20081228

28 D, o día dos iñocentes. De comentarios

Como xa teño dito varias veces, recibo de cando en cando comentarios anónimos de diverso tipo. Hai algúns que poño, outros que non. E, de cando en vez, aclaro algunha cuestión das recibidas. Atopeime hai poucos días coa insistencia dun comentario enviado e enviada a queixa de non publicación despois, e, cun pouco de tempo, decidín facer unha entrada a raíz de ambos, aínda que todo comentario pode rematar sendo sacado de contexto:
*Idea proposta: Que cerren todos os pubs, bares e discotecas (Futura, Skape) de Ribadeo. Os sábados a movida que se desplace a Foz, Burela ou a Navia. ¿Cantas personas engordarían o paro en Ribadeo?
Resposta: nin idea, aínda que se de levar dun sitio a outro se tratara, o balance de emprego total (conxunto Ribadeo + onde fóra) sería evidentemente positivo, pois habería que sumar os gastos de transporte ó mesmo emprego noutro lugar. Supoño que quen propón a idea terá sacadas as contas correspondentes. A min chégame con que se cumpra a lei, algo que por certo incrementaría a lista de ocupados en Ribadeo (a remarcar) polas reformas a facer nos locais, así como incrementaría a seguridade dos mesmos, por poñer dous exemplos de melloras non relacionadas en principio co ruído; e, se se tivera feita a tempo, podería servir ademáis de inicio para que empresas de Ribadeo tiveran traballo fóra. Pero sobre todo, coido que non se trata de levar ó lixo a outro sitio, senón de producilo na menor cantidade posible. E de ter conta que hai actividades que poden producir moito emprego, como a guerra, pero non creo que sexa cousa por elo de dicir que a guerra é boa, que hai que potenciala.
*¿Como disfrutabades cando ti eras novo? ¿Erais todos uns santos que disfrutabais das noites sen molestar á xente?
Resposta: seguro que coñeces a máis dunha persoa que te pode dar información daquela época e da que te fiarás máis que se o digo eu. En canto ós santos, tamén son persoas, igual que os máis. Iso si, quizáis con mellor vontade e máis aguante que a grande maioría. E santo non son, e erros teño moitos, pero aguantar xa levo aguantado e mesmo teño dado probas de boa vontade, como tardar nove anos en poñer un pleito, ou facelo ó concello por non aplicar a lei en troques de ós locais por incumplila, ofrecer non queixarme por riba do nivel de ruídos permitido (ata chegar a outro certo nivel) ou avisar antes á xente dos perxuízos que lle podían traer as súas accións, a pesares de que na teoría terían que telos sabidos. Mesmo teño adiantado xa hai anos da necesaria reconversión do sector en Ribadeo, adiantando que de non facela a tempo despois posiblemente sería peor. Non se trata de procurar chivos expiatorios, senón de facer as cousas o mellor posible.
*Na cidade molesta o ruido da empresa de recollida de lixo as 3 da mañá, as ambulancias as tantas, xente pola calle berrando. Pero para que naide che moleste, ó mellor é ir vivir ás foras da cidade ou do pobo, e disfrutar da tranquilidade.
Resposta: non vou dar explicacións de cousas persoais, pero si podo dicir que se en xeral non me molesta demasiado a recollida de lixo quizais teña que ver con que xa estou de pé cando pasa. E sobre xente na rúa berrando, coido que Ribadeo pode resistir a comparación con abondos lugares (aínda que por suposto, sempre os haxa peores, aínda moito peores)
*moitas gracias por non publicar o meu comentario.
Resposta: é de supoñer que é unha ironía; supoño que non sente mal que así a tome.
*Poño anónimo porque non estou rexistrado.
Resposta: O rexistro é doado de facer, de xeito que quen pon anónimo é porque dun xeito ou outro quere permanecer anónimo. Mesmo hai xente que se rexistra pero que permanece anónimo despois de rexistrado, e o único que permete é saber que dous comentarios proveñen da mesma orixe, o que da indicacións suplementarias para permitir a publicación ou non.
*Pero coñezote bastante ben
Resposta: un anónimo nunca se sabe se o coñece a un ou non. El/ti, anónimo, saberá. Ó mellor me saúda cun sorriso cando nos vemos pola rúa. Ó mellor non, e o fai a cara de can. Por iso mesmo en xeral non presto moita atención ós anónimos: porque non son ninguén. E Ribadeo está cheo de xente, a parte dos anónimos.
*porque son de Ribadeo, e non teño ningún bar. ¿Porque non publicas o comentario? ¿que che doe?
Resposta: non me doe nada (perdón, si me doe, que a idade vaise notando, pero polo momento son cousas menores). Se non publico todos os comentarios é por varias razóns, segundo categorías, pero nunca por ser ou non de Ribadeo ou ter ou non un bar. Respecto a unha das categorías de comentarios, na que entrarían bastante ben (excepto algunha parte pequena) os dous comentarios comezo desta entrada, ver ó final. Hai outros comentarios que necesitan resposta inmediata, e non sempre podo facelo. Outros que son insultantes, e isos xa nin remato de lelos. Outros que xa están contestados en entradas anteriores, etc.
*Ó mellor, o illamento teno que poñer vostede na sua cabeza, así non lle molestaría o ruído.
Resposta: coido que pasarse non ven a conto. Eu prefiro non illarme: son parte do mundo, da xente, de Ribadeo, igual que moitos dos anónimos (algún anónimo haberá de fóra). En canto á casa, xa fun metendo illamento e procurando manter cerradas as entradas de ruído. Coido que é máis do que fixeron algúns locais.
*¿Que pasa si o teu veciño está vendo a televisión hasta as tantas e ti non podes dormir? ¿Chamas a garda civil? Estos non che fan caso ningún. ¿Denuncias?-->Xuizos, procuradores, abogados, morea de cartos. SOLUCIÓN: Vivir nun pueblo nunha casa.
Resposta: a relación cos veciños, ó igual que outras relacións que poda ter non son tema que trate no blog. Téñollo amosado a máis dun comentarista. Si que podo dicir que en calquera conflicto, o máis doado soe ser a retirada: iso é tamén doado de aprender. Algo parello pasa con tirar a pedra e tentar ocultar a man. Pero doado non é equivalente a mellor. Mesmo pode dar mellor resultado nalgún sentido, pero non en xeral para as persoas.
*Chama a PELTOR (fabricante de EPI (equipos de protección individual) e merca uns cascos, son moi útiles.
Resposta: non o dubido. Por exemplo os D'js úsanos. Coido que para durmir non son tan útiles. E úsanse en xeral por ruídos relacionados co ambiente de traballo propio, sen impoñerllos ós demáis. En canto a PELTOR, segundo parece, hai fabricantes mellores (conste que non o comprobei, pero se pode servir a información que me transmitiron ...).
*Esto é o mesmo que aquel veciño de Navia: Foi facer unha casa ó lado dun establo, e despois denunciou ó gandeiro porque estaba cerca da súa casa, e as vacas cheiraba.
Resposta: Non, non é o mesmo. Entre outras cousas, polo orde temporal, pois cando comezou a medrar o ruído eu xa levaba aquí máis de dez anos. E non sei se o gandeiro estaba a incumprir ou non unha normativa para a que obtivo unha licenza. Aquí os incumprimentos son moitos e de moitos anos. E, se houbo cambio de condicións legais, como ocorre de contínuo con outras cousas, dende os impostos á obrigatoriedade do cinturón de conducir, deuse un periodo de adaptación, ampliouse... e incumpriuse.
Pero ... coido que con isto, visto o tempo que hai que empregar para responder cousas que penso que en xeral son evidentes a quen pon un pouco de interese nelas, queda respostado o por que non publico algún tipo de comentarios. De calquera xeito, como a xente me coñece, sempre podemos falar. E para quen non quera escoitar máis que o que el di, escriba eu ou fale o que sexa, vai ser o mesmo.
En fin, bo día dos iñocentes.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Os comentarios que moitos mandan a Antonio falan por si mesmos: ignorantes e imbéciles.

A patética situación e responsable de moitos, claro que uns teñén máis responsabilidade.

Por exemplo, antontes cruceime con dous políticos ribadenses, un no bar Español,e outro nas escaleiras do concello, e inda que merencian sendos pleitos por andar AMEZANDOME (a min e a outros) abusando dos seus excargos, non me rebaixo a iso, máis si digo o que todos deberiamos ver: que en tantos anos non fixeron nada por acabar co ruido, e asi de sinxelo.

Da mafia o redor da porcallada nen a menciono

Todo e friki. O citycat deixa as beiraruas limpas polas mañás, suficientemente a tempo para ir a misa, e asi parece que non pase nada. Non hay ruido nen fariña nen abuso de poder nen falta de participanción cidadá.
Como digo, todo e friki.

Anónimo dixo...

Así se habla, Antonio.

¿En gallego se dice iñocente o inocente? Tengo familia gallega, y siempre he escuchado inocente (lo mismo en la TVG, siempre escuche inocente).

Por cierto: Tener que hacer reformas en locais no implica disminuir el paro. Ejemplo: Un local tiene que hacer una reforma para cumplir con la normativa de ruido, tiene que hacer frente a una inversión de x euros. Pide un crédito pero no se lo conceden (tal como está la situación), decide seguir con el bar abierto sin hacer la reforma. Lo vuelven a denunciar, la multa se incrementa, decide cerrar. Tenía 2 camareros. La lista del paro se incrementa con 2 personas.
Los demás bares deciden hacer reformas, la empresa encargada no da abasto y contrata a 1 persona más.
Balance neto de incremento de paro: 1 persona.


----

Lo dicho: BO NADAL!

agremon dixo...

Respecto ó de 'iñocente' ou 'inocente', o diccionario da RAG en liña trae a acepción 'inocente', o mesmo que a aconsella a páxina http://www.galizacig.com/ficheiros/html/normaliza/normaliza.htm , sete anos posterior e acorde parece coa nova normativa.
Non obstante, é unha forma que non se deixou de usar.
Rebuscando na miña historia persoal, coido que debín poñer 'inocente'

agremon dixo...

Fíxome un ano despois: "¿Chamas a garda civil? Estos non che fan caso ningún."
Cando menos, curioso...