20070831

Casas de Indianos en Ribadeo. XVII A Capela da Orde Terceira, un edificio relixioso



Na mesma praza do mercado foi construído o outro edificio 'público' - relixioso de referencia indiana en Ribadeo, a Capela da Venerable Orde Terceira. O lateral que presenta á praza está hoxe descoidado, falto de uso excepto por vagabundos que o utilizan de cobixo.

A contaminación industrial multiplica os tumores en Cataluña, Huelva e Asturias


A nova, dada por un diaro nacional hoxe, non é en realidade tan nova porque é sabida. O caso é demostrar a relación entre a contaminación e os seus efectos; mesmo ás veces, amosar a existencia de contaminación.
Pode parecer raro que non se poda demostrar (que sexa difícil facelo) a existencia de algo que está aí, pero ese primeiro paso, para quedar establecido, costa moito moitas veces, e aínda así, hainas que non se admite ou se ignora o resultado. Tamén pasa en Ribadeo, e non só no tema dos ruídos. Ou non está aí como referencia esa outra cuestión das alturas ilegais, que xa foi demostrada e parece que non acaba de ser aceptada, ou , caso de aceptarse, tenta pasarse de calquera xeito para que non teña consecuencias respecto dos autores dos mesmáns urbanísticos?
A segunda parte, a relación causa-efecto pode ser aínda peor. Por exemplo, quen convence ós propietarios de terreos que queren vendelos para a especulación urbanística das súas consecuencias, e que por eso non deberan vendelos?
A resposta para ambos convencimentos pasa por a constancia e o tempo. Moitas veces, por desgraza de quen ten que sufrir as consecuencias ata entón.
A foto, unha vista cunha perspectia en xeral pouco usual do edificio que agora ocupa 'o Choyo' na súa planta baixa, na esquina Villafranca-Reinante

20070830

Collendo algo alleo

Dende o blog de Marsop collo esta ligazón que localiza os fotoblog de Ribadeo. parece que agora están de moda.

Lembranza de cando eramos pequenos


Os cativos pequenos teñen en xeral unha certa fixación por medrar, mentras que os maiores soen mirar ós pequenos cunha certa morriña de tempos marabillosos perdidos. Non ocorre sempre así, pero si a grande maioría dos casos.
Parece que Ribadeo superouo por primeira vez os 10000 habitantes, o que implica un cambio de categoría municipal, algo así como unha 'maioría de idade' do municipio, que implicaría, por exemplo, 17 concellais en troques dos 13 actuais (contando sempre co alcalde).
O alcalde parece que ten unha opinión positiva do feito: un municipio máis diverso, plural e máis rico culturalmente. E é certo que pode ser así, pero non necesariamente. Por eso é convinte seguir o fio das declaracións: "tamén nos obriga a incrementar os servizos e aumentar a atención ós veciños. Desexo que este medre vaia aparellado coa ampliación de espazos verdes, residencias, etcétera. Neso temos que traballar todos os grupos, escomenzando polo prioritario, que é a aprobación dun novo plan xeral que nos permita medrar de xeito ordeado."
As interpretacións hai que collelas con coidado. Casan perfectamente cun concepto desarrollista, pero tamén pode ser compatible coa mellora da vida na vila (aínda que o certo é que encaixa menos).
Sexa como sexa, o certo é que o municipio é máis plural: 275 de fora de España, 120 de Brasil, 60 de Portugal, 34 de Colombia, 23 de Rumanía, 21 da República Dominicana, 14 de Lituania, 12 do Uruguai e máis doutros países. E aquí chega a primeira reflexión, cando vexo que se lles trata de extranxeiros (eu puxen o lugar de procedencia, non a nacionalidade, que é diferente...). Din que na realidade hai máis xente de fóra. Pero non se ve (ó mellor hai a vontade) un plan para integración ou convivencia, unha idea de como se vai a convivivir entre xente con esas diferencias culturais que hai que aproveitar para medrar como persoas en troques de para empobrecerse mutuamente como tales.
Entre as persoas de aluvión, hainas de moi diferente condición: eu mesmo non nacín en Ribadeo (como lembrou o anterior alcalde hai non tanto tempo e foi respondido no blog) ainda que leve xa case a metade da miña vida aquí, e sei que haberá xente que non me considere nunca de aquí, sendo eu mesmo galego. Por eso coido que esa diversidade merece un tratamento, ó tempo que o necesita.
O billete de tren, de ida e volta, pode ser un símbolo. Neste caso, é de Ribadeo a Ribadeo: volta para a casa cambiado despois de pasar pola praia, máis moreno, máis ledo, con máis ansia de vivir, diferente.

20070829

Unha terceira hoxe, sobre o blog

Poucas verbas: Recibín un comentario coido que moi axeitado sobre a apariencia da entrada anterior; era só un 'experimento'. Haberá outros, pero polo momento alomenos, o blog seguirá tal cual.

Tormenta sobre Ribadeo: a nova de hoxe

Por esta volta, non é en sentido figurado. A tormenta desta noite, máis aló das 5 da mañá (seino pola xente que saiu do local de enfrente) foi relampagueante, auténticos fogos de artificio naturais máis vistosos que os artificiais. Parece que anunciara as festas patronais, e deles poderia sacarse unha película para anuncialas.
Aproveito para poñer as convocatorias culturais que me chegaron antonte no correo:

Ribadeo cultural

MÚSICA … DE PELÍCULA

A Coral Polifónica de Ribadeo nun concerto de música de cine. Será o mércores 29 ás 21.00 horas no auditorio Hernán Naval.

Entrada de balde.

E ás 22.30 horas, ON & OFF despídese por este ano. A última proxección de

curtas será no campo da festa da parroquia de Santalla de Vilausende.

O MUSIQUEO acude á súa cita un ano máis. Desta vez, subindo ao escenario o mellor dos grupos musicais e djs da comarca. Organiza a Asoc. Cultural El Viejo Pancho.

Agardámosvos o xoves 30 ás 21.30 horas na praia dos Bloques

FADOS

Caixa Galicia convídanos a escoitar a María do Ceo no seu ciclo As nosas músicas. Será o venres 31 ás 22.00 horas no porto de Porcillán.

( Os que manexedes a axenda trimestral reparade en que muda o lugar.)

EXPOSICIÓNS

Comezamos setembro con dúas mostras diferentes. O sábado 1 inaugúrase ás 13 horas na OMIC Nazón de Breogán, que estará na nosa vila até o día 15. Percorre o país organizada pola Consellaría de Vicepresidencia.

“…Esta exposición quere explicar por que cantamos no himno galego a nazón de Breogán e mesmo por que temos himno. Por que hoxe somos recoñecidos pola Constitución Española como cidadáns dunha nacionalidade chamada histórica. Por que hai 70 anos tivemos xa un Estatuto de Autonomía. Quen foi que se empeñou en tal cousa e por que. Por que Galiza non acadou historicamente un Estado moderno propio. Por que deixamos de ser reino. Por que este territorio pasou de ser soar de tantas casas nobres a non ter ren…”

Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea. Comisario da mostra.

E desde o día 1 ao día 23 , fieis ao noso desexo de dar a coñecer o mellor da plástica na Mariña, Quique Guerra , logo de mostrarnos o seu mundo escultórico en Mariñarte, expón no forte San Damián a súa pintura.

Sábado 1 de setembro

50 ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA EL VIEJO PANCHO

Ás 20.30 horas: Acto institucional e presentación da revista no salón de actos da casa do Concello.

Ás 21.30 horas , concerto de Álvaro Quintanilla (violonchelo) e Daniel del Pino (piano) no auditorio Hernán Naval.Obras de Beethoven, Mozart, Bach e Brahms.Entrada de balde.

Até o día 17 de setembro, exposición conmemorativa na biblioteca municipal.

125 anos de teatro galego

O 13 de agosto de 1882 estreouse no Liceo Brigantino “A fonte do xuramento”, de Francisco María de la Iglesia. Foi o primeiro texto teatral en galego do que temos noticia da súa estrea. A Consellaría de Cultura e Deporte , por medio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, xunto co IGAEM , queren celebrar este aniversario.

Por iso, bota a andar unha xira na que 25 espectáculos erguen os panos dos teatros . Máis de 40 concellos reciben a visita.

A Ribadeo chegan dúas obras. A primeira delas, Romeo e Xulieta, de Teatro do Noroeste.Dez novos actores e actrices de menos de 23 anos cunha ollada nova sobre unha historia de sempre.Será no Hernán Naval, o domingo 2 ás 20.30 horas .

Entrada de balde.

Ése máis feliz a máis participación cidadá e transparencia

É o resultado dun estudo suízo... e aplicable en todo mundo.
Que se complementa con outros que dan conta de que canto máis abaixo na escala social, peor saúde...
O que se complementa á súa volta con que a felicidade está máis no proceso da súa procura que no fin, e que o único factor externo que a afecta son as relacións persoais.

20070828

Como terceira de hoxe, recén saído do forno: programa das Festas Patronais Ribadeo 2007



Lembrando que se pode ampliar premendo cono botón do rato sobre as imaxes, adxunto de paso os días festivos 2008... (os que non coinciden con fin de semana):
1 xaneiro,
1 maio,
25 xuño,
15 agosto,
8 decembro,
25 decembro

O Batallón Galicia, en Ribadeo

Chegou ás miñas mans dende disciminados unha información sobre a composición do batallón Galicia (ía poñer o enderezo electrónico do .pdf, pero vexo en Google mogollón de novas sobre o tema). De Ribadeo estaban:
Lugo Riabadeo Ríos García Ramón Compañía de UGT Carpinteiro
Lugo Ribadeo Castro Álvarez Ramón 2ª Compañía UGT Mariñeiro
Lugo Ribadeo Díaz Rodríguez Francisco 3ª Compañía UGT Dependent
Lugo Ribadeo López Gómez Ramón 2ª Compañía CNT Mariñeiro
Lugo Ribadeo Ramos Martínez José 1ª Compañía CNT Mariñeiro
O que amosa o funcionamento da UGT e CNT xusto antes da guerra do 36 en Ribadeo.

Patrocinio privado


San Roque 2007 en Viveiro: unha empresa ofrece 20000€ e queda como único refresco mercable nos chiringuitos da romería.
Máis ou menos, eso foi o que pasou. E coido que a polémica está servida e con razón. Non tanto porque teña habido un patrocinio, senón polo que representa de fondo, que segundo os detalles de como sucedera pode chegar á compra dunha liberdade pública (que sexa de segunda categoría ou non, por ser un artigo de consumo, é iso, secundario).
E é que os concellos necesitan cartos porque teñen moitas funcións, pero o xeito de obtelos non está nada claro.
E coido que, co anterior, chegou o momento de verquer unha afirmación de Jorge Edwards verquida a semana pasada nun artigo no El País: 'Si no se ejerce presión, las empresas tienen una tendencia casi inevitable a dar el mínimo o menos del mínimo'. A referencia está relacionada cos salarios pagados e coa finalidade última das empresas: gañar cartos. Nunha sociedade estruturada como a nosa, parece natural que as empresas empreguen todas a tretas ó seu alcance para lograr o seu obxectivo, pero parece tameń que hai un certo retraimento a ese 'exercer presión' de que falaba Edwards para que a vida sexa posible para todos e non só para as empresas e a xente que se identifica como cabeza visible delas.
Voltando ó caso de Viveiro: quen está a protestar, os distribuidores doutros refrescos ou a xente por non poder exercer a súa elección?. Coido que comezaron as empresas e eso moveu á xente, como novos peóns nunha guerra na que os xenerais pasaron a ser os 'boss' empresariais. Non é o único exemplo que tivemos por aquí de manipulación nese sentido.
A foto, do Mondigo cuberto de néboa a comezos de mes.

20070827

Unha opinión (3ª de hoxe)

Dun vello xornal, dunha entrevista a Celia Amorós pode destilarse: "(...) si un grupo humano puede ejercer dominio sobre otro, lo ejerce."
Estáse a referir ás relacións entre sexos, pero coido que o sentido pode ser moito máis amplio. E como corolario podía poñerse que os grupos humanos deben espabilarse se non queren ser dominados.

Un correo que me chegou sobre a cidade da cultura de Santiago (2ª de hoxe)

"Estase a crear unha plataforma para correxir o despropósito da Cidade da
cultura, o que creo interesante . Por iso enviovos a información seguinte:

Un saúdo e boas vacacións a todos.

Tedes máis información en " culturasimausoleonon.blog.com "

Hay unha reunión o mércores en Santiago ás 11 da maña na cafetería da EGAP
"POLIGONO DAS FONTIÑAS S/N "

cultura si mausoleo non 2007/08/23
CULTURA SI

MAUSOLEO NON

Plataforma Cidadán

Pola eliminación do Proxecto da Cidade da Cultura e a reconversión das obras
e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega.

Pola depuración de responsabilidades penais ante o cúmulo de irregularidades
desde o inicio do proxecto.

Pola anulación dos orzamentos destinados ao Proxecto da Cidade da Cultura e
a súa inversión en Sanidade,Educación e Servizos Sociais.

O capricho faraónico de Manuel Fraga Iribarne, coñecido como Cidade da
Cultura, ubicado no monte Gaiás de Santiago de Compostela, non pode
converterse nun saco sen fondo, para o que destinar centos de millóns de
euros que van hipotecar os orzamentos galegos nunha infraestrutura valeira
de contidos, inútil culturalmente e representativa dunha arquitectura
espectáculo que en Galiza supón un derroche dos fondos públicos. Van xa
373,7 millóns de euros invertidos nun complexo que triplicou o seu custe
inicial e que vai continuar a ser unha sangría de cartos de todos os galegos
e galegas, destinados a unhas obras innecesarias e que non responden a
ningún proxecto cultural fiable e crible.

En Santiago de Compostela, a finais do mes de agosto de 2007, cidadáns do
común, galegos e galegas conscientes do derroche inxustificado que supón a
Cidade de Cultura constituímos a PLATAFORMA CIDADÁN CULTURA SI, MAUSOLEO
NON, que ten como únicos e principais fins os seguintes:

1º. ELIMINACIÓN DO PROXECTO DA CIDADE DA CULTURA. DISOLUCIÓN DA FUNDACIÓN
CIDADE DA CULTURA E NON EXECUCIÓN DE MAIS OBRAS E INSTALACIÓNS QUE FORMAN
PARTE DO PROXECTO INICIAL APROBADO POLO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA
DE GALICIA.

2º. ANULACIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS Á CIDADE DA CULTURA E RECONVERSIÓN
DE TODAS AS CANTIDADES EN CONCEPTOS DE SANIDADE, EDUCACIÓN E SERVIZOS
SOCIAIS.

3º.APROVEITAMENTO DAS OBRAS EXECUTADAS E EDIFICIOS REMATADOS PARA ALBERGAR
TODAS AS INSTALACIÓNS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA EN SANTIAGO DE
COMPOSTELA.AFORRÁNDOSE O PAGO DE ALUGUERES E DESTINANDO OS EDIFICIOS EN
PROPIEDADE A OUTROS FINS CULTURAIS E SOCIAIS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A
CIDADANÍA.

4º.DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES PENAIS A QUE HOUBERA LUGAR, POR PARTE
DAS AUTORIDADES DOS DISTINTOS GOBERNOS DA XUNTA DE GALICIA, POLO QUE DAMOS
TRASLADO Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN DO INFORME DO CONSELLO DE CONTAS DO ANO
2004, DAS DENUNCIAS APARECIDAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS E DAS
EFECTUADAS POR ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.

5º.RESPONSABILIZAMOS AO GOBERNO BIPARTITO E NOMEADAMENTE Á CONSELLERÍA DE
CULTURA DA CONTINUIDADE DUN PROXECTO QUE COMPROMETE O BENESTAR E A CALIDADE
DE VIDA CUNHAS INVERSIÓNS QUE DEBERÍAN SER UTILIZADAS EN CREAR BENESTAR E
RIQUEZA PARA GALIZA.

* Se queres formar parte ou apoiar a plataforma "Cultura si mausoleo non"
envia os teus datos a: culturasimausoleonon@gmail.com . O teu nome e
profesión saira publicado na lista de apoio do blog."

Dende o Mondigo non se ve a autovía





En realidade, vese un pouco: xusto a partires da ponte do nó de Piñeira. Pero non todo o recorrido ó pé dos montes dende pouco despois de Santa Cruz ata que perde contacto co mar despois de deixar a tras a Cruz do Lobo. É algo curioso.
É curioso. Dende alí vese só un pouco da ría de Ribadeo, oculta polo pobo. Onte a ensenada da Liñeira estaba bonita ó lonxe, calma e coas árbores reflexándose nela. Ata a lagoa acuinor, en Meirengos, quedaba un poudo desdibuxada polo aire cargado de humidade (lembro que as fotos pódense ver ampliadas premendo o rato sobre elas).
Agora pódese subir moi ben ó Mondigo: á beira do km 13 da estrada Vilamar-Reme está o portón do camiño, que foi nivelado hai pouco e transítase moi ben. Para chegar arriba a mellor ruta é seguir recto, collendo o camiño máis transitado e nos cruces, máis empinado (só nunha ocasión non coincide co maís recto, no que parece un entronque a 90º, pero si é o máis transitado e empinado). A partir de 1h de ascensión pódese chegar (é aconsellable pensar en alomenos hora e media) e paga a pena somarse por alí de cando en vez, en particular se o día non está moi movido, pois déixase sentir moito máis vento que abaixo.
Zapatero, por contra, ante onte elixiu o mar, mellor, a ría de Ribadeo, para dar un paseo no barco 'dun amigo'. En Santa Eufemia parece que pasaran del: di a prensa que é el o que se achega a charlar con eles. Ó fin, é un simple mortal máis... Dende o Mondigo vese claro: a vista núa, non se notan as persoas, pero si os seus actos: as casas, estradas, a nova lagoa de Meirengos, a Ponte dos Santos, ...
Por certo, hai cousa dun ano tiña outra entrada sobre o Mondigo

20070826

Casas de Indianos en Ribadeo. XVI O mercado, un edificio público


Non é unha casa, pero si unha construción promovida por indianos, levantado no 1925 con estrutura de ferro, doazón de D. Ramón González Fernández, segundo consta no seu lateral.

Altas temperaturas... na auga

Din os expertos que aínda non se lle pode botar a culpa de que as augas costeiras da zona esteñan máis quentes que outros anos, quedando entre 18ºC e 21ºC. Son unha serie de fenómenos os que coincidiron para que este verán atípico teña esa temperatura na auga. Fenómenos que están todos relacionados coa enerxía da que dispón o planeta para mover as masas de aire e auga, e ó final, coa temperatura media do mesmo. Pero non hai relación direita. Nin tampouco rexistros que permitan constatar a veracidade de ser temperaturas anómalamente altas nas augas. É dicir, o efecto está aquí, vixiémolo, pero polo momento as explicacións son moi relativas.
O que non é tan relativo é o que se pode ver no vídeo: un exceso de velocidade na ría de Ribadeo, unha volta máis, aínda que desta sen esquiador atrás para o que esteña mirando distraído o piloto da moto mentras se achega a un bañista en estado de pánico ...

O vídeo amosa pois unha típica transgresión máis do exceso de velocidade nunha ría na que aparentemente non hai vixiancia e cada quen fai literalmente o que lle deixan. Entronca co que xa puxera máis dunha volta o ano pasado... Por certo, tamén sae a Ponte dos Santos, coas ilegais bases xa feitas (2 pilares) e en construcción (1 pilar). Ilegais, pero que seguen adiante pese as denuncias. Se a pregunta sobre quen defende ó pobo pode parecer moitas veces retórica, preguntar sobre quen defende a ría ou o medio ambiente, a casa de todos, pode dar aínda abondo peores resultados.

20070825

Ribadeo, Ría de Ribambo (II)


Hai tempo (ver) que puxen no blog unha visión de Google maps sobre Ribadeo. Aquí vai outra, que xa recolle a autovía... e unha saída da autovía vindo de Galiza que non existe, pero que debemos loitar para que exista. Cousas de Google, unha ferramenta moi boa, pero que é como as persoas: todas temos defectos. Por certo, o de ría de Ribambo convertiuse na actualidade en río de Ribambo.
Podería enviar o concello unha carta para aclarar algunhas cousas a Google? Ou, de xeito alternativo, facer posible esa saída da autovía vindo de Galicia que aparece na figura.

Un vídeo da procesión da Virxe do Carme este ano pola ría de Ribadeo

... pois só eso: un vídeo amosando unha vista xeral dende o mirador sobor do porto deportivo.

Sabes como vai un ordenador?

Por dentro, se entende... Unha cousa é o usalo de calquera xeito, outra o dominar o seu uso, outra de aínda máis nivel o controlar o seu funcionamento e outra o saber e ter posibilidades de facer o ordenador.
É evidente que a última é máis dificultosa, pois require non só coñecementos elevados, senón tamén ferramentas adecuadas apra a fabricación dos compoñentes.
En Ribadeo pódese estar, pódese vivir, controlar a normativa ou nun nivel superior, facer e desfacer ó antoxo. Pero Ribadeo non é un ordenador, e o ter un nivel ou outro vai implicar un balance diferente de dereitos e deberes das persoas. E máis cousas...
o que leva a preguntarse, po exemplo, sobre a participación posible no funcionamento do concello.

20070824

Casas de Indianos en Ribadeo. XV Casa en Vilaselán


Hai que saírse de novo da 'ruta principal' e achegarse ó cruce entre a rúa da Lodeira e a antiga estrada de Vilaselán para ver esta outra casa de indianos, de dimensións máis reducidas que a media e hoxe ameazada polo Plan Xeral de Ordenación Municipal, pois na última versión coñecida era convertida parte da finca en vía pública.
Á súa beira (dereita da foto) pasaba o ramal da liña de Vilaoudriz que levaba ó cargadoiro.

Aquí se duerme fenomenal...

... dixo Zapatero tras a súa primeira noite nos Oscos, unha noite normal, de semana, na que nalgunhas zonas de Ribadeo non se durmiu tan ben...
Deixando a Zapatero durmir, a Comisión de Goberno de Ribadeo non tratou o tema da licenza de Acuinor. Ó que parece, o tema segue proposto como estaba antes e parece máis claro de quen foi a 'culpa' de que pasaran os prazos e agora se reclame por silencio administrativo: falar da piscifactoría non figuraba na orde do día e foi reclamado por Balbino-PSOE. O alcalde, polo momento, actúa con precaución, xa que os informes non son todos positivos. E xa houbo información privilexiada, segundo as verbas do PP (Andina), que adianta tamén que o concello podería ter que indemnizar a Acuinor...
O que nos leva a algo xa tratado algunha volta no blog: a responsabilidade dos alcaldes. Que eu saiba, en época de Balbino ditouse unha sentencia que aínda está sen executar para tirar unha certa altura do edificio de entrada a Consum. Entrou nos xulgados outro edificio na Lodeira por temas semellantes, está o tema de Acuinor, con 'piscina' xa incluída na paisaxe, foi concedida licenza de apertura ilegal (segundo o xulgado) a un local implicado no RAMINP, ... e que responsabilidade ten o alcalde? Pode dicir algo así como 'eso xa pasou'? Dubídoo.
En canto á postura do actual alcalde de pedir informes, máis informes, a diversas instancias da Xunta, mentres di 'que se aclaren', sen emitir xuízo propio, déixame pensando se o que pretende é ganar tempo para saír no atolladeiro que se atopou (o que espero que sexa así non só por el, senón pola xente que ten no seu equipo de goberno, aínda que coido que tería outros recursos) ou perdelo para que mentres vaia pasando máis do tempo que argumenta Acuinor que xa pasou (en consoancia coa postura que mantivo con anterioridade, pro-piscifactoría 'tal cal'..

20070823

De 8 a 8

Onte, de casualidade, souben que a biblioteca de Burela estaba aberta 12 horas seguidas, co que pensei na de Ribadeo, que estivo aberta no verán menos da terceira parte dese horario. Na realidade, hoxe mesmo, o horario aumentou e abre non só a mañá, senón mañá e tarde, aínda que en menor horario que a burelesa.
De calquera xeito, é apra pensar a que se adican as bibliotecas. Despois do canon por préstamo de libros imposto en certo xeito pola UE (é dicir, máis ou menos cada biblioteca pública ten que pagar unha cota anual polos libros que ten; a solución a ese pago debe facela o titular, neste caso o concello), imaxino que as bibliotecas públicas xa non son tan públicas (aínda que polo funcionamento burocrático do tema en moitos casos non se debe de estar a pagar). Por outra parte, no verán, no que se supón que moita xente ten máis tempo para ler, a biblioteca reduce horario. E nos últimos días de agosto, cando moitos estudantes comezan a preparar os exames de setembro (parece unha contradicción que sexa nos últimos días, pero é a realidade), entón aumentan o servicio, prestando a imaxe de sá de estudio abondo ateigada, como pode verse estes días.
Entón, o que queda daquela función de difusión cultural aparece totalmente desdibuxada, e máis aínda cando a maioría dos que usan esa sá de estudo son universitarios e Ribadeo non optou nunca (a pesares das miñas indicacións de fai xa dúas décadas, non é a primeira volta que o digo no blog) a unha sé univeristaria como na actualidade teñen Viveiro ou Foz.
Ben, a sá fai un servizo. O fondo bibliotecario, menos. Coido que habería que reorientar o servizo para aumentar a dinamización do fondo de que dispón a Biblioteca Municipal Viejo Pancho, que está entrando xa nos actos da celebración do seu 50 cabodano, o que sería un momento idóneo para relanzar a utilidade e uso deses fondos. Por pór un exemplo, hai moita xente de aluvión que veu a Ribadeo vivir e que non sabe onde está a biblioteca. Ou outra que non sabe que nela disponse de cintas de vídeo e DVD, unha colección que foi medrando pouco a pouco e que representa fondos que necesitan moitas horas para velos. Ou que se dispón asemade de servizo de ordenadores conectados a internet (complementados polos máis numerosos da Casa da Xuventude á súa beira) Ou que as revistas que alí hai, aínda sendo abondo numerosas que noutras bibliotecas, dan pé a unha lectura variada. Ou que alí pode verse a historia de Ribadeo día a día a traverso das coleccións de A Comarca e outros xornais locais xa desaparecidos, ou ben a máis recente das seccións da Mariña de El Progreso ou La Voz de Galicia. Ou mesmo, como descubriron xa moitos estudantes, dispor dunha sá tranquila en xeral para ler.
En fin, non teño visto tampouco moitos carteis que indiquen dende calquera parte do pobo a situación da biblioteca, e os actos de animación á lectura son para escolares, que se ben son máis doados de facer e seguramente de maior rendemento que para os máis maiores, non deberan ser os únicos. E aí está a Casa do Libro que fai, como entidade privada, unha promoción cara á lectura a traverso da venta que non fai a BMVP a pesares da diferencia de custe de uso dos resursos bibliográficos que pode ofertar. Ó mellor era bó facer un concurso de ideas para a promoción da BMVP e da lectura: ás veces asombra o que pode saír de aí. Claro que hai que estar dispostos a levar a cabo as ideas, e eso implicaría con bastante probabilidade o aumento do orzamento adicado.
Algunha idea?

20070822

De novo, pola forza, Acuinor en Ribadeo

Despois do xeito irregular no que foi tratado o tema da piscifactoría de Acuinor no seu momento, agora Acuinor volve á carga aparentemente dun xeito semellante, cunha apariencia de legalidade e unha imposición de fondo, ó menos se nos fiamos do que di a Voz. O que non teño claro é se o que tentan aproveitar, o silencio administrativo positivo, foi xerado por o actual goberno municipal ou por o pasado. En calquera caso, o que é estrutura de tratamento de datos, peticións e demais no concello, comezando pola secretaría, non variou. Hoxe hai comisión de Goberno, e non se sabe se se tratará o tema, pero o xeito que toma estase a ver. Para ir centrando o tema, poño unhas cantas ligazóns (non todas) de ribadeando que o tratan:
http://ribadeando.blogspot.com/2005/08/rinloinfo.html
http://ribadeando.blogspot.com/2005/09/radio-ruido.html
http://ribadeando.blogspot.com/2005/11/de-novo-en-agosto.html http://ribadeando.blogspot.com/2006/05/xogado-en-ribadeo-letras-g-0-ftbol-3.html
http://ribadeando.blogspot.com/2007/02/o-rudo-entra-na-campaa-electoral-en.html
http://ribadeando.blogspot.com/2007/03/pquenas-cousas.html
http://ribadeando.blogspot.com/2007/07/en-espera-de-outra-crise.html
http://ribadeando.blogspot.com/2007/07/comentarios-pequenos.html

20070821

Á pata coxa


O alcalde sufriu unha caída mentras facía deporte e tivo que ser ingresado no hospital, e segue de baixa. É dicir, está 'á pata coxa'. Un concello non ten dúas pernas para dicir o equivalente, pero en certo xeito, pódese empregar a expresión. Así, Ribadeo vese afectado estes días por unha folga de traballadores alleos, recolledores do lixo reciclable no contedor amarelo. O resultado é o consello de non usar ese contedor mentres non se pase o da folga. Así estará todo o 'público' máis limpo (a costa de manter cercado ese tipo de lixo na propia casa, claro). a nova non explica outra parte: se se tira o tipo reciclable de lixo no contedor verde, estase a producir unha disfuncion á hora do seu tratamento posterior, co que se incrementa o custe de tratamento e se fai peor, sendo penalizado o concello mediante tarifas.
E, no anterior esquecinme dos traballadores afectados pola folga. O por que é sinxelo: non sei nin quenes son (a excepción da empresa, que parece que se chama Isolux e que ten un contrato direito coa Xunta), nin que reivindicacións teñen, nin se teñen razón ou non: o importante parece ser o problema, non a xente, sexan traballadores ou cidadáns. Polo que me afecta, sei que ese tipo de lixo pode terse na casa un tempo sen que pase nada (a acumulación non é boa, pero...), pero pola outra beira, polos traballadores, o silencio. É dicir, a situación lembra a outras que xa teño comentado en relación co poder dos medios de comunicación e as consecuencias para a vida e a toma de decisións neste planeta que temos. Coa concentración de poder mediático en poucas mans (tanto a nivel mundial como a nivel nacional), non é raro que aparezan cousas como indymedia, Rebelión..., ou que traten de sobrevivir a dura penas outras como Le Monde Diplomatique, procurando unha visión máis obxectiva, ou alomenos, diferente, sobre os feitos a difundir, incluídos xeitos diferentes que non se tratan polos medios tradicionais.
A imaxe, a desembocadura do río de Vilaselán, tradicional lugar de baño de xente de Ribadeo na xeneración anterior (ou era xa hai dúas?), será complementada con outras.

20070820

Casas de Indianos en Ribadeo. XIV Casa de Sarmiento


De volta a San Roque dende a Balastrera polo mesmo camiño, atopamos de fronte á Casa de Sarmiento, aínda recentemente rehabilitada. Dela Pódense ver non só a capela de San Roque, na mesma praza, senón tamén o grupo de catro indianas (Axudantía, Torres, Rodríguez Blas e Andés)

As novas tecnoloxías en Ribadeo



Onte mesmo publicaba un xornal a relación de servicios accesibles polas web municipais da provincia. Se ben en xeral non era para botar ás campás a repinicar, o caso de Ribadeo resolvíase dun xeito claro: non, non, non, ... é dicir, non ten servizos. Ente os servizos que non ten está o de poñer as actas municipais accesibles na rede (algún cacho xa teño posto en Ribadeando e algún espero poñer en Ribadeo-historia).
A informática, internet, é algo máis ca un xogo ou un divertimento. O uso que se lle pode dar en democracia é algo que pode deslumbrar ou polo contrario, que pode derivar cara á supresión de dereitos fundamentais. A nós nos toca tentar de que a direccón tomada sexa unha ou outra. Con cousas tan sinxelas como a de poñer información clara accesible para todos, por exemplo.
As fotos, as dunha santa (bo, as da súa estatua) vista de día, para contrastar coa vista de noite: de día é máis pedra e menos misterio. Con máis obscuridade o misterio permanece.

20070819

O destino perenne dos principios: unha curiosidade nestes días que corren

“O destino perenne dos principios: se ben todos afirman profesalos, é probable que se sacrifiquen cando se volten incómodos”
“O lema de quen se opón ós principios: 'estou facendo o que podo'. Por suposto, o mellor posible dadas as circunstancias”...
Ambas citas están tomadas de Susan Sontag, no seu artigo 'Sobre el coraje y la resistencia' ("Resistencia", La Jornada, México, 12/04/2003). No artigo, deféndense dúas cousas que estimo principais. A primeira, que a postura de loita polos principios ten valor polos propios principios, non pola loita: os principios seguen a selo aínda que caian en desuso, pero a loita despoxada de sentido é eso, non ten sentido. Atención: os mesmos principios dan ese sentido aínda que a vitoria sexa lonxana e dende o punto de vista individual e non social se esteña a 'perder o tempo'.
A segunda, relacionada coa anterior, que hai que escoller ben os principios que defender, pois son eles os que pagan a pena de loitar, que é outro xeito de dicir vivir plenamente: lembro unha canción dun grupo xuvenil que dicía algo así como '... a vida é loita'... e se non se está a loitar, sinxelamente mórrese (e eso, aínda que a loita sexa só a de procurarse o que se estime maior placer posible).
En fin, tento de relacionar as entradas do blog con Ribadeo, aínda pasadas as cinco da mañá no medio dun ruído que impide pensar demasiado.

20070818

Casas de Indianos en Ribadeo. XIII A Balastrera


A Balastrera queda fóra da rota común cara ó centro: hai que desviarse ata o pé da antiga vía e estación do tren mineiro de Vilaodrid, o que podemos facer xirando pola capela de San Roque e deixando atrás os multicines.
Hoxe un hotel, á beira do seu muro pasaba o final da vía do tren de Vilaoudriz antes de cehgar á estación de Ribadeo.

2x1, música e ría de Ribadeo



Hoxe sorrín ó ver a nova que poño escaneada da Comarca. Coido que hai que agradecerlle á Coral Polifónica de Ribadeo o cambio de nome do certame de habaneras. Hai tempo que a ría non recibía un respaldo como o que lle remata de prestar esta sociedade que organiza ademáis o festival esta tarde.

Acompaño a continuación algo que non puxen, correspondente á entrada De Ribadeo ó ceo pasando pola música:


Sobre a transparencia, en Ribadeo e no mundo

Coido que é bo que as pequenas novas, que non teñen en xeral cabida na prensa, saian á luz pública e dun xeito diferente ó do boca a boca, perdéndose no imaxinario popular e pasando a ser medio verdades medio contos. Onte, unha formigoneira cortaba o paso á furgoneta do centro de día. Estaban traballando. Quen o permitiu? É un día e non son graves as consecuencias, pero, contouse con elas? Os actos dos poderes públicos teñen máis incidencia do que normalmente eles mesmos pensan, e menos meditación. Así, mentras que sae nas novas nos xornais son cousas 'de impacto', a vida compónse de pequenas cousas que son a súa base. e esas non se recollen na prensa.
A transparencia, na que levo insistindo tempo, pode ter moitas versións. Non é só que O Tesón conseguira que se consideraran para responder dúas preguntas como máximo despois dos plenos (emprego unha elipsis porque poucas foron medio respondidas, e para eso hai que saber antes cando vai haber pleno, cousa nada doada), senón que a cousa debe ir moito máis aló, como aproveitar cando se fai exposición pública de documentos como as contas do concello, que pouca visita tiveron, e esixir que sexan presentadas dun xeito comprensible e claro (alguén foi e poido atopar o que buscaba á primeira e con claridade?... e digo alguén, economistas incluídos).
Na loita pola claridade, vánse empregando cada vez máis ferramentas, tanto para obscurecer como para aclarar. Así, a nivel internacional, a nova que puxen o outro día da un novo soplo de esperanza a nivel internacional, onde cada vez é máis dificultoso ter novas fiables, dada a cantidade de intereses que se moven e a concentración dos medios noticieiros.

20070817

Santa obscura


Hai poucos días puxeron a statua de Santa Clara no xardían diante da entrada do convento. En pedra, chamoume a atención de que sexa máis ben chaparreta en troques de alta, seguindo as ideas do Greco de elevación a Deus. Polo momento está sen luz, por eso de Santa obscura. É posible que pronto lle poñan algún foco para realzala, como é típico, pero de todos xeitos, eu a prefiro así, iluminada a duras penas polas luces da noite de lonxe. coido que é máis natural e recollida, e menos motivo turístico.
Apoiando un pouco a idea anterior e tamén a idea que puxen no preámbulo a As festas populares no entorno ribadense, aí vai algo que tomei do libro das festas do Carme de Ribadeo deste ano (está sen permiso, alomenos mentras non localice ó autor). Lembro que se pode ampliar premendo co rato:

20070816

Casas de Indianos en Ribadeo. XII Axudantía


A casa que durante moitos anos ten sido a sé da Axudantía de Marina tamén é de indianos. Está situada entre a Casa de Torres e a capela de San Roque, rematando cara ó centro do pobo o grupo de catro casas de indianos (as outras son a Casa de Rodríguez Blas e a Casa de Andés)
Está localizada en San Roque 14. foi mandada construír por Francisco López García. Ten cerrazón da finca con murete e verxa. Fachada principal con columnas de fundición, balcón con rexas metálicas e miradoiros tamén metálicos. Tres plantas e baixocuberta, de planta 265m2 (Medidas polo SIXPAC).
Unifamiliar, foi construída no 1886, con acceso con escaleiras na planta baixa. As tres plantas teñen un aspecto moi diferente xa na fachada principal: na entrada, dúas columnas de fundición manteñen o balcón superior, con miradoiros metálicos a ambos lados.

Queren que continúe o circo

A visita de circos estes días a Ribadeo xa deu os primeiros froitos: a captura da linguaxe circense por un grupo político, como amosa unha nova de hoxe: El PSdeG-PSOE de Ribadeo califica como «propio dun pobo de circo» la masificación de letreros en las calles.
Hoxe, día de San Roque, actuacións diversas e novas curiosas fóra de Ribadeo. Non me refiro ó terremoto en Perú ou o atentado de onte en Iraq, que causaron ambos centenas de mortos e non son curiosas senón luctuosas. Refírome a novas como a da intervención interesada de poderes como CIA, Vaticano ou empresas nas entradas da Wikipedia. Hai que lembrar que aquí tamén hai wikipedia, tanto en castelán como a 'Galipedia' galega (ver á marxe dereita), e que se produce desinformación de contínuo. Eso tamén é un circo, e maior que o que denuncia o PSOE (algo que tamén se producía na época de mandato dese partido en Ribadeo, en coalición co BNG)

20070815

Casas de Indianos en Ribadeo. XI Casa de Torres


Entre a Casa de Rodríguez Blas e a da Axudantía, está a casa de Torres, caracterizada polas liñas da súa fachada, culminada na foto polo gurugú.

De Ribadeo ó ceo (pasando pola música)





Onte houbo outro acto musical máis, o concerto do campamento musical. A música dos rapaces foi acompañada por uns ceos incribles; o que puiden gardar de ambos non fai fe á realidade...
As fotos, o equipo de profesores do campamento, o equipo da Semana Santa tentando obter cartos para celebrala o mellor posible, o edificio dos Moreno reproducido dun xeito transparente, e unha mostra das nubes (seguirán outras ó rematar a serie das Casas de indianos), máis un pequeno vídeo.

20070814

Para hoxe

Hoxe está prevista, na praza da música, a eso das 8 da tarde, a actuación dos rapaces e rapazas do campamento musical. Continuarán asemade as probas da semana náutica.
Por outra banda, parece que dous días despois de ser posto en marcha, xa hai protestas de veciños e do concello de Barreiros en relación ó desvío de tráfico nas catedrais, e no mesmo sentido que o sinalado no artigo que cito.
Outras novas de hoxe son qeu hai acordo para pedir ampliación do PDT (o Plan de dinamización turística), pero curiosamente váise pedir unha volta rematado e non antes. É dicir, parece que para que o concedan terá que ser como pola porta de atrás.
E se houto acordo no do PDT na Xunta de Goberno, hai protestas porque as praias só son limpadas por tres persoas máis o GRUMIR, e porque non hai bandeiras de sinais en illas. E esto, un día antes da Virxe de Agosto. Previsión para o próximo ano ou retraso no deste?

Visións de Ribadeo cara fóra



As veces, un sáese das rutas habituais e pode comparar con cousas novas. Se alguén quere empregar un paseo en algo un pouco diferente do habitual, pode chegarse ata san Miguel en marea baixa e mirar as novas zapatas da ponte. Verá que non chegan todas á mesma altura, senón que teñen a mesma altura dende o chan: en marea baixa, a primeira zapata sobresae ben da auga, mentres que a segunda vese só a parte inclinada. Un pouco máis adiante pola estrada do faro seguen as obras de contención do talude derrubado hai ano e medio longo. A solución incorpora unha especie de pasarela de formigón metida na beira alta do cantil que se encargará de soportar o peso do paso rodado e peonil, complementada por remaches tentando asegurar a consistencia para que non sexan doados os desprendementos cantil abaixo da 'pasarela'. De aí, e ante a imposibilidade de pasar pola obras, pódese coller a alternativa da estrada accesoria á autovía, para contemplar de preto os muros de contención acústica, e un pouco máis adiante pasar por baixo dun dos pasos para contemplar agora o espectáculo de coches parados, a retención das obras. Algo diferente que se pode ver estes días en Ribadeo tendo coidado de que non atropellen a un pola estrada accesoria e accesos a Vilaselán...
As fotos, da retención da ponte, hoxe, cando tiña máis ou menos 1km.

20070813

A programación cultural (derradeira por hoxe)

Remato de recibir a programación cultural (din que da semana, pero non é así e corto un pouco), e aí vai:
CAMPAMENTO MUSICAL
até o día 15 no C.E.I.P Gregorio Sanz.
Org. Amadores da Música
* Onte foi o día da familia, e mañá, actuación ás 20:00 na Praza da Música. (esto non o di o correo recibido...)

50 ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL EL VIEJO PANCHO
EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA
17 de agosto – 17 de setembro
(en horario de apertura da biblioteca)

II FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA
Ribadeo 17.19, 24 e 26 de agosto
Co patrocinio da Fundación Caixa Galicia, e organizada polo Concello de Ribadeo, chega á nosa vila a 2ª edición deste festival que o ano pasado encheu o Hernán Naval de apaixonados da música clásica.
Leopoldo Erice volve dirixir este evento do que vos adiantamos o programa dos dous primeiros concertos . Ademais, tedes toda a información ao voso dispor na páxina web www.fimcr.com
Prezos : 6 e 4 €
Programa
Venres 17 de agosto
20.00 horas: Presentación do II FIMCR
20.30 horas. Conferencia: O Cristal Baschet: unha música agarimada, unha escultura sonora, a cargo de Ignacio Yepes.
21.15 horas. Concerto: Recital de cristal: Entre o amor e a lembranza. Homenaxe a Narciso Yepes . Michel Deneuve, cristalista e compositor
Impromptu
Miroirs
Mémoires de Jade
Ipolaïs
Antes del Después
Lolie
Anantara
Gigue
Comme une autre realité
Danse des Dunes
Domingo 19 de agosto
20.30 horas: Conferencia: Winterreise: o inverno de Schubert
21.15 horas. Concerto: Recital de piano e canto. Kathleen Flynn, mezzosoprano, Leopoldo Erice, piano
Winterreise D.911, Op.89
(Wilhelm Müller) (1828)
Franz Schubert (1797-1828)
Erste Abteilung
I. Gute Nacht
II. Die Wetterfahne
III. Gefrorne Tränen
IV. Erstarrung
V. Der Lindenbaum
VI. Wasserfltu
VII. Auf dem Flusse
VIII. Rückblick
IX. Irrlicht
X. Rast
XI. Frühlingstraum
XII.Einsamkeit
Zweite Abteilung
XIII. Die post
XIV. Der greise Kopf
XV. Die Drähe
XVI. Letxte Hoffnung
XVII. Im Dorfe
XVIII. Der stürmische Morgen
XIX. Täuschung
XX. Der Wegweiser
XXI. Das Wirtshaus
XXII. Mut
XXIII.Die Nebensonnen
XXIV. Der Leiermann
sábado 18 de agosto
auditorio hernán naval
21.00 horas

FESTIVAL DE HABANERAS
Agrupación Polifónica Centro Asturiano Avilés.
Coral Polifónica Sta. María de Cambre
Coral Polifónica de Ribadeo

Casas de Indianos en Ribadeo. X Casa de Rodríguez Blas


Lindando coa Casa de Andés cara o centro do pobo, atopamos a de Rodríguez Blas, cunha fronte quebrada solucionando o problema de ter dúas liñas de fronte ás que aterse, a marcada pola de Andés e sucesivas e a marcada pola da axudantía (tamén de indianos, a próxima que sairá na lista) cara ó centro do pobo. Aínda que Ernesto non o dixera na súa charla nin no paseo, ese dato parece facela posterior ás outras casas que ten pegadas.

Parece contraditorio


Pareceo. Hai novas periódicas sobre o día da bicicleta, pero non vin desenvolverse por aquí pistas para bicis. Periodicamente lanzo a idea, e parece que terei que seguir facéndoo, para ter vias para bicis en Ribadeo. É un pobo que é chan na zona urbana (na maioría da actual) e na parte máis poboada da zona rural, e no que ademais estase a converter en perigoso o ir en bici. Coido que desconxestionaría algo o tráfico, contribuiría a un menor quecemento global, a unha mellor saúde da poboación, etc (as avantaxes poden verse en moitos lugares descritas e en moitos tamén practicadas). O eixe avenida de Asturias/Avda. de Galicia, enlazando con S. Roque polos extremos e pola peonil de tempo en tempo (Ramón González), ligadas polos extremos á zona escolar mediante S. Lázaro e Alfredo Deaño, e ó faro a traverso de Rosalía de Castro e Vilaselán / paseo marítimo - paseo do faro coido que pode ser un comezo doado de deixar habilitado para o uso de bicis e tamén rendible pola cantidade de usuarios.
A foto de hoxe está collida da entrada da Galipedia correspondente a 'Bicicleta'.

20070812

Perseidas

Esta noite, do 12 ó 13 de agosto, é especial, en Ribadeo e en xeral en todo o mundo. Para saber máis, ver os artigos de Física e Química en Ribadeo sobre as perseidas pola ESA e pola NASA.
Como adianto, cara ó mencer será o pico de visión de estrelas fugaces en todo o ano. Claro que para velas é necesario estar erguido ó amencer.

Brazoturismo

Despois das marchas cicloturistas, o seguinte paso é o que está a dar o Altruán, clube de piragüismo de Ribadeo, programando a travesía dende a punta de aló de Barreiros ata Ribadeo en piragua, é dicir, a brazo partido. É o segundo ano e, de estar en forma, non debe ser mala idea para facer algo diferente, sano e gustoso.

Fracasa de novo, fracasa mellor

O título é unha frase atribuída a Samuel Beckett por Michael Ignatieff. Despois de re-ver onte a construcción da zona de Barreiros, espero que a frase sexa o límite malo da resposta a dar á construcción en Ribadeo. O que non entendo ben (e me parece evidente que non debera ser así) é que os alcaldes podan tamar decisións das qjue poden ser eles dos poucos beneficiados (por exemplo), mentras que logo a responsabilidade é do concello, é dicir, de todos. Para entendérmonos, un exemplo: Hai unha construcción que se deixa facer de xeito alegal/ilegal, e o alcalde pode vender o favor. Se hai que tirala abaixo, a posible indemnización é do Concello, polo tanto de todos, non do alcalde.
Coidoq eu son necesarias ideas para amañalo...

20070811

Casas de Indianos en Ribadeo. IX Casa de Andés


A casa de Andés está a pouco metros da de Docobo, pola mesma beirarúa cara o centro de Ribadeo, na mesma rúa de san Roque. É a estremeira dun conxunto de catro casas indianas adosadas. A seguinte, a de Rodríguez Blas, intúese á súa dereita.

Campamentos musicais

Etérome onte e confirmo hoxe que no concello de Ribadeo nestes momentos están a coincidir dous campamentosmusicais: un, de Amadores, no CP Gregorio Sanz, e outro no campamento de A Devesa, non sei de propiciado pola Xunta (hai outro campamento alí mesmo con rapacería portuguesa e galega, nunha experiencia intercultural que din, con fondos ). O caso é que pasouse de ningún campamento cn base musical a dous en só dous anos, o que en principio pode ser debido a un éxito da idea de Amadores na zona. En canto ó rendemento, verémolo dun (A Devesa) hoxe, no comezo da semana náutica, e noutro, o día 14, co concerto de fin de campamento.

Algo diferente


Atopámonos hoxe na prensa con que o alcalde manda investigar se dous socorristas foron ó bar en hoario de salvamento. Ó mellor é porque non saiu na prensa, pero coido que é a primeira vez en tempo que vexo que algo desto pasa en Ribadeo. E refírome a que se tente un mínimo control, non a que haxa descontrol.
Pode interpretarse como un primeiro paso, pero a raíz de comentarios escoitados, coido que eso é o que espera a poboación, que haxa un primeiro paso. É de supoñer a existencia dun protocolo de actuación para os socorristas, e tamén lóxico sería que un protocolo adaptado fora de disposición de cada colectivo de persoal do concello. Hainos? Penso que non, senon que máis ben polo contrario estánse a transferir tarefas asignadas entre persoas: unha práctica que pode resultar moi ben, maximizando o rendemento no traballo de cada persoa e creando un clima de cooperación, pero que de non ser controlada ten moitas probabilidades de descontrolar á súa vez toda a estrutura de funcionamento da casa grande.
A imaxe, parella a outra que puxen ai non moito, unha vista da atalaia, flanqueada pola ría de Ribadeo e polo edificio 'reconstruído' da beira.

20070810

Casas de Indianos en Ribadeo. VIII Casa de Docobo


Na beirarúa do 'Tranvía' e do grupo da axudantía está a casa de Docobo

Itinerario cultural natural. Comarcas das Mariñas luguesas e Ortegal






O título corresponde á tradución galega de algo que se presentou hoxe ás 12 no Hernán Naval ante unha ducia de persoas. Unha web, http://coastatlantic.comarcasdegalicia.com que aporta a novidade da promoción pública, mais coido que non moito máis. Sen ir máis lonxe, o que fala das casas de indianos en Ribadeo vese superado agora mesmo pola galipedia ou mesmo por este blog (e eso que queda a maioría por poñer). De calquera xeito, ten eso que chaman 'posta en valor' e a cantidade conxunta de información non está mal. A ben seguro que, coa promoción pública, saltará ós primeiros postos dos buscadores cando se teclee 'A Mariña', por exemplo.
Á saída do acto collín un 'estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal', tamén de coastatlantic, que, a todas estas, é un proxecto financiado pola UE. E un díptico explicativo, onde notei que a única web privada que aparece en todo o territorio de A Mariña e Ortegal é a de www.ribadeo.com
En definitiva, coido que pode contribuír á 'potenciación' da zona, pero antes deberamos poñernos de acordo de que é eso da 'potenciación', con cuestións como se é equivalente a unha 'posta en valor' económica ou non: sempre a voltas co modelo de sociedade que queremos.
Adxunto varias fotos como contraste ós papeis que cito, procurando sacar de todo e no só o bonito. O primeiro, o colonialismo do cantón, diminuído en aparencia en relación a como se observa in situ (ver 'pequenas cousas'). A segunda foto corresponde á zona de vestiarios do cine, que despois do amaño que está a sufrir, e vista a entrada á Avenida, haberá que reformas a non tardar. A seguinte corresponde a rúa neopeonil parcial no tempo que é o acceso ó mercado os mércores, e que se pode ver chea de xente, pero con coches aparcados. As outras dúas son detalles sobre vidros rotos despois dunha noite calquera (tomadas esta mesma mañá...)

Mirando un pouco máis aló

Non hai moito saiu medio tapada a nova de que Acuinor, despois de saír na prensa o contrario, non ía recorrer contra o decreto que din que lles impide a viabilidade da piscifactoría. Hoxe é Pontevedra a que xera unha nova: "Qué razóns pode aducir o Goberno para non actuar contra Ence?". A pregunta podería poñerse noutros moitos lugares e situacións, e o feito de vela plantexada en Vieiros coido que dará lugar a que se vexa tamén en outros sitios como nova aplicada a outras cousas.

20070809

Alguén sabe a que se refire o titular que poño?

O titular é: ¿Por qué interesa tener banda ancha en las zonas rurales? (El País digital, hoxe). E eu pregúntome: As zonas rurais teñen habitantes con razas diferentes respecto ás urbanas ou algo así? Se a resposta fora afirmativa, aínda quedaría a explicación de racismo para o titular. Como coido que non é así, non o entendo.

Líderes falando, o pobo á espera

Parece que se vai consolidando o de falar pola parte de arriba, é dicir, entre os líderes dos partidos políticos. Eso coido que é bo, pero sería mellor con transparencia (pode que non sempre sexa posible tela, pero inaugurar o intercambio sen ela non sei se será moi bo), e tamén quizais comezar co diálogo vertical (arriba - abaixo) en troques do horizontal (arriba - arriba, abaixo - abaixo).
Remato de lembrarme de algo que chegou ás miñas mans hai pouco e da interpretación que eu lle din, que podería resumirse como "Imperium? We're". É dicir, somos imperio (formamos parte del) se non somos críticos e aceptamos as consignas sen máis, sexa o 'imperio' que sexa. Aínda que dende o punto de vista imperial, como súbditos, sexamos de 3ª ou 4ª categoría (a nivle de política mundial, odese dicir que estarían os cidadáns a secas, ou sexa, os que deciden e logo están por riba das decisións tomadas, os súbditos de primeira, cidadáns dos EEUU con medios, os de 2ª, os de terceira ou non-US 'normaliños', ... e aínda quedaría algunha categoría por baixo). O esquema pódese repetir a outros niveis, en outras organizacións (posiblemente con menos 'categorías'), como por exemplo a nivel local.
Voltando ó do principio, lembro que aínda está por desenvoltar en Ribadeo o sistema de participación asociativo no concello, algo que se pediu antes de que foran 'soltados' os programas eleitorais e que pódese dicir que non foi recollido neles (ver Ribadeo-historia: houbo amagos, pero noutros sentidos, que se poden comentar noutro momento), co que polo momento os posibles contactos terían que ser a nivel informal.
En fin, destes temas non é a primeira vez que comento e non será a derradeira. O que si, teño a esperanza de que cada vez os poda tratar con máis optimismo.

20070808

Xoves nove de agosto, en Ribadeo




Mañá xoves terá lugar no salón de plenos do concello a presentación dun Congreso sobre o 'Viejo Pancho' que terá lugar a cabalo (... é unha expresión a honra do gaucho galego) entre Ribadeo e Lourenzá en setembro. Parece interesante, e é magoa que polo menos a parte non poda ir por ter compromiso nas xornadas de Inforensino para falar da galipedia, coincidindo en datas.
Lembro que premendo co rato sobre as imaxes poden verse maiores (se non, dubido que podades ler nada)

Casas de Indianos en Ribadeo. VII Casa roxa


Descoñezo o seu nome. O título púxenllo debido á cor que ostentaba na foto, mais na actualidade é azul.
Non é indiana, pero paréceo. O estilo é o típico de indianos, pero a casa non foi feita por eles. edificio grande, emblemático, vistoso, ...
Situada á beira da Calzada