20090131

Folleto do entroido 2009 que se achega


Unha semana e un día

Parece que xa se rematou, que todo o mundo ten xa luz na zona: 'e a luz fíxose'. Fixo falta unha semana. É abondo tempo. Por iso Consumo recomenda reclamar. E di como facelo. En contra, Fenosa esta mesma semana fixo públicas cifras récord de beneficios (a ter conta de que noutras zonas aínda quedan viciños sen luz). As administracións tiran pedras unha sobre do tellado das outras. E novamente Fenosa mete o dedo ou a pata acusando a consellería de Industria polo tema das novas licenzas eólicas (ata aí, todo podería ir ben) distinguindo que 'está contenta' co PSOE' e 'non está contenta' co BNG. E din que non se esperan moitas reclamacións porque os galegos son comprensivos. Tamén outras opinións achacan (máis ben diría, 'cargan contra') boa parte das culpas polos danos a continuación do temporal á dispersión territorial de Galicia. En parte, dificulta, si, pero ata o extremo no que nos atopamos, non.
De dispersión territorial tamén se encarga a Conselleira Caride, que terá que prologar ata o 2010 a prohibición de construcción nos primeiros cincocentos metros de liña de costa por non ter preparado antes das eleccións o Plan do Litoral. Parece que agora non reclamará moita xente esta ampliación, pois a construcción xa está de por si de capa caída.
Mentres, o novo aviso de temporal parece que en Ribadeo queda copiosas choivas, aínda que a "cousa", o punto álxido váise retrasando ata esta noite... no que en Ribadeo non hai previsto nin choiva, e só un vento medio.
A concellería de Medio Ambiente comeza a repartir ata vinte depósitos de compostaxe a quen o pida. Pode ser un primeiro paso . Non vexo un aviso dun cursiño de formación mínima para facelo, e paréceme raro; coido que debera acompañar o reparto para facelo ben.
A nivel internacional, Israel remata de facer co Goberno Central algo así como Fenosa coa Xunta: tentar unha división maior entre xuíces de Goberno. A base, un cambio legal que esperemos que non sexa tal.
Hoxe, Asamblea de O Tesón.

20090130

Os 170 da fama

Anuncian que aínda seguen 170 familias sen luz. E vai para unha semana. No mesmo xornal, Begasa anuncia roubo de gasoil dos xeradores. Mentras unha nova fala de resistencia á vella usanza e ineficiencia nas empresas, a outra inclúe a picaresca de sempre, mentras avisan de novos ventos. Anuncio que en Ribadeo non se ve acompañado da predicción meteorolóxica para estes días, o que fai preguntarse de novo por como se toman as decisións, lembrando o que pasou cos escolares o vennres pasado.
Mentras, comeza a festa en Madrid, con Fitur, onde onte algúns hostaleiros viveirenses déronse conta de que isto das tres mariñas é un reino de Taifas, alomenos para algunhas cousas (aí está apra lembralo ese monumento do xa vello edificio do parque de bombeiros comarcal): Viveiro non pertence á delegación mariñán e non poideron deixar os seus folletos cos dos hostaleiros de Foz ou Ribadeo, mentras as novas apuntan a que o turismo na zona seguirá tendo tirón (aínda que ben seguro non tanto como o pintan desde Madrid co motivo da Feira). E é que é doado ver as cousas ben dadas cando se dan determinadas circunstancias, como por exemplo, se é político a están achegándose unhas eleccións nas que intervir.
No comentario anterior podería inscribirse a nova de que o próximo ano, a comezos, espérese inaugurar o parque industrial de Ribadeo. Hai todo un ano e xa está adxudicado, polo que sae xa a nova na prensa. De calquera xeito, a precaución fai que polo medio do titular, quede un 'podería', e non é estrano se se ten que construír unha subestación eléctrica aínda para alimentar as 18 Ha e aínda non se ten nova nin de por ónde se pretende pasar a liña eléctrica por onde se lle quere facer chegar a corrente. Todo pode ser, pero evidentemente, hai cousas difíciles, e que o polígono esté coa liña de saída para o funcionamento de empresas dentro dun ano é unha delas. Que se inaugure, isa é outra cousa diferente. Por certo, que chama a atención que na adxudicación se aforraran 1,7 M€, quedando ó final en 4,2 M€, un aforro de case o 30% sobre o prezo de saída en plena crise da construcción. Non ter por que ser unha má nova, nin moito menos, pero pásaseme pola cabeza o edificio parado no CIFP Porta da Auga dende hai xa máis dun ano pola quebra dunha das empresas da cadea da concesión, unha subcontrata.
E, mentras, Ribadeo segue anunciando inversións autonómicas. Para o Camiño norte, o albergue de peregrinos na r/ Trinidade, por exemplo, ou o remate das obras da r/ Deputación, aínda que iso ... cando algo tarda tanto, cando chega é normal ser incrédulo.
Máis lonxe, anuncian que en Galicia aínda quedan varios miles de familias sen luz (as 170 son na Mariña) e a nova curiosa do contrato de 33 porteiros para un edificio con dúas -2- portas. Moito máis lonxe, por primeira vez se ven máis novas do Foro Social Mundial na prensa que do Foro Económico Mundial de Davos, o que non deixa de sorprender depois de estar a economía omnipresente nas novas do ano pasado.

20090129

Bicentenario da batalla de Arante

Hoxe fai 200 anos que tivo lugar a batalla de Arante. Recollo algunha cita:
"
Ano 1809.
O 25 de xaneiro deste ano pasou a Ribadeo, dende Mondoñedo, onde chegara o día anterior, M. François Fournier, xeral do Imperio francés. Viñan con el 150 homes, 'os que á súa chegada esixiron de todas as aldeas do arredor pan, carne, viño, ovos, palla, cebada e leña, en tanta cantidade, que se se calculara o seu número polo de racións, sería inconsciencia negar que 2 000 compoñían aquela partida' (1).
O presidente da Xunta Local de Goberno saliu a recibir ós franceses, por indicacións de persoas sensatas 'e para o mellor ben do vecindario, pois doutro xeito tentaría na entrada como están afeitos, cos horrores de mortes, incendios e máis aque é ben sabido usan' -segundo as verbas dun escrito do escribano D. José Álvaro de Vila.
Fournier estableceu o seu cuartel xeral no Convento de Santa Clara, obrigando ás monxas a saír do seu retiro e a refuxiarse en casas particulares. Acompañado dalgúns individuos da Xunta, empeñados en librar a Ribadeo dos desastres da guerra, persoouse na Casa Consistorial e proclamou rei de España e das Indias a José Napoleón; e o día 29 comezou o regreso a Mondoñedo polo camiño que pasaba pola Nosa Señora da Ponte. Neste punto foi atacado por 200 paisanos capitaneados polo alcalde de Gante, D. Melchor Díaz de la Rocha. Tivo Fournier cinco mortos naquela refrega.
'Ó día seguinte acometeron os franceses pola dereita de Quintalonga e foron rexeitados polos 120 homes que defendían o dito punto, quenes lles feriron varios dos seus soldados, mataron un cabalo e apoderáronse doutro. O 31 do mesmo mes ataca o inimigo com aior tesón e forza o camiño da Ponte, atopando alí a maior resistencia, pois os nosos paisanos matáronlles 19 dos seus soldados, feriron outros moitos e obrigáronos a retirarse a Mondoñedo. Recibidos por Fournier os considerables reforzos que pedira a Lugo e Ferrol, foi prudente medida dos nosos paisanos abandoar o cordón, logrando entón só os franceses voltar a Ribadeo, . Non embargantes, receloso Fournier de que os nosos campesiños voltáranse reunir, evacuou o país en poucos días.' (2)
(1) PARDO DE ANDRADE: Los guerrilleros gallegos, tomo I"
(2) AMOR MEILÁN: Geografía del Reino de Galicia.-Provincia de Lugo". Copia traducida de 'Ribadeo Antiguo', de Francisco Lanza, Edicións do Castro 1991, p 313-315.
Unha nota: os viciños que se atoparon eran de sete parroquias dos actuais Ribadeo -Cubelas, Cedofeita, Arante e Ove- e Trabada -Sante, Vidal e Balboa-
No libro pon Gante por Sante
Este episodio lémbrase cada ano no mesmo lugar, na romería de As Cruces, se ben ista corresponde ó calendario relixioso nos meses de maio-xuño.".
"Venancio Buroz 1794-1813. Patriota venezolano que combatió a las órdenes de Simón Bolívar y encontró la-muerte en la batalla de Arante, en la que se distinguió grandemente". En http://enciclopediafacil.com/arbol/v/Venancio_Buroz_Biografia.shtml.
O concello remata de dar nota de diversos actos para a conmemoración.

Axenda cultural do trimestre


Remata de chegarme a axenda cultural do trimestre actual...

Votación sobre Augas Santas

Recibín un aviso que deixo, aínda que coido que interpreto as cousas de xeito diferente a quen mas mandou:
"
GALEGOS A VOTAR !!!!!!
VEÑA Q GAÑAMOS!!!
Telecinco ha propuesto un concurso para elegir el mejor monumento natural de España. Hace un par de dias la Playa Lucense de las Catedrales pasó a a los 8 finalistas, ahora hay que votarlas en:
http://www.telecinco.es/informativos/sociedad/monumentos_final.shtml
(Hay q marcar las 5 estrellas, por si hay algún despistado...)
Ale, a pasarlo y a votarrrrr!!!
VIVAMOS COMO GALEGOS
"

Primi, Mª Antonia, Telva, Mª Luz, Matilde




Foron as protagonistas dun acto entrañable, o que significou o contar via as novas tecnoloxías un anaco das súas vidas, aderezado con fotos a modo de lembranza e con música de fondo. Unhas 50 persoas estaban no auditorio Hernán Naval onte á tarde para escoitar e ver eses trazos recollidos dende a madurez. Pode que nada especial, pero si visto na súa perspectiva, que resultou contaxiosa para quenes as arroupamos pola intensidade que resultou da transmisión. Foi o resultado unha seire de cursos para maiores de 50 (anos) da rede da Sociedade da Información, dependente da Consellería de Industria. Houbo un acto previo, unha presentación de Helena Veiguela como representante político promotor, rodeada de alcalde, a xefa do tema, e a concelleira da muller, pois diso ía o título: memoria de muller. A destacar que unha delas, Primi, xa é experimentada articulista e escritora en xeral; ver por exemplo aquí, pero o resto son descoñecidas contando as súas experiencias.
Xa digo, sen ser nada especial, recolle anacos de vida que coido que gustará ver. Polo que falei despois, espero que a presentación será colgada en internet sen tardar demasiado. E que a experiencia, evidentemente didáctica e practicando iso de que o que se practica apréndese mellor, repetirase dun xeito máis xeral, non só para mulleres.
E mentres Ribadeo é alimentado segundo parece dende Asturias, aínda quedan núcleos sen luz, e os alcaldes mariñanos van facer turismo a Fitur, onde de seguro que non aparecerá o DVD presentado onte. E tamén xa van a boa marcha as reclamacións. Aí está a entrevista a Alberto Moledo que trae hoxe a prensa e que me fixo pensar nun punto concreto: as indemnizacións do sábado noite pedidas polos pub, cos xeradores funcionando.
En fin, está avisado un novo temporal que entraría xa hoxe. Deixo as previsións de meteogalidia e aemet á beira, pois aquí non parece que vaia ser tal.

20090128

Plan anticrise

Por aquí sábese dos fondos do plan anticrise "de Zapatero" polas novas de prensa que van saíndo e aclarando se no rural ou no pobo se van facendo cousas; hoxe na prensa sae que en Mondoñedo a resolución vai ir a pleno. Coido que non representa moita mellora na difusión e no contar cos viciños se só se reduce a un paso máis que o que se leva dado aquí, pero é iso, un paso máis nesa difusión que é tan necesaria das ideas e plans de quen nos goberna en relación ós gobernados.
Mentras, como adiantei luns, as protestas pola falta de subministro eléctrico seguen a medrar sen que se restaurara a luz en tódolos lugares da xeografía. Mesmo xa se fixo vella a nota de prensa do concello cunha primeira avaliación de danos na que se incluía tanto a caída do tellado (foto de 'continuamos?') de AROMAR como os desperfectos no da piscina municipal. Xunto con esa nota de prensa foi difundida tamén outra notificando a apertura da OMIC horas extra para canalizar as queixas 'dos negocios', pois chama a atención que se trate da Consellería de industria e que poña específicamente ise tema, o dos negocios, sen abranguer aparentemente segundo a nota ós particulares. De calquera xeito, coido que os particulares tamén deberan reclamar. E faráno.
Mentras, en Ribadeo hoxe queixaranse outros negocios, pois é mércores e seguirá sen haber mercado. Por certo que mentras Fernando Suárez, o alcalde, adianta que só baixará as cotas se lle obriga o pleno, UPRi e PSOE aceptarían (parece que propoñerán) pasar de 2,70€ a 0,40€ / m2, e xa veremos se PP a partires dunha xuntanza que haberá mañá. Se o baixan, coido que tería que ser unha baixada de taxas xeralizada, pois haberá outras queixas que atender. Non dispoño do gráfico que indique como subiron as taxas dende que está en marcha a xa non tan 'nova' ordenanza do mercado hai varios mandatos, pero dubido que subiran máis que o resto; se cabe, abondo menos que outras, como as taxas da Escola de Música, que tiveron este ano unha suba considerable.

A imaxe, tomada en pleno temporal, non parece que diga nada extraordinario do mar nese momento; non embargantes, estaba furioso. Algo así como a calma do temporal.

20090127

Continuamos

... quedabamos na anterior entrada no pleno do luns pasado, no punto correspondente ó Grupo de Acción Costeira. Resulta que, despois de estar coleando o tema por asociacións diversas (chegou información/propaganda por exemplo á A.C. Xerfa de Ribadeo) ó longo de todo o trimestre pasado, introdúcese o punto con urxencia. A cuestión era básicamente o estar no grupo e os representantes a nomear, xunto coa facultade para realizar os trámites correspondentes. Respecto ó estar, todo o mundo pareceu de acordo, aínda que houbo un pequeno galimatías coa introducción, o estar dacordo con ela, e o estar dacordo coas propostas relativas incluídas nela. A cousa dos representantes foi a curiosa, pois comezou o alcalde dicindo algo así como que tiña unha proposta, pero como sabía que a ía botar abaixo a oposición, entón non a presentaba.
Ó final quedaron dúas propostas sobre a mesa, asumindo unha que o representante titular sería o alcalde e o suplente o portavoz da oposición, que saíu adiante con 8 votos e 5 abstencións, fronte á proposta de UPRi que plantexaba unha alternancia no posto entre PP e PSOE, e que votaron a favor os membros desa formación, con 7 abstencións e 4 en contra. Para min foi unha moción divertida dende o comezo, co xeito de introducción á présa para non quedar fóra o concello dunha asociación que implica o administrar algún carto europeo (aínda que non direitamente para o propio concello)
O punto 10º tamén foi introducido de urxencia a petición do PSOE. Unha proposta do PSOE pasada xa por entrada o 14 de novembro para que se desbroce máis o talude da atalaia para ver se hai máis muralla. Evidentemente, non houbo discusión, máxime cando paga Costas, e aínda que hai outras propostas anteriores doutros grupos sen pasar aínda polo pleno. Chama a atención que se lembren agora da muralla cando xa se sabe que alí hai máis muralla, non importou o da muralla para a proposta do ascensor que se construirá ou cando algunha parte da mesma muralla na rúa que leva o seu nome foi maltratada na época de gobernanza do partido propoñente (ver, por exemplo, 'abre a muralla', 'o día despois' ou 'Ribadeo, novas e obras'). Tamén se ve claramente a urxencia do punto...
O último punto, rogos e preguntas, foi longo. Quedareime só con algunha das feitas:
Ingresos por ocupación de espazos públicos? 93 623 € no 2008, sen especificar se foron debido a terrazas, obras, ... ou a todo en conxunto.
Licenza de mármores e Granitos Eo? Afectada por unha sentenza por molestias ós viciños, nada escoitei de modificacións próximas. Si se está a facer un seguemento do tema, con 13 informes de control no 2008, entendendo feitos de motu propio polo concello. Unha nota persoal: se non entendín mal, evidentemente hai clases e clases de consideracións das diversas actividades por parte do concello, como se pode ver polos 13 informes neste caso.
Antena en Sta. Cruz. Quedou no tapete o ver se ten licenza ou non, e a petición de que se peche para que non se poda acceder a ela.
Obras no parque de Indianos: están rematadas, esperando pola inauguración do conselleiro (como deixei reseñado, xa está aberto)
Retraso na finalización das obras en r/Calvo Sotelo: 'choveu'
Sentenza de derribo non aplicada aínda: Estase movendo: o alcalde está ameazado de ser encuasado polo penal se non se executa. (ver http://ribadeando.blogspot.com/2008_04_01_archive.html ou http://ribadeando.blogspot.com/2007/05/rolda-de-prensa-sobre-o-urbanismo-do.html por exemplo)
Onde está o vello camión do lixo? No punto limpo dado de baixa.
Que medidas se tomaron en relación do derrumbe de Rochas Brancas? Non é tema municipal, aínda que se está sobre elo; contactouse coa delegación de costas e con TRAGSA.
Liña de alta tensión nobva? Deben estar a piques de entregar o trazado en industria.
Solucións para a xente que ven de fóra e non ten disco de aparcamento e non saben onde conseguilo.
Funcionamento do mexadoiro de king kong? A falta do boletín de enganche.
E, xa fóra do pleno, a contestación ás preguntas de O Tesón:
Non hai problema polo regulamento de participación cidadá. A cantidade de traballo impeiuno ata o momento.
Xardín e parque: foron respondidas preguntas semellantes a grupos políticos no úlñtimo punto da orde do día.
Carpas no parque: non existe lugar alternativo que o alcalde saiba, e é cousa de poñelas onde se vexa, non no porto. sobre o tema dos destrozos causados por elas no parque non se contesotu ren.
Mercado: Non se ten pensado cambiar o mercado de sitio, se ben se pensa nunha ampliación por R. gonzález e Reinante, ata o límite que o permita o deixar libre a entrada dos garaxes.

Continuamos?


O temporal pasou. Os destrozos quedan aínda por moitos lugares (á beira, o tellado de AROMAR caído). As queixas, tamén. Que se pode mellorar a resposta, evidente. Que non estabamos preparados, tamén. Que hai un século os destrozos terían sido vistos doutro xeito totalmente diferente, tamén, tanto pola importancia relativa que terían como pola capacidade de respsota da xente sen electricidade ou teléfono. Háse falar máis aínda. Pero coido que xa é tamén cousa de pensar no presente, e, por exemplo no blog, seguir co comentario do pleno, que aínda teño sen rematar.
A iso vou.
Punto oitavo do pleno do luns pasado: Plan sectorial. Este punto levou ó salón a moita xente coa moción da oposición á que se sumou o goberno. Collín tres páxinas de apuntes sobre o punto, que resultou ser longo, pero canto máis miro ós apuntes, máis o vexo como un ida e volta de dimes e diretes entre goberno e oposición. Quedoume craro polo medio que falta traballo de todo o mundo, goberno e oposición: uns non miran o DOG, outros a moción, e poucos o que o fan co se sabe do plan, que tampouco é moito. Que houbo opacidade é un feito. Que houbo incomprensión, está séndoo. Que cando se comezou a mover o tema foi polos 6 €/m2 e se acompañou rápidamente con diversas outras cousas (coas que en xeral estou de acordo), tamén está craro para min. O que quedou menos craro foi a mesma moción en si e o apoio do BNG á mesma. Atrás tamén quedan os desplantes e faltas de colaboración diversos, máis ataques que defensa de intereses xerais. Déronse situacións diversas, fintas entre concelleiros que soen ter lugar en moitas ocasións tentando ser máis guais que o outro pero sen aportar nada novo. Un exemplo, que prácticamente rematou o punto: -'que se pretende que faga o alcalde?- preguntou o interesado. -... vir para cobrar a dieta- escoitouse polo baixo nunha esquina da opsición. Asemade, aínda que saiu polo medio da discusión, non sei se queda suficientemente patente que polo momento non hai PEPRI nin PXOM, e que en consecuencia hai dende anos un auténtico colo de botella en Ribadeo en relación ó urbanismo que pode dar lugar aínda a máis inconvintes. Quizáis o punto álxido do pleno acadouse cando o alcalde explicou (máis ben tentou, pois o único que quedou foi o que se quería explicar, non a explicación) que a xente tomou mal o dato, que non son 6 € o que se pretendía pagar, senón 75 €, cifra algo diferente. A xente non se foi de xeito inmediato, pero marcou o que comezara a saír pouco a pouco. Craro que tamén hai que dicir que xusto a continuación foi cando se comezaron a dar as últimas fintas e se rematou pouco despois co voto unánime favorable á moción.
Punto nove, Grupo de Acción Costeira. Meteuse por urxencia e o seu tratamento pareceume de risa. Pero acábaseme o tempo. Queda para despois.

20090126

Nota de prensa de O Tesón en relación ó apagón

Esta mañá a primeira hora foi enviada ós medios a nota de prensa que aparece no blog de O Tesón. Con posterioridade, aparecían nos medios diversas reclamacións.

Despois do temporal

Visto as novas de prensa, a situación non é mi boa. E, despois de ver os destrozos polo temporal, a xente comeza a ver outras cosas como a tardanza en restablecer a corrente eléctrica. Para comezar a semana deixo a ligazón a un artigo sobre reclamacións a compañías de servizos, que soe ser un suplicio, aínda que se pasara un suplicio pola súa culpa. E, voltando á crise económica, por iso das solucións, un parágrafo do artigo de Bárbara Prost Solomon no El País onte:
"1. Non se descobre un delito de colo blanco a base de fochicar en auditorías. Primeiro hai que estar convencido de que existe un delito e logo procurar as auditorías para comprobalo, non ó revés. 2. É necesaria unha gran motivación para soportar a humillación de que a un o tomen por tolo. 3. O máis importante, hai que aprender a sortear os mecanismos do sistema (calquera sistema). Os que denuncian cousas non lle caen ben a ninguén".
... Así resulta que unha crise que comezou sendo comentada como 'o fin do capitalismo' vai resultando ser un fortalecemento dos capitalistas por transferencia de recursos da xente máis pobre; que ten os mecanismos para poder descobrir os delitos e aplicar os correctivos, se os descobre, remata aplicando o que se podería chamar anti-correctivos, unha especie de recompensa por facelo mal. Ou sexa, un Guillelme Tell ó revés.
Pero non só é aplicable o tema da crise económica, senón a outras cousas como por exemplo, as asociacións de veciños que non se integran no propio sistema.

20090125

54-24: efectos do vento


54, número de visitas do blog o sábado hai 15 días; 24, onte. Iso implica máis ou menos que a xente que visita o blog é maioritariamente de fóra de Ribadeo. Os residentes de Ribadeo non poideron facelo onte; a luz retornou cara ó medio día de hoxe (á casa, ás 14)
O venres á mañá escribín 'Previsión e principio de precaución'. A gráfica adxunta da o vento cada dez minutos e a punta de vento en cada un deses intervalos na Pedro Murias o venres, no tempo de clase normal. Coido que menos do 10% dos alumnos mariñáns teñen clase un venres pola tarde, e o tempo mantívose estable ata despois da hora de saída normal das clases, logo houbo sobreprecaución para evitar culpabilidade.

En troques, debaixo pódesse ver a gráfica correspondente ós mesmos datos pero de varios días, todo o xoves, venres e sábado. Vése que precisamente o tempo qeu se deixou sen clase ós alumnos foi o máis clamo destes días, xunto con parte do día de onte. Tamén se ve que pouco antes da medianoite de venres a sábado os refachos acadaban a máxima intensidade, algo máis de 30 m/s, isto é, do orden dos 110-115 km/h, non pasando a velocidade media en cada período en ningún caso dos 70.
É dicir, enfrontámonos a un temporal forte, pero pouco que ver co que pode chamarse temporal noutras zonas.
Aquí chegou para que a luz estivera cortada 40 horas e que os danos ós comercios foran abondantes, que se notara nas casas, tirara algunha que outra árbore, etc. Agora virán as reclamacións. Por certo, coido que o grupo mellor organizado para capear os efectos do temporal foron os pub, pois se ben a noite do venres non tiveron tempo material a organizarse, o sábado á noite puxeron a funcionar xeradores de tal xeito que ó ruído normal sumábase o dos aparellos: non deixaba de ser unha noite rara. Claro que a noite foi escasa en visitantes.
Seguirase a falar desta tormenta durante un tempo. As ondas de 20 m na costa vasca non se deron aquí, pero os efectos abondaron para lembrar.

Primeiro prato, algunha foto






Unha árbore caída nas Anzas. Foi tumbada polo vento e ós viciños da casa da beira nen se enteraron. O lugar non di que sexa ventoso nin moito menos, nin da mostras de estar desprotexido (en ladeira, con casas á beira, ...), pero o tamaño da árbore xa di algo.

De volta ó século XXI

... despois de 39 horas sen luz, voltou. Mesmo hoxe, falaremos.

20090123

Unha foto de Augas Santas


Unha foto que chegou por correo electrónico da zona da baixada para Augas Santas (Catedrais).

Previsión e principio de precaución


Hoxe a consellería de Educación decretou día sen clase. Anoite extendíase a nova teléfono a teléfono entre profesores e alumnos. O motivo parece ser que é a mala previsión do tempo. E polo momento, ben mala, pois fai menos vento e menos frío e menos choiva que moitos outros días.
Non é a primeira vez que pasa, isto de cortar as clases no último momento. Tampouco deixa de ser habitual entre os días que se cortan as clases na Mariña, que despois faga un tempo bonancible. É máis ben raro que despois de cortarse as clases, faga un tempo desapacible extremo. Pero parece que prima o principio de precaución.
O principio de precaución di (versión miña, quizáis algo misturada co 'principio de prevención') que unha determinada actividade non debe facerse se hai dúbida razonable de que pode ser perxudicial a nivel xeral. A cuestión está no 'razonable' e o seu cálculo. Ambos extremos de aplicación, cando se coñece unha certa probabilidade e o principio aplícase cando é moi baixa, ou ó revés, cando se espera a que sexa moi alta, son perxudiciais en xeral. E diríase que Educación está aplicando o raseiro baixo, para non ter responsabilidade sobre posibles accidentes en caso de mal tempo. Pero aquí ven o tema do prexuício subsecuente: cando se suspende unha actividade, prodúcese o perxuízo da súa inexistencia, en particular se é un servizo público como a educación. E a suspensión de clases tamén implica unha responsabilidade a non ser que a educación non se considere como valor. O caso é, ¿considérase?
Se se considera, coido que habería que sopesar mellor do que se está a facer os días de suspensión de clase.
... Claro que hoxe mesmo recibín un comentario en 'Granizada' precisamente falando do mesmo tema a nivel de previsións do tempo e en sentido contrario.
... e que hoxe a prensa trae que onte o vento causou perxuízos en Ribadeo.

20090122

Don Antonio Raimundo


    Este ano 2009, a parte de ser o ano internacional da Astronomía e a adicación da ONU ó gorila, tamén é o ano commemorativo do bicentenario do pasamento de Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. A primeira xuntanza de coordinación entre os concellos afectados tivo lugar onte nos Oscos. Os resultados parecen ser polo momento a creación dunha comisión, da que se lle pensa iofrecer a Isaac Díaz Pardo a súa presidencia. Parece que os actos van algo despacio, pero a idea non é mala.
    Seguindo co pleno do luns (tamén aquí), o 5º punto foi a aprobación da conta xeral do exercicio 2007 (atención, non 2008!), que se aprobou con abstención de UPRi por falta de datos ó non estar no consistorio a primeira parte do ano.
    Na memoria orzamentaria do 2008 (2º punto, polo tanto, vista con anterioridade á aprobación do 2008), UPRi preguntou por un montón de números diferentes, que fixeron saír á vista algunhas curiosidades, como os 8 000€ para clases para inmigrantes ou os 300€ para luz para a Casa da ría, que segue pechada. Naturalmente, houbo diversas fintas verbais, como a congta da casa da ría, pero 'nada grave'.
    A aprobación de taxas e impostos no 2009 (punto 6º) foi liquidada cos votos en contra de UPRi, quen ademáis fixo comentario de que o trema relativo á praza de abastos conviría deixalo sobre a mesa, sendo respondido que unha cousa son as taxas e outra as ordenanzas. en fin, os impostos e taxas foron subidos.
Sobre o 7º, o Regulamento de Réxime Interno do Hospital Asilo, xa se traía todo falado, aceptado algunhas alegacións e denegando outras, sen saber o público cales si e cales non polo momento (como xa dixen noutro post anterior). Foi aprobado asemade coa abstención de UPRi. E teño ganas de saber como quedou o RRI e o contrato tipo, que ía adxunto. As alegacións do Tesón, o mesmo que de outros grupos, non eran para botar atrás coido que ningunha; todo o máis, de discutir como acollelas...
    Remátase o tempo por hoxe e aínda queda moito pleno que comentar. Seguirá.
A foto, da Ponte Vella, en Rinlo.

20090121

Novas do día




Algunha nova do día: Mario Coto, novo presidente do CN (ver a entrada correspondente a continuación). O Xardín de Xela/parque de indianos, aberto este mediodía (a el pertencen as fotos á beira) tan só dous día despois de que O Tesón preguntara por el no pleno (tamén o fixo o PSOE). Diversas reparacións pequenas, como no mesmo centro das catro calles están sendo levadas a cabo, a pesares (esta vez, ó contrario da anterior) de teren sido reclamadas tamén outras con máis antelación pola mesma asociación por exemplo, na zona dos institutos-cuartel. Por suposto, hoxe non houbo mercado, e ó non ser tratado o tema en pleno, é de supoñer que a cousa vai para longo, a pesares de que a polémica móvese.

Granizada

    Hoxe, coas novas, quizais a cousa cambie, pero onte o que máis deu que falar foi a granizada caída a mediodía, que daba lugar aínda cousa de catro horas despois a esceas como a da foto, e no momento a que algunha xente poidera xogar coa neve, como nas imaxes cedidas por Raúl e Cristian. Despois chegaría a investidura de Obama e a votación do clube náutico. 
    E segue a haber os comentarios do pleno (por certo, aquí o resume de José María), de xeito que cousas que poden ser importantes para o futuro de Ribadeo, como a nova denominación de calidade 'PescadeRías', noticiada hoxe tamén nos xornais, quedan fóra de comentarios polo momento, a pesares do seu potencial económico. 
    Así, retornamos ó pleno para engadir algo máis despois do comentario da entrada sobre o Plan Sectorial de Vivenda, que coido é cousa de ver. E podemos comezar polo Ari de Rinlo, punto terceiro da orde do día e que foi aprobado de xeito unánime sen discusión. Por certo que iso, referente á bondade dun tema en particular tampouco é garantía de nada: teño referencias doutros temas aprobados do mesmo xeito e que xa no momento podía analizarse que eran un erro. 
    Posteriormente, unha chamada aportoume o dato de que habería que cotexar os datos cos que foi presentados, que deben incluír un desenbolso privado (enténdase dos viciños de Rinlo ou a quen vendan) de máis de 12M€, o que fai que non cadren as contas. Non podo afirmalo nin desmentilo, pero onte pola tarde cadrou e achegueime ata Rinlo e tomei unhas fotos, incluída unha fonte que parece estar en obras sen señalización e cos restos do picado da parede por alí (a foto do final da testemuña). 
    Por certo, o mar tamén estaba precioso co temporal, pero as fotos non foron demasiado boas...  
    Por suposto, o primeiro punto da orde do día, a acta do pleno anterior, tampouco tivo problema de aprobación. Nin o cuarto, unha serie de licenzas de primeira ocupación. 
    Antes de pasar ós puntos nos que si houbo discusión, comentar que engadíronse dous puntos de urxencia, a participación nos Grupos de Acción Costeira e a representación do concello nos mesmos (punto 9º) e a proposta de desbroce por parte de Costas toda a zona da Atalaia para ver se se ve máis muralla. 
    E das preguntas de O Tesón un apunte: Na primeira, "1. Despois de ter pedido a tódolos grupos do consistorio a creación dun Regulamento de Participación Cidadá, algo que o propio BNG está a pedir en lugares onde non goberna, solicitamos coñecer se o goberno municipal está levando a cabo ou ten pensado desenvoltar algunha iniciativa neste sentido", a contestación é que non había ningún problema, pero a cantidade de traballo polo momento o impediu. 
    Coido que a cantidade de traballo o que fai é ordear as cousas segundo importancia ou urxencia, e isto non debe ser moi importante cando hai un regulamento aprobado inicialmente do ano 90 que non se usou e que xa está sen actualizar por lexislación posterior. Vamos, peor aínda que o que comentaba hai uns días da normativa sobre ruídos.  
    
En fin, un pleno de 165 minutos da moito de si, aínda que a partir das dúas horas a diminución de xente na sala permitira sentarse á xente que quedabamos de pe.

20090120

De obama a Ribadeo

Coido que unha pequena nova sobre Obama pode dar unha imaxe do que se esperaba da páxina web do concello ribadense e ... seguiremos a esperar.

20 de xaneiro, despois da representación, antes da representación



Hoxe, 20 de xaneiro, toma o mando Obama nos EEUU. Haberá representación en Washington retransmitida mundialmente.
Máis reducido, hoxe é a votación para o clube náutico.
Onte, en Ribadeo, tamén houbo representación. Non foi retransmitida, pero a sáde plenos estivo chea. A representación chamouse 'pleno'.
Non houbo novidades no pleno de onte, e si moita xente, parte dela coido que equivocada, pois non se tratou a liña de alta tensión e ía por iso. Outra moita, acertada, pois si que se tratou do plan sectorial de vivenda, e houbo unha boa representación, aínda que con final xa sabido. A moción da oposición foi aprobada unánimente e aquí non pasou nada. Case, que representación, xa digo, hóuboa.
Irá saíndo no blog un debuxo do que pasou, pero a sorpresa non existiu, e si o guión e as fintas verbais propias dos días nos que o salón está cheo. E tamén o alongarse a sesión, que rematou ás 10:45 faltando aínda a contestación ás preguntas da AVV O Tesón, que a houbo por parte do alcalde.
Máis desapercibido pasou a aprobación do RRI do Hospital ou da suba das taxas, actuando tódolos grupos como unha especie da apisonadora onde non se sabe que alegacións se incorporaron ó regulamento e cales non (haberá que esperar a publicación dun documento que en teoría alomenos, entrará en vigor de xeito retroactivo ó 1 de xaneiro), e dando por sentado que as taxas hai que subilas e punto (mención a parte, o tema das taxas do mercado, cun escarceo de UPRi do que haberá que falar)
En fin, coido que máis dunha contradicción que tentarei expor.
Mentras, e xa que o frío parece voltar neste inverno que xa é atípico, como divertimento un par de gráficos coas temperaturas medias diarias tomadas na Pedro Murias e coa media para cada día, resumida. A notar que o día coa media máis fría do século é o 29 de xaneiro, e o mes máis frío de media, febreiro.

20090119

Preguntas ó pleno de O Tesón

Dende que o conseguiu xa no mandato pasado, poucos plenos se deixaron pasar sen que O Tesón fixera uso do dereito de pregunta, que pretende que sexa ampliado conforme permite (e aconsella) a lei para a participación cidadá. Ver o blog de O Tesón para as preguntas deste pleno do concello de Ribadeo de 19 de xaneiro de 2009.

Casualidade




Hoxe é día de pleno. A prensa lémbrao. O Tesón ten preguntas tamén que facer. A oposición di ó alcalde que se vaia preparando, que vai ser o pleno duro ... cousas dos políticos, que se lles amontoa o traballo: por casualidade collo unha folla de hai tempo con outra información, pero tamén recolle ista: 'As obras do parque de indianos de Ribadeo terminarán en dez días' (p.7 de A Mariña/El Progreso de 29/10/2008). Pouco falta para que pasaran xa tres meses, a polémica pasou, armaron unha fonte decorada, quitaron a decoración e voltárona poñer, as luces encéndese pola noite de xeito fantasma, ... pero está sen inaugurar e valado. Diso non está previsto tratar esta noite no pleno, ás oito. O xoves quitaron outras cousas (mesmo adiantáronse á existencia do informe de ruídos). E aínda así, espérase polémica co plan sectorial. E non é de estranar, var ir xente a ver, e iso non pasa tódols plenos (aínda que debera)
As fotos, dúas diferentes de Ribadeo dende a zona dos oscos e outra dun pico dos Oscos dende o mirador de Aves da ría de Ribadeo, ambas hai uns días, coa neve que aínda non se derretiu de todo.

Un título: "Suma e segue."

Podería ser un título. Pero máis ben parece un lema. Non é ningunha adiviña. Lendo o artigo de Serge Halimi coido que a interpretación do lema está clara. A necesidade de facer algo, tamén. Como responder, que facer, pode que non tanto. Pero se se pode por un grauiño de area para responder ...

20090117

Aquí, como en Hollywood III

Queda a festa da noite, que está a transcorrer. A peli (que xa comentei a raíz dun apunte de Chenchu na entrada anterior) pode ter un bo recorrido. Pero cara a Ribadeo, interno, o recorrido xa está feito e tivo un bo resultado, pois o pobo xirou ó seu arredor. En canto á propaganda que pode facer de Ribadeo, depende do que sexa a súa difusión. Unha das persoas que falou nos actos foi o que se podería chamar 'responsable económico', e foi abondo político. O alcalde fixo fincapé na relevancia para Ribadeo en termos de ensinalo polo mundo e o Director, dicindo que non ía dar as grazas, non fixo outra cousa que facelo.
A alfombra vermella, toda a fronte do cine teatro, estivo sitiada á entrada e á saída do acto, e Morris e María Castro fartáronse de asinar, moito por riba dos outros actores: o éxito do momento é seu.
Chamoume a atención que no cine teatro puxeran a versión en castelá e nos multicines en galego. A versión castelá ten pequenas secuencias en galego (por exemplo, o meigallo) das que algunhas se me escapa o por que quedaron sen traducir.
En fin, tomei tres vídeos das verbas de alcalde, director e financieiro, pero non saíron coa calidade mínima.

Pase previo: Aquí, como en Hollywood II


    Esta mañá tivo lugar o pase previo correspondente a Os mortos van á présa (por certo, non 'ás présas'). Director, guionista e compositor falaron despois do 'trailer' (non confundir co camión da película).     A banda interpretou despois tres temas curtos. A música, candidata a un premio? Verase.
    As fotos, de Maria Castro e Morris principalmente. Tamén, a preparación do cine teatro para a tarde.
    Máis sobre os mortos.
    Aquí como en Hollywood.
    Outras no blog: 1,2,3,4,5,6,7,8, ...






Inferno e paraíso

Contraste hoxe duro na prensa: anuncio de toda a parafernalia sobre a 'Première' da película e que a familia xitana se queda polo momento na súa chabola ó non recibir ofertas o concello para subministrarlles un piso (por suposto, hai que devolver os cartos á Xunta).

20090116

Pleno descafeinado

Asumo o título que pon na súa entrada a Cope ribadense para esta terceira entrada na que trato do pleno do luns próximo. A primeira entrada sobre o pleno comentaba unha nota de prensa do concello, a segunda incidía nalgún comentario máis xunto con outros alleos ó tema, e nesta recollo o meu desconcerto cando vexo que a xuntanza parcial de onte (da comisión informativa) remata retirando do pleno un par de puntos: a moción sobre a liña de alta tensión e a nova ordenanza acústica. O primeiro non sei moi ben o por que. O segundo, porque os políticos da oposición "necesitan máis tempo". Hai que ter en conta que só tiveron dous anos e medio, mentres que a normativa vixente hoxe ('provisional', dixeron daquela) foi tramitada nuns días por sorpresa.
En canto ós outros puntos, a ratificación do ARI para Rinlo, pode ser boa idea botar unha ollada a Rinlo bai, sobre RRI do Hospital Asilo, neste blog mesmo ou no de O Tesón, sobre Plan Sectorial, diversas notas (entre outras, 1, 2, 3, 4, ...), para as taxas, O Cargadoiro ou a nota neste blog, e, para os outros puntos ... reclamar máis información ó concello.
Hoxe tamén apareceu a nova de que os comerciantes do mercado farán folga indefinida. Por se facía falta máis, esto parece que non irá a pleno.
Despois de todo, pode que veña ben tamén para rematar a letura pegarlle unha ollada ó último post do Cargadoiro...

Informe sobre ruidos en Ribadeo 2008

Unha entrada breve para dar nova de que O Tesón remata de distribuír o Informe sobre ruidos en Ribadeo 2008. (tamén aquí)

Aquí, como en Hollywood


Mañá, sábado, hai montada unha estrea de cine: os mortos van á présa.
Os datos, na invitación á beira.
O movemento de preparación e o que se espera en Ribadeo, importante.

Confirmación


Si, o luns tratarase o plan sectorial no pleno de Ribadeo a pesares de que a nota de prensa do concello non falaba nada del. Foi unha ausencia que me chamou e segue a chamarme a atención. A moción foi presentada pola oposición; quizáis foi ise o motivo de que non se tratara na nota que está dispoñible na web do concello. Aconsello un repaso ó que din o Tesón ou a atalaia sobre o tema. O pleno, luns 19 ás 20h.
Mentras, Ribadeo está de obras xa sen plan (nin sectorial nin PXOM), como o amosa a rúa Carlos III, Calvo Sotelo, O Xardín (por certo, que leva alomenos un mes sin que se lle toque unha pedra, encendéndose a luz pola noite, ... pero pechado con vexas de obra. Estará esperándose ás eleccións?)... e agora, Lidl. A cadea internacional tampouco estará no centro, senón na explanada á beira do hiper Eroski (o 'antigo' Maxi) e de Brico King. é dicir, ás aforas, co que o centro comercial aberto terá outro competidor/colaborador (ó tempo que distrae compras do centro, tamén contribúe en parte a que xente de fóra veña a Ribadeo e se pase polo centro)
Quizáis hoxe na rúa a pregunta sexa outra diferente das anteriores, coido que abondo máis influíntes: sairase Balbino coa súa na reclamación de 12 000 €? Polo momento, a súa demanda foi aceptada no xulgado.

A foto, sobre a ría de Ribadeo, coa ponte dos Santos ó fondo, tomada dende o observatorio de aves.
A outra foto, unha foto dun post antigo: http://ribadeando.blogspot.com/2008/04/todos-contra-o-alcalde.html.

20090115

Divírtete sen molestar

Campaña que vai comezar en Madrid.

Vale. Sobre o pleno do luns.

Deixo aquí algún punto dos que aparece na nota de prensa que se pode ver na páxina do concello xunto con algún comentario:
Comisións informativas previas ao pleno da vindeira semana. (Hoxe) pola tarde celebraránse no Concello de Ribadeo varias comisións informativas previas ao pleno. Son as de urbanismo e asuntos e servizos xerais.
Na comisión de urbanismo e obras analizaráse a ratificación do novo proxecto da ARI (área de reahbilitación integral) para Rinlo. "Tivemos que refundir todas estas peticións nun novo proxecto que queremos que se refrende outra vez polo pleno", "aportación de fondos públicos do Ministerio, da Xunta e do Concello".
Na comisión de asuntos e servizos xerais veránse as alegacións e a aprobación definitiva do regulamento de réxime interior do hospital asilo. Así lograrase adecuar "ás esixencias legais" pois "se estaba un pouco traballando de xeito alegal"; "permitirá abrir as portas á financiación externa a través de outras entidades coma a Xunta, a Deputación, etc", "permitirá buscar un maior financiamento para reducir esa fenda existente entre os ingresos e os gastos". Coido que pódese ver como ilustración do tratamento do RRI do hospital a nota do Tesón.
Tamén se vai analizar o estado de tramitación da ordenanza contra a contaminación acústica. Fernando Suárez considera que "hai que volver a traer a debate esta ordenanza que data do mandato anterior, pero que aí quedou. Foi aprobada inicialmente e sometida a exposición pública para que se presentasen alegacións, houbo alegacións que xa están informadas pero o documento digamos que estaba nun caixón". O alcalde insiste en que "se trata de volvelo a sacar para que a Corporación decida que facemos con él. Eu non quero desentenderme desta responsabilidade xa que o Concello hai tempo que está condenado a pagar unha cantidade a un particular ata que se resolva este problema da contaminación acústica, pero tamén na propia sentencia o Concello está condenado a buscar solucións". Suárez engade que "polo tanto queremos promover propostas para regular este sector e esta problemática do ruido porque senón moito me temo que as cousas aínda poderían ir a peor con consecuencias desagradables para todas as partes e polo tanto para o Concello. Queremos que a Corporación se faga cargo desta responsabilidade e entre todos decidamos cal é o mellor método para regular o problema da contaminación acústica". ... coido que o mellor xeito é aplicar as cousas que se deciden antes de cambialas. E xa van alomenos dous cambios previos sen que se faiga. De calquera xeito, para contrastar, e aínda en ausencia do documento principal, deixo unha copia das miñas alegacións particulares feitas no seu momento (ver selo de datas; non cambiou nada dende entón). No pleno verase se hai que dicir 'aleluia!' ou hai que esperar a que aclare. De calquera xeito, sobre o ruído xa hai máis que o pleno. E non hai unha soa sentencia. Está acompañada. E estaráo máis, resulte o que resulte, pois hai material atrasado para xuízo.
O que coido que estaba previsto tratar tamén no pleno era o Plan Sectorial, pero non vexo na nota de prensa referencia a el.

20090114

Nota de prensa de O Tesón

Nota de prensa sobre o Plan Sectorial en Ribadeo.

Sobre participación cidadá

"Jun practica a 'ciberdemocracia'. O pobo granadino vota por Internet a que proxectos destinará os 420.000 euros do Fondo Estatal de Inversión Local".
En Ribadeo, o caso ós veciños foi...

