20090127

Continuamos?


O temporal pasou. Os destrozos quedan aínda por moitos lugares (á beira, o tellado de AROMAR caído). As queixas, tamén. Que se pode mellorar a resposta, evidente. Que non estabamos preparados, tamén. Que hai un século os destrozos terían sido vistos doutro xeito totalmente diferente, tamén, tanto pola importancia relativa que terían como pola capacidade de respsota da xente sen electricidade ou teléfono. Háse falar máis aínda. Pero coido que xa é tamén cousa de pensar no presente, e, por exemplo no blog, seguir co comentario do pleno, que aínda teño sen rematar.
A iso vou.
Punto oitavo do pleno do luns pasado: Plan sectorial. Este punto levou ó salón a moita xente coa moción da oposición á que se sumou o goberno. Collín tres páxinas de apuntes sobre o punto, que resultou ser longo, pero canto máis miro ós apuntes, máis o vexo como un ida e volta de dimes e diretes entre goberno e oposición. Quedoume craro polo medio que falta traballo de todo o mundo, goberno e oposición: uns non miran o DOG, outros a moción, e poucos o que o fan co se sabe do plan, que tampouco é moito. Que houbo opacidade é un feito. Que houbo incomprensión, está séndoo. Que cando se comezou a mover o tema foi polos 6 €/m2 e se acompañou rápidamente con diversas outras cousas (coas que en xeral estou de acordo), tamén está craro para min. O que quedou menos craro foi a mesma moción en si e o apoio do BNG á mesma. Atrás tamén quedan os desplantes e faltas de colaboración diversos, máis ataques que defensa de intereses xerais. Déronse situacións diversas, fintas entre concelleiros que soen ter lugar en moitas ocasións tentando ser máis guais que o outro pero sen aportar nada novo. Un exemplo, que prácticamente rematou o punto: -'que se pretende que faga o alcalde?- preguntou o interesado. -... vir para cobrar a dieta- escoitouse polo baixo nunha esquina da opsición. Asemade, aínda que saiu polo medio da discusión, non sei se queda suficientemente patente que polo momento non hai PEPRI nin PXOM, e que en consecuencia hai dende anos un auténtico colo de botella en Ribadeo en relación ó urbanismo que pode dar lugar aínda a máis inconvintes. Quizáis o punto álxido do pleno acadouse cando o alcalde explicou (máis ben tentou, pois o único que quedou foi o que se quería explicar, non a explicación) que a xente tomou mal o dato, que non son 6 € o que se pretendía pagar, senón 75 €, cifra algo diferente. A xente non se foi de xeito inmediato, pero marcou o que comezara a saír pouco a pouco. Craro que tamén hai que dicir que xusto a continuación foi cando se comezaron a dar as últimas fintas e se rematou pouco despois co voto unánime favorable á moción.
Punto nove, Grupo de Acción Costeira. Meteuse por urxencia e o seu tratamento pareceume de risa. Pero acábaseme o tempo. Queda para despois.

Ningún comentario: