20090416

A posta en valor do Castro das Grobas

Si, xa hai que ir pensando nela. As fotos que adxunto, tomadas esta mesma mañá, só recollen unha parte (queda a cata principal sen cubrir neste post), pero dan pé abondo a dicir que temos un castro que paga a pena en Ribadeo.

Comentado por Emilio Ramil, o director da escavación a pé de obra, onde puiden observar varias cousas. Por exemplo, o cú da vasixa que se aprecia co centro da foto sobre estas liñas e que se ve con máis detalle redondiño na foto seguinte, tamén no centro.
Ou o muro dunha vivenda no que parece ser que se aprecia a época tardía, xa romanizado o castro. Muro asentado sobre a rocha que posiblemente serviu para protexelo da roturación da terra e polo gtanto, dun destrozo maior.
Ou, pegadas ó muro, teselas dun chan.
Ou unha perspectiva do corte do terreo que, en relación ó muro e ós pés da persoa á beira, da idea das capas que se poden observar no terreo.
... máis detalladas na foto a continuación
E mesmo parte dun muro derribado que dá pé a pensar que un pouco máis á dereita, baixo o terreo sen escavar, se atopará unha base de muro doutra vivenda.

Ningún comentario: