non para de especular cas multinacionais da enerxia cos resultados que todos coñecemos. Habera quen diga que non ven a conto, pero no fondo o problema son os dirixentes politicos que practican por norma o “Si Buana” diante dos poderosos e non escoitan as criticas e opinions dos veciños. Agora imos aportar algunhas consideracions sobre o poligono industrial. Primeira: As obras do poligono remataranse a finais do ano actual ou como moito a comezos do 2010. Segunda: O proxecto da liña de alta tension dende Rego de Galo ata a subestación ainda non saliu a exposición publica ao dia de hoxe. Terceira: O proxecto de liña non foi incluido no PXOM, mentras que a Subestación si foi incluida no PXOM. BEGASA-Eon presentou unha proposta de incluir o tendido no PXOM con data 14 de Xaneiro de 2.008. Mais adiante presentou unha alegación con data 15/5/08. Nin a proposta foi atendida, nin a alegación foi resolta a dia de hoxe. Cuarta: A xestion da Subestación esta paralizada polo cambio de goberno da Xunta de Galicia, pero hai catro anos xa se sabia que haberia eleccions no 2.009. Quinta: Mentras non se aprobe o PXOM, o proxecto de Subestación e o Proxecto da linea de alta tension o poligono industrial non empezara a funcionar, non sendo que o abran con “luz de obra”. O problema e o seguinte: ¿Quen e porque retrasa o poligono? Si se sabe que vai estar rematado antes de un ano ¿Por qué non salen as parcelas ao mercado?. ¡Que casualidade! ¡Que dentro de dous anos haxa elecions municipais!. Evaristo Lombardero Rico