Os mércores, mercado ... tamén hoxe

Como mércores que é, toca de novo polémica no mercado. Visto as dúas novas que trae hoxe a Voz (1 e 2) parece que alomenos unha das partes está en babia, sen discutir que poda ter máis ou menos razón. Mentras, diría que no pobo cada vez hai máis enfrontamento coa postura dos mercaderes. O caso é que seguen sen pagar, o alcalde ameaza e a oposición contemporiza mentras a xente dos postos 'estaría disposta a revisar a normativa anticuada de paso que se baixan as taxas. A cousa volta a reducirse a cartos si ou non, sen moita alternativa, pois a revisión doutra normativa accesoria que eles mesmos recoñecen que se quedou anticuada non me parece contrapartida. E en canto ó funcionamento do sistema de decisión, coido que os comerciantes andanun pouco despistados, non porque se reúnan coa oposición, cousa que me parece lóxica, senón pola consideración dela como contragoberno á hora de facer promesas.

20090113

Sobre o Gran Irmán (no sentido de Orwell) e quen pode ser o xefe-irmán

    Martes trece...
    Deixo ligazóns a dúas entradas dun mesmo blog. Coido que deberan abondar para poñelas en contacto:

Solucións parciais


Parcial ven de parte. E solución parcial pode entenderse de varios xeitos. Por exemplo, como solución 'dunha parte' do conxunto do problema ou solución 'para unha parte' das afectadas polo problema. No primeiro caso, a solución pode ser incompleta, pero é obxectiva. No segundo, a solución é subxectiva, dependendo de se o/a afectado ve unha solución para o seu problema independentemente de que iste subsista para os demáis. Coido que debe tenderse á solución xeral (en canto a que inclúa a todos os afectados), obxectiva, e non á parcial (no mesmo sentido), subxectiva e que de xeito natural da lugar a favoritismos.
Atopamos hoxe na prensa unha xuntanza ás catro da tarde entre oposición e comerciantes ambulantes para o tema do mercado. Ata aí, todo normal. Pero hai un comentario na nova que me chama a atención: 'Que maña haxa mercado dependerá en grande parte da solución que selles de'. Polo momento, a oposición é oposición, non goberno, e o tema non foi tratado en pleno. Xa houbo quen se manifestou en contra de rebaixa, que suporía unha petición de rebaixas en cascada doutras taxas. E mentras, non hai novas de que a situación dos pagos das taxas demeses pasados por parte dos comerciantes sexa unánime nin moito menos. Asi, devolverían as taxas xa pagadas de ser concedida unha rebaixa? En canto ós afectados, non sei se se pode considerar afectados só ós comerciantes ambulantes, aínda que sexan, evidentemente, os máis afectados.
A foto presenta unha solución, ó meu ver, parcial: o edificio que máis resalta (non só pola cor actual, senón polo volume) da vista de Ribadeo dende as Figueiras. O por que ten máis alturas que o edificio de enfrente na troncal/Rosalía de Castro, iso non o sei.

20090112

Falando de política mesmo dende a economía de mercado

... e comparándoa coa economía.
(A política) "É un mercado onde as barreiras de entrada son práticamente infranqueables –todavía máis en Europa que nos Estados Unidos– e onde a competencia e, polo tanto, a innovación non son posibles. Os economistas temos aprendido dende que nos ensinaron o abecedario da economía que sen liberdade de entrada en calquera mercado non hai competencia; sen competencia non existen incentivos para innovar, e sen innovación non hai progreso." (do blog de Eduard Punset)
Verbas moi matizables, si, pero desas que fan pensar.

Nota de prensa sobre contaminación electromagnética e BEGASA-Ribadeo

CONTAMINACION ELECTROMAGNETICA O pasado 31 de decembro presentouse no concello un escrito asinado por 163 veciños pedindo información sobre o proxecto de subestación eléctrica e tendido de outa tensión promovido polo Concello de Ribadeo, a Consellería de Industria, BEGASA e SEPES. Ata esa data a única información disponible procedía dos medios de comunicación. Na nota dos veciños non hai o mais mínimo comentario contra o proxecto en si. Simplemente se pregunta polo trazado, distancias ás casas, normas de protección, etc. A nota vai dirixida ao Sr. Alcalde de Ribadeo, ao Sr. Conselleiro de Industria e ao Sr. Conselleiro de Medio Ambiente. A directiva comunitaria 4/2.003 obliga a tódalas administracións a dar a información no plazo de un mes e si moi complicada no plazo de dous. Ata ahí os feitos moi resumidos. Ao cabo de poucos días o Sr. Alcalde de Ribadeo da unha nota de prensa da que suliñamos os puntos seguintes: 1.- O concello non ten información sobre o proxecto nen pensa facer ningún esforzo por conseguila. Ao Sr. Alcalde parecelle normal que BEGASA e a Consellería de Industria leven varios anos negociando e manexando información sobre as casas, as persoas, as propiedades, o catastro, etc. e os veciños teñan que estar caladiños, agardando a que se publiquen os acordos secretos dos gobernantes e as grandes empresas eléctricas. E a eso chámalle defender aos veciños. 2.- As primeiras noticias, non desmentidas por ninguén, falaban de que se proxectaba unha linea de 400.000 voltios. Agora o Sr. Alcalde fala dunha línea de 136.000. Despois menciona un punto de conexión que non concreta e dunha línea de media que irá soterrada. Todas estas noticias eran descoñecidas ate o momento actual. Ou sexa o Sr. Alcalde sabía moito mais do que decía e que agora empeza a soltar por contagotas. A saber o que sigue ocultando. 3.- A nota publicada na páxina web do concello menciona por duas veces a tensión media e unha vez a outa tensión, referíndose ao tendido de 136.000 voltios. Non sabemos se intenta confundir aos veciños ou o confundido e el. En todo caso é gravísimo que o Sr. Alcalde de Ribadeo, que asina este convenio cunha das grandes empresas do sector eléctrico non saiba distinguir entre media e outa tensión. Compre suliñar aquí que o devandito convenio con BEGASA nunca se fixo público e ninguén o coñece. 4.- O Sr. Alcalde de Ribadeo considera que BEGASA non se pode equivocar e ven a proveernos de corrente eléctrica por unha especie de altruismo ata agora descoñecido. Algo así como a nai Teresa de Calcuta da electricidade. Por eso perdeu un xuicio no Tribunal Supremo pola Subestación de Mondoñedo, que viña funcionando sen licencia de actividade dende moitos anos atrás. En realidade BEGASA ven chantaxeando ao concello de Ribadeo dende hai varios anos, exixindo unhas condicions draconianas para reforzar as líneas e retrasando a posta en marcha do polígono industrial co silencio cómplice do noso rexedor e o seu equipo. 5.- A nota do concello afirma que se vai cumplir a legalidade pero non recoñece a obriga de cumplir a Directiva Comunitaria sobre información ambiental 4/2.003, que exixe a tódolas administracions, incluida a municipal, facilitar información no plazo dun mes ou de dous se é moi complexa. 6.- O dia 1 de marzo de 2.008, nun mitin electoral celebrado no Valadouro o Sr Fernando Suárez denunciou o trazado da linea de outa tensión Boimente-Pesoz e afirmou literalmente non nos podemos fiar de quenes calaron ou quen definiu este trazado…e mesmo criticou a boa parte dos concellos da zona que non alegaron ao proxecto. O dia 6 de decembro de 2.008 o voceiro do BNG no Congreso dos deputados pedia a retirada do proxecto de trazado da linea de outa tensión entre Boimente e Pesoz, polo seu grave impacto medioambiental, ganadero y turístico. Observe o lector obxectivo cómo nos tratan só por pedir información e calcule a onde chegarían se seguíramos o seu exemplo pedindo retirada do proxecto. 7.- O Sr. Alcalde Ribadeo utiliza a páxina web do concello, que pagamos todos os veciños, para lanzar insidias venenosas contra os que pretenden azuzar a rio revolto, sin decatarse de que son el e BEGASA os únicos que aquí están manexando métodos goebelsianos, insultando, ocultando e negando información ao vecindario. Evaristo Lombardero Rico

Só unha lembranza

Con data de saída venres

Recibo con retraso unha nota de prensa do concello. Resulta que non a vin nos papeis: haberáseme pasado. O tema, o polígono industrial. con máis precisión, que na primavera comezarás as obras.
Isto do polígono parécese ó do pastor e o lobo. Despois de tanto tempo dicíndonos que xa ven, pode vir na realidade en calquera momento, que non o creeremos. Menos mal que ista volta o lobo non comerá as ovellas, só veremos como constrúe o polígono. Na primavera ou cando sexa.
En principio, polo aviso, o prazo de execución serían 15 meses. Iso implicaría rematar antes do final do verán 2010. E os criterios de concesión de parcelas non admitirán intermediarios, o que retrasaría a implantación de empresas e incrementaría os custes dos terreos. Pintan bonito.
Voltando o conto do pastor e o lobo, a realidade soe ser algo menos bonita cando as persoas andan polo medio.
Mentras, están aprobadas as obras urbanas do 'Plan Zapatero'. A comparar coas propostas polo Tesón (ou aquí).
De paso que se comparan as propostas, pódese mirar nas mesmas ligazóns a proposta de O Tesón para o regulamento do Hospital, que tería que ter entrado xa en vigor o 1 de xaneiro... porque así estaba aprobado de xeito provisional. Pero parece que houbo outro retraso sen avisar.

20090110

Xuntanza na casa da Xuventude. Tema: Plan Sectorial

Fágome eco da convocatoria dunha xuntanza para o plan sectorial ás 5 desta tarde na casa da Xuventude.
O plan está a levantar ampollas... e el e outros plans seguirán a facelo mentres non se conte máis coa xente neste país.
Seguiremos a escoitar falar del. A parte da entrada que teño prometida, O Tesón sacará en breve unha nota de prensa, a Atalaia presentará un escrito, e coas alegacións do alcalde e a oposición da oposición, está segurada unha longa etapa de transición no plan.

Frío


    Onte estreouse en toda Galicia a película 'Frío', sobre o triángulo corrupción-droga-dexeración social. En Ribadeo, a estrea estivo realmente fría: 7 persoas en total para unha estrea dunha película que resultou entre outras cousas escura de máis, e moitas veces inintelixible o son. Serían cousas do equipo,pantalla e sá empregados? Chamou a atención que non estivera ninguén da sección 'oficial' representando concello, cultura ou cousas así.
    Frío tamén segue o tempo estes días, pero ise non foi o motivo de que de novo se puxera unha carpa no Parque. E vou a contabilizar, así polo alto, os días que este ano o parque esa ocupado con carpas. A carpa do 'Comercio Galego Vivo' xa ocupou onte (9/1) o sitio, co que con hoxe xa van dous días de 10, mentres o paseo principal da outra zona de parque segue ocupada pola instalación de camas elásticas que pasou aló todo o Nadal. Coido que a xestión dos espazos públicos é moi mellorable.
    A foto, unha captura de pantalla do Sigpac modificada que se podería titular 'Parke Okupa' (a resaltar que as imaxes están tomadas no verán: son perfectamente distinguibles varias terrazas ocupadas nos arredores do verán 2007.

A era da inocencia

Cito dun artigo de Josep Ramoneda: "A política ten que perder o medo. Pero para iso ten que recuperar a confianza perdida. A política só pode avanzar se a cidadanía a segue, e para iso a cidadanía ten que ver que se sabe cara onde se quere ir e que hai certa equidade no trato. Por exemplo, que os responsables da crise o paguen. (...)"
Non son grandes verbas. Non son verbas novas. Pero unha volta máis, fan pensar. Quen somos, de onde vimos, a onde imos... preguntas arquetípicas dos individuos da nosa especie, extendidas agora tamén á sociedade (e ás sociedades) en conxunto.

20090109

Algo xa sabido ... e a consecuencia, máis descoñecida

"(...) Imperialismo lingüístico é que o idioma inglés e o negocio do seu ensino arredor do mundo perpetúan un neoimperialismo, no sentido que apoian un sistema de comercio que lle da avantaxe ós países centrais (ricos e poderosos), e desavantaxe ós periféricos." (Le Monde, set. 2008, 'La guerra de las lenguas en España')
O corolario para o galego, periférico nun país periférico está claro: sufrimos o imperialismo por partida doble, e polo tanto doble desavantaxe.

Sobre o plan sectorial galego de solo residencial en Ribadeo

Onte, xoves, asistín ó debate en Onda Cero. Un dos temas era o Plan Sectorial. En curto tempo non deu lugar a máis que reseñar algúns puntos, como o alonxamento dos viciños da redacción do plan ou que sexa un plan redactado nun estudo sen pisar sobre o terreo. Pola miña parte, xa levo deixado aquí varias entradas ( 1, 2, 3, 4, ...) pero coido que aínda necesita de máis falar. por iso vai ista complementaria.
Coido que non o problema, pero si a confrontación, está no prezo de 6€/m2 que se pretenden na expropiación, sen antes ter feita unha verdadeira negociación sobre os terreos. Avisar de que se non hai acordo hai exporpiación a ese prezo implica de fieto saltarse un paso previo e necesario, o da negociación do custe. O que leva ó principal tema dende o meu punto de vista, tema polo demáis repetido en múltiples ocasións no blog: non se conta coa xente, hai un déficit de información e democrático do que derivan moitos outros males.
Cabería ademáis preguntarse pola oportunidade dun plan que necesita contar co PXOM para o seu desenvolvemento. Pero, se o PXOM está en trámites, que vai ser antes, quen vai impor ondicións a quen? Ou é que se vai collero xa vello e trasnoitado plan do 77 para levar a cabo algo de máis de trinta anos despois? a resposta é que 'iso parece'
Despois dos puntos principais, cabería engadir o problema dos accesos, a porcentaxe de volume edificado e de zona verde, os agravios comparativos na construcción segundo zonas do plan e non, o evitar se é posible o circo político (algo que non se está a facer, seguindo a norma de que primiro é atraer votos e logo o ben público, en troques de facer o ben público e os votos xa virán por engadido), etc. De calquera xeito, eses outros puntos, a estas alturas, non hai quen os saiba pola información dada...
Se nos centramos nos papeis que se puxeron a disposición na web, chámame a atención en primeiro lugar o de 'Área funcional de Ribadeo'. como non sei 'a priori' o que é iso, miro na rede, e atopo "Neste caso definimos as áreas funcionais en base aos ámbitos de mobilidade residencia-traballo, é dicir, as áreas dentro das que tenden a producirse os desprazamentos diarios entre o lugar de residencia e o lugar de traballo da poboación laboral. Como factor de determinación desa área utilizamos a matriz de mobilidade laboral intermunicipal elaborada a partires do Censo de 2001. Unha área funcional é un área ou 'mercado de traballo' que internaliza a maior parte dos fluxos residencia-traballo alcanzando un nivel de autosuficiencia determinado, establecido a priori." (no documento http://conselleriavivenda.xunta.es/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/Anexo_II.1_Delimitacixn_das_xreas_Funcionais.pdf, onde por certo tamén aparece a autoría do documento enteiro) ... Quería só unha definición e teño varias con verbas de difícil catadura, que hai que filtrar ademáis polas porcentaxes de mobilidade estipulados no documento. Chego á conclusión de que as áreas poderían ser delimitadas doutros xeitos co mesmo nivel de aceptación e diferentes conclusións.