20090102

Electricidade

Pasáronme o seguinte aviso, que reproduzo tal cual (máis adiante, noutra entrada, pode haber un comentario): " Na mañan do 31 de decembro rexistrouse no Concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veciños solicitando información sobre a línea de outa tensión de 400.000 voltios e a Subestación eléctrica de 40 MVA, que acordaron o Concello de Ribadeo, BEGASA, a Consellería de Industria e SEPES o pasado 31 de Xullo. Dende entón non se coñece ningún dato oficial sobre o trazado do tendido, as distancias ás vivendas, etc. e os intentos de varios veciños por conquerir información no concello non deron resultados positivos. Dos asintantes un 52 % foron homes e un 48 % mulleres. A distribución por lugares é a seguinte: Obe: 29; Frieira Nova: 23; Pastoriza: 18; Vilar: 17; As Anzas: 13; Reverte: 11; Frieira Vella: 7; A Capela: 5; Rio Pequeño: 3; Veiga d´Aira: 3; Alto dos Pinos: 2; A Pega: 2; Ribadeo: 2; Valín, As Aceñas, San Lázaro, Os Garitos e A Faxarda: 1; Sen localizar: 23. As sinaturas recolléronse no plazo de cinco días e non se intentou unha recollida masiva, senón un dato testimonial da preocupación social por este proxecto. Agora as administración consultadas teñen un plazo dun mes para respostar dacordo ca directiva comunitaria 2003/4/CE. Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Ribadeo Sr. Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia. Sr. Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Os abaixo asinantes, veciños de Ribadeo, expoñemoslle o seguinte: 1.- En distintos medios de comunicación do día 31 de Xullo de 2.008 recóllese a noticia do acordo asinado polo alcalde de Ribadeo, o conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, o director xeral de SEPES e o presidente de BEGASA, para a instalación dunha subestación eléctrica de 40 MVA mais unha liña de outa tensión de nove km. Os mesmos medios informan que tamén hai un acordo sobre as aportacions económicas dos participantes no convenio, de onde se desprende que as liñas xerais do proxecto técnico xa estaban trazadas a mediados do ano 2.008. Nos últimos meses algúns veciños tiveron informacións sobre a posible ubicación dalgunha das torretas previstas para o tendido eléctrico devandito, perto dalguhas vivendas. Pola outra banda, outros veciños intentaron conquerir información sobre o proxecto no concello de Ribadeo, sen chegar a conseguilo. 2.- Os efectos nocivos da outa tensión eléctrica para a saude humana xa son ben coñecidos na actualidade, particularmente algúns tipos de cáncer como a leucemia infantil das poboacions que residen a cortas distancias dos focos de contaminación electromagnética. Outros danos sobre o medio ambiente e as terras de cultivo poden resumirse suliñando que as explotacións agrícolas ecolóxicas non están permtidas a menos de 500 metros dos focos emisores. Asemade debe suliñarse que o tendido que se proxecta afectaría á Zona de Especial Protección de Aves da Ría de Ribadeo, tamén incluida no Convenio Internacional de RAMSAR, na rede Natura 2.000 e na Reserva da Biosfera do Eo e Terras de Burón. 3.- No avance do PXOM de Ribadeo, exposto ao público nos meses de maio e xunio de 2.008, aparecen os terreos previstos para a ubicación da subestación eléctrica, pero non aparece o tendido da liña de outa tensión que chega á mesma subestación. O cal resulta especialmente sorprendente se apreciamos que nas mesmas datas de exposición do plan fíxose o primeiro anuncio público do proxecto (11,06,08), asinado un mes mais tarde (30,06). 4.- A Directiva Comunitaria 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa ao acceso do público á información medioambiental garantiza o dereito de acceso á devandita información que obre en poder das autoridades públicas e, concretamente no seu artigo 2 di o seguinte: b) factores como sustancias, enerxía, ruido, radiacions ou residuos, incluidos os residuos radiactivos, emisions, vertidos e outras liberaciones no medio ambiente, que afecten ou poidan afectar aos elementos do medio ambiente… e mais adiante: a) tan pronto como sexa posible, e a máis tardar no mes seguinte ao da recepción da solicitud por parte da autoridade pública … b) no prazo de dous meses … se o volumen e a complexidade da información son tales que resulta imposible cumplir o plazo de un mes… En base aos puntos anteriores solicitamos que se nos facilite a seguinte información: a) Planos do tendido previsto para a conducción de outa tensión dende o punto de conexión con outra rede, ata a chegada á subestación. b) Distancia kilométrica exacta dende ese punto de conexión ata a subestación. c) Vivendas afectadas pola instalación ata un radio de de 500 metros, con distancias a cada vivenda ou grupo de vivendas. d) Terras de cultivos ou praderías afectadas na mesma distancia. e) Solos presuntamente edificables, por pertenecer a núcleos rurais previstos no PXOM de Ribadeo no mesmo radio de 500 metros. f) Se o proxecto do tendido eléctrico e mais da subestación conta ou pode contar no futuro con axudas económicas da Unión Europea. g) Normativa medioambiental aplicable a este caso concreto a nivel galego, español e comunitario. h) Estudos realizados para evitar ou reducir ao mínimo os riscos de contaminación eléctromagnética, neste proxecto. i) Medidas informativas adoptadas polas autoridades implicadas para facilitar a participación dos particulares, asociacións veciñais, ecoloxistas, etc. na tramitación deste proxecto concreto. (para contactar con Evaristo Lombardero 669752495)"

6 comentarios:

Anónimo dixo...

La solución es sencilla y fácil: Siempre decir NO.

Recuerdo cuando en Barreiros instalaron el centro de distribución de basura (y todos los vecinos rapidamente se apresuraron a decir: NO - NO - NO - NO), ¿para que sirve el centro de distribución?Los camiones de basura de las distintas comarcas llevan allí la basura, se aumenta su densidad y se transporta a otro lugar para su tratamiento. Los vecinos de San Cosme pesnarian que era radioactiva o algo por el estilo.

¿Las líneas de alta tensión producen cáncer? ¿como inflúe el campo electromagnético generado por la corriente que pasa por los conductos (se transporta a alta tensión y baja intensidad de corriente) en los seres humanos?
¿En una línea de 400Kv, cual es la intensidad en Amperios? ¿Cuál es la intensidad del campo electromágnetico creado por esa intensidad? ¿Hasta que distancia de la línea, el campo electromagnético puede traer graves consecuencias para las personas que intereaccionen con él?

¿Sabes o saben cual es el umbral de campo electromagnético que las personas pueden resistir sin que sea perjudicial para su salud? Según esto: ¿A que distancia deberían estar las líneas de las casas?

Anónimo dixo...

Estudio de la Universidad de Vigo acerca de los campos electromagnéticos creados por las líneas de alta tensión (página 2).

http://webs.uvigo.es/carrillo/publicaciones/1999_HispaLusas_Campos.pdf

Interesante la parte de CONCLUSIONES

Anónimo dixo...

http://www.cofis.es/pdf/fys/fys10_03.pdf

Estudio todavía más interesante acerca de los riesgos que producen para la salud, las líneas de alta tensión.

Anónimo dixo...

Cando Nicola Tesla inventou a corriente alterna e tamén a alta tensión, fixoo para ter menos perdas de enerxia.
As torres de alta tensión son máis baratas que enterrar as liñas de alta tensión, o cal hoxe en dia xa e técnicamente posible.
As liñas de alta tensión soterradas dan menor radiación electromagnética que as que utilizan torres aéreas.

Ata aqui os feitos obxetivos. Agora miña opinión persoal:

Parte práctica: collede a barra dun fluorescente e poñedea debaixo dunha liña de alta tensión. Star Wars en vivo.

Hay estudios como o exposto que din que non pasa nada, pero despois de leelo vexo que non inciden suficientemente no concepto de electropolución acumulada. O doutor Castroviejo ten feito un informe dos efectos na saude sobre a radiación electromagnética ( baixar informe en formato PDF )
E coma estar o sol, un dermatólogo dirache que se "consumes" moitas horas da pel o sol cando eres novo, teras menos "créditos solares" cando sexas máis maior. ¿pasa isto coa radiación? Coido que si.
Denis Henshaw pensa que a alta tensión afecta, pero so na forma de ionización . E coñecido que a alta tensión provoca ionización (so tedes que mirar as características dun sinxelo ionizador doméstico para comprobar como funciona), e Denis suxire que a verdadeira causa da contaminación e un exceso de ionización local.


Barras eléctricas cortou as árbores de Pedro Murias en troques de soterrar a liña, Barras eléctricas e quen manten unha deficiente calidade do suministro: dela non me fio.

Durará pouco a enerxia barata. Suliño a necesidade de equiparse con placas fotovoltaicas e aeroxeneradores pequenos. Para quecernos, a biomasa galega bastaria.

Respecto o tratamento dos residuos: e unha boa oportunidade para a reciclaxe e o negocio. Canto máis se encarezan as materias primas, máis valor se lle dara o lixo, coma antes. O dos veciños e tremendo, pero tamén e un feito que hay moitos centros de lixo no que o que fan e queimar todo e lanzar dioxinas. Como digo, centro de lixo si.

Co da biomasa: se todo sigue a encarecerse, serei eu quen roce os montes gratis a cambio de quedarme coa biomasa. E co tempo os donos das fincas cobraran para deixar usar esta biomasa.

Como digo, e a miña opinion, agradecese ter posto a fonte, sempre e bo contrastar opinions.

Anónimo dixo...

Las líneas de alta tensión no se pueden soterrar, por el enorme diferencial de tensión que se crearía entre el terreno y la línea, y las consecuentes corrientes inducidas en el terreno que se crearían. Las líneas que se soterran son líneas de menor tensión (por ejemplo las líneas que llevan la tensión a los edificios en una ciudad o en algún pueblo). El suelo tiene minarles y tiene una determnada resistencia (si su resistencia fuera 0, entonces si se podrían soterrar las líneas de alta tensión sin ningún problema consecuente).

En cuanto a lo de energías renovables que comenta (Yo estoy diseñando un seguidor solar de 2 ejes de gran precisión). La energía fotovoltaica no es rentable para el norte de la península (el precio del kw/m2 de los paneles es todavía muy caro, y más ahora que el gobierno (con sus grandes luces) bajó sustancialmente el precio del kw producido por las instalaciones fotovoltaicas, lo que hace disminuir su rentabilidad).

En cuanto a la biomasa: ¿Se va volver cara la biomasa? La biomasa se hace más elementos que la maleza del monte. Donde yo trabajo, tienen una caldera de biomasa de 32MW, y cnsumen los costeros, astilla demasiado pequeña (que no puede ser utiliza en el proceso en el digestor), madera demasiado vieja (la cual no tiene el mismo poder calorífico que la nueva y no puede ser utiliza en el proceso). La biomasa no se va encarecer.

----
Recuerdo ahora hace unos meses donde unos vecinos que viven cerca de donde trabajo, decían: "Como contamina esa fábrica, vaya humo que echa" ¿contamina? Si es vapor de agua que se genera en el secado de la astilla, en fín. Ya me entendeis, supongo.

Un saludo

agremon dixo...

Coido que o debate entre Mariano e 'Luisito' pode ir abondo máis aló. Pero sería bo distinguir entre cuestións técnicas e cuestións sociopolíticas. afecta a ámbalasdúa cousas.