20090416

Basta mencionar a maldita crise para que se instale a barra libre

Non, ista vez non é polo tema de ruídos (aínda que visto Ribadeo, podería). Trátase dunha frase insertada nun artigo de Javier Guitián, A costa de la costa, onde se fala da posibilidade de voltar a construír na primiera liña de costa dentro de pouco. Nun momento no que o alcalde volta ó tema das alturas de máis penalizadas xa no concello, facendo un chamamento ós implicados para que se persoen nos contenciosos, coido que sería cousa de reflexionar. No artigo ponse de manifesto o absurdo que supón desprotexer o litoral para continuar un modelo de negocio/construcción que está xa caduco e que non duraría despois de destragar a costa, en troques de facer a aposta pola innovación. E pon como un dos exemplos, o denostado plan Zapatero para os concellos, que se empregou na súa totalidade en cousas relacionadas coa construcción. O Tesón, e eu en particular, fixemos un chamamento ás asociacións de viciños para aportar ideas, e ó concello para aceptalas, debido ó escaso tempo que xulgamos que había para presentar as propostas. Poucas asociacións participaron e menos caso se lles fixo, co resultado xeral de que o concello emprega os cartos para obras. A un concello élle difícil facer outra cousa, entre outros motivos porque ven abocado a empregar cartos para ir tapando buracos de infrastrutura acó e aló segundo van presionando os viciños. Pero é necesario cambiar o chip (outra idea máis que xa é recurrente no blog: a necesidade de cambio de mentalidade nos concellos) pouco a pouco, tendo en conta que a xente non se recicla de traballo dun día para outro, pero que é necesario que se recicle por non poder manterse por varios motivos o mesmo sistema. E, sobre o chamamento do alcalde, debera de resultar, pois os viciños chamados son os afectados ... si, pero ata o momento o que se fixo con eles foi non contar, e tratalos máis ou menos coa mesma vara de medir que ós construtores, aínda que non se pida penas para eles (en realidade, sen decilo, ata o momento serían os máis afectados polo caso a pesares de non estar acusados formalmente). Polo tanto pedir agora que fagan piña co concello contra os construtores non o vexo tan doado. Por outros casos, sei que non é doado resolver este tipo de entuertos 'a tres bandas', pero todo entuerto, unha volta recoñecido como tal, hai que tender a solucionalo, e nesas estamos. Lentamente, pero sen pausa. Outra das novas hoxe é a presidencia da Reserva da Biosfera para Castropol. Podería ser para Ribadeo, pero tampouco hai que pretender estar a todas nos organismos nos que participar Ribadeo. Penso que é preferible construír unha rede de boa vontade que de presidencia contínua. Coidado, non é deixar que mexen por un, senón tentar de sumar esforzos dun xeito colaborativo. E para iso non fai falta nin ser da mesma comunidade autónoma nin ser do mesmo partido, senón ser persoa e formar comunidade. Outra cousa é que os concellos asturianos xa teñan recibido e gastado cartos a conta do tema da reserva mentras que os galegos están a velas vir. Coa presidencia dun asturiano lograrase ver algún carto para manter a Reserva? Iso xa o vexo máis difícil, pero é de supoñer que algún día chegue tamén ós concellos galegos. A outra nova non é exactamente de hoxe, senón de pouco a pouco, destes días, aínda que algo ten saído na prensa últimamaente: As Grobas 'están dando froito'. Aparte do descobrimento dalgunha cerámica, chegouse xa a unha zona de restos de muralla romana rodeando ó castro (o que ademáis da idea da datación do mesmo), viuse que foi derruida para aminorar o foxo e facelo terra de labor, estimouse nuns 5 m a potencia de restos nalgunha zona, etc. Polo tanto, haberá que poñerse mans á obra, o mesmo que ata agora para facer presión para que se dinamizara o tema e se fixeran as catas (como ten feito O Tesón de xeito repetido), para que se sinale a súa existencia e se comece a valorizar e aproveitar. ... E unha pequena letura: "La cultura de la falta de esfuerzo está matando el gallego"

Ningún comentario: