20071212

A confedereación, en prealerta



A hidrográfica do norte, pola seca. E é que a pesares de que na Mariña si o está a facer (algo), non chove e hai seca. O bonsai atlántico, a parte de sere enanizado, agora non ten auga, e a que ten está sendo contaminada de xeito sistemático dende hai anos sen moita solución polo momento: non é a primeira vez que digo no blog algo que sabe todo o mundo (tense dito máis dunha vez por exemplo nas xornadas de medio ambiente de Ribadeo),pero que se prefire ignorar, que os puríns mal tratados estánse a filtrar e emponzoñar a terra e a auga que se filtra a traverso dela. Leva o seu tempo, pero despois queda contaminado para moito tempo máis.
As fotos, detalles diversos da 'casa do Cubano', empregada no parque como pantalla de proxección de vídeos, e nun estado de conservación que hai que mirar antes de pasar por baixo dos seus soportais. Ten algunha característica curiosa, como as calzas entre columnas e teito, que non se aprezan moi ben, ou a feitura das columnas. O teito do soportal e o tellado necesitan reparación de urxencia.

Ningún comentario: