20071002

Lagoas


A foto amosa un montón de papel cartón xunto a un contedor que non é de papel. Coido que xa comezou a recollida comercio a comercio do cartón, pero parece que aínda tardará en sutir efecto. algo parello pode dicirse da recollida de vidro, que diariamente se manifesta nas catro rúas por arrastre dun plástico con vidro ata un contedor de lixo verde.
Entre o contedor da foto e do 'vidro' rematan de instalar unha grúa. O paso na rúa vese ampliamente reducido, aínda que polo momento non sexa visible a que edificio vai alimentar, pois é das autoportantes, é dicir, o contrapeso está todo abaixo e xira coa grúa, ocupando máis espazo que unha de pé normal, a pesares de ser máis pequena.
E, no porto, esas barreiras que ó fin, despois de estar listas, tiveron a boa idea de non poñer en funcionamento (alomenos mentras non haxa alternativa viaria en Mirasol), comezan a estar deterioradas. Onte podía observarse na saída sur de Mirasol que varios tramos xa estaban recollidos a parte, e outro, sen recoller, pero algo esmendrellado. O certo é que sorrín ó velo, fíxome gracia a estupidez do tema e pensei de novo no debate que mantivemos onte en Onda Cero tres persoas sobre os Presopostos Xerais do Estado, no que voltei repetir algo que xa dixera no blog. É cousa de xestionar ben o pequeno (puxen o exemplo do Parque de Bombeiros de barreiros, pero podía ser tamén o peche do porto) para poder berrar con dereito e non laiar polo máis grande.

Á noite, algo que relaciono con Ribadeo: un barrio enteiro, 750 vivendas, realoxadas polo ruído do aeroporto madrileño. Non vou establecer comparación entre decibelios, 7 días sobre sete e día/noite (sinxelamente penso que deben estar con maiores problemas que aquí), pero pouco a pouco a xente en xeral (e non só os afectados) e os gobernantes en particular rematarán por comprender que o ruído non deixa vivir e tomarán medidas adecuadas en todos os lugares, Ribadeo incluído. Mentras, só queda loitar, aínda que moita xente en Ribadeo prefira sufrir pensando en que non fan caso e polo tanto non se pode facer nada.
A outra foto xa é algo vella, da semana pasada: unha testemuña do vandalismo no parque do mineral, cunha porción apreciable de valla de madeira arroxada á rúa.

Ningún comentario: