20090407

VECIÑOS PIDEN SOTERRAMENTO OU SUPRESION DA LIÑA DE OUTA TENSION

O pasado venres, dia 3 de Abril, a asamblea de comuneros do monte veciñal de As Anzas acordou exixir o soterramento da liña da outa tension e , cando non, a suspension da trazado polo seu monte. A decision exixe un analise acougado das circunstancias, dos antecedentes e do efecto domino que pode traguer consigo nas comunidades afectadas de Obe e Piñeira. En primeiro lugar compre suliñar que nos ultimos anos estamos asistindo a un cambio sociocultural de gran alcance nas comunidades rurais galegas respecto do valor e uso do monte, tanto comunal, como particular. En segundo lugar os tradicionais metodos abusivos e caciquis das grandes empresas e particularmente da electricas esta desbordando a pacencia dos veciños. En terceiro lugar o secretismo que veñen practicando o concello de Ribadeo, a Conselleria de Industria e BEGASA no caso concreto deste tendido esta subscitando todo tipo de rexeitas e temores nos afectados. En coarto lugar as protestas contra as liñas de outa tension e a falla dunha planificación coherente e asumible extendese por toda a xeografia galega e española. Estas e outras circunstancias estan gravitando sobre o proxecto de EON-BEGASA en Ribadeo e probablemente expliquen, polo menos e parte, o acordo dos veciños de As Anzas. Vexamos os antecedentes coñecidos, ata o dia de hoxe do caso que nos ocupa. 1.- O dia 15 Xaneiro de 2.008 Electra del Viesgo-BEGASA (1) presenta un escrito no concello de Ribadeo solicitando que no Plan Xeral de Ordenación Municipal se inclua unha reserva de solo rustico de proteccion de infraestructuras para a subestación e para a liña de outa tension, que se fai necesaria polas demandas de enexia electrica en Ribadeo e Barreiros. 2.- O dia 13 de Maio do mesmo ano BEGASA presenta unha alegación ao Plan Xeral por que neste aparece a reserva de solo para a subestación pero non para a liña de outa tension. Como veremos mais adiante o alcalde de Ribadeo negara repetidamente ter coñecemento destes proxectos. 3.- A finais de Xunio de 2.008, no mesmo periodo de exposición publica do PXOM, mais de 30 veciños de Piñeira, Reverte, Ribadeo, Obe, etc. presentan unha alegación solicitando o alonxamento da subestación electrica das zonas habitadas. A mesma alegación e subscrita polo UPRI e por unha asociacion de pais de alumnos do Colexio de EXB. 4.- O dia 31 de decembro de 2.008 163 veciños e veciñas de Obe, Cubelas, As Anzas, Piñeira, Reverte, etc. rexistran un escrito no concello de Ribadeo, dirixido ao alcalde, ao conselleiro de Medio Ambiente e mais ao conselleiro de Industria solicitando informacion sobre a liña de outa tension e mais sobre a subestación electrica. 5.- O dia 5 de Xaneiro de 2.009 o Sr. Alcalde, na paxina web do concello arremete contra os veciños que piden información e afirma que non sabe nada do proxecto (xa dixemos que ten dous escritos de BEGASA cun avance do mesmo). 6.- Nas semanas seguintes a Conselleria de Industria confirma a tese oficial: non se sabera nada ata que saia a exposicion publica. 7.- O 18 de Marzo sae a exposición publica a ubicación da subestación no monte comunal de Piñeira, pero non o trazado da liña de outa tension. O alcalde segue negando que ten os planos do trazado dende hai mais de 14 meses. 8.- O 20 de Marzo un veciño de As Anzas vai a Delegacion de Industria de Lugo e os funcionarios danlle unha copia do trazado. Polas mesmas datas representantes de BEGASA visitan aos veciños e aos representantes das comunidades de montes presentando o trazado e tratando de chegar a acordos economicos de cesion do solo. 9.- O 21 de marzo os veciños fan a exposición publica do proxecto en Santa Cruz. 10.- Nos dias seguintes o alcalde recoñece que tiña o proxecto, pero que non o deu a coñecer porque “non era oficial”. Lembremos que so se pediu información, non que fose oficial. Agora recoñece públicamente que coñece o trazado dende hai ano e dous meses. O prazo para presentar alegacions a subestación remata o dia 20 de Abril, polo tanto hai pouquisimo tempo para estudalas, consultar abogados e tecnicos en medio ambiente, presentalas e discutilas cos veciños e conseguir algun resultado positivo para a gran mayoría que e do que se trata. Ao mesmo tempo debemos reflexionar sobre os seguintes puntos: 1.- Unha sentencia do Tribunal Supremo de 8-2-07 prohibe a ampliación da subestación de Mondoñedo, ratificando outra do Tribunal Superior de Justicia de Galicia de 1-6-05 e dando a razona os veciños. Ademais esta subestación esta funcionando sen licencia de actividade dende a sua construccion. 2.- A subestación de Mañente (Foz) esta en zona de Costas e de Interes Comunitario, por ser Zona de Especial Proteccion de Aves. 3.- O proxecto de tendido de Trabada a Ribadeo de 132.000 voltios e a subestación son o primeiro paso para mais adiante ser ampliadas e reforzadas seguin lle interese a BEGASA. Os tramites son moito mais sinxelos se se fai por fases e despois de poñer a primeira fase xa non ten volta atrás. 4.- O dia 16/9/2.008 a Axencia EFE daba conta das mais de 1.000 alegacions presentadas polos veciños afectados pola liña de outa tension de Pesoz a Boimente co apoio da asociación ecoloxista ADEGA e do BNG. 5.- O dia 1 de marzo de 2.008, nun mitin electoral celebrado no Valadouro o Sr Fernando Suárez denunciou o trazado da linea de outa tensión Boimente-Pesoz: “non nos podemos fiar de quenes calaron ou quen definiu este trazado…”dixo públicamente. 6.- O dia 6 de decembro de 2.008 o voceiro do BNG no Congreso dos deputados pedia a retirada do proxecto de trazado da mesma linea, polo seu grave impacto medioambiental, gandeiro e turístico. CONCLUSION: Hai abondas razons para que os veciños de As Anzas ou de calquer outra zona pidan a supresión do trazado de liña de outa tension. Evaristo Lombardero Rico

1 comentario:

Unknown dixo...

B.E.G.A,S.A.


SEÑOR ALCALDE:

POR LA GRACIA DE LAS CIRCUNSTANCIAS, CON EL GENERALÍSIMO POR LA GRACIA DE DIOS LOS VECINOS DE MIOPES NADA DE NADA NOS QUIERE HACER USTED CON SUS MENTIRAS EN EL TEMA DE LA LÍNEA DE MUY ALTA TENSIÓN 132KV LE VOY A TRANSCRIBIR POR SI LE SUENA DE ALGO.
VICENTE GARCÍA MALLADA EN REPRESENTACIÓN DE BEGASA DOMICILIADA EN C/CIUDAD DE VIVERO N4-1 DE LUGO , COMO MEJOR PROCEDA DICE.
QUE EN RELACIÓN CON EL PLAN GENERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE RIBADEO QUEREMOS INDICAR:

PRIMERO.- EN REDACCIÓN DEL PXOM NO SE CONTEMPLA LA CREACIÓN DE INFRASTUCTURAS ELÉCTRICAS PARA ATENDER LA DEMANDA FUTURA DE LAS DIFERENTES ACTUACIONES URBANÍSTICAS Y EMPRESARIALES PREVISTAS.

SEGUNDO.-POR PARTE DE BEGASA SE SOLICITA A ESE CONCEJO LA INCLUSIÓN EN EL PXOM DE RIBADEO DE LA UBICACIÓN DE LAS INFRAESTRUCTURAS ELÉCTRICAS QUE SE DETALLAN :
SUBESTACIÓN DE RIBADEO (VER PLANO ADJUNTO )

PARA LA ALIMENTACIÓN A LA SUBESTACIÓN TAMBIÉN SE SOLICITARA LA CONSTRUCCIÓN DE UNA LÍNEA DEALTA TENSIÓN 132KV MARCADA COMO ALTERNATIVA2.
POR LO EXPUESTO,
SUPLICO: SE TENGAN POR HECHAS LAS OBSERVACIONES QUE ANTECEDEN Y SE REFLEJEN EN EL PXOM DE RIBADEO.

EN LUGO, A 15 DE ENERO DE 2008.

FDO EL SEÑOR ANTES CITADO CON NUMERO DE REGISTRO 0385.
SINCERAMENTE SEÑOR ALCALDE NO CREE USTED QUE DEBIERA DARNOS ALGÚN TIPO DE INFORMACIÓN A LOS VECINOS SEGURO QUE SE EVITABAN MUCHOS PROBLEMAS SI DES DE UN PRINCIPIO USTED O ALGUNO DE LOS EDILES QUE TANTO PRESUMEN DE ÉTICA Y MORAL EN LOS MÍTINES QUE DAN EN LOS BARES Y CAFETERÍAS OTRO GALLO CANTARÍA SEGURO QUE NOS HUBIÉRAMOS ENTENDIDO COMO EN SUDIA SIENDO USTED PRIMER TENIENTE DE ALCALDE NOS ENTENDIMOS USTED SE DEBE AL PUEBLO QUE LO ELIGIO NO AL PARTIDO AL PARTIDO YA LO JUZGARON LOS GALLEGOS Y GALLEGAS EL DIA UNO DE MARZO RATIFIQUE QUE RATIFICAR ES DE SABIOS.

EN OVE A 10 DE ABRIL 2009 14 MESES Y VEINTICINCO DÍAS DESPUÉS

JUNTA DIRECTIVA DE M.V.M.C. SANTA CRUZ E CAPELA OVE