20071213

Mestre




Supoño que a maioría da xente que le de xeito continuado o blog terá pasado pola biografía de D. Gregorio Sanz, mestre en Ribadeo. Agora, mañá venres 14 de decembro, terá oportunidade de asistira a unha visión algo máis extensa, unha charla titulada 'Gregorio Sanz e a súa época', impartida por Chemi Lombardero, mestre no colexio Gregorio Sanz, no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 8 da tarde.
Eran outros tempos cando comezou Don Gregorio na Granxa Escola Pedro Murias. Daquela, con moita máis escasez e teóricamente incultura (o da definición de cultura sempre se me escapou do diccionario), os emigrantes valoraban a educación e facían por ela, de xeito que os rapaces vían que quen triunfaba na vida a valoraba. Algo que quedou truncado pola guerra, que trouxo outros valores e destruiu aqueles: non só representou un asoballamento e dictadura/perda de liberdade, foi algo máis.
Unha escola que funcionaba naquela época era a de Obe, doazón de D. José López Rego e restaurada de xeito recente como se pode ver á beira.

Ningún comentario: