20080123

Benedictione habemus

Vale, xa temos o certificado da bendición: traeráo Balbino como as bulas papales, a distancia.
Nunha orde moito máis terrenal, adxunto a convocatoria da asamblea de O Tesón para o próximo mes, como ven facendo dende asúa creación, dúas por ano.
Aproveito un par de citas que vin onte nun vello (e non demasiado bo, ó meu xuízo) artigo de Manuel Castells para introducir a outra foto de hoxe: "como se di nos EEUU, se atopas cara a educación, proba a ignorancia". E, en relación con claves de éxito/fracaso: "por unha beira, a calidade e adicación de mestres e profesores. Pola outra, a atención dos pais á educación dos seus fillos". Paréceme evidente que non se estaba referindo (ó menos non só) a que se pasara polos centros educativos repartindo condóns a xente de 14 anos, senón máis ben a outras cousas. Pero a foto amosa precisamente o que digo: condóns (para cada alumno e alumna e foleltos (4 para o conxunto da clase) para aprender a amar, follar de xeito 'seguro', ...
En fin, mentras segue a inestabilidade económica que comezou de repente, os EEUU quere encasquetar ó xeneral que ten ó mando en Irak ó mando da OTAN, como premio, ábrese en Vigo un curso para ensinar ós políticos (din que costa moito, pero responden que é rentable polo que se cobra...) e o BNG parece que recúa en pedir que se anule o sobresoldo dos funcionarios 'electos' para cargos de confianza políticos. Menos mal que en Ribadeo parece que aquela normativa de amaños que se puxera hai máis de dous anos vai ser posta en práctica, segundo o titular de hoxe mesmo "Suárez ameaza con multas a dez propietarios da zona vella se non rehabilitan os seus edificios"
... saúdos e bo día.

1 comentario:

Anónimo dixo...

ogalla repartiran condons cando eu tiña 14 anos