20070428

O derradeiro atraso?

... ó final, non puido ser. Nin autovía nin circunvalación están aínda hoxe en servizo, despois de ser posta data para a súa inauguración. É dicir, aínda están a tempo de facer as correccións oportunas que sinalaba onte.
Ó tempo, o novo partido, a UPRi, leva a 100 mulleres de excursión á planta de vidro de Verín. Isto é, comezan a circular os cartos, aínda que neste caso, sendo novo do paquete, sorprende que teña cartos para eso. Pode ser que o interese da xente de recuperación de vidro faiga milagres. O tren do alcalde parece non ter ese carácter milagreiro, cobrando (pouco, pero cobrando) e coido que con subvención municipal.
En fin, seguiremos ... posiblemente, hoxe mesmo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Está de moda o progreso. O home e a sociedade busca a felicidade. ¿Está no progreso? ¿Vai a ser a xente máis feliz coa autovía ou convertendo a Ribadeo nunha pequena cidade?