20090104

"Se non tes nada que dicir, cántao"

Parece ser era unha das reglas seguidas polos publicistas antes da chegada masiva de internet, e segue aser usada. Decátome dela a propósito dos villancicos de Nadal en Ribadeo, 10 horas/día, festivos e horas de comer incluídos.
Engadiríalle ó dito publicitario "Se aínda así non das feito, canta igual calquera cousa", pois a comedura de coco podería ser igual de válida ...
- se non hai rexeitamento en parte da xente á que vai dirixida (polo aturdimento que produce, por exemplo)
- se non pagas á SGAE polas cancións (porque xa paga o concello -30 000 € o pasado ano-, todos, polo que ti pos, tamén por exemplo)
- se non te requiren para que baixes a intensidade (='volume') da música (porque a normativa non se cumpre e da igual)
- se non evitas que se fale do bo ou mal comercio que estás a intentar veder (porque a música, se non chega a un certo nivel, non evita as conversas)
...
Asi, adiante, se podes evitar os aspectos negativos.
En caso de que non esteñas seguro de poder evitalos, será mellor que avalíes se os pontos positivos (haberá que ver antes cales) pagan a pena.

1 comentario:

agremon dixo...

Outra queixa sobre os villancicos de Nadal: http://fertrombon.blogspot.com/2009/01/gripazus-maximus.html