20080530

Ribadeo, que pequeno es

    A prensa hoxe lémbrame a Hernán: a banda de Burela non tocará mañá na procesión por propia decisión. Un paso que Hernán non chegou a dar, pero que si tratou de minimizar, ese de dar paseillos procesionais (xa non digamos dos pasarúas). De calqera xeito, a súa postura abriu o camiño a que agora se poda facer con máis tranquilidade. Fai quince anos, por esa reducción gañou críticas de repulsa acérrima e o enfado perpetuo dunha parte da sociedade. Claro que había outras cousas máis acompañando, que facían posible a unión por parte dos críticos, por exemplo, do anticlericalismo e o non ir nas procesións. Para un estudo máis profundo que pode que algún día faga Fuji (ou outro)
    Pero o de que Ribade é pequeno non vai por eso. Vai por outras cousas. vai porque me preocupa a amnesia social que padece Ribadeo, que parece non ter un núcleo de xente abondo como para que se lembren e se manteñan vivas de xeito eficaz algunhas cousas. Por exemplo, que se segue indo a luz. Menos que hai uns meses, de xeito máis espaciado (levamos varias semanas sen corte), pero o problema está aí, a carta de protesta aínda non foi contestada polos responsables e a xente segue a súa vida ... ata que haxa outro corte.
    Vai polo Plan Xeral de Ordenación. Despois de ampliar o prazo de exposición, UPRi segue afondando enque se investigue, e ós outros partidos 'séntalle mal'. Xusto como unha pequena familia na que un decide obrar pola súa conta e ous outros tentan voltalo ó rego de xeito pouco ortodoxo ou se limitan a criticar. E, como en toda familia, é de supoñer que hai cousas que non saen ó exterior: o caso é que no xulgado non está o tema, a pesares de que polo anuncio a bombo e platillo parecía que si ía ser así.
    Vai tamén pola nave do porto. Está claro que para metelo nas noticias dos medios a nivel Galicia necesitamos de Asturias, non podemos metela sós. e así aparecen os dimes e diretes da conselleira asturiana, da conselleira galega, e agora, de Areces, que non di nada novo (máis ben, intenta contemporizar, aínda que salvando a cara pola súa subordinada). Falta Touriño, que é de supoñer que, entre outras cousas, volva a nomear mal a ría de Ribadeo (véxase a nota de Areces, que me pasou José Mª onte e poñerei só non caso en que xere posturas novas) e saia tamén en defensa da súa conselleira (a xente normal cada vez existimos menos para os políticos, como non sexa para pedir o voto e criticar a nosa postura). Queda lonxe o que sexa aplicada neste ema unha frase do Premio Nobel de Economía Amartya Sen, tomada dun artigo de Loretta Napoleoni o outro día no 'El País': "O estado, non o mercado, debe ser o responsable do benestar dos cidadáns". Aquí constituiuse Portos precisamente para que as institucións tiveran menos que ver no tema, e as empresas poideran ter máis man libre. Esperemos as verbas de Touriño, así como seguimos esperando o escrito do concello onde poña en papel a postura tomada polos nosos representantes máis directos. Mentras, a postura do alcalde de Ribadeo da unha esperanza sobre o tema, ó tempo que deixa claro que alomenos nalgún momento a postura dos nosos representantes foi que se opoñían porque esperaban que a nave fora freada de máis arriba.

3 comentarios:

ajaspino dixo...

Ahí lle diches. Unha Banda ten todo o dereito do mundo de elexir se quere ou non quere facer pasarruas, procesión ou o que sexa.

Tamén todo o mundo ten o dereito de criticar o que lle pete; pero unha mágoa que se teñan que seguir a facer procesións polo "que dirán" e non por unha "suposta calidade musical" (que non a ten ao meu parecer).

Propoño unha idea pra a Asociación da Semana Santa e similares:
Se levades unha imaxe enrriba dunha tarima con rodas, por que non levades outra tarima con rodas e un Casio destes coa "Marcha fúnebre"?

Fer Trombón dixo...

Dende logo, o problema é o entorno cando ti asistes coma músico ribadense parece que es un mal ribadense e pouco colaborador se non vas.. indenpendentemente da túa idiosincrasia.. pero digo eu porque eu non podo obxectar das procesións e eles por poñer un exemplo si o poden facer contra a asignatura de educacion para a cidadanía.. ir nunha procesión vai contra os meus principios.. mais coma musico levo tempo a facelo.. unha das cousas que conqueriu hernan e vencer topicos e abrir camiños en toda Galicia respecto a dignificacion das bandas, da ensinanza musical e dos musicos (se nos pesca a onu denuncianos por explotacion de menores.. hernan naval dixit) anos despois da súa morte eu penso que eses camiños que deixou abertos paseniño estanse a fechar e a encher de atrancos... hai unha involución musical... en fin, respecto o do Casio meu colega Chenchu é a parte visual o que lles gusta, o tufillo militar, o ir todos co mesmo paso uniformados, realmente a musica importalles pouco... é tradición din algúns.. (son os mesmos que se erguen dos cuartos traseiros cando escoitan a marcha radetzsky e roncan con sibelius...).. sempre se fixo.. dirán outros.. tamén é tradicional o bocio nalguns paises e non por eso deixa de combatirse... o medo a reverencia o silencio.. eu faria procesions encantado se vivise en nova orleans, ainda que non crea nelas.. polo menos son ledas e non infunden medo... mais xa sabes como vai isto con la iglesia hemos topado..

Fer Trombón dixo...

e sobre todo unha banda amateur.. na que a motivación principal é a ilusión.. hai moi boas bandas profesionais que se adican encantadas e devotas a estos menesteres.. pero claro hai que pagarlles.. e os parviños de sempre non