20070731

A conto do que se fala estes días en Ribadeo

Leo nun xornal xa vello: 'Se as crises non as finalizan os demócratas, as crises acaban cos demócratas. Non pode haber unha convivencia estable entre democracia e crise económica' (Joaquín Estefanía, falando de Fuentes Quintana, no El País de hai 7 domingos).
Pois resulta que en Ribadeo parece que hai crise económica institucional, e previo, coido que houbo crise de representatividade democrática...

Ser ribadense pode ser un capital. En nós está que o sexa

'O sentido de pertencia a unha comunidade é considerdo un recurso, como o capital'. 'O feito de identificarse cos demáis na mesma comunidade social pode facer que a vida de todos sexa moito mellor dentro desa comunidade' Amartya Sen, premio Nobel de Economía, lembrando o poder da cooperación, que on debe ser exclusiva (El País, 10 de xuño de 2007, 'La identidad puede matar').

Para a participación fai falta claridade, difusión, ...


Está claro que hai pasos previos antes de lograr a participación veciñal, cando se parte dende a abulia. Alguén me dixo que a falta de participación veciñal era froito do franquismo, e eu estou de acordo con que os malos hábitos, neste caso o non participar a partir de que non se poda facelo, son difíciles de erradicar, pero eso explicaría só que fora habendo unha viaxe lenta dende a non participación á participación, non períodos de máis e de menos participación da xente, que xa se teñen dado en Ribadeo. A claridade á que alude o noso alcalde estes días a conta das contas (que por certo teño entendido que están expostas no concello e será cousa de ir velas) é un dos aspectos a considerar na boa dirección, pois sen transparencia informativa non hai datos para participar, e resulta abondo máis dificultoso. Outro sería a difusión. No Val do Ouro van transmitir os plenos pola radio, e eu aquí teño en proxecto publicar as actas a traverso de 'Ribadeo historia', se non o fai o propio concello. Ó fin, repito, son pasos que favorecen a participación, e a sociedade parece estar falta desa participación, como amosan as conversas 'intrascendentes' de queixas varias que non chegan ó seu cauce propio se non hai alguén que as retome.
A imaxe, un mirador nunha casa ribadense, propio para otear o ohorizonte e ver máis lonxe, co que se podía estar preparado para o regreso dos barcos. É dicir, dalgún xeito, xogar con máis ventaxa, o que se pretende para todos os veciños.

20070730

Atribuído a Gandhi


'Se ti o cambio que queiras ver no mundo'. Leino onte na prensa. Curiosamente, nas páxinas de economía. Coido que ven a significar algo así como 'se un exemplo do que queiras para os demais'. Pero chamoume a atención de que fora precisamente nas páxinas de economía.
A foto, a banda de Vilaba no festival de bandas.

O carriño da burra de onte en Ribadeo


... ver aclaración en comentario da entrada correspondente do blog

Quenda de preguntas respecto a un sitio ribadense





1.De onde se trata? realmente está en Ribadeo?
2.Todas as fotos están feitas no mesmo día, pero, no mesmo sitio?
3.Ten o lugar un coidado suficiente? (xustificar a resposta)
4.Saberías chegar?
5.Sabes dalgún texto onde se fale del?
6.Que cres que se debera facer para 'potencialo'?
A resposta á primeira pregunta... mellor espera ata a 4ª se non a sabes.
Para ter unha orientación para a 4ª, aquí, ou aquí (pode que mellor), por exemplo.
O resto, toca ó leitor ver se é ou non como el cre que é. Outras pistas aquí, entre outras que podes atopar no blog, a traverso del (presentación incluída ligada a unha das entradas postas) ou procurando nun buscador

20070729

O concerto de onte da banda municipal de Ribadeo, a de Vilalba e a de Salcedo




Parece que non puxen ata agora o díptico do festival de bandas de onte, na praza da música de Ribadeo. A praza, chea. A música, boa. A da banda de Ribadeo, a mellor. A presentación, mixta, entre Daniel Rodríguez algunhas veces e Suso López outras. O peor, un aspecto non musical: o díptico que reproduzo, con máis erros dos debidos.
A foto, xa anoitecido, a banda municipal de Ribadeo en pé para recibir os aplausos do público.

Coñécete a ti mesmo



O título é unha máxima que coido lembrar ten orixe na Grecia clásica, nalgún dos 'filo-sofos', amantes da sabiduría referentes da cultura occidental.
O caso é que é aplicable non só a persoas, senón tamén a organismos. Tan evidente para unhas como para os outros. E aplicable ó noso concello. Se non se cree, que llo digan ó alcalde, que saca hoxe na prensa unhas declaracións nas que di que non da abasto para atender a acreedores, que a situación económica do concello é preocupante, etc. Polo demáis, algo que non soa a novo, pois non é a primeira vez que se di.
Claro que algo do de coñecer Ribadeo tamén se me pode aplicar por exemplo, a min. A burra das fotos, que debeu de traer consigo un carro metálico (non dos da terra, en plan folclórico, histórico , etc) estivo polo centro de Ribadeo varias horas, dúas polo menos no parque, atado a unha farola cun cartel no que se pode ver que están prohibidos os animais no parque. Paréceme inconcebible que protección civil ou a policía municipal non actuara, que non foran avisados por ninguén en todo o tempo, ... ó mellor resulta que o confundido son eu e o cartel indica que no parque non pode entrar cans, pero non di nada de burros/burras facendo que non circule a xente por un dos seus paseos. Pode que fora eu quen debera tentar procurar algunha autoridade para facer cumprir a lei, como fago outras veces, pero pilloume con algo de présa o pasar por alí. O que non impediu que me enterara de que o mendigo (non aparece na foto) que estaba tirado nun banco alí á beira e que intentaba cobrar polas fotos a máis dun que llas fixo non era o seu dono, quen exercía outro oficio na rúa peonil.
Rúa que por certo, á altura da casa Arango, foi onte cenário de tomas de gags para a tele con motivo de protexer o Amazonas (con pregos de sinaturas e sen texto para asinar), confundindo cunha campaña permanente para a protección efectiva do pulmón do planeta. Por certo, resultou tamén ilustrativo para min, un bocadiño cara ó coñecemento persoal... pero iso é iso, persoal.

20070728

Nota de prensa de O Tesón

O día de hoxe, sábado 28 de xullo, ás 12.30 en segunda convocatoria tivo lugar no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Veciños O Tesón de Ribadeo para decidir a nova directiva.
En primeiro lugar, e ante a posibilidade de desaparición da asociación por falta de directivos, pasouse revista a varios aspectos, dende as posibilidades que levaban á disolución ata o programa de asuntos que sería necesario retomar por unha hipotética nova directiva, entre os que se atopan a colaboración no Plan Xeral de Ordenación Municipal, o prestar a atención a temas diversos sobre a ría (como exemplo, o último, as zapatas da ponte dos Santos), o seguemento das antenas de telefonía móbil, a atención ós maiores, o tema dos ruídos que molestan o descanso, as relacións co concello ou o castro das Grobas.
Con posterioridade, tras falar en xeral sobre os cargos e a marcha da sociedade, acordouse por unanimidade a seguinte directiva:
Presidente: Fco. José Campos Dorado
Vicepresidente: José Mª Rodríguez Díaz
Secretario: Antonio Gregorio Montes
Vicesecretaria: Soledad Rodríguez Díaz
Tesoureiro: José Mª Bao Fariña
Vogais: José Fco. Alonso Quelle, Rocío Botana García.
Finalizou a xuntanza sendo as 13horas e 15 minutos co aplauso de agradecemento outorgado a Gilberto Suárez Méndez, impulsor dende o primeiro momento da sociedade e que por primeira vez disculpa o non formar parte da nova directiva.
En Ribadeo, a 28 de xullo de 2007

Paseo por Ribadeo

Onte, as xornadas de Mar por medio tiveron un colofón que parece típico, pero que non o é. Fíxose un recorrido diante das casas de indianos (non de todas, pero si da maioría, dende a do Óptico á dos Moreno), pero o remate veu cunha visita á Casa dos Moreno. Ernesto Cruzado dirixiu unha operación que deixou ós visitantes entre a ledicia, o asombro e a pena.os dous primeiros, polas vistas, estruturas da casa, etc. O segundo, polo estado de conservación, aínda despois de asegurar que siga en pé. O terceiro pola pena que da precisamente ese estado de conservación cando se ve máis próximo. Espero outros días ir presentando fotos das casas, pero tamén da Casa grande que é a Torre dos Moreno, a que se chama así porque en parte ocupa o terreo da torre da muralla que quedaba en pé pouco antes da súa construción.

Que me queres, Amor?

O título de Manuel Rivas é con amor, non con Amor. Un par de frases seguidas do relato 'unha flor branca para os morcegos': A xente boa veu ó mundo para foderse, a mala anda por aí pisando forte. Pode que o Señor o quixese así para pornos a proba, pero, pola miña banda, e alí onde me encontre, fago todo o posible para equilibrar un pouco a balanza.
Rematei o libro.

Programa de actividades



Aí vai o programa de actividades culturais da tempada. Parte del xa pasou. A lembrar facerclic/dobre clic co rato para ampliar.

20070727

Xornais de turismo en secano


A foto corresponde á 1000 xornais que (polo que pon a súa carátula) eran para repartir polas praias de Ribadeo o día 25. Onte (26) a última hora aínda estaban na Oficina de turismo (onde é de supoñer que sigan esta mañá), empaquetadiños en plásticos e agrupados por lotes de 40. Canta árbore, tinta, plástico, combustible para transporte, etc. se aforrarían de haber un pouquiño más de coordinación. Quen os pagou? nin idea. Pero coido que posiblemente mediante subvencións, de novo todos nós.
Por suposto que hai máis novas, como unha subida de soldo dun alcalde, din que por adicar unha hora máis ó concello (ou creía que eso de adicación plena era 'plena', pero...)

20070726

Hoxe, mar por medio en Ribadeo


Hoxe, polo tempo que está a facer, é de supoñer que as praias esteñan cheas. É dicir, haberá moita xente que poña mar por medio entre as preocupacións, a súa vida de sempre e un ratiño de desfrute. O do mar por medio vai por eso pero tamén porque comezan as xornadas mar por medio, este ano adicadas ás relacións coa cultura sudamericana. Hai varios actos, pero destacaría a mesa redonda ás catro da tarde sobre a cultura e cambio social en Latinoamérica hoxe. Nela participarán Luis Sepúlveda e Ramón Chao (ver tamén). Tamén haberá outras intervencións, e un concerto de Cameralia á noitiña máis a proxección de 'os últimos gaiteiros da Habana' (ás 8).
A foto, A ría sempre ó fondo, por un recuncho na rua San Miguel

Números (mar 112)

Números, un artigo que coido que non foi publicado, escrito no inverno do 1999.
Estamos flotando nun mar de números. É curioso: hai xente que os usa, xente que os manipula e tamén quen que se afoga neles. Non é de temer unha interpretación demasiado literal. Hai profesións, por non dicir toda a sociedade (tal como está estruturada hoxe) que dependen do seu uso.
Por outra parte, xente que se afoga neles tamén a coñecemos todos; pode que sexamos nós mesmos propensos a cair como vítimas e sentirnos impotentes ante a súa presencia, ben por abundancia deles ou pola magnitude que representan: os que teñamos que manexar para facer unha declaración da renda ou a cifra mareante do presuposto dos Estados Unidos, por poñer como exemplo dous temas económicos.
Tamén houbo sempre xente que os manipula, variándoos para os seus propios fins. O resultado de calquera eleción, no que tódolos partidos se proclamas victoriosos dalgún xeito é unha boa mostra. Aprovéitase a subida en escanos, a subida porcentual no conxunto de votantes, a pouca merma nuns momentos que se supoñían difíciles para o partido, ou... calquera asideiro que teña unha mínima base numérica é bó. Aínda asi, chama a atención a manipulación inconsciente que se fai deles ás veces, e que provoca un engano na xente que recibe esa información manipulada, que, como tal é tamén inconsciente. Uns cantos casos como mostra.
Fai poucos días, un xornal traía información referente á inflación. As cifras, Galicia, 0,2%; España, 0,1%. O comentário incluía que a subida de precios en Galicia é dobre que no conxunto do estado. Agora vexamos un contexto posible: o mes anterior (ó que se refería de xeito único dita estatística) a inflación de Galicia foi algo maior que a española, polo que as cifras, que ben puideran ser respectivamente 0,148 e 0,152, foron aproximadas a 0,1 e 0,2, seguindo as normas aceptadas de xeito común. Polo tanto, a pesar de ser semellantes, apartándose unha da outra en menos do 3%, aparecen como se estiveran na relación de dous a un. Ademais, serían aproximados ós mesmos números se, por contra, as cifras orixinais foran 0,056 e 0,24, co que a relación real entre as inflaccións sería de un factor superior a catro. Cal era a realidade? Da noticia non se infería máis: A relación entre as inflacións pode estar entre a similitude ou un factor próximo a cinco.
Por se o anterior fora pouco, aínda que saquemos os números mencionados dos citados contextos, ó ser estatísticas tomadas sobre unha parte da poboación, teñen un erro de realización (que non estaba indicado). Dito erro é maior se a poboación estatística é menor. O resultado: non sería extraño que na realidade dese mes a inflación en Galicia estivera por baixo da española en xeral, aínda sendo en principio a cifra obtida na enquisa para España (debido ó propio método de realización da recopilación de datos) bastante máis exacta que a referente a Galicia.
O caso anterior non é único; pode que tampouco dos máis representativos. Fai pouco, por televisión podía verse un anuncio no que se amosaba a dous amigos, sentados arredor dunha botella, e un explicaba ó outro que estaba medio chea, ou ben medio vacía ou aínda que ás veces medio chea e outras medio vacía. O resultado claro, a parte de chamar a atención sobre a botella, é que poden dicirse con igual verdade ambas cousas. A interpretación que se da do feito, en cambio, é diferente.
O caso das medias estatísticas ás veces clama ó ceo. Non é o primeiro gráfico no que se chama a atención de que temos unha renda por habitante do orde de 12000 euros. Se divido o que gano entre os membros da miña familia non me saen as contas. Nin a min nin a máis das tres cuartas partes da poboación. Motivo? Unha persoa que gana cen millóns de pesetas ó ano (que segundo parece as hai), vale estatísticamente para a renda como un total de 50 persoas sen un can, que sería por termo medio o número entre o que tocaría repartir eses cen millóns. Sáenche a ti as contas?

20070725

Sobre o concerto da banda de música de Ribadeo


A ter en conta que 'inquietudes' foi substituída por Ross Roy, de Jacob de Haan, e 'Javier' foino por Ponteareas, de Reveriano Soutullo. Coma sempre no día da patria galega, o fin foi o himno.
Mágoa que a praza da música non estivera coas cadeiras repletas (aínda que había xente de pé): perderon un bo concerto da banda de Ribadeo (dependente de Amadores da Música. directiva actual: Presidente: Daniel Rodríguez Saavedra; Vicepresidente: José Maria Suarez Garcia, Secretario: Salvador Fernández Fernández; Vicesecretario: Jesús López Fernández; Tesoureiro: José Luis Pulpeiro Grueso; Vocais: Patricia Díaz López, Miryam López Quintana, Mª Eugenia Rodríguez Sampedro, Javier Abellán Torralba, José Ramón Fernández López, José Antonio López Díaz.)

Santiago, Iago, Yago, Thiago, James, Jacques, ... Día da Patria Galega


Que significa o 25 de xullo? Para moitos só festa.
Debe haber algún Santiago lendo o blog. Felicidades.
O cartel, do concerto da banda previsto para hoxe da praza da Música de Ribadeo.

Unha lembranza persoal

Remato de chegar á páxina do ISBN coas miñas publicacións rexistradas (libros). Como memoria persoal no día das letras galegas, vai:
ISBN (13): 978-84-604-7714-3
ISBN (10): 84-604-7714-2
Título: Dúas ciencias para administra-lo mundo (1993)
Autor: Gregorio Montes, Antonio
Editor: Gregorio Montes, Antonio

ISBN (13): 978-84-605-1420-6
ISBN (10): 84-605-1420-X
Título: Dúas ciencias para administra-lo mundo : física e quimica, FP 2, 1 Administrativo (1994)
Autor: Gregorio Montes, Antonio
Editor: Gregorio Montes, Antonio

ISBN (13): 978-84-604-7616-0
ISBN (10): 84-604-7616-2
Título: Escomenzando a xogar ca materia (1993)
Autor: Gregorio Montes, Antonio
Editor: Gregorio Montes, Antonio

ISBN (13): 978-84-604-6713-7
ISBN (10): 84-604-6713-9
Título: Electricidade básica, ciencias de la naturaleza, ESO. Unidad didáctica (1993)
Autor: Gregorio Montes, Antonio , [ et. al. ]
Editor: Gregorio Montes, Antonio

ISBN (13): 978-84-604-3765-9
ISBN (10): 84-604-3765-5
Título: Unidade didáctica aberta a enerxía (1992)
Autor: Gregorio Montes, Antonio , [ et. al. ]
Editor: Gregorio Montes, Antonio

ISBN (13): 978-84-609-5603-7
ISBN (10): 84-609-5603-2
Título: Ribadeando : 2004 : Ribadeo de 1-X a 31-D (2005)
Autor: Gregorio Montes, Antonio
Editor: Gómez Alonso, Gregoria

ISBN (13): 978-84-611-0452-9
ISBN (10): 84-611-0452-8
Título: Ribadeo falls : presentación sobre as casas caíntes de Ribadeo (2006)
Autor: Gregorio Montes, Antonio
Editor: Gómez Alonso, Gregoria

ISBN (13): 978-84-611-0861-9
ISBN (10): 84-611-0861-2
Título: Ribadeo no tempo, a través das imaxes : outro Ribadeo foi posible (2006)
Autor: Gregorio Montes, Antonio ; Suárez Méndez, Gilberto ; Rodríguez Díaz, José María
Editor: Asociación de Veciños o Tesón
Hai algunha máis, pero non aparezo de primeiro:
84-8121-896-0
Título: Orientacións á física, 2 Bacharelato : problemas, cuestións e prácticas
por exemplo

20070724

Unha lista de actividades culturais en Ribadeo (obtidas do boletín de cultura)

Son moitas para comentar unha a unha... (que conste que chegoume hoxe a información, aínda que hai cousas que xa pasaron)
--citas culturais en ribadeo até final de mes
teatro en familia
caramuxo teatro
Juan Rodríguez escribe e dirixe Teatre Varietés. Unha comedia con tres actores e preto de 15 personaxes, os bonecos autómatas, hipnose, monicreques de cachiporra, Monkina a gorila bailarina, teatro clásico…
Martes 24 ás 20.30 no parque San Francisco
exposicións
*
Na OMIC , até o día 31 de xullo, temos a oportunidade de gozar dos debuxos e gravados da artista de Barreiros , alumna de Suso Peña, Lucía Vila.
*
Na rúa Rodríguez Murias, exposición fotográfica Olladas de Muller, desde o 27 de xullo até o 5 de agosto
*
Durante todo o verán a Casa das Letras, no seu último andar, amosa Os traxes do rei, a parte máis rechamante do legado que a Casa de Alba conserva da historia de Ribadeo.
concerto do día da patria
banda municipal de música de ribadeo
Mércores 25 ás 21.00 horas na praza da Música.
xornadas mar por medio
Parador de Turismo de Ribadeo, 26 e 27 de xullo
A Consellaría de Cultura organiza , coa colaboración do Concello de Ribadeo, as XV Xornadas MAR POR MEDIO.
A partir da edición de 2006 preténdese converter esta cita do verán no referente para o debate sobre a promoción internacional da nosa cultura. Como xa vos adiantamos en anteriores comunicacións, tedes toda a información en http://culturaedeporte.xunta.es.
Logo das conferencias podedes unirvos ás seguintes actividades :
Xoves 26
20.00 horas: Nunha das escoliñas do Círculo Habanero da Devesa,proxectarase o documental “Os últimos gaiteiros da Habana”, da realizadora cubana Natasha Vázquez.
21.30 horas. Auditorio Hernán Naval CAMERALIA EN GALIZA
BABEL ENSEMBLE:
J. DOVE Figures in the Garden
W.A.MOZART Serenata nº 11 en Mi Bemol Mayor K375
Venres 27
18.00 horas Percorrido guiado pola arquitectura indiana en Ribadeo, a cargo do arquitecto Ernesto Cruzado (desde a Casa do Óptico)
20.30 horas. Na rúa Rodríguez Murias. Presentación do proxecto Olladas de Muller. Veremos o resultado do curso de fotografía que mulleres de Ribadeo fixeron …de mulleres de Ribadeo.
Está organizado polo CIM.
21.30 horas Auditorio Hernán Naval CAMERALIA EN GALIZA
TRÍO VIAÑO:
DUVERNOY Trío en Do Maior
REINECKE Trio en Sib op. 274
GUSTAV JENNER Trío en Mib Mayor
festival de bandas
Sábado 28 ás 20.30 na praza da Música
jazz en cabanela
Un lugar marabilloso para recibir a música de PABLO SEOANE TRÍO (ver dossier). Agardámosvos o domingo 29 ás 21.30 horas.
xornadas de historia local
casa do mar, 30 e 31 de xullo
21.00 horas
A A.C. Francisco Lanza organiza un ano máis estas xornadas co seguinte programa de conferencias:
Cincuenta anos do condado de Ribadeo . Félix Soria
Ribadeo: Evolución histórica, urbanismo e arquitectura. Ernesto Cruzado

Homenaxe a un descoñecido (mar 109), un artigo xa vello

Despois de descubrir vellos artigos, algún sen publicar, mesmo moitos sen rematar, de cando en vez irá algún no blog para que vexan a luz. Mantelos igual que estaban pode representar mesmo un desafío: os tempos, as percepcións, cambian. Este é do 1999, e coido que non chegou a publicarse. Por certo eso de 'mar 109' corresponde a un código que usei no seu tempo, e que deixo como referencia propia.
--
Homenaxe a un descoñecido.
Non se pode homenaxear a un descoñecido. Facer o contrario sería igual que non facer nada, caer no ridículo ou aínda peor respecto á persoa homenaxeada, rirse e / ou aproveitarse dela. Por eso non é de todo certo o título.
A persoa a quen quero recoñecer a súa disposición como tal non é unha descoñecida, nin moito menos, pero a min quedoume ate o momento un pouco a desmán.
O seu nome, Cándido Sanjurjo Fernández, soa forte como estudioso, por exemplo, da historia do tren mineiro que comunicaba Ribadeo coas minas de Villaodrid e que pretendía extenderse máis aló, ate Vilafranca do Bierzo. Da súa pluma saíron, e seguen a saír artigos que nos dan a coñecer algo de nós mesmos, fixando ó tempo moitas veces a transmisión oral en verbas escritas. Artigos soltos ou series como a do “El Eo de los Santos” son acreditativos daquel lema da Real Academia Española de la Lengua, “limpia, fija y da esplendor”.
Pois ben, sabendo algo (pouco) das súas obras, non coñecía a Don Cándido ata o pasado doce de febreiro. Aquél día, ambos fomos escoitar a Malén no seu ribadense pregón do antroido. Como queira que tiña unha dúbida sobre do monumento ó gaiteiro, accedín a D. Pancho Maseda como coñecedor do tema, e foi el o que me presentou á súa vez a D. Cándido como persoa que seguramente me podería resolver a dúbida. Quedou en mirarmo e resolverma. Fíxoo, e cunha amplitude que me decidiu a escreber estas verbas. Non polo feito de que poidera resolver unha dúbida, senon pola dedicación que puxo por complacer a un descoñecido como era eu para el. É só un pequeno detalle que, vin a confirmar despois, corresponde á súa persoalidade. E é esa personalidade, como representante de outra xente que trata de complacer ós demais, ó que quero rendir homenaxe. Poñer como exemplo a persoas que como D. Cándido, adicaron e adican a súa vida a traballar ben, a extender o noso coñecemento, e que sirven ós demais. Persoas que poucas veces están recoñecidas como deben e que son un exemplo para unha xuventude que ten como mito e exemplo a imaxe e non o que hai dentro de nós mesmos.

20070723

A conta dunha exposición. Divagacións dunha tarde de luns



Poño a imaxe de dúas das seis caras do folleto da exposición de Daniel Diéguez como unha parte da oferta cultural que hai estes días en Ribadeo. Finalizaron as xornadas de patrimonio e en Foz as de Historia da educación, e o 30 e 31 terán lugar as de Historia de Ribadeo, e mentras, mañá teatro, e o pasado fin de semana, a música que xa comentei... moitas actividades, que me lembran aquelo de pensar como home de pensamento e actuar como home de acción: hai tempo para pensar ó longo de tanta actividade? E para actuar de xeito independente das actividades xa preparadas? Por suposto que está ben moita oferta. Como andamos de demanda? Hai cousas que tocan temas de protesta. E hai protesta por detrás apoiando?
A foto, unha vista detallista pero un pouco insulsa de como quedou o cine teatro despois de pintado.

Ribadeo e o oceano


Ribadeo mira pouco ó mar. Á beira dun codo do oceano, o Cantábrico, a procesión do Carme non sae da ría de Ribadeo. E é o momento no que máis xente hai á beira do mar. Tivo relación no pasado, con embarcadeiro en Hamburgo, pero hoxe xa non é así.
A cita non ven pois pola navegación, senón pola constitución do mesmo oceano: a agua, as pingas individuais que en grande cantidade van facendo a inmensidade. Remato de atopar unha frase que lle atribúen á Nai Teresa de Calcuta: "El océano está hecho de gotas de agua, así que tu gota es importante porque con otras gotas, podemos hacer un océano". Sóname que en orixe, a frase debera estar mellor construída, pero así chegou ata min, e a idea é a básica: pouco podemos facer, pero contribuímos a facelo, por grande que sexa.
Ribadeo é tamén así. O que fai cada quen inflúe, aínda que pareza que non. E vanse conseguindo cousas, aínda que non todas as que se debera. a frase, a idea, está na liña doutras moitas que expresan que o tesón e a unión conseguen o que sexa. Así o de 'fíxoo porque non sabía que era imposible', e outras moitas.
Non embargantes, en toda empresa hai momentos de desánimo, no que apetece tirar a toalla. Aínda neles, debe deixarse o mellor posible para que outros ou un mesmo a podan recoller, se a obra paga a pena. Se non a paga, hai que tirala canto antes.
A cousa ben a conto de se en Ribadeo hai conciencia de que somos un pobo, unha comunidade que avanzamos (ou retrocedemos) xuntos, ou máis ben é un sitio onde cada quen tira para si e punto. Non é a primeira vez que cito no blog a teoría de xogos: está demostrado que nos xogos nos que se pode colaborar ou ir cada quen polo seu camiño, moi mal teñen que ser dadas a reglas para que resulte mellor para todos o segundo. O caso é que nese segundo caso, hai algunha persoa que sae gañando máis que a media, e iso decide moitas veces a falta de colaboración: ós demáis, se ven o raio partilos...
A foto, da faro da Illa Pancha, que marca a sinal para surcar o mar e ilumina as pinguiñas de auga que o fan, que o constrúen, sen saber que o están a facer.

20070722

Estratexias vs. estratexias (mar108), un artigo do ano 99

...un vello artigo (aló polo 1999):
Ó longo da historia, sempre se manifestou, en toda guerra, unha loita de estratexias. Neste caso ó que me quero referir, as económicas, as usadas polas empresas no seu combate polo crecimento e supervivencia, bátense contra as de futuro, as que poideran garantizar o mantimento da Terra nun xeito parello a como ate agora a coñecimos.
De xeito contínuo as estratexias dos grupos económicos tentan forzar os límites que se impoñen de xeito natural, xa sexa pola tala das selvas do Brasil ou pretendendo reabrir unha balsa de refugallos tóxicos despois dunha catástrofe coa ameaza, en caso contrario, de máis de dous mil despidos. A loita / paradoxo que se da en moitos casos provén da estrutura económica e social a nivel mundial ... estrutura que se quere cambiar dende hai algún tempo, pero que non se ve cerca aínda. Mentres, estratexias nun e noutro sentido seguirán a loitar e non a cooperar.
Asi, hoxe en dia pódense observar moitos exemplos desa guerra. Fai non moito tempo a prensa facía eco de que os prezos do petróleo baixan, e hai países que están aumentando a súa producción para que non suba. Hoxe, co aumento novamente do consumo, os prezos volveron aumentar. Analizando o por que da baixa (producíase no inverno, que é unha época dun consumo maior de combustible no hemisferio norte, e polo tanto, en toda a Terra), parece unha contradición, pois así os ingresos por exportacións deses países diminúen. Mentres, o petróleo segue consumíndose cada dia un pouco máis (como quedou amosado dende aquela), aínda que caiga en porcentaxe como subministrador de enerxía, e aumentan a súa importancia outras fontes enerxéticas, incluíndo unhas que non rematan de “despegar”: as renovables.
Pois ben, está amosado que o que se trata é de forzar os precios á baixa para lastrar así o desenvolvemento doutras fontes enerxéticas alternativas. Non importa que poidan ser máis rentables para un desenvolvemento que pode manter o planeta, ou que o impedir o desenvolvemento de novas fontes enerxéticas implique que pobos enteiros non podan dispoñer de cartos para subministrarse enerxéticamente. O caso é asegurar o poder dos países productores de petróleo que teñan grandes reservas e o das compañías multinacionais baseadas nesa fonte enerxética. Para min a estratexia é equivocada, pero ¡calquera se opón ós grandes popes do petróleo! E o caso é que cando hai en marcha unha idea e non hai oposición, esa idea triunfa.
En economía amosouse moitas veces, dende o primeiro ferrocarril pola beira do Sena ó formato de vídeo que triunfou, pasando polas opinións confesas do célebre Alan Greenspan para facer dar un volco ás finanzas norteamericanas. Calquera dos tres casos pode dicirse emblemático: Alan Greenspan, Presidente da Reserva Federal dos EUA, co poder suficiente como para que cando falara sobre finanzas se sobreentendera que o que dixera ía suceder. Nun caso tal, a xente fai como se fora seguro que sucederá e así é impepinable que ocorra.
No ferrocarril á beira do Sena, ó comezo do desenvolvemento deste medio de transporte o século pasado, había dous proxectos enfrontados. Un deles contaba co apoio dos Rotschild, daquela a familia máis rica do mundo (e aínda hoxe moi respetable nese sentido). Saíron ambos a bolsa para financiarse, pero a maniobra foi clara: dende unha posición dominante na bolsa, os Rotschild manexaron o prezo das accións dos opoñentes, de tal xeito que a sociedade contraria quebrou antes de que o ferrocarril poidese facer a súa primeira viaxe. E eso que o proxecto parecía ser o mellor.
Tamén mellor técnicamente era (e non só parecía) o formato beta en relación ó VHS. Trate de buscar hoxe un lector de vídeo en formato beta, ou cintas nese formato. Tampouco neste caso non houbo oposición. O que parece que sucedeu foi que o formato VHS foi concedido en licencia a moitos fabricantes, mentras o beta só o seguiu fabricando a industria que o patentou. As productoras de películas viron máis rentable o reproducir en cintas VHS por ser máis o número de productores deses aparellos, e os usuarios de beta atopáronse que tiñan unha oferta menor. Este fenómeno acelerouse ata que o beta desapareceu. Un caso semellante é o dos ordenadores mac fronte os pc.
Retomemos o caso do petróleo, sempre en marcha. O uso de novas tecnoloxías fai que se revisen ó alza as reservas disponibles, pois é posible un mellor aproveitamento. É evidente que a Terra non aumenta de recursos, que non son renovables e están catalogados nunha alta porcentaxe, case por completo, segundo se supón. Así, a pesar de que consumo aumenta, as reservas pasaron de estimarense en vinte anos (arredor de 1985) a 40 anos hoxe ... sen aumentar grandemente os xacementos catalogados. Resultado da estratexia: hai máis cartos para as tecnoloxías do petróleo, e seguirá aumentando a contaminación e desperdiciándose este recurso como fonte de enerxía non renovable. Estratexia económica,1 - Estratexia ecolóxica,0.

Unha carta da Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo



Saiu onte, na Comarca (en forma de novas, xa antonte noutros medios). Acompáoo coa foto recente do que se denuncia: As obras na Ponte dos Santos

«Non entendo por que a xente marcha a traballar fóra»

A seca de novas e o húmido do tempo (nestes momentos, chovendo abondo) fan caer nos pequenos detales doutras novas que en xeral non se considerarían. O título corresponde a unha entrevista no xornal de hoxe e sinxelamente, da que pensar.

Concerto da banda municipal de Ribadeo





... cheguei tarde. Pero a tempo de escoitar sentido un 'Lonxe do Mar' nun atardecer espléndido no que algo menos de público que outras veces (O Carme, a procesión, ...) aplaudiu a unha banda reforzada con xente que xa non toca normalmente nela, como Chenchu, Aurora ou Charo (en total, 71 músicos).
Lembranzas doutros tempos...

20070721

Catro barcos de pesca, terceira hoxe


Unha delas, a Navarret, levando a virxe. Ese é o resumo da procesión do Carme deste ano, anunciada para as 8 da tarde e que resultou ás 9. O resto de embarcacións, de recreo, con excepción dalgunha especial, como a de salvamento.

Preocupación e ánimos alterados, outra de hoxe


Esa parece sera postura e sentimento dos constructores mariñanos polas medidas que se están a tomar para restrinxir a construcción na costa, segundo un xornal de hoxe. Ademais, adiantan milleiros de despidos entre outras cousas. E pregúntome se non será mellor tomar medidas agora que esperar a quedarse sen terreo por ter xa a terra mallada, co que a ben seguro os milleiros de despidos rematarían sendo máis, a parte do efecto ata entón. O único que se lograría sería, a costa da costa, que algunha xente se embolsara máis cartos.
Tento atopar se falla algo no que remato de dicir, pero non o atopo.
A foto, un ceo crepuscular no que tenta saír o Sol entre a terra e as nubes que o queren cegar.

O Duque de Huéscar (de Ribadeo?)


Trae hoxe a comarca un amplo artigo sobre o Duque de Héscar e a inuguración da expo dos traxes reais da Casa de Alba. Tamén aparece unha carta asinada con pseudónimo (mágoa esa costume tan comarcal!) que escaneei e poño para a súa lectura. Como non sei quen é a persoa do pseudónimo, vai sen autorización: a petición do autor quedará eliminada.

20070720

Unha cita de onte, terceira de hoxe

Na Voz de Galicia, Ernesto S. Pombo comezaba o seu artigo 'Lo primero es lo primero' con
"YA LO SABEN. El gran problema de nuestros ayuntamientos es el sueldo de alcaldes y concejales. Ni el tráfico, ni el ruido, ni los servicios más elementales. El problema es el sueldo de los recién elegidos."
Parece claro cando menos que segundo o autor, tráfico e ruído son problemas á altura dos servizos máis elementais. Tamén parece claro cal foi a orde de prioridades para a resolución de problemas en moitos concellos (entendo que en Ribadeo o tema estaba xustificado)
Por certo, que hai outra sentencia sobre o tema do ruído en Ribadeo que implica outra metedura de pata máis do alcalde e conselleiros no mandato anterior. Aínda é provisional. Será comentada no blog.

Un aviso de O Tesón, segunda de hoxe.

Adxúntase a convocatoria de Asamblea xeral da Asociación de veciños O Tesón:
--

Pola presente comunicación, convócaselle á asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón', que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 28 de xullo de 2007, sábado, ás 12 horas na 1ª convocatoria ou ás 12:30 na segunda, coa seguinte orde do día:

1.Futuro da asociación. Presentación de propostas.
2.Elección da directiva

En relación ó segundo punto, as candidaturas poderán presentarse no primeiro punto dos tratados na asamblea.

En Ribadeo, a 10 de xullo de 2007

Veraneando en Ribadeo


Mari Luz é alcaldesa. Parece que a primeira que se lembra, e de xeito provisional, pero éo.
Mentras, Fernando vai de vacacións. Despois dos axetreados primeiros días de mandato, pódenlle vir ben para recobrar forzas, que falta lle van facer.
O primeiro domingo de agosto eras tradicionalmente a xira. Era, porque este ano a cousa está cruda para que sexa. A troula seguro que continuará, pero sen unha orde previa, en poucas edicions desaparece.
A foto, un detalle do foso do castelo de San Damián.
E un aviso: quedan novas e ideas sen tratar: ó longo do día seguro que vai outro post.

20070719

De novo o PXOM


Comeza a quentarse o patio para o novo PXOM: O concello non ten terreo para máis vivendas sociais que as xa previstas, cousa que se solucionaría mediante a aprobación do novo plan, máis exixiente nese sentido por ter que cinguirse a normas máis restritivas...
A foto, dun incón ribadense, ó final da rúa San Miguel.

20070716

Avisos sobre o blog


De xeito rápido, sobre o manexo do blog:
1. A Ribadeo Historia accedese clicando na ligazón no lateral (senón tamén, clicando no que está remarcado neste mesmo parágrafo).
2. Para poñer comentarios, accédese clicando abaixo de cada entrada onde pon o de 'comentarios'. Pode haber algunha dificultade, e nese caso, clicando co botón dereito do rato e elixindo abrir noutra ventá, poderase ver tamén.
3. As imaxes pódense ver ampliadas clicando sobre elas.
4. No verán é posible que haxa series de varios días sen artigos :-)
A foto, 'natureza morta'...

Dereito e responsabilidade


Un auto do xulgado denega á Xunta paralizar 1300 pisos de Foz. É noticia. Pode (alomenos, debera) estar adaptado á legalidade vixente. Á lóxica xa non é tan seguro que o esteña. E é que as leis non sempre van polo camiño da lóxica, senón dos intereses. Xa hai tempo conta aquelo de 'quen fixo a lei fixo a trampa' para indicar que as leis teñen sempre resquicios legais, e que coñécenos precisamente as persoas que as fixeron.
É dicir, as leis sería desiguais en obrigas xa por natureza, a parte das presións ou intereses que contan á hora de facelas. Mentras, os que son rexidos por elas, pode que pasemos de desfrutalas a sufrilas. Tanto por incumprimento (das mesmas institucións, ou por non obrigar ó sue cumprimento) como por perxuízo de saída: agora andan de novo para diminuír impostos. A parte de que se faga efectivamente ou non, Quen son os perxudicados pola baixada de impostos? Se se diminúe o IRPF de xeito lineal, afecta a todos igual a baixada? E o recorte de prestacións consecuente (é lóxico que se hai menos cartos, haxa menos prestacións...)
Longos razonamentos pódense facer ó respecto, abondo máis lóxicos, rigurosos e xustos que os que manteñen as idas e vidas das leis. Pero é evidente que hai outros factores que contan na súa promulgación (senón, tería todo o mundo leis iguais), e teremos que seguir a loitar por un mundo máis xusto e humano.
'... golpe a golpe, verso a verso, se hace camino al andar' (A. Machado)
A imaxe, do castelo de San Damián recortado contra a luz.

20070715

Máis claro, auga

Chove moito en Ribadeo este 15 de xullo. Por eso se me ocorreu o título para unha sinxela ligazón.

Chamoume a atención e esbocei un sorriso


O subtítulo dunha nova de hoxe na Voz da Mariña. Transcribo pasado ó galego: "Carlos James Fitz-Stuart y Martínez de Irujo visitou As Catedrais, fixo que os políticos locais esquecesen as súas disputas, sen pretendelo, e dixo «sentirse como na casa» antes de irse".
Dan ganas de chamalo San Carlos...
A foto, da praia do cargadoiro, menos famosa que a de Augas Santas, pero máis visitada por ribadenses (menos por duques, Marqueses de demáis)

20070714

14 de xullo


O 14 de xullo é a festa nacional francesa, conmemoración da toma da Bastilla polos que en pouco tempo foron cnsiderados revolucionarios. é dicir, é a conmemoración unha revolución... Máis ben coido que que é a conmemoración dun feito que significou un punto de inflexión nas relacións entre nobleza e plebe, ou, se se quere, nas relacións sociais en Francia. como toda revolución e case calquera acto humano, tivo tamén aspectos negativos, pero en perspectiva vése como un feito grande, que marcou o paso a un sistema político con maior participación do pobo. algo que hoxe esquécese, eso de que os dereitos foi necesario conquistalos e loitar por eles.
As fotos, dos paneis expostos na estación de autobuses dos que daba nova noutro post sobre exposicións

Exposicións

Comentei que había dúas exposicións en Ribadeo que me gustaría ver: sobre mulleres en relación con Galiza e sobre traxes reais. A primeira é unha repetición en grande do folleto que se repartiu na presentación. A segunda (dixéronme) que son fotos de traxes...
Non comprendo moi ben.

"El desprecio por la ley en España"

O título corresponde a un artigo de Juan-José López Burniol e véuse á cabeza porque levo escoitando unhas 3 horas un local que non pode ter música coa música a toda pastilla, as portas abertas e demáis. O nome? Mellor non dicilo, non vaia ser que cree adicción...

20070713

Ventaxas da xente corriente


Hai un taller concedido á asociación Ponte dos Santos para formar a corenta alumnos en electricidade, fontanería, xardinería e albañilería. 800000€ (non sobran 0) de orzamento. Saen a 20000€/aluno, algo máis de 20€/aluno hora, se non me saen mal as contas. Máis outros gastos, como material.
Pero o título non vai diso. Vai de que ó poder da xente elixida hai que procurarlle un contrapoder da xente electora. É evidente, como xa teño dito moitas veces, que non vale o contrapoder do voto cada catro anos, senón a acción cidadá continuada, exercendo o propio poder. E hai unha pequena ventaxe que non se debe desaproveitar por aprte dos cidadáns: se se exerce como tal de xeito continuado, a experiencia váise acumulando pouco a pouco, sen as interrupcións que sofren os políticos nas súas eleccións sucesivas. Naturalmente, estóume a referir ós políticos locais, coas súas alzadas e caídas, non ós que xa consiguen un posto que lles permite continuar a 'carreira política', alonxándose cada vez máis dos cidadáns. Pero os outros, cada catro anos hai abonda posibilidades de que deixen o posto, por cesión ou por mero cambio, o que crea unha discontinuidade que é de aproveitar. Entendámonos: tampouco para aproveitala puntualmente (caeríase no mesmo que o das eleccións cada catro anos), senón pola ventaxa comparativa dunha actuación continuada, vital, fronte a unha adicación discontínua, a marcada polas eleccións.
A foto, parte da zona de mesas de Santa Cruz

20070712

De duques e Plebeios


Hoxe foi a inauguración na Casa das Letras da exposición dos traxes do Rei cedidos á casa de Alba en virtude de ser levados o día 6 de xaneiro, cedidos pola axuda do Duque de Ribadeo a unha batalla hai varios séculos (ver o 'Ribadeo Antiguo' de Paco Lanza para a historia completa). Non puiden asistir, aínda que me houbera gustado Pasarei a velos un día destes, o mesmo que as biografías das mulleres expostas na estación de autobuses (que certamente me tenta máis)
Mentres, foi entregado o premio das tapas á taberna de Lola, de Remourelle, entregados os menús en catro idiomas realizados no Porta da Auga, e diplomas do plan de inserción e formación profesional.

20070711

Dúas fotos de agresións á ría



Unha delas, poñendo á vista a nova zapata da ponte (última columna) mentras se instala o contedor para facer o propio na outra columna: adeus ós pases entre columnas que facía a lancha cando daba unha volta ós turistas ou ribeireños.
A outra, unha lancha a toda pastilla nun sitio no que tiña que ir a modo. E que conste que as teño vistas (lanchas e motos) a abondo máis velocidade)
Pouca cousa... só a ría.
Por certo, o raposo esta tarde continuaba no mesmo sitio.

Referido ó mundo, referido a Ribadeo

Estoume aficionando a ler as novas globais en clave local ou viceversa, como unha especie de versión de 'pensa globalmente, actúa localmente' que puexeron de moda as organizacións ecoloxistas hai non tanto tempo. Así, dun artigo só de Juan Goytisolo no El País de hai xa case un mes, extraigo:
'Un país non ten por que ser considerado apto para a democracia, ten que voltarse apto mediante a democracia' (cita do Premio Nobel de Economía Amartya Sen, citado mais veces no blog).
'Ningunha crítica pode vivir se intenta ser exclusiva' (de Matahma Gandhi)
'Unha crenza é un xeito de vida, non un pretexto para impoñer ese modo de vida ós demáis' (Ramin Jahanbegloo, o autor de "Eloxio da diversidade", que á sua volta da orixe ó artigo de Goytisolo)
'Se, segundo a vella máxima, a guerra é demasiado importante para deixala en mans dos xenerais, o diálogo entre culturas é demasiado importante para ser dominio exclusivo de políticos e diplomáticos' (do mesmo Goytisolo)
O artigo de Goytisolo trata sobre a globalización, en particular na súa versión cultural. Non embargantes, collamos unha relectura en clave ribadense e veremos a necesidade de democracia interna en Ribadeo como paso para o propio progreso do pobo, entendido iste non śo en clave económica, senón sobre todo en clave de desenvolvemento humano e calidade de vida, o mesmo fondo de desenvolvemento que trata de potenciar Amartya Sen como desenvolvemento, así, a secas.
Por outra parte, o admitir crítica debe implicar asemade a crítica da crítica, é dicir, a pluralidade. Implica unha maior implicación e loita de ideas, un maior traballo, pero a cambio dun maior beneficio xeral. Non é a primeira vez que pido por outro blog de opinión en Ribadeo...
O ter gañado unhas eleccións, por exemplo, non da patente de corso para facer imposicións. Neste mandato coido que está máis claro por varias razóns que noutros anteriores, pero lembrarei todo o que me queda de vida que un alcalde me dixera 'fago o que me sale dos collós': un acicate así para pedir democracia (real, transparente, ...) non se presenta todos os días.
En canto á guerra, ó diálogo entre culturas ou sinxelamente, o discorrer diario da vida no pobo, teño claro que unha cousa é que sexa necesaria unha organización para que todo marche e outra ben diferente que haxa que deixar na totalidade dita organización en mans ... (podería chegar a chamárselle 'mercenarias', pero prefiro evitalo) como ós xenerais na guerra. Unha atención respecto ó mesmo: que haxa que intervir porque é a nosa propia vida non quere dicir que na guerra os xenerais non saiban máis de estratexia guerreira que os demáis, senón que deben ser seguidos, avaliados, criticados, controlados, ofrecérselles ideas, marcárselles os límites... cousas que lembran á democracia.

20070710

Un artigo sobre o ruído

Pasoume Mariano unha ligazón sobre o ruído e os seus efectos... á espera dun artigo prpoio sobre o tema,aí vai unha ligazón.

Sacrificar 'Un pouco' o medio natural en Galicia



Esa é a proposta que me atopo nun xornal do domingo, feita por o partido político que aínda hoxe é maioritario en Galicia. E pregúntome que é eso de 'un pouco'. A cita, "Para que Galicia siga siendo capital mundial de la acuicultura hay que sacrificar un poco el medio natural", está atribuída a José Manuel Balseiro, portavoz de pesca do partido.
O de un pouco de sacrificio alleo é algo moi recorrido. O propio, non tanto. Coincide o recurso a fastidiar un pouco a nosa costa coa elección de As Catedrais (é dicir, Augas Santas) como mellor praia de Galicia. Algo que parece incompatible co anterior. E que tamén asombra un pouco a quen vaia por alí non á praia nin de turista, pois a cantidade de xente que por alí pasa coido que fai difícil desfrutar da praia, que polo demáis desaparece coa marea (eso si é unha ventaxa nos tempos que corren)
Mentres constatan en Viveiro a grande afluencia de turistas, a pesares do tempo mediano que houbo ata o momento este verán.
Dúas notas extra: Xa varias persoas me preguntaron pola distribucións de delegacións. Lembro que está en Ribadeo Historia, nesta entrada.
E, durante a semana pasada foron caendo a contagotas na prensa novas presentando unha mesma realidade: os salarios, a nivel España, perden porcentaxes de valor en relación ás ganancias do capital.
As fotos, un raposo na cuneta en pleno aparcamento de Santa Cruz. Era pequeno, como pode verse por comparación cunha man. A foto é de onte.

20070709

Reiterantes na conduta tolerante

Esa foi a razón básica do peche durante un mes (multa a parte) da que foi cualificada o ano pasado como a mellor discoteca do mundo (e foi en España!). Para continuar a entrada anterior, dicir que nalgunhas loitas, pouco a pouco, vaise avanzando...

Quen loita con monstros debe ter moito coidado de non converterse el tamén en monstro.


Unha cita de Nietszche tomada dende o portugués de 'Amanhā á mesma hora' para un luns de verán nun Ribadeo que amence calmo, despois unha fin de semana que non foi tan clama.
É un dito extendido e abondo comprobado (sempre hai excepcións) que dous que durmen nun mesmo colchón fanse da mesma opinión, indicando que a convivencia continuada achega os puntos de vista sobre a vida en xeral. Dun xeito parello, empregando a lóxica (o que din polo sistema 'tollendo tollens', se non me lembro mal) pódese chegar á afirmación do título: hai que ter coidado cando se esta a loitar contra algo non adquirir rasgos semellantes a aquelo contra o que se loita. A razón non é única, pero parte dela estaría en que para gañar unha batala pode ser convinte empregar armas semellantes, un pouco máis desenroladas. E eso incluiría tamén estratexias e forma de desenvoltala, en coñecer o inimigo e gañar no seu propio terreo. É convinte pois telo moi en conta se se emprende unha loita. E na vida, para vivir e tentar facelo de xeito pleno, moitas veces hai que loitar (aínda que non se viva en Ribadeo, pero tamén por suposto no noso pobo).
Ti loitas? Entón (en síntese) para comezar mira a ver se é unha causa xusta, despois se o estás a facer dun xeito humano e logo se non te estás a converter en algo parello ó teu inimigo. Logo virían outros moitos consellos (por exemplo, para tentar gañar) pero sen esas consideracións previas, de pouco valerá que ganes, sempre terás perdido.
A foto, dun tellado de Ribadeo cunha planta que puido nacer a pesares das condicións inhóspitas e continúa viva, crecendo: loitando aínda que ninguén daría nada pola súa supervivencia.

20070708

En espera doutra crise


   ... porque a correspondente á paga do alcalde xa finalizou, como se esperaba, no pleno de onte. José Carlos Rodríguez Andina e Balbino Pérez Vacas farán parte da xunta de goberno (60€/xuntanza, como o resto dos participantes excepto o alcalde, que ten a paga integrada no soldo). Terá que cesar un membro do BNG para facer sitio. Mentras, UPRi queda fora.
   Tamén contarán os grupos cun local no concello, novidade deste mandato. Agora falta a asociación de veciños de telo.
   Un pouco máis lonxe da casa do concello, pero tamén relacionado con ela, a xente de Acuinor di que é inviable a construcción da piscifactoría nas novas condicións que se lle exixen (a lembrar que xa non parece un trato preferente, e que se pretende que cumpra a normativa sobre espazos naturais). En contraposición, Os Irmandiños, cooperativa agrícola con trinta anos de historia, segue boiante, aumentando facturación e servizos. Non pode facerse dela un referente para outras actividades no concello e na zona? Véñenseme á cabeza a cooperativa Mondragón, hoxe cabeza de múltiples grupos industriais e comerciais (por exemplo, Eroski) despois dunha historia de medio século de actividade.
   Na foto, unha columna desprazada pola súa base na baixada a Porcillán, na casa do Cubano. É dicir, algo a corrixir antes de que haxa perigo.

20070707

Ría de Ribadeo, pedregal de Irimia




A elección dun nome pode ser algo serio. Véume á cabeza ó pasar por Meira e ver a teima co nacemento do Miño que teñen entre dous concellos: un, a favor do Pedregal de Irimia, outro a favor de Fonmiñá. Non sei no que rematará todo, pois a propaganda que está a facer Meira non é desdeñable, pero o propio nome, fontemiña, fonmiñá, Fuente miña, fonte miñana, ... chama abondo máis que 'Pedregal de Irimia' como nacemento para o río. E todo esto, sen entrar nin saír de cal é o 'auténtico' sitio de atribución do nacemento.
Coido que algo deso está intentando que pase coa ría de Ribadeo. Como o nome do río é máis curto, e ademáis, é usado en máis sitios pois a cunca do río é ampla, preténdese unha suplantación...
As fotos de hoxe, a ría de Ribadeo en marea baixa en Porto, de xeito que na última vese a transición de río (o Grande) a ría, e nas outras a parte de auga doce, apreciándose o muro de contención na que ten o eucalipto caído.

Tres comentarios rápidos

   Despois de probar onte con éxito os ladróns a furtar en Arenal, hoxe o Edda Fram está fóra da ría nestes momentos que escribo, e o alcalde tentará probar sorte hoxe no pleno para poder exercer de alcalde a tempo completo.

20070706

En Galego

Reamto de facer de novo a instalación do programa de ofimática 'Open Office' e do navegador 'Mozilla Firefox' en galego. Non é que fallaran antes en linux, senón reaxustes que quixen facer. Agora quen non ten un procesador de textos en galego (e con corrector galego) é porque non quere. Na páxina de mancomún poden atoparse tanto o Open Office como o Firefox para calquera sistema operativo común (Windows, Linux, Mac). Programas descargables de xeito libre, eficaces, en galego, actualizables asemade de xeito libre, traballando con formatos abertos como .odt, ...

Solucións para Ribadeo




Parece que van chegando. O longo do dia de onte, despois da xunta de portavoces, primeiro aceptou o PP pois fixo que terá representación nela, e logo, o PSOE, que se non acepta non a terá. É dicir, mañá ás 10:30 pleno.
Mentras, onte tivo lugar a presentación en Ribadeo do Diccionario de mulleres galegas. As ilustracións son de tres páxinas dun pequeno caderno que acompaña á inaugración da exposición e á charla da autora do dicionario, Aurora Marco, que foi acompañada da Secretaria Xeral da Igualdade, Carme Adán. a sá de plenos acolleu a uns 30 escoitadores (1/4, homes) para a disertación, que me resultou un pouco pesada pero ó tempo un alicerce para follear o dicionario. A. Marco pasou por derriba da vida dunha morea de mulleres galegas (1ª parte) e en particular de Lugo (2ª). A mostra ecaneada lémbrase que pode facerse maior e que corresponde a nha escolma, o mesmo que a exposición que estará boa parte do mes de xullo en Ribadeo. Aproveito para lembrar a exposición 'A ciencia ten nome de muller'