20070821

Á pata coxa


O alcalde sufriu unha caída mentras facía deporte e tivo que ser ingresado no hospital, e segue de baixa. É dicir, está 'á pata coxa'. Un concello non ten dúas pernas para dicir o equivalente, pero en certo xeito, pódese empregar a expresión. Así, Ribadeo vese afectado estes días por unha folga de traballadores alleos, recolledores do lixo reciclable no contedor amarelo. O resultado é o consello de non usar ese contedor mentres non se pase o da folga. Así estará todo o 'público' máis limpo (a costa de manter cercado ese tipo de lixo na propia casa, claro). a nova non explica outra parte: se se tira o tipo reciclable de lixo no contedor verde, estase a producir unha disfuncion á hora do seu tratamento posterior, co que se incrementa o custe de tratamento e se fai peor, sendo penalizado o concello mediante tarifas.
E, no anterior esquecinme dos traballadores afectados pola folga. O por que é sinxelo: non sei nin quenes son (a excepción da empresa, que parece que se chama Isolux e que ten un contrato direito coa Xunta), nin que reivindicacións teñen, nin se teñen razón ou non: o importante parece ser o problema, non a xente, sexan traballadores ou cidadáns. Polo que me afecta, sei que ese tipo de lixo pode terse na casa un tempo sen que pase nada (a acumulación non é boa, pero...), pero pola outra beira, polos traballadores, o silencio. É dicir, a situación lembra a outras que xa teño comentado en relación co poder dos medios de comunicación e as consecuencias para a vida e a toma de decisións neste planeta que temos. Coa concentración de poder mediático en poucas mans (tanto a nivel mundial como a nivel nacional), non é raro que aparezan cousas como indymedia, Rebelión..., ou que traten de sobrevivir a dura penas outras como Le Monde Diplomatique, procurando unha visión máis obxectiva, ou alomenos, diferente, sobre os feitos a difundir, incluídos xeitos diferentes que non se tratan polos medios tradicionais.
A imaxe, a desembocadura do río de Vilaselán, tradicional lugar de baño de xente de Ribadeo na xeneración anterior (ou era xa hai dúas?), será complementada con outras.

Ningún comentario: