20081222

Aclaración: a historia do blog

    De cando en cando, a falta de novas (hoxe, por exemplo, á espera de que o gordo toque en Ribadeo) ou un pouco por pasotismo, collo cousas do propio blog. O outro día, en 'Temperatura ambiente' atopei un comentario pedíndome explicacións sobre o nome do blog, que califica de desafortunado despois de aminorar un 'pretencioso' inicial. Amablemente, 'El Ángel de Olavide' deu unha resposta, pero eu mesmo dilatei o dala ata chegar a un día como hoxe, en espera do Nadal, despois dun fin de semana onde xa se notou a xente que ven pasar as vacacións.
    Chego así ó que non é unha explicación, senón unhas pinceladas históricas sobre o blog.
    Resulta que o blog ten pouco tempo relativamente: dende agosto de 2005. Substitúe a un blog anterior e a unha web aínda anterior na que xa comezara a poñer cousas sobre Ribadeo. En concreto, sobre a banda, ou unha páxina de presentación do concello, pedida á alcaldía (daquela, ostentanda polo PP, con P. Rivas de tenente de alcalde), co motivo da primeira visita a Ribadeo do autocar de promoción de internet, que comezou a súa andaina precisamente aquí. Dita presentación ó final, fóime entregada por Francisco Rivas, e, se mal non lembro, feita por el mismo en nome do alcalde de entón, José Carlos Rodriguez Andina. Por certo, a web foi a primeira, que eu saiba, de Ribadeo e dos seus contornos. Ambos lugares son visibles a día de hoxe, abandonados dende hai tempo.
    Por outra banda, o blog actual, iste, vése acompañado doutros blog e wiki que manteño adicados a outras cousas. O nome inicial foi o mesmo que o que leva na URL: Ribadeando. Xurdiu polo libro "Ribadeando. 2004: Ribadeo de 1-X a 31-D", 'fabricado' a base de artigos publicados durante 2004 no que, andando o ano, se convertiu nunha especie de encargo para ser publicado polo Tesón. Chegado o momento, fun eu mesmo o que o publicou (por certo, aínda queda algún exemplar).
    O certo é que o método de publicación mensual, base do libro, gustoume pero non me chegou a encher, e decidín probar outros métodos, quedando o actual ribadeando como unha especie de proba contínua. Ribadeando comezou como nome, pero ó pouco tentei cambialo porque nos buscadores non indicaba algo fundamental do que pretendía no blog: falar sobre todo, de Ribadeo (aínda que non fóra de xeito unánime). Resulta que no mesmo sitio onde teño aloxado o blog xa había outro co nome de Ribadeo no enderezo (o seu nome é 'La Vida'), http://ribadeo.blogspot.com/, aínda que se pode ver que pouco usado (a estas alturas ten só unha entrada), e noutros lugares, asemade había outros blog co nome de Ribadeo,o que facía complicado o cambio. Precisamente, non pretendía eu tanto como o concello, daquela xa coa web ribadeo.org e hoxe por fin redirixido á nova páxina www.ribadeo.org, nin como unha páxina que ata o momento foi máis comprensiva de Ribadeo que mesmo a do concello, www.ribadeo.com, páxina que ademáis está acompañada doutras con denominacións parellas tamén adicadas a Ribadeo. 
    Asemade, teño feito no mesmo blog algún rastreo de sitios adicados a Ribadeo ou feitos por ribadenses na rede, usables para comparar adicacións, como o que aparece en 'Suso e o litoral', despois de ser publicado no libro das festas. Así as cousas, decidín engadirlle a coletilla 'o blog de Ribadeo', que pode ser pretenciosa como o é a ilusión de todo aquél que ten unha, antes de chegar a ela. E un blog sen límite de tempo, por natureza, difícilmente chegará a colmar as pretensións do autor. 
    Pero o caso é que máis mal ou máis ben sigo con isa pretensión: que o blog sexa adicado sobre todo a Ribadeo (repito o que se pode ver no frontispicio: non de xeito exclusivo). Conste que é canso, e non descarto, despois de xa máis de tres anos, que calquera día haxa unha pausa e que sexa a pausa final. Pero, mentras, tentarei que haxa unha correspondencia entre o título e un blog de Ribadeo, que despois de ter o título e ser cando se comezou o único adicado á tarefa, viuse acompañado por outros que teñen a miña visita puntual e a ligazón á beira. Iso, a parte de que haxa outros máis asemade adicados a Ribadeo e que non coñezo. 
    De calquera xeito, grazas por ter chegado ata aquí. Tanto seguindo o blog como ista entrada en particular.

1 comentario:

Mariano Grueiro dixo...

....e por moitos anos o blogue