20090309

Público/privado



Isa é polo momento, a nivel non partidario, a principal división de decisións cara ó futuro de Galicia, despois de que Feijóo anunciara a súa intención de privatización de servizos e xestión. En particular, na sanidade e os seus hospitais, pero non únicamente. Trataríase algo de así como da aplicación do modelo madrileño, algo que ten dado lugar quizáis a un aforro pero tamén a un empeoramento do servizo.
Hai outras, por suposto. A duplicación de vías no ensino, de aplicala tal cual, suporía un aumento importante no número de profesores que non vai a favor precisamente de conxelación do gasto nin aínda que se escude nun maior uso do ensino privado concertado (que entendo que non reduce gasto en educación, en contra do que di o novo presidente)
As imaxes, da Capela da Virxe do Camiño, manifestan un descuido manifesto na súa atención. Pode que, se a capela se usara para algo (culto ou servizos), estivera máis coidada e tamén mellor mantida. Polo momento, nin o un nin o outro. Polo que lembro, a derradeira vez que se puxeron as mans á obra na capela foi unha substitución da iniciativa anónima pública pola privada con nome, de Calvo Sotelo. Claro que tamén coido que a capela é de titularidade privada, e non pública, aínda que o seu uso debera ser público (paréceme evidente que isa foi a idea na súa construcción e uso mentras se fixo)

Ningún comentario: