20080109

Debera quedar aí


O título pertence a un comentario que remato de escoitar agora mesmo: un recolledor de lixo referíndose ás bolsas situadas na esquina entre Pasarón y Lastra e Viejo Pancho. Resulta que, a raíz da queixa de veciños polo emporcamento da rúa, esta semana foron retirados os contedores de lixo que había nesa esquina, sendo trasladados ó calexón que hai entre a Fonte Vella e Rodríguez Murias, calexón que xa albergaba ós contedores de plásticos. Pois hai quen segue a deixar as bolsas na esquina, bolsas que ademáis teñen graxa e polo tanto son as que veñen dende hai algún tempo emporcando o lugar, acompañando ós devoltos da fin de semana, ós vasos rotos da movida, etc. A foto tamén é de agora, e pódense observar os regueiros recentes que emporcan a rúa. É dicir, todo un contraste cos caramelos recollidos o día da cabalgata (foto que prometín no seu momento)

Pequeno (gran) desmadre, desobediencia incívida, ... non sei moi ben como calificalo, pero ó final, porcallada, resultante como consecuencia nunha tempada na que a prensa fala de falta de aparcamentos (e non de que debe haber xente que emprega o coche para ir mexar) ou de que onde Romeu, o Conselleiro, dixo digo agora di Diego e Ribadeo seguirá aínda tempo sen xulgado (esperemos que non tanto como sen polígono industrial)

1 comentario:

Agremon dixo...

Unha vez comprobado, unha aclaración: os regueiros esta vez non corresponden a lixo e aceite, senón a auga dun rexistro xusto á beira da zona onde estaban con anterioridade os contedores.