20080205

Facer algo polo medio ambiente


O mundo anda revolto: No seu aspecto máis amable, nos EEUU hoxe é o supermartes, onde se decide a parte fundamental de quenes van a poder optar á presidencia do estado.Ó tempo, unha loita por moitos, moitos cartos, está en marcha na oferta de compra de Yahoo! por Micro$oft.
En Ribadeo segue o antroido, diferente de anos anteriores, pero co espírito de diversión e transgresión característico. E, por baixo, parece que asoma xa a calma: a nova de onte foi a posta de contedores para aceite doméstico usado. Ata agora (que eu saiba, e a excepción do punto limpo que non era usado pola xente como tal neste caso) había un contedor no porto para aceite mariño, con características diferentes antes e despois do seu uso dos aceites usados no fogar. Eso representa un paso cara á mellora do medio ambiente, sexa na enseada de de desembocadura do río de Vilaselán ou sexa na ría de Ribadeo (se Google non a cambia por Río de Ribambo). Agora queda a concienciación para o uso dos contedores, o 'factor humano'que, neste caso concreto, non parece que teña que ofrecer especial dificultade. O tempo o dirá.
A foto, remachando o do tempo o dirá, recolle un mexadeiro de moitas noites, cun plus destes días: unhas cadeiras que despois de pasar un tempo nas catro calles e ser pedido nun pleno o seu desaloxo agora pásano no exterior dun garaxe á beira dos mexos.

Ningún comentario: