Dinamizando Ribadeo, o blog 'vida sociopolítica de Ribadeo' remata de poñer un artigo sobre o Castro das Cárcovas, na Capela, Ove, e acompañao unha imaxe do sixpac cunha liña negra indicando o camiño dende as casas da Capela, que hai que coller pouca antes de chegar a elas, á dereita. Os foxos, unha vez chegados, están craros.

É un castro entre os que hai en Ribadeo, e é de supoñer que pouco a pouco, igual que outros (en particular o das Grobas, máis próximo ó pobo e potenciable turísticamente), se vaia coñecendo, aínda que vendo as novas de que o parque de bombeiros, catro anos despois de rematado e sen utilizar por cuestións políticas, xa necesita reformas, ou que o xulgado non suscita a unanimidade dos partidos ribadenses, que parece se queren colgar medallas nunha especie de conto da leiteira made in Ribadeo (ou peor, nunha nova versión de eso de 'se non eres para min, non eres para ninguén'), etc, hai veces que un dubida ata que se vaia poñer antes do verán unha sinalización ás Grobas que xa foi pedida hai ano e medio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario