20081211

A circunvalacion de Mirasol


Facía xa tempo que non baixaba tentando de bordear Mirasol: cousa dunha semana. E atopeime co que presento.
As fotos son da fin de semana, co que a día de hoxe, a circunvalación está limpa para serlle posto o piso en canto se lle faigan sumidoiros e se lle poña a corrente eléctrica. Ademáis, nótase abondo ben o que vai quedar 'reservado' para o porto e o que vai quedar de circunvalación: xa está feita a separación, só queda levantar a parte de arriba da valla, que por certo, parece vai ser de diferente modelo que a que xa se puxo hai uns meses.


Coido que na actualidade pode servir algo así como de 'visita turística' para os ribadenses; pode que, aparte da lembranza, sirva para aprender algo máis sobre o noso Ribadeo.
Asemade, tamén se nota o que se desprendeu na última fase, na zona de adosados, que terán (supoño) que reforzar dalgún xeito para evitar unha inseguridade que agora parece patente.





4 comentarios:

Unknown dixo...

A miña máis sincera noraboa.
Fai tempo que me sinto na obriga de che agradecer se-lo autor da única web na que día sí e día tamén, se amose o presente da vila cun punto de vista tan persoal como sensato, acompañado de interesantes ilustracións.
Creo que a gran maioría dos Ribadenses che estamos en débeda en maior ou menor medida, aínda que os recoñecementos teñan por norma chegar tarde..
Graciñas e segue así!

P.D:En ausencia de link de mensaxe ó autor do blog, fago uso do "deixar comentario".

agremon dixo...

O caso non é comunicarse comigo: hai moitos comentarios que non publico (a maioría por ser insultos e demáis, pero tamén por ser comunicacións persoais).
O caso é a resposta privada: para iso hai que deixarme o correo electrónico no comentario e, por se acaso, unha nota dicindo que non se publique, aínda que procuro ocultar o máis posible o correo electrónico persoal, meu e dos demáis.

Anónimo dixo...

USTED QUE QUIERE CUMPLIR TANTO LA LEY ,ESTÁ PROHIBIDO QUE ENTRE EN LA ZONA PORTUARIA O NO LEE LOS CARTELES
ASI QUE COMO LE VEA ALGUIEN SACANDOI MÁS FOTOS PREPARESE

agremon dixo...

Respecto do comentario anterior, as fotos están aí, logo se alguén quere denunciarme por obtelas, doulle facilidades.
Tamén en relación a el, soe entenderse que as frases en maiúsculas indican berros, co que en xeral non publicarei comentarios en maiúsculas